Núm. 1
Revista Maxín
22/02/2016
ERGUERSE
Fouce en man, muller proletaria, esnaquiza as cordas que nos atan, racha a mordaza que nos cala. A liberdade require loita, e, témolo claro, só se acada fóra do capitalismo e do patriarcado. O teu xesto fagamos, pois, símbolo da nosa inauguración.
ÍNDICE Maxín
3
Aire fresco. Comezos
4
Canto a Galiza
5
Hiperenxebrismo
6
Irta
7
Falacias
7
Heteropatriarcal
8
“Amar…”
9
Camarada
10
Filhos do Mar
11
“Noite estrelecida...”
12
A cidade das mortas
13
Autoretrato
14
“Volver ás orixes…”
15
A fin da viaxe
16
Entrevista a Nao
17
Entrevista a Poetarras
21
Mundial e Olimpíadas de Brasil
23
Slow life
37
Son home: son feminista
39
Aprender a saudar
41
2
Maxín Maxín. O maxín é todo aquilo que queda por escribir, o maxín é todo aquilo que queda por facer. O maxín é a constante creatividade das persoas libres de ataduras. O maxín non entende de trabas, o maxín non entende de censuras, o maxín non entende de mordazas. O maxín é, xa que logo, un acto de rebeldía. O maxín sempre estará aberto a calquera signo de revolución, a calquera acto de creatividade, procurando a beleza no insignificante, coma se dun destello se tratase. O maxín non é exclusivo de personalidades e autoridades do coñecemento, o maxín está aberto a todas, ás que escriben, ás que len, e ás que len e escriben, sen importarlles o mal ou ben que o poidan facer, nin que, se cadra, ó mirar atrás poida resultarlle irrisorio. O maxín procura a liberación das persoas. O maxín, para desenvolverse, precisa da creación da conciencia. É tempo de guerra, entre clases –sempre o foi–. É tempo de opresión, e a opresión sexual sempre será unha importante arma de dominación. É tempo de agresión ó idioma. É tempo de agresión ó maxín. A burguesía dispón de mecanismos de represión e medios para o control do pensamento, mais nós, obreiras, endexamais deixaremos de resistir. O maxín será de todas, distribuirase de xeito gratuíto ou, en tal caso, cubrindo os gastos de produción, pero sempre será de libre acceso, e escritura, cumprindo coa nosa ideoloxía e criterios artísticos. Arte e contrainformación contra o patriarcado e o capitalismo. Por un maxín en galego, obreiro e feminista!
3
Fferreiro Aire fresco. Comezos.
4
Canto a Galiza Éch ‘um canto’a Galiza Terra d ‘amores. Éch ‘a lúa e o sol, e campos de flores. Éch ‘a alma labreja, valentes e fortes. Éch ‘a choiva que seca todalas dores. Éch ‘o mundo perfeito, sem ricos nim probes. Éch’o pranto perdido, de velhos sinhores. Éche lendas de medo, pros nenos na noite. Ech ‘o fogar de Breögám! fermosos que sodes! Éch ‘um sonho profundo, en mares enormes. Éch ‘a morrinha eterna, dos qu ‘están lonxe. Éch ‘o amor pola terra, de mulhieres e homens. Éch ‘um canto a Galiza, Terra d ‘amores. Enzo
5
Hiperenxebrismo Zeltia Iglesias
6
Irta ¡Irta, en pé, Galiza! Érguense novas frontes nas chairas núas, montes e costas, ¡Irta en pé! As eiras e os peiraos son e serán o berce da nova terra verde e do brillante mar. Asedian ás chorimas dentro e fóra, namentres, o ar semella perenne, oúvense as pegadas. Mocidade, ¡En pé! Alén dos nosos bosques camiña o fel, en troques, ¡Irta, en pé, Galiza! Abraham Castro García
Falacias andeiras ao ar. Ao lume os detractores. Espírito bélico. Falacia das’Espanhas. Xugo de homes e mulhieres, cadeas de mans en mentes. Sementes furadas na terra, froitos de dor para doentes. Historias do pasado, a ora e aqu presentes. Enzo
7
Heteropatriarcal O malo de ter que pasar o verán na casa da miña nai é que non hai quen descanse ben durante as noites. Diariamente, ás 3h, a súa neta esperta e comeza a chamar pola miña irmá. Despois érguese e vai durmir con ela facendo todo o barullo posible. Ese momento é fatal para o meu sono, e tamén para os meus soños. Querendo evitar esa interrupción decidín comezar a deitarme ás 3h15. Despois de cear, ata que non chega esa hora, dou paseos pola Adina ou por Portonovo na procura de algo de inspiración. “A regra é noxenta. Imaxinade que lle estades a comer a cona á vosa moza, e ten sangue por aí”. Escoiteillo dicir a un rapaz de dezaseis anos que estaba cos amigos a beber alcohol no paseo da praia. Os seus compañeiros parecían concordar, e a min fíxome graza porque dúas noites antes andaban a falar do boas que están as filloas de sangue. No grupo había un rapaz chamado Pedro. A el non lle interesaban as merdas que falaban, e normalmente non interviña nas conversas. Andaba con aquela xente porque non tiña ninguén mellor con quen estar. Mais un día quixo participar activamente naquelas lerias metafísicas adolescentes. Preparou durante unha semana varias frases que levaban as palabras que adoitaban aparecer nas conversas: fútbol, tetas, cervexa, resaca, foder e coches. De toda esa lista o único que lle interesaba era foder, mais non con mulleres. Esperou a que fose sábado, e chegou de último á praia interrompendo o faladoiro da rapazada dicindo: “Mimá! Vistes as tetas que ten o dianteiro centro do Steaua de Vilouchada? Debe ser de tanta cervexa que bebe. Non entendo como fai para xogar os domingos con resaca. Aínda así fodería con el nun coche”. Luís Pirucha, escritor de Luisteratura e Ministerio de Asuntos Literarios
8
Amar non querer co帽ecerte non reco帽ecer o cheiro que nos fixo que nos enfeitizou entre estandartes alleos propios infundados. Amarnos como normal social, como estereotipo, como atracci贸n sexual entre contos ideais que son mentira. Ficci贸n. Amarte desfacer a rutina construir unha nova calcada da anterior. Amar querer morrer, no intento, e vivir: vivir sen forzas. Eloi Garrido
9
Camarada Baldeíranse dous buracos: nun plántase un salgueiro, nun sepúltase un mozo, nun gorécese un soldado. Escorrega da punta do canón sangue e unha bágoa esvara aloumiñando amodo a moufa esquerda do combatente. A súa familia entre berros enterra en terra ó seu xoven revolucionario e para que chore un poco á dereita péchanlle nesa man unha semente. Agroma unha árbore mantida a suor e carne: flora contendente.
