TEATRO ADAPTACIÓN DO LIBRO DE ANTHONY BROWNE
SACAPENAS ADAPTACIÓN DO LIBRO DE ANTHONY BROWNE Entra 2º no escenario. Fan un baile e ao rematar unha roda… falan
Kepa.- Quen sabe un conto que poidamos contar na noite de Nadal ? Aroa.- Eu lembro aquel de… cando Martiño tiña gañas de mexar na noite de Reis... Kepa.- Bah!! ese xa pasou de moda... fixémolo no cole hai un par de anos Diego.- Podemos contar o do apalpador, que a min gustárame moito. Candela C.- Ese contoumo o meu avó o ano pasado ! está chulísimo. Aroa.- Quen era ese apalpador? Diego.- O apalpador é ese xigantón que baixa das montañas do Courel polas datas de Nadal dende hai tanto tempo, que ninguén sabe xa cantos anos ten. Luis.- Ah, si... e que pasa o día a apañar madeira e logo, con ela pasa o tempo en facer cabaliños e xoguetes. Candela C.- Pois miña nai di que no outono aproveita a viaxe e tamén vai ás castañas, e logo as garda ata o inverno. Candela D.- Xa me lembro!! Ese é o que entra nas casas dos nenos; apálpalles as barriguiñas e, se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Se non, calaba pero deixáballes tamén as castañas. Música. Entra o narrador
Narradora.- Ola, rapazada !! que andades a facer? Marcos.- Ola, Nati!! andamos a lembrar contos para esta noite. Así, cando meu tío empece a torturarnos coa guitarra, eu saco unha historia e non teño que aguantar iso de “campana sobre campana ”de todos os anos... Kepa.- Oes, ti non saberás algún deses ben chulos que se che ocorren ás veces? Narradora.- Pois... non sei; déixame pensar !! coñecedes o do Sacapenas? Sentade aí ao frente que volo conto a todos. Música en directo. 5 e 6º “sacapenas”
Narradora.-Bieito sempre estaba preocupado. Bieito preocupábase por moitas cousas… e non era quen de ir durmir tranquilo.
Cando a noite chegaba… comezaba o pesadelo… Música A Bieito preocupáballe o inverno…. verase a Bieito camiñando pola casa con aire preocupado e con frío; achégase á estufa
… As noites de inverno chegaban . A cara do neno refrexaba a frieza da súa alma endurecida polo frío...cando os días son tan curtos… cando o sol non quenta… (sobe a música) Bieito preocupábase polo sol. Bieito.- O sol xa non quenta coma hai uns meses cando eu xogaba espido na praia… Pai.- Non te preocupes meu fillo. Un novo sol ha cubrir a vida e espertará de novo a terra que agora ves xeada e durmida... (segue a música)
Narradora.Tamén lle preocupaban As noites longas … as nubes… os paxaros xigantes….. “a chuvia”… (música) En canto soa a música o pai vai deitando a Bieito e arrópao ata que o neno se sente acougado
Deste xeito o pequeno Bieito deitouse , coa esperanza de que ante un novo mencer a terra esperte, para que a vida renaza e un ano novo comece con ventura, cargado de ilusións e boas novas.. Ao tempo da música fala o narrador, Bieito baila un vals
O neno soñaba e soñaba…Nos seus soños aparecían os intres de felicidade, as carreiras pola aldea, o andar a espreitar os niños das andoriñas, os baños no río, as viaxes co seu pai ás praias da ría …….. á baixada da música, Bieito volta para a cama (…Bieito esperta sobresaltado)
Bieito preocupábase polos animaliños do bosque. Bieito.- (apesarado)Mamááááá!! sobe a música A nai achégase ao seu cuarto e tenta acougalo de novo
