Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
iNFORMA
abril 2009
Primeiro día de Peche no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar Cúmprese o primeiro día de peche dos traballadores e traballadoras do Consorcio contra a paralización do proceso de selección. Ademais está a pronunciarse os diferentes centros de traballo con declaracións de adhesións que están a chegar aos que se atopan no acto. Este é o caso das GALESCOLAS de Ortigueira, Fene, Oleiros, Fonsagrada, Rianxo, Tomiño, Boiro, Xinzo da Limia, Cambre, Fene, Barrocás, etc. Estes manifestos amosan a solidariedade dos traballadores destes centros esixindo a realización das oposición. Neste peche atópanse as presidentas dos Comités de Empresa do Consorcio que manifestaron a súa vontade de loitar por defender os postos de traballo e o carácter público do Consorcio, tanto agora como nun futuro, fronte ao novo goberno; e que en calquera caso o cambio político non debe influír nin condicionar a continuidade de aplicación dos acordos asinados e o desenvolvemento das convocatorias en marcha. O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, informou aos traballadores e traballadoras pechados sobre as argumentacións que os actuais responsables do Consorcio alegan para paralizar os trámites do proceso selectivo con motivo do boicot á constitución dos tribunais que está a facer o PP. Anxo Louzao considera inadmisible a
extorsión e a chantaxe dos alcaldes do PP e entende que Vicepresidencia non debe ceder a esa presión pois entrementres non se constitúa o novo goberno, é a eles quen compete xestionar os procesos que están en marcha. Acordouse presentar un manifesto para recoller sinaturas na defensa dos traballadores e traballadoras do Consorcio e do seu carácter público. Texto do manifesto que se achega con esta nota e sinatura que se pode levar a cabo no seguinte enderezo web: www.cig-ensino.
com/sinaturas.php