— Que a terra lle sexa liviá, camarada.— Abraham Castro García
10
Filhos do Mar Eu som filho dalgures, de ningures os meus pais. Cando chegan os barqueiros, verásme chorar e berrar. Dixéronme coida d ‘avóa nós imos de voltar. Nom chores filho nosso, purque alguém hai de ficar. E passaron longos anos, nunca mais os ‘ouví falar. As terras do Norde soínhas, Os sonhos no fundo do Mar. Nom hai terra sem pais, Nem filhos sem fogar. Que voltem! Que voltem! Os filhos do Mar. Enzo
11
I Noite estrelecida pídoche consello: Collo o lapis e escribo, soños en verso e arelas de tinta? Ou sobrevivo preguiceiro con traballo escravo, pétreo e silandeiro? Carballo esvaecido dáme unha resposta. Percorro os camiños ergueito, sen ren ás costas? Ou envólvome na tristura, mol e confortable, dunha noite de pesadelo coma un cadelo cobarde? II Faragulla esquecida dos arrabaldos da cidade. Xérmolo de frol, de herba que entre o asfalto nace. Palabra incompleta escrita, berrada nun papel. Enxuga as túas bágoas e racha as cadeas pretas da túa pel. Posdata: Loita! Hadrián Iglesias Abuín
12
A cidade das mortas Xa é inverno en El Corte Inglés, e regresa o frío, como cada mes, e regresa a opresión, e regresa o gris, o gris do asfalto, e máis o gris dos muros, regresan as presas ás presas ós zulos. Un paradigma de relación social, un polímero de unidades iguais. Revolución? Temos moito que estudar, unha tele e discotecas para bailar, ó son do que nos indiquen os demais. Ó son do que me indique a presión do resto, o resto ó son de escaparates e medios. Actuando no teatro ata a fin da función. Unha vida – unha vida! – no banal, unha vida – enteira! – no artificial. Máis dun se arrepentirá, ó chegar a hora, ó sentir o bafo da morte na noca, de nunca ter tomado o control de si, de endexamais ter vivido, xa que logo. Só seguen a corrente os peixes mortos. O sistema diluíu a identidade daquelas que a deixaron no escaparate. Es? Ou o ser flúe á intemperie social? Non temades, non podedes desistir. Ser é, necesariamente, resistir. Fran PF
13
Autorretrato. Fferreiro
A cidade capitalista ateigada de baleiro difuminou a miĂąa identidade. Agora flĂşe coa dos demais, xa non hai barreiras.
14
Volver ás orixes. Iso decidín facer cando reparei naquelas herbas que medran, heroínas da resistencia coma o neno palestino que lanza pedras contra o tanque israelí, nas xuntas que unen a beirarrúa, que nos separa do mundo que está por debaixo do asfalto, cos muros de cemento que forman tabiques e dividen, eses muros que nós mesmos puxemos cando nos volvemos ruíns, cando a cor da nosa pel coincidiu coa da folladelata e o impulso de posesión sen utilidade creado polos escaparates dos medios de comunicación levou ás masas desapropiadas do seu produto de traballo a enfrontárense entre si. Lembrei aqueles prados, o cheiro a can e o bafo que soltan os bois, e aquel sentir de amor á natureza. Daquela, as persoas estabamos sometidas por deuses que non viñan impresos en papel-moeda. Dei o paso. A miña sombra, que me protexía e me igualaba ós demais, impedindo diferenzarme, marcándome o meu modus operandi, a miña sombra arrastrábase agarrada ó meu pé intentando empurrar de min para atrás e producía en min unha pesadez enorme que só vencía a miña enérxica e forte decisión de dar o paso. A miña sombra mirábame como miran os animais cando son torturados, ó mesmo tempo que transmitía odio e dominación e me dicía que lle debía sumisión. Dei o paso e abandonei á sombra que no momento en que soltou o meu pé saiu disparada percorrendo o chan esnaquizándose en, talvez, dez pedazos para logo refuxiarse no primeiro lugar pechado que atopou. Agora eu sentíame exposto. Exposto á liberdade. Sentíao na caluga, coma quen se emparanoia con que o persegue algún asasino ou un violador. Agora non existían os límites, estaba exposto a non saber que facer porque ninguén me dicía como actuar. É coma se te botan ó espazo, ó baleiro, e non podes agarrarte a nada. Preciso un chan que me limite, preciso limitacións para sentirme cómodo. Pero preciso retornar ás orixes. E aquí estou, na aldea. O piar dos paxaros! Que necesario é volver oílo! Cada vez que inhalaba ese aire fresco e puro enchíanseme os pulmóns de vida. Na cidade automática, rápida, monótona e gris, din que as xentes que aquí habitan son moi paletas, tanto que non se decatan que deixando as portas abertas, o coche sen pechar e á intemperie da noite e as súas bicicletas fóra da casa calquera pode vir roubarllas. Pero que fermoso é ver como aquela vella que, coma aquela herba que procuraba reconquistar o territorio conquistado polos que son coma min, é un exemplo de heroica resistencia, madruga a diario para traballar co gando e o cultivo, esa vella que bromea cun mozo que parece ser seu veciño. Aquí coñécense todas. Aquí coñécense todas e eu son un extraño que vén do mundo que os pintou de gris. "Miserable" é a mellor das palabras que me dirixiron aqueles cans que distinguían entre os veciños e os forasteiros. "Miserable, fóra de aquí, esta non é terra vósa". "Se vós os cultos que só sabedes o idioma do imperio non me entendedes, eu, o paleto que coñezo ambas repítocho na túa lingua". "Fóra!". Estaba rematando o outono, e foi nese momento no que me fixei na chuvia de bágoas douradas que relocían no seu descenso que formaban unha escentilante cortina. Aquel non era lugar para traidores. Fran PF
15
Fferreiro A fin da viaxe.
