INVESTIGA CON MIK HOLMES Sobre…
A PRENSA DIXITAL
CADERNO 3
Queridos nenos e nenas: Hoxe veu visitarme o meu amigo Gerónimo Stilton, o director de “O eco roedor”, roedor”, un importante xornal de Ratonia, Ratonia, a cidade onde vive. El quere que na “semana da prensa” investiguemos e aprendamos moitas cousas sobre os xornais, por iso eu xa puxen o meu traxe de Serlock Holmes. Queredes acompañarme nesta aventura? Seguro que nos divertiremos un mogollón!!
EMPEZAMOS!!!
PRIMEIRO OBSERVAMOS E ANALIZAMOS: A “CABECEIRA” Teredes que buscar tres xornais, identificar as cabeceiras, imprimilas e pegalas:
Que información nos proporcionan?
A ORGANIZACIÓN E ESTRUTURA DUN XORNAL: AS SECCIÓNS Nos xornais anteriores observade cales son os bloques/ apartados (seccións) que se repiten e anotádeos aquí. Explicade que tipo de noticias se inclúen en cada un. Escribide o titular dunha noticia correspondente a cada sección.
Agora ides consultar xornais estranxeiros correspondentes á mesma data. DATA DA CONSULTA: NOME DO XORNAL (PAÍS)
SECCIÓNS
Anotade os titulares das noticias que coinciden nos tres xornais:
Consultade un xornal da vosa cidade e anotade en que sección atoparíamos… •
O horario dos autobuses:
•
Os resultados da Liga:
•
A carteleira de cine:
•
O que está pasando en Chile
•
A programación da televisión
•
O que pasa na nosa cidade
INFORMACIÓN E DE OPINIÓN
DE INFORMACIÓN: INFORMACIÓN: explicade os termos seguintes, buscade un exemplo e copiade o titular NOTICIA:
REPORTAXE:
ENTREVISTA: DE OPINIÓN: OPINIÓN: explicade os termos seguintes, buscade un exemplo e copiade o titular EDITORIAL:
ARTIGO
CRÓNICA
COLUMNA
“Seguimos a noticia” Escollede tres xornais e buscade unha mesma noticia en cada un deles. Despois anotade: NOTICIA: EN QUE XORNAL EN QUE PÁXINA CAL É A SÚA ESTÁ? APARECE? EXTENSIÓN?
ESTÁ ACOMPAÑADA DE IMAXE?
Vendo os datos anteriores, en que xornal se lle dá máis importancia á noticia? Razoade a resposta.
“Noticias de primeira páxina”: Agora ímonos fixar nas noticias que aparecen na primeira páxina dos xornais. Escollede tres xornais do noso país correspondentes á mesma data e anotade:
oticias coincidentes:
oticias non coincidentes:
As vosas conclusións:
AVERIGUAMOS ALGÚNS DATOS CURIOSOS Utiliza agora as túas dotes de investigador/a e averigua a resposta ás seguintes preguntas curiosas: •
Cal foi o primeiro periódico diario do mundo? Onde apareceu e en que ano?
•
Cal foi a primeira publicación periódica de Galicia?
•
Cal é agora mesmo o xornal máis lido do mundo?
•
•
Cal é o periódico máis pequeno do mundo? Canto mide e cantas páxinas ten?
Cal é o único xornal no mundo que aínda se escribe a man? Cantas páxinas ten e cales son as súas seccións?
Utiliza un buscador como google e introduce palabras chave para atopar as respostas.
CANTO LEVAMOS APRENDIDO!!! AGORA FAREMOS DE XORNALISTAS: “Somos xornalistas”: Teredes que redactar unha noticia para incluir na sección de deportes (lembrade as preguntas que unha noticia debe contestar)
“Somos xornalistas”: Agora deberedes escoller un dos seguintes contos : ”A Carapuchiña Vermella “, “O soldadiño de chumbo” ou “Brancaneves” e redactar unha crónica ou unha noticia sobre o que lle ocurre aos seus protagonistas. Poñede algunha foto (debuxo) e pé de foto TITULAR:
CORPO DA OTICIA/CRÓ ICA:
FOTO/DEBUXO
Pé de foto:
DESCUBRIMOS OS PERSONAXES MISTERIOSOS Agora toca demostrar que somos uns expertos/as investigadores e investigadoras e averiguar que xornalistas famosos se esconden na nosa biblioteca. Estas son as pistas: pistas: Haberá que atopar os libros correspondentes a estas etiquetas. Neles descubrirás o nome de tres famosos reporteiros que viven aventuras incribles. Escribe o título do libro, o autor , a editorial e o nome do protagonista ao carón de cada etiqueta.
82C HER tin
82C SIE sup
82 STI cas
PARA REMATAR... Xunto cos teus compañeiros/as de equipo deberás realizar as seguintes actividades online, que vos servirán como repaso e avaliación. INSTRUCIÓNS: • Entrade en O recanto de Mik • Despois entrade no apartado “Prensa na escola” (panel lateral, zona amarela) • Facer as actividades Semana da prensa
RECURSOS: XORNAIS DE GALICIA: http://www.prensaescrita.com/galicia.php http://kiosko.net/es/geo/Galicia.html
XÉNERO PERIODÍSTICO: http://www.uclm.es/profesorado/ricardo/Prensa/Musica2001/GÉNEROS%20DEL% 20TEXTO%20PERIODÍSTICO.html
A LINGUAXE DA PRENSA: http://www.uclm.es/profesorado/ricardo/Prensa/Musica2001/EL%20LENGUAJE% 20DE%20LA%20PRENSA.html
SOBRE OS XORNAIS: http://www.uclm.es/profesorado/ricardo/Prensa/Musica2001/Periodico.html As seccións dun xornal : http://www.uclm.es/profesorado/ricardo/Prensa/Musica2001/ SECCIONES%20DE%20UN%20PERIÓDICO.html 1ª Páxina : https://dl.dropbox.com/u/13783708/1%C2%BApagina_800.jpg A Cabeceira: https://dl.dropbox.com/u/13783708/1%C2%BApagina_800.jpg A noticia: http://www.uclm.es/profesorado/ricardo/Prensa/Musica2001/La% 20noticia.html
XORNAIS DO MUNDO: http://kiosko.net/
DICIONARIOS: Galego: http://www.digalego.com/diccionario/html/index.php Castelán: El mundo.es Todo sobre xornais:
http://www.xtec.net/~ivilater/eldiari.pdf
El periódico: http://issuu.com/ratomik/docs/2_guia_b_y_c2
La noticia: http://issuu.com/ratomik/docs/1_guia_anoticia Estructura del periódico: http://issuu.com/ratomik/docs/2_guia_b_y_c2
NOME DO EQUIPO INVESTIGADOR:
COMPOÑENTES (nome e curso):
Caderno de traballo para a Educación Documental
BIBLIOTECA Ceip Mestres Goldar—Vigo