Bieito.- Se hai neve nos bosques, para os esquíos non hai alimento. Xa non hai cereixas para os paxariños. Narradora. Súa nai tentaba acariñalo e acougalo de novo. Nai.- Non tes de que te preocupar, meu neno… os animaliños do bosque gardan nas tobeiras as provisións que apañan durante o bo tempo. Logo, no inverno, agardan a que o bo tempo chegue de novo. Eles non pasan fame, nen frío… Bieito.- Mañá deixarei no bosque noces, turrón e uvas pasas, pantrigo e rosquillas de anís para que coman os paxariños. Nai- Mañá será a noite boa… logo chegará o Nadal… podes gardar as noces e o turrón para os teus amigos, que ben seguro han aparecer pola porta
a pedir o aguinaldo. (música breve... dando tempo a que Bieito se vista de novo...vai de novo ao salón)
Narradora.- Efectivamente, o tempo de Nadal estaba preto. Cada ano por estas datas o tempo trócase en sabores, cantigas, sentimentos e lembranzas familiares. Sabores a as comidas en familia, o nacemento... panxoliñas e cantares de reis. (4ºdende fóra do escenario)
AGUINALDO PIDO CON DISPOSICIÓN: OVOS E TORRESNOS, CAIXAS DE TURRÓN. AO AGUINALDO IMOS E AO AGUINALDO ANDAMOS SE NOS DAN AS FABAS… TAMÉN AS LEVAMOS 4º.- Entramos ? Nai.- Entrade, entrade… que a porta está aberta!! 4º.Ao aguinaldo vimos Ao aguinaldo andamos Se nos dan chourizos Tamén os levamos Unhas uvas pasas, Hannos saber ben Sábennos os figos E tamén o mel. Déanos o aguinaldo Vimos ao aguinaldo Do señor Manolo Que nos ha mandar Unha ducia de ovos Se as súas galiñas Non se portan mal Aquí vimos todos Para lle cantar.
Señora María. Déixenos pasar que está a tarde moi fría. Dea o aguinaldo, Se o quere dar, que bastantes porcos ten para matar. Nai.- Veña,veña !! e logo non ha haber aguinaldo para estes larpeiráns tan finos… Un dos amigos do aguinaldo.- Xa temos bacallou, coliflor, castañas pilongas e todo o necesario para facer unha cea tradicional, como a que facían os avós antes nas casas das aldeas. Nai.- Que ben !!. O que máis me alegra é que esteamos xuntos un ano máis, e fagamos con ledicia unha boa cea de noiteboa. Outro dos amigos.- E de sobremesa pan de noces e turrón!! Nai.- Tamén é moi importante que, ao irdes para a cama non recollades a mesa. Deixade un prato de comida para as ánimas...lembrando aos familiares que xa non están entre nós. Un dos amigos.-Veña logo, que hai que ir indo… axiña vén a noite (volven a tocar os instrumentos e a cantar)
Por esta xornada Xa nos despedimos Imos a outras casas A correr o frío Queden os señores En paz e con ben, Que nos despedimos Ata o ano que vén. Música de despedida…os amigos marchan
Bieito.- Ai, mamá !! Que ben o pasei cos meus amigos; que graciosos estaban pedindo o aguinaldo. Nai.- Claro, fillo !! Iso é o que tes que facer: xogar e andar de brincadeira (música breve) Narradora.- Cando de novo chegou a noite, a Bieito chegáronlle de novo as preocupacións… Desta volta preocupábase polos REIS MAGOS. Bieito dirí-
xese cara a cama e senta nela... fala en alto
Bieito.- Se chove na noite de Reis, os xoguetes vanse mollar…haberá moreas de nenos e nenas que non teñan con que xogar… e o apalpador!! Se cae polo monte e estraga os seus cabaliños de madeira…!! -O seu pai trataba de axudalo.