16
Entrevista a Nao A nosa revista tamén pretende ser un medio para convidarvos a ler libros, escoitar música e participar de actos culturais alternativos dándoos a coñecer. Aproveitamos o festival que cada ano se celebra a finais de febreiro en Lugo, a Candeloria, para entrevistar a Nao e Poetarras e reflexionar con eles, dous grupos musicais galegos que quizabes xa non faga falta presentar e, para quen aínda non os coñeza, que mellor que escoitalos? Pregunta.- De que forma se pode facer contracultura desde a música? Jásper.- Nós xa facemos iso, contracultura, basicamente. Gus.- Claro, estamos os catro aquí, iso xa é contracultura. Os catro e moita máis xente que fagan cousas distintas e en galego é contracultura, tal e como está o país. Debería ser cultura pero acaba sendo contracultura sempre. P.- Dende as normas represivas do capitalismo para implantar a mordaza, tedes alguna dificultade á hora de facer as vosas cancións? J.- A verdade é que nunca pensamos en temas lexislativos. Tampouco tivemos unha temática panfletaria, senon que escapamos diso. Hai unha frase moi boa parafraseando a Mao Tse Tung que di que a poesía revolucionaria se non é brillante pasa a ser poesía contrarrevolucionaria, e é algo que nós aplicamos sempre, sempre intentamos facer un grupo que na música fose de calidade, e que nos textos tamén o fose, para que se converta no que nós queremos que sexa, que sexa música combativa e revolucionaria. Moitas veces parece que a propia música canto máis panfletaria e máis seca acaba sendo perxudicial para a revolución, acaba sendo contrarrevolucionaria. P.- Actualmente a cultura co novo imposto que hai sobre ela está máis complicada de facer. Atopades algún tipo de dificultade á hora de que vos contraten por estas limitacións? G.- As dificultades existen, esta é unha traba máis que nos poñen. Pero hai outras que están por riba diso. O máis importantes para a cultura é que a xente se interese por ela. Cada vez hai máis xente que se interesa pola música e por toda a cultura en galego. Se hai interés e a xente quere escoitar grupos e música de aquí, o resto evidentemente que hai que combatelo pero xa temos algo gañado e niso estamos. J.- O mesmo. Á xente póñenlle trabas e fáiselle costa arriba porque encarece a cultura. Loxicamente ás organizacións dos festivais cústalles máis ter que pagar o 21% do IVA ca pagar o 16, claro está. Ó mesmo tempo nós tampouco o notamos nese sentido no tema das entradas pero si que notamos que a xente, o consumidor, si que o acaba notando. G.- O que é evidente é que a xente ten que pensar que a cultura para os artistas tampouco é barata. Parece que facer discos ou ir tocar ós concertos cobrando moito menos cás bandas de fóra ou ca outras bandas doutro ámbito diferente é doado e non o é. Aínda que nós o facemos 17
co corazón e facemos o que queremos facer si que é certo que todo isto o dificulta máis. Non é barato ir a un estudo, non é barato facer vídeos, non nos gusta que a xente teña que pagar entradas caras polos concertos. Entón isto é unha dificultade que tamén hai que dicila. Non todo é doado. P.- Nunha canción versionades o poema de A xustiza pola man, de Rosalía. Queriamos saber se credes que hai un paralelismo dos poemas que facía Rosalía coa situación actual que vivimos e se incluso a poesía de Rosalía neste contexto actual pode considerarse revolucionaria. J.- Pois é incrible que unha muller que naceu no ano 1837 tivese esa tremenda lucidez que tivo. A verdade é que quixemos facer o poema de Rosalía porque entendiamos que era perfectamente actual cando o fixemos haberá dez anos. Tamén queremos reivindicar a figura de Rosalía e cada vez máis porque sempre se ten a idea da poetisa triste e, non, era unha muller coas ideas moi claras, unha feminista no século XIX, que tiña conciencia, e que tiña conciencia tamén de país. E a verdade é que poder musicar a Rosalía para nós é unha honra. É o bo que ten a poesía, que a fas túa. Como outras letras de Nao, que podo facelas pensando en algo concreto pero a persoa que o absorbe dálle o seu sentido e faino a través das súas vivencias. O poema de Rosalía para nós é de vivencia actual, como tamén o é para a xente que o escoita. G.- Calquera se pode identificar co que conta ese poema, hai cousas que vemos todos os días nos medios ou na propia vida ó lado da casa. Nese sentido é o que di Jásper. As cancións ou os poemas sempre se axustan un pouco ó espazo e ó tempo da persoa que as vive, que as canta e que as escoita. Creo que eso para as boas letras e para o que de verdade paga a pena e conta algo perdura no tempo. Non depende moito da época na que se faga. P.- Nun festival como o de hoxe, no Candeloria, vemos que só hai un grupo que sexa interpretado por mulleres. Vedes algunha complicación dentro do panorama musical e político actual no que se desenvolvan máis as mulleres incluso á hora de acudir ós concertos por temas reivindicativos na que se note unha menor presencia? J.- Non. Todo ó contrario. Nos concertos de Nao sempre hai máis mulleres ca homes, e é algo do que nos sentimos especialmente orgullosos. E os que temos xa 36 ou 37 anos e botamos a conta cara atrás e lembramos cando comezamos a tocar con 16 ou 17 anos noutros grupos e vemos que a presencia das mulleres era simbólica, e máis das mulleres que viñan en panda, así que estaban soas. Nese sentido si que houbo unha evolución, porque agora vemos moitas máis mulleres nos concertos, polo menos dos nosos, que homes, e grupos de rapazas. Doutra banda, si que vemos que á hora de facer un grupo ocorre o de sempre, é o papel da muller nunha sociedade patriarcal. Entón loxicamente pois si, desde sempre se van marcando uns espazos e se van prohibindo outros. No tema da música tamén está presente, hai que dicilo e hai que denuncialo, vanse acotando os terreos. E nese sentido nós estamos encantados de tocar con grupos de mulleres ou nos que participen rapazas no mundo do rock porque a día de hoxe é anecdótico e é unha loita que hai que seguir dando. P.- En moitos concertos vemos que poñedes a bandeira do orgullo LGTB. Poderiades dicirnos por que a poñedes?
18
G.- É moi significativo que, cando fixemos o tema de O soño é necesario e se colgou nas redes, xente que se había sentir máis galego ca ninguén de nós se queixase de que se puxesen homosexuais nese vídeo e de que aparecese xente inmigrante. Evidentemente a realidade que vivimos fala por si soa. O tema da homofobia está presente como falamos coa muller, e simplemente é algo que é necesario reivindicar e con iso iremos a morte sempre. J.- Esta semana houbo unha agresión homófoba en Compostela, e logo a xente pregunta que por que levamos a bandeira do orgullo. Esta é unha loita que está vixente e que hai que dar. Ninguén ten por que xulgar a quen poidas amar, nin ten que catalogar. Nin a Igrexa nin a nivel particular. A homofobia está presente como está presente o machismo, está na sociedade e está no ámbito, que é a punta do iceberg, que é que alguén insulte pegándolle a un chamándolle maricón de mierda e sidoso como está no tema do machismo cando asasinan a unha muller. Pero debaixo dese iceberg están os chistes cos colegas de maricón, no instituto, meterte co tío afeminado ou coa tía que non é afeminada (la bollera, la camionera) e exprímese a coña, la putilla e todo iso. É algo que hai que combater desde aí xa, desde as relacións, desde o ámbito escolar e desde a adolescencia. Entón é unha reivindicación que levaremos e que levamos a morte, porque é unha cousa que realmente nos doe, porque empatizamos con iso. G.