CIG Avala e defende o Proceso Selectivo do Consorcio

Page 1

Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com

iNFORMA

xaneiro 2009

A CIG avala e defende o proceso selectivo do Consorcio. A Confederación Intersindical Galega (CIG), perante a campaña iniciada por La voz de Galicia e CCOO contra o proceso selectivo que proximamente se vai levar a cabo no Consorcio, quere manifestar o seguinte: A CIG avala e defende o resultado da negociación que o Consorcio levou a cabo coas organizacións sindicais e que tivo como resultado as bases e a convocatoria do próximo proceso selectivo no Consorcio de Igualdade e Benestar. Hoxe, día 22 de xaneiro, La Voz de Galicia, volve a pór en cuestión as garantías de igualdade, mérito e capacidade para a oposición que se vai realizar, cando o proceso selectivo xa está negociado, aprobado maioritariamente e avalado polos Comités de empresa. É repudiábel, desde todos

os puntos de vista, que se pretenda enganar a opinión pública e poñer en dúbida o posicionamento da CIG, recorrendo a buscar declaracións dunha persoa que non representa ao sindicato nin a ninguén, e que o único que pretende reiteradamente é desprestixiar á CIG, resultando funcional a un medio de comunicación que está inmerso nunha campaña política. A CIG vai a tomar as medidas oportunas contra esta persoa que usa indebidamente as siglas da nosa central sindical ao servizo de estraños intereses, sen pertencer a ningún organismo nin ter autorización destes para falar como membro do sindicato. La Voz de Galicia non se dirixiu nunca aos portavoces da CIG para coñecer a súa opinión. É máis, como consecuencia das acusa-

Secretario Nacional da CIG-Ensino

cións de CCOO contra a CIG e o proceso selectivo neste xornal, a resposta oficial da CIG foi censurada escandalosamente. En cambio agora ponse en portada unhas declaracións nas que se pretende manipular a opinión pública utilizando as nosas siglas de xeito perverso. Como todo o mundo sabe este sistema, que se pretende desprestixiar, non só ten o aval da CIG, senón tamén da UGT e de todos os seus Comités. Só CCOO, que representa a unha minoría, considera o proceso “enganoso, fraudulento e sen participación sindical plural”. O que é enganoso e fraudulento é o proceder de CCOO que non fixo ningunha proposta en todo o proceso de negociación, limitándose exclusivamente a defender o Concurso como sistema de acceso cando sabía que era unha proposta ilegal.

Secretario Nacional da CIG-Administración


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.