Pai- Non te preocupes, meu fillo. Non vai pasar nada. Todo iso son cousas da túa imaxinación. Narradora.- Finalmente, a Bieito venceuno o sono…e o neno soñaba… e soñaba… aparecen os Reis Magos (nenos de 6º) e máis o Apalpador bailando nos seus soños)
Narradora.- A Bieito preocupábanlle as flores. Tamén a nai quería axudalo. Bieito.- Mamá… por que as flores non arrecenden coma no verán? Nai.- Non te preocupes, meu rei. As flores renacerán coa chegada da primavera. Nós nunca deixaremos que ninguén che faga dano. (tentando acougalo na cama… Bieito e a súa nai desaparecen da escena
Narradora.- Pero Bieito seguía a preocuparse. O que máis lle preocupaba era quedar a durmir noutra casa. continúa a música
De novo aparece Bieito simulando estar na casa da avoa
Unha noite que quedara na casa da avoa non podía durmir. Estaba demasiado preocupado. (músicos en directo. “Tensión”)
Aínda que se sentía un pouco parvo, Bieito ergueuse e foillo contar á súa avoa. Bieito.- Avoíña, non podo durmir !! Hai moitas preocupacións a bulir pola miña cabeza. Avoa.-“Sabes unha cousa, neniño?” “Cando eu tiña a túa idade, tamén andaba sempre preocupada. Pero agarda, teño o que ti necesitas”. A avoa entrou no seu cuarto e saíu con algo na man.
Avoa.- “Mira, estes bonequiños son os Sacapenas”. Só tes que lle contar unha pena a cada un e metelos debaixo da almofada. Eles gardarán as túas preocupacións en canto ti dormes”. Soa unha música. Bieito déitase e se ve como lles vai contando as preocupacións aos sacapenas e os meten debaixo da almofada. Logo queda durmido
Os trasnos pillabáns... 3º baila un valse facendo xogo de baile de parellas
Narradora.- Bieito contoulles todas as súas preocupacións aos Sacapenas, e durmiu coma unha pedra. Por primeira vez en moito tempo, o neno sentiuse protexido. As boas fadas, por fin gardaban os seus soños. (bailan as fadas...)
Narradora.- Á mañá seguinte Bieito marchou á súa casa. Música
Aquela noite volveulles contar as súas preocupacións aos Sacapenas, e durmiu coma un leirón. Á noite seguinte Bieito durmiu moi ben, e tamén á outra. Pero despois volvéronlle as “PREOCUPACIÓNS”. (músicos “Tensión”)
Non podía deixar de pensar nos Sacapenas. Non lle parecía xusto que eles quedasen con todas as súas preocupacións ! Á mañá seguinte Bieito tivo unha idea. Vese a Bieito traballando nunha mesa do escritorio
Pasou o día enteiro traballando na mesa da cociña. Como era un traballo difícil, cometeu unha morea de erros e tivo que volver empezar moitas veces. Canso de traballar no seu novo invento, quedou durmido, mais a tarefa estaba sen rematar… axiña chegaría o intre no que Bieito espertaría preocupado. As boas fadas protexérono. Os trasniños amigos entraron na súa cociña. Zapateir@s e costureir@s axudan a Bieito a rematar os seu novo invento. Entran trasniños de 2º
Narradora.- Pola mañá ben cedo Bieito espertou contento disposto a rematar a tarefa, mais… que sorpresa !! O seu traballo estaba case rematado. Uns retoques e todo estaría listo. Bieito fixera algo moi especial. Fixera bonecos Sacapenas para os seus Sacapenas. Todos os de infantil saen desfilando vestidos de Sacapenas (Ao remate da música, todos os sacapenas déitanse no chan. Falan os SACAPENAS
Sacapenas.- Nós somos os Sacapenas que nunca facemos mal Para Bieito e todos vós... Que teñades bo Nadal !! -Un bo Nadal de ledicia. Botade fóra as penas Que xa chegan eses días de xogar coas nosas bonecas a narradora levántase Narradora.- Aquela noite TODOS durmiron moi ben; Bieito e os Sacapenas. Dende aquela, Bieito non volveu a preocuparse por nada. E tampouco se preocuparon os seus amigos… Pois Bieito fixo Sacapenas para TODOS eles. E... colorín colorado...
ADAPTACIÓN REALIZADA POR:
Antón López