A CIG-Ensino consegue anegociación das vacantes naXunta de Persoal da Coruña

Page 1

Confederación Intersindical Galega

ENSINO

iNFORMA Febreiro 2009

www.cig-ensino.com

A CIG-Ensino consegue a negociación das vacantes na Xunta de Persoal da Coruña Despois de ser a da Coruña a única delegación que non negociou as vacantes do concurso de traslados na Xunta de Persoal e froito das presións da CIG-Ensino, o Delegado comprometeuse a revisar as vacantes. Como sabedes as delegacións da Coruña e Pontevedra eran as únicas que non negociaran as vacantes do concurso de traslados na Xuntas de Persoal. En Pontevedra, e grazas a presións da CIG-Ensino, acabáronse negociando en Febreiro, na Permanente da Xunta de Persoal, polo que a única Delegación que quedaba sen negociar era a da Coruña. A representante da CIGEnsino na Xunta de Persoal da Coruña mantivo unha entrevista co Delegado o 20 de febreiro, na que volveu recordar o escrito presentado esixindo a negociación das vacantes na Xunta de Persoal. Posteriormente o Delegado remitiu un correo ás organizacións sindicais solicitando as vacantes que non se incluíran, para manter unha próxima reunión pendente de data. Tal como dicimos no parágrafo anterior, esta reunión, a día de hoxe (26 de febreiro de 2009) aínda está pendente de data, por moito que certas informacións a daten nesta mesma tarde.

Podedes remitirnos as vacantes que non aparezan publicadas a santiago@cig-ensino.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.