- Quizais esa pregunta non debería soar como algo singular. Debería ser o común. Debería facelo máis xente, non deixa de ser un xesto. Na vida real hai que defender outras historias pero eses temas tamén son importantes. Non deberiamos ter nin necesidade de facelo, pero mentres a haxa, aí estaremos poñendo bandeiras. P.- Precisamente chámame a atención porque realmente sodes os únicos que o facedes. J.- Vou explicar. Realmente este é o tema de fondo, pero exactamente o momento no que tomo a decisión de facelo foi vendo coa miña filla á Panorama en Cuntis, que eu vivo alí. Puxéronse a cantar maricón el que no bote e a xente seguíao e eu poñíame na situación dun rapaz homosexual de 14 anos que está vendo iso e o corpo que se lle ten que quedar... Que hai que ser noxento. E como vimos tamén naquela época a orquestra Olympus con comentarios dese tipo dixémonos que nauseabundo é isto e que nós sacaremos a bandeira, e aí a poñeremos sempre e defenderemos que o amor é libre. P.- Agora que vos ides acabar como grupo, tedes pensado seguir na música despois da separación? G.- Voume poñer romántico: como grupo non nos imos separar nunca. Isto xa é unha unión que é perfecta. Ademais a pesar das moitas vivencias, de erros,... querémonos moito. E a banda o que deixará é de estar presente no ámbito do directo e da creación, pero é unha familia, e iso xa non o vai borrar ninguén. Seguramente faremos cousas pero sempre estará presente. J.- O grupo sempre estará aí, outra cousa é que non toquemos, ou que descansemos eternamente ou por unha tempada, non sabemos. A nivel individual Amós ten un grupo, Anxelo outro... Eu non teño pensado facer nada a bote pronto e Gus tampouco. Tamén queremos descansar. 19
G.- As bandas cando duran forman parte da historia da túa vida. Non é que non poidas ter varias, pero cando tes unha como para nós foi Nao, non só pola repercusión que poida ter cara fóra senon pola repercusión que para nós tivo nas nosas vidas, non estás pendente de facer outra cousa. Adicareime a facer outras cousas na miña vida e o que é músico será músico sempre, pero para min Nao é único. J.- Eu teño claro que tampouco. Nao é o grupo da miña vida e non teño pensado facer outra cousa distinta que non sexa Nao a menos que sexa anecdótico, pero o que teño claro é que formar outra banda e tal... Xa non temos idade. A parte, que co que fixemos con Nao nos sentimos realizados plenamente, é o soño que tiñamos, ter unha banda coma esta. Pensamos que é irrepetible ter unha banda igual nunha mesma vida. Ter dúas bandas como Nao para un músico, iso dáme a min que é imposible. P.- Nesta última etapa que tedes pensado facer? G.- Disfrutar. Facer música, que é o que fixemos sempre. Agora mesmo sentímonos uns previlexiados. Sempre que pensamos en facer isto, sempre soñamos con chegar á xente e con que a xente escoitase os temas, pero iso é complicado, moitas veces é unha cuestión de sorte, que tes que traballar moito para intentar facelo. E a nós non sei moi ben o que pasa, tocounos un pouco esa sorte de poder compartir o que facemos con moita xente, de sentir as mesmas cousas, de intercambiar, e precisamente non queremos facer diso algo común, algo repetitivo. Queremos que este momento sexa especial, disfrutar, facer música. Aínda nos quedan cousas por facer, facelas ben e disfrutar a tope do momento e de todo o traballo destes anos. E intentar que o pouso de Nao no tempo que veña despois siga presente, a min gustaríame que os rapaces que veñan despois e vós sigades escoitando Nao, e que sen ser mellor nin peor que ninguén, que vos sintades identificados e que Nao sexa unha referencia polo menos dunha maneira de facer música neste país. Por Eloi Garrido
20
Entrevista a Poetarras Pregunta- Que opinades do actual panorama da poesía/fanzine que tan de moda se está pondo ultimamente? Resposta- Somos especialistas en predecir o repunte de movementos que parecían ter caído no esquecemento. Se dicías que o cine mudo volvería a petalo dicíanche que estabas tolo pero logo The Artist gañou nos Oscar e QUEN É O TOLO AGORA? Por non falar de que nós facemos sesión vermú nunha época na que se está perdendo o de ir tomar o vermú (de feito nalgunha das nosas sesións vermú nin sequera había vermú). Polo tanto non nos sorprende que o panorama do fanzine/poesía volva a estar en boga. Por algo nos chamamos Poetarras. Consideramos que o diñeiro está na poesía. P.- Como interpretades que moita xente que defende a liberdade de expresión defendendo a capa e espada a “opositores” venezolanos logo condenen o gora alka-eta? R.- Do mesmo xeito que cando xente que defende a liberdade de expresión con todo o relacionado co GORA ALKA-ETA acaba condenando a expresión doutras ideas que non lle gustan. A liberdade de expresión non debe asumirse como algo relacionado coas opinións que compartimos ou nos parecen aceptables. Tampouco é caer no tópico de que “tódalas opinións son respectables”, porque hai opinións que non merecen respecto nin ún, pero iso non quere dicir que alguén non teña dereito a expresar esas opinións. P.- Agora que non se fala tanto de Gloria Lake de que vive ou a que adica o seu preciado tempo , cada vez somos mais os que demandamos o seu retorno a palestra pública? R.- Ao final vai ter razón e os talibanciños non sabemos vivir sen ela… O bo é que parece que o tempo de Glory Lake como "influencer" xa pasou, pero non hai que esquecer que un nome e un apelido son irrelevantes. O problema non é una señora de Vigo senón o que representa, e é unha diglosia que se afianza ao percibir una parte da sociedade que ese problema está superado. Ese problema nunca deixou de existir e só fai falta botar unha ollada á realidade sociolingüística do país. As linguas non van desaparecendo "porque si". E nós non queremos unha lingua que vaia desaparecendo ata converterse nunha peza de museo que se "conserva". Queremos unha lingua viva. P.- Como se pode explicar que cada vez haxa máis neofalantes se xa non botan o Son Goku en galego en horario de merenda ? E que cada vez sexan máis influíntes heroes anónimos coma Bernardino Garrido ou Manolo de Xaniño. R.- Non sabemos se cada vez hai máis neofalantes, pero o que si parece claro é que inflúe a percepción positiva dunha lingua. Nese sentido o Xabarín no seu día fixo unha gran labor porque non só facía para os nenos que o galego fose unha lingua que lles resultase familiar senón que ademais asociábana a contidos que os representaban. É importante que a xente non asocie o galego unicamente como unha materia de escola, como unha lingua académica ou como o reduto da intelectualidade, senón que sirva para reflectir os gustos, medos, inquedanzas, paixóns, etc. da xente. Que se entenda que o galego é unha lingua válida para calquera ámbito: para saír de festa, para foder, para discutir sobre o milenarismo... E fuxir do 21
tópico da "imposición". Ten que percibirse unha lingua amable á que a xente chega de xeito voluntario. P.- Agora que parece que o noso Feijoo se vai ir á emigración a Madrid quen vos parece que vai asumir o timón na Galiza? R.- Aínda non asumimos que o amado líder nos poida deixar. Confiemos en que permaneza ao noso carón. E xa que nunca se cumprirá o noso soño dunha República Socialista Trilingüe dirixida por José Tojeiro, pois que sexa dirixida por Bernardino Garrido, para que lle diga ao Ministro de Facenda "Queres a carteira? Pois aghora non cha dou" ou lle chame "ghalipollas" e ameace con arrincarlle a cabeza dunha hostia aos representantes da Troika. P.- De que modo credes que a experiencia de convivencia e cultural dos festivais de tanta xente cunha ideoloxía a miúdo anticapitalista poden contribuír a algo? Simplemente a visibilizar eses grupos alternativos e que se escoiten máis? De que modo poden influír en xeral eses encontros? R.- Pode servir para que se acceda a novos discursos, novas ideas, novas realidades, novas formas de entender a vida... E a música é unha forma moi atractiva para introducirte en ámbitos que descoñecías e entrar en contacto con xente diferente que che pode aportar moitas cousas... Aínda que tampouco se pode negar que moitas veces hai xente que o único que che vai aportar é alcohol, drogas ou un pouco de sexo lamentable. P.- E por último , poderiades mandar aquí un conselliño para os lectores que andan nisto da música na nosa lingua? R.- Que experimenten, que o galego serve para calquera estilo. Que o panorama musical galego é moito máis diverso e amplo do que parecen vendernos e aínda hai sitio para máis. Que fagan as cousas sen medo. Que fagan o que lles pete, que a base de calquera proxecto ten que ser a liberdade absoluta e a satisfacción persoal. E que a música tamén pode ser unha arma moi poderosa a través da que loitar. por Dani Pena
22
Detrás da pantalla: Mundial e Olimpíadas de Brasil Contexto Falta un ano para que comecen as Olimpíadas 2016 de Brasil. Para daquela, posiblemente centos de millóns de espectadores sigan a través da televisión este acontecemento, na súa maioría ignorando o que hai de fondo e nos principais medios non se conta. Para entendelo debemos volver a vista uns anos atrás. A Brasil tocoulle ser país anfitrión dun conxunto de grandes eventos nos últimos anos. Destacan a Xornada Mundial da Xuventude 2013, a Copa Confederacións 2013 e o mundial de fútbol 2014 ou incluso o festival Tomorrowland 2015 do que as súas 180.000 entradas foron esgotadas en 3 horas, deixando moito que desexar sobre os valores culturais do progreso capitalista. Causaron un visible impacto de forma especial o mundial e as Olimpíadas. Se cadra lembrades que en 2007 algúns medios e a xente se cuestionaban a seguridade das rúas de Brasil de cara ó mundial, un país moi conflitivo realmente influenciado polo narcotráfico e onde se forman grandes favelas de ata 300.000 habitantes como os que tiña Rocinha, que contrastan a miúdo coa cidade onde imperan as clases media e alta.. El 50% de los municipios carece de auga potable, a taxa media de analfabetismo sitúase ó redor do 8,6% da poboación a partir de 15 anos, a sanidade é caótica (1,8 médicos por cada 1000 habitantes fronte ós 4 de España, onde as listaxes de espera son responsables xa de numerosas mortes), millóns de persoas carecen de acceso á rede eléctrica (tan só en Ceará 960.000 habitantes viven a escuras) e a educación non goza dunha calidade media básica. Máis de 13 millóns de persoas viven en pobreza extrema, aínda que segundo os criterios empregados a cifra de pobres pode chegar a 29,6 millóns fronte ó 1,8-2,8% de ricos. O problema social require de moito investimento en educación e sanidade, algo que o partido liderado por Dilma (PT, de evolución política equiparable ó PSOE de España, desde o socialismo ó liberalismo) parece estar lonxe de entender. Talvez unha imaxe valga máis que 1.000 palabras.
23
Ademais, Brasil está dotado dunha gran diversidade cultural e de modos de vida, sendo o país líder en tribos indíxenas e un dos 10 nos que máis idiomas se falan; así como dunha gran biodiversidade, sendo o país con maior diversidade de flora e fauna do planeta. As consecuencias do mundial e as Olimpíadas Quizabes o mito máis estendido é que co mundial e as Olimpíadas Brasil sairía gañando e melloraría a súa economía. Pode parecer, porén, desconcertante nun país que ama tanto o fútbol e ó que lle encanta celebrar este tipo de eventos, que mesmo os negocios fagan folga contra o mundial, ou a folga educativa que comezou o 12 de maio de 2014, ou as protestas de centenas de miles ou incluso millóns de manifestantes. ¿Sae realmente gañando Brasil?
24
Os prezos subiron, xerouse unha inflación que acadaba xa 2 meses antes do mundial o 6,19% que economistas prevén que tardará anos en reducirse. Entre xaneiro de 2008 e abril de 2014 o alugamento aumentou o seu prezo nun 97% en São Paulo e nun 144% en Rio de Janeiro, segundo o Índice FipeZap. Moitos servizos tamén incrementaron o seu prezo e atrasouse a construción de infraestruturas como o Tren de Alta Velocidade que uniría Río de Janeiro e São Paulo e seguirá sen se construír proximamente. Protestas como a da subida do transporte público, o máis caro do mundo, levaron consigo a vida de varios violentos, ou así é como os describen nos medios, porque cando te atan desfacer o nó é violencia. Se ben é certo que en ocasións estas protestas eran organizadas pola dereita, poden parecer esaxeradas, chegando a causar un embotellamento durante a folga de transporte e contra o mundial de 209 km de atasco a 7 días do seu comezo pero non é en absoluto esaxerado se sabemos todo o que hai de fondo.
25
O impacto medioambiental foi considerable. O exemplo máis soado é o da destrución da lagoa de Jacarepaguá, lugar declarado Sitio de Relevante Interese Paisaxístico e Ambiental Municipal para a construción dun autódromo, se se cumpren os plans do concello. A FIFA, esa organización sen ánimo de lucro cunha reserva de 1.000 millóns de dólares á que cada ano a xente merca millóns de videoxogos, presentou a Brasil un presuposto de 1.100 millóns de dólares para a realización da Copa do Mundo. En 2014, o seu custo real acadara os 3.712 millóns de dólares. Realmente, o país anfitrión non gaña diñeiro, págao co diñeiro de cada un dos seus habitantes. De feito, a FIFA evade os impostos, que sumarían, de pagalos, uns 250 millóns de dólares. Ese custo é o da FIFA, pero o gasto real ronda os 30.000 millóns de dólares, representando esta última cifra máis da suma dos 3 mundiais anteriores, que é aproximadamente duns 25.000 millóns. Levantou polémica a construción de estadios, como o de Fortaleza, a quinta cidade do mundo con maior diferenza social, e a séptima máis violenta, con 73 asasinatos por cada 100.000 habitantes. O estadio de Ceará custou máis de 110 millóns de dólares, máis do invertido nos últimos 4 anos en educación. Pero se algún estadio levantou polémica foi o de Manaus, na selva do Amazonas. Ademais do impacto ecolóxico que puidese causar, debido a que era inaccesible por estrada, os materiais foron transportados primeiro a través do Atlántico desde Portugal, e despois a través do río Amazonas. Isto xerou un gasto de 270 millóns de dólares para un estadio que só puido encherse en 4 partidos do mundial; a partir dese momento ningún partido vai nin achegarse á súa capacidade de aforo. O custo do estadio Arena Corinthias (en Corintios) foi de 450 millóns de dólares. 2.800 familias convocadas polo Movemento dos Traballadores Sen Teito acamparon nas súas proximidades en protesta, onde tan só na favela Metrô de Mangueira foran desaloxadas 700 familias. O valor total da construción de estadios foi duns 8.000 millóns de dólares (un 30% do gasto total aproximadamente), pagados con diñeiro público.
26
Tamén se produciron accidentes como derrubamentos de estadios ou a morte de varios obreiros debido ás condicións de seguridade dos mesmos e nalgúns casos mortes como consecuencia dos derrubamentos.
Pero os trapos sucios da FIFA non quedan aí. Debido á comunmente chamada tolería (porque alienación fai máis dano) polo fútbol, en Brasil existe unha lei desde 2003 que prohibe o consumo de alcol nos estadios. O problema é que Budweiser é un patrocinador da FIFA e vende a cervexa que lava o seu nome por marca. Para o período 27
do mundial creouse a coñecida como lei Budweiser para que el puidese comercializar a súa cervexa deixando claro quen dita as leis. En 2022, a Qatar tocoulle (por subornos de 3,7 millóns de euros) ser país anfitrión da Copa do Mundo, un lugar onde poden chegar a acadarse os 50 ºC, pero interesa facer negocio. Tendo en conta que teñen estación de neve no país próximo, os EAU, en canto á estrutura socio-económica e ideolóxica, Ski Dubai, non me estrañaría que dotasen ós estadios dun sofisticado sistema de refrixeración, malgastando diñeiro á vez que miles de obreiros, varios cada día, falecen debido ás escravas condicións de traballo. Moitos son inmigrantes e é o que os emprega quen posúe o pasaporte para poder saír dó país. Calcúlase que tan só de India e Nepal (as únicas embaixadas que aportan datos) morrerán uns 4.000 obreiros por causa do mundial. O número total de vítimas superará con creces o do (auto)atentado do 11S, ¿podemos xa chamalo terrorismo? Pero se algunha consecuencia destes eventos é realmente grave é o conxunto de intervencións militares nas favelas e nas tribos indíxenas de Brasil. Das intervencións nas tribos indíxenas, debido ó seu modo de vida e situación, desconectadas do mundo occidental e dos núcleos urbanos, e sen uns medios que os cubran, os datos son moi escasos. Sábese que delimitaron os seus espazos, que precisan protección e no canto diso son agredidos, e que rara vez provocan enfrontamento e, porén, si protestaron contra a forma na que os tratan previamente ó mundial (primeira imaxe) e previamente ás Olimpíadas (segunda imaxe), aínda que ben é verto que a ameaza é constante, debido a que as grandes empresas os botan das súas terras por exemplo para as plantacións de azucre ou a construción de presas. Foron expulsados violentamente do Museo do Indio que ocuparon en protesta polo seu derribo para a construción do Comité Olímpico, en detrimento do multiculturalismo.
28
No tocante ás intervencións militares, téñense máis datos pero adoitan ser de novo aproximacións que posiblemente subestimen a realidade en moitos casos. En 2008 a maior intervención tivo lugar na maior favela, Rocinha, onde a Policía Militar entrou armada con tanques. Entre 2009 e 2013 desaloxáronse 20.300 familias. Amnistía Internacional denunciou 38.297 desaloxos en Río de Janeiro, violando os Dereitos Humanos, xa que se trataba de demolicións nocturnas, habitualmente non notificadas e que tan só nalgúns casos ofrecían indemnizacións, de 2.200 dólares como máximo, o que deixa ás familias nunhas condicións de vida pésimas, pois non lles permite conseguir outro teito. En total suman unhas 67.000 demolicións, polo menos 250.000 desaloxados. A aqueles de empatía miserable que só estean lendo cifras pídolles que se poñan no lugar de cada unha destas vítimas. 250.000 vidas! Estas intervencións veñen decote acompañadas de tiroteos. Calcúlase que 40 asentamentos e 1,5 millóns de persoas foron afectadas polas forzas da policía militarizada. Na fronteira entre São Lourenço da Mata e Camaragibe (rexión metropolitana de Recife) construíuse o Arena Pernambuco para 3 partidos da Copa Confederacións e 5 do mundial para o que desaloxaron 200 familias, moitas das cales seguen sen ser indemnizadas (quizabes este documental que entrevista a afectados nos permita sensibilizarnos). Pola noite, grupos armados da man do Estado disparan ós nenos que dormen na rúa, provocando centos de mortes e que outros nenos fuxan, para limpar as rúas de Brasil, porque a súa presenza molesta ós turistas e para demostrar que en Brasil non hai pobreza e é moi seguro. Na súa época de menor actividade, desde o momento no que foi anunciado que este país sería o anfitrión da Copa do Mundo e ata 2012, unha media de 885 cidadáns por ano, 1 de cada 10.000, foron asasinados en Río de Janeiro. Un sarcasmo do poder é denominar Unidade de Policía Pacificadora ó comando que se encarga destas masacres. Un caso famoso foi o de Amarildo, un albanel que vivía nunha favela e foi torturado por esta unidade ata a morte en 2013. Entre 2009 e 2013 a policía brasileira asasinou polo menos 29
a 11.000 persoas. Pero, aínda que a maior parte da limpeza social foi levada a cabo xa cara o mundial deixando Brasil preparado para as Olimpíadas, a policía brasileira segue asasinando e desaloxando. Os desaloxos continúan, como é o caso do ocorrido no Complexo do Alemão a semana do 2 de abril (imaxe da dereita) ou o de Flamengo o 7, desaloxando a 100 persoas para construír un hotel 4 estrelas para as Olimpíadas. Outro exemplo é a demolición de vivendas en Vila União (próxima ó Parque Olímpico) para un tránsito rápido do bus do traxecto entre Barra da Tijuca e Deodoro. Son xa 800.000 familias as que non teñen vivenda na área metropolitana de Río de Janeiro.
A doutora en Planificación Urbana e Rexional, profesora universitaria, especialista e escritora do libro O poder dos jogos e os jogos do poder e partícipe de Brasil en jogo, Gusmão de Oliveira, asegura que se trata dunha clara limpeza social. Di que as obras son pensadas para construírse exactamente sobre os terreos ocupados por barrios pobres e favelas (como no caso do desaloxo de 199 familias para a construción do teleférico en Morro da Providência, a favela máis antiga de Brasil), e que os expulsados son afastados a uns 60 km da cidade. O xornalista danés correspondente en Brasil que mercara 2 entrada para o Francia-Ecuador do 25 de xuño, Mikkel Jensen, foi meses antes a entrar en contacto coa realidade que para daquela estaría oculta. El viu como asasinaban nenos de noite, entrou en contacto coa xente das favelas e os nenos da rúa, e o momento no que se sentiu culpable foi no que un cativo que tiña como única propiedade unha bolsa de cacahuetes lle ofreceu a el se quería, a el que era responsable do que lle estaba pasando por lexitimar ese xenocidio, a el que iría alí e pagaría o seu hotel, namentres ós nativos os desaloxan e deixan na rúa e aínda o teñen máis difícil para conseguir unha vivenda debido á inflación. Nunha carta explica todo isto, unha carta que remata cun Alguén quere dúas entradas para o Francia-Ecuador do 25 de xuño? O seguinte que fixo foi un breve documental, O prezo do mundial, recopilando 30
toda a información que puido atopar. Centenares de miles de maioritariamente nenas nesta situación tiveron tamén que recorrer á prostitución, que co mundial tanto se acentuou, chegando a atoparse algúns casos de nenas de ata 10 anos. Posiblemente houbese nenas menores de sa idade entre elas, pero a información sobre o tema é moi escasa. Aínda que nas favelas estea asentado o tráfico de drogas, en gran parte porque é a única saída de moitos, hai un gran compoñente social formado por vendedores ambulantes, albaneis, señoras de limpeza (e uso o feminino porque tristemente enténdese como un traballo de mulleres e na práctica moi poucos homes o realizan), etc. Independentemente de se se trata dun traficante de drogas, de xente que tivese que recorrer ó roubo para subsistir, ou dun traballador non existen motivos para a violación dos dereitos humanos, xa sexa mediante o asasinato ou mediante o desaloxo nas condicións nas que se fai. Os asasinatos son totalmente arbitrarios, na imaxe, o dun (perigoso?) meniño de 10 anos no desaloxo do Complexo do Alemão para preparar as Olimpíadas. Ante un problema social como o de Brasil non se lle pode dar as costas e procurar ocultalo, porque cada vez se enfrontan a un problema maior, máis aínda cando establecen barreiras físicas, un límite entre os máis pobres e os outros.
Non é de estrañar, xa que logo, que Brasil enviase axentes seus a ser adestrados polo FBI e por paramilitares estadounidenses de empresas como a que quizabes coñezades polo nome de Blackwater, actual Academi, colaboradora co Departamento de Defensa de EEUU e a CIA durante as guerras de Irán e Irak, onde é responsable directa 31
de 17 asasinatos (Nisour, 2007). Non é de estrañar que crease un exército de 170.000 axentes policiais para levar a cabo ós plans de negocio da FIFA, o Comité Olímpico Internacional (entre 1980 e 2001 a cargo do colaborador co goberno franquista Juan Samaranch, home estratéxico para Adidas) e os seus socios (Coca-Cola, Daw, GE, Samsung, Panasonic, Omega, P&G, Atos, VISA, Adidas, Hyundai, KIA Motors, Emirates, Sony, McDonald's), un exército de 170.000 axentes policiais para ter seguridade, para ter a seguridade de que o pobo non teña absolutamente ningún control sobre as súas vidas, para ter a seguridade do que realmente supón este sistema xenocida, para ter a seguridade de que a democracia funciona, unha democracia que reprime por dúas vías: a policial e xudicial ou directa, e a do control da opinión pública, facéndonos ignorantes e copartícipes (sen o que non sería posible levar a cabos estes plans) ben acudindo ou ben sendo espectadores desde as nosas casas, xerando beneficios ós medios que emiten e anuncian o mundial e ás empresas patrocinadoras. E con isto volvo ó comezo: falta un ano para que comecen as Olimpíadas 2016 de Brasil. Para daquela, posiblemente centos de millóns de espectadores sigan a través da televisión este acontecemento. Vas formar parte deles? Epílogo Este artigo foi elaborado o 15 de maio de 2015. Houbo máis desaloxos e mortes desde entón, aínda que non inflúe significativamente na comprensión. Porén, algúns datos económicos e lexislativos novos si que me parecen relevantes. Están tomados o 23 de agosto. Aínda que os soldos están aumentando, a inflación tamén o fai. Aumentou a débeda pública (17,28% en 12 meses), tanto a externa como a interna, e o FMI xa chamou a atención a Brasil ante o temor de que non poida pagar a súa débeda. Os presupostos do Estado diminuíron drasticamente, e o gasto é maior que a recadación. Dito outramente, Brasil atópase agora mesmo con que tras costearse o mundial agora ten serias dificultades para poder costearse as Olimpíadas. Por isto prevese unha política de recortes cara 2016 e os próximos anos, como a forte subida do transporte público. Así, agárdase unha forte ondada de protestas previamente ás Olimpíadas. Isto explicaría que se aprobase a redución de idade penal (maioría de idade) dos 18 ós 16 anos (que aínda non completou o seu proceso de aprobación e é posible que se paralice en gran parte debido ás abundantes protestas), así como a aprobación dunha lei antiterrorista 32
que en realidade podemos deducir que está pensada estritamente para reprimir as protestas sociais, chegando ó extremo de que queimar ou estragar mobiliario urbano ou medios de transporte será penado desde os 12 ata os 30 anos de prisión en réxime pechado (o cal lembra ó autobús queimado durante o mundial), unha lei que, xa que logo, podería aplicarse a partir dos 16 anos incluídos.
Aumento de soldos (BRL/mes)
Inflación (puntos)
Presupostos do Estado (% PIB) Débeda externa (millóns de dólares)
Gastos (expenditures) e ingresos (revenues) 33
O 11 de decembro realicei unha nova actualización coa problemática do momento, a educativa. Agora Brasil ten novas protestas polas novas subidas do prezo do transporte público perigosamente, ó igual que moitas protestas polos conflitos que aquí se comentan, lideradas pola dereita; e existe polémica pola pandemia de Zika, da que a versión oficial que relaciona o virus coa microcefalia está posta en dúbida. A Policía Militar continúa preparando as Olimpíadas en forma de desaloxos, como os de xuño en Vila Autódromo, e namentres o goberno de Brasil segue a gastar o diñeiro público en estrutura e gasto policial de cara ás Olimpíadas a sociedade comeza a carecer de servizos básicos, como a educación. As protestas son cada vez maiores. Refírome concretamente á reorganización escolar, a reforma que pretende levar a cabo o goberno de Alckmin (PSBD) en São Paulo co obxectivo de recortar 2.000 millóns de reais (algo máis de 500 millóns de euros), onde as lacras educativas están causando que se encargue a policía cada vez máis presente nas escolas da periferia de resolver os conflitos dos que debería encargarse a educación. Unha policía coa que conviven ata na escola os nenos de Brasil das zonas máis desfavorecidas. A reorganización das escolas consiste na especialización en educación básica, secundaria ou superior (pero non ambas), e implica o peche, segundo os datos oficiais, de 94 escolas, chegando a poder quedar separadas entre si por unha distancia de 3 km (os alumnos poden chegar a estar a 1,5 km en liña recta do seu colexio), pero, o que é aínda peor, segundo reporta a cadea SPTV, este dato é ficticio e a reorganización provocaría o peche de máis de 400 escolas (segundo Bloco de Lutas, 477). Isto significa que unha gran cantidade de estudantes (os máis pobres) non poderán acudir á escola. 311.000 estudantes serán cambiados de colexio sen o seu consentimento a partir de 2016. Despedirase a profesores sen praza fixa e outros traballadores de limpeza e comida escolar, ademais de que se agarda unha contundente baixada de soldos. Segundo o estimado parece imposible que se manteña o límite de alumnos por aula actual (nunca superior a 40). De feito, tras o peche xa producido ó comezo deste curso de 2.400 aulas, puidéronse acadar os 90 alumnos matriculados nunha aula, segundo o sindicato APEOESP. Xa en febreiro o diario Estadão informara de aulas con ata 85 estudantes.
34
Os estudantes, tras máis dun mes de protestas e disturbios, ocuparon o 9 de novembro a Escola Estadual Diadema, e desde entón pouco a pouco foi estendéndose o fenómeno que continúa a día de hoxe. Os estudantes resultaron un exemplo de organización, a nivel ideolóxico, de movemento social, de reparto de tarefas de limpeza e cociña e a solidariedade con outros movementos (como ocorreu cos obreiros despedidos de Usimina). Do mesmo xeito, as clases non deixaron de impartirse durante as ocupacións, e isto foi posible mediante formularios en Internet que pedían voluntarios para dar clases nas escolas ocupadas: en 8 horas máis de 1.300 persoas presentáranse voluntarias para dar clase. Son tamén un exemplo de resistencia ás ameazas policiais, ás súas detencións arbitrarias, ás súas balas de goma, ás súas porras, ó uso de gas pementa en espazos pechados, á súa violencia, condenada por Amnistía Internacional, e incluso á agresión sexual, un método ó que a Policía Militar recorreu en Marília, agarrando con forza os senos das estudantes, xeralmente menores de idade, que alí estaban protestando, provocándolles dor e irritación da pel. Os estudantes son tamén un exemplo de creatividade, posto que tras chegar a ocupar máis de 200 escolas en menos dun mes e comprobar que eran ignorados, procederon a bloquear avenidas da cidade sentados en cadeiras das escolas. Tampouco sucumbiron ante a manipulación de Alckmin que declaraba que suspendería a reorganización (tratándose dunha suspensión provisional e non definitiva). Ademais, tiveron a oportunidade de boicotear o SARESP (Sistema de Avaliación do Rendemento Escolar no Estado de São Paulo), que foi cancelado nas escolas ocupadas, outra medida de recorte, un baremo que establece un ranking de centros educativos en función dos resultados académicos obtidos nas avaliacións, que tivo lugar o 24 e o 25 de novembro, sen ter en conta que segundo a situación xeográfica da escola (barrios máis ou menos pobres) as necesidades educativas son unhas ou outras e os resultados son distintos, sen ter en conta que a educación, e máis aínda en cursos tan baixos, non consiste na chapatoria e reprodución de contidos, e sometendo ós profesores a unha presión enorme para acadar bos resultados en comparación con outras escolas porque en función da cualificación será destinado un maior ou menor presuposto para esa escola, co que as escolas se converten en empresas de competición; é dicir, o obxectivo do SARESP é o de que a educación reproduza aínda máis os estratos sociais, 35
acentuando as diferenzas e distinguindo entre centros educativos especializados e marxinais. Parar a reorganización pasou a converterse tan só a condición básica para negociar con Alckmin. Pero os recortes educativos non só están afectando a São Paulo. A falta de recursos deixou pechada por máis dunha semana a UERJ, unha das maiores universidades de Brasil, localizada en Rio de Janeiro. Unha semana máis tarde os estudantes, tomando exemplo dos do movemento Ocupa Escola de São Paulo, ocuparon tamén a UERJ. Tamén se pecharon 2 das maiores bibliotecas de Brasil e reducíronse horarios noutros casos. Ademais, a UFRJ, a outra principal universidade de Rio de Janeiro, está baixo ameaza de suspensión polo recorte de máis de 11.000 millóns de reais (uns 3.700 millóns €). Tamén se ocupou a UnB (Universidade de Brasilia) tras o recorte en bolsas e servizos, que recibiu a orde do Tribunal Rexional Federal de desaloxo. Fran PF
36
Slow life Cando estás no paraíso, como eu agora mesmo, sentado sobre a fina area desta Praia deixando vagar os meus pensamentos, é o que desexas. E pensas que todo o mundo tería que se abandonar ao pracer de vivir máis lentamente. Que a vida é demasiado curta como para non se deter un intre, dous, tres, a gozar dos seus pequenos praceres: unha copa de viño nunha terraza fronte ao mar, un baño refrescante en transparentes augas cor turquesa, un bo prato característico da gastronomía local. Desexas que nada se acelere e que o tempo de felicidade non se deteña. Así que, keep calm and speak galego. Dentro dun par de días todo isto será un recordo. Nin sequera un bo propósito para o próximo curso. Volverás ao escape libre no circuíto de cemento, escravo da circunferencia que che indica que chegar un minuto tarde é un pecado imperdoable. Volverás ver as noticias e a lembrar que outros mundos, que no seu momento quizá puideron gozar da súa slow life, seguen petando na túa porta, aínda que quizá un exceso de auga de mar volveuche xordo. Daraste conta, entón, de que algúns dos que petan tiveron a relativa sorte de ser brancos. Aínda que os homes brancos de colón centroeuropeos, eses que se duchan con vanish oxyaction, cada día máis branco, consideren que non o son abondo e deben rodear a súa ducha de valos con coitelas made in spain. Quizá porque o seu deus, ese no que ninguén cre, pero que a moitos lles serve de escusa, ten un nome diferente a este lado do mediterráneo. Poñer un pobre á miña mesa queda decorativo. Pero centos de milleiros? Mentres tanto seguirase bosquexando o nacemento dunha nova nación. Algo que a ti, persoalmente, non che quita o sono: as nacións constrúense. Para que unha nación exista só é necesario que a maioría da súa poboación síntase cómoda e actúe de forma natural ante os símbolos e os discursos de identidade colectiva. En palabras do politicólogo chantadino Xaime Subiela: “A nación ten que ver coa vontade e, por tanto, coa dimensión subxectiva das persoas que atribúen significado político a unha identidade cultural, e tamén é un feito social, se o comprendemos no sentido de E. Durkheim como obxectivación das relacións sociais”. Sexa por reacción fronte aos anti-discursos, sexa por sentimento de pertenza a unha terra, sexa polo que sexa. É un movemento incesante na historia. Nacións que nacen. Nacións que morren. Nacións que medran ou diminúen. A maioría de xente que se proclama cidadá do mundo, no fondo síntese parte dalgunha parte. Aínda que non sexa necesariamente da terra onde naceu, ou onde se criou. Quizá sexa o lugar onde coñeceu a aquela moza á que nunca poderá esquecer. Ou o país nórdico ao que emigrou recentemente por falta de 37
oportunidades na “súa” terra e do que non pensa volver xamais. Cando a al uén lle preguntan de onde é, case ninguén responde de ningunha parte. Tampouco responde “europeo” (esa ran estafa de irmandade que nos venderon), salvo, quizá, os españois de viaxe nos EEUU para que non os confundan con mexicanos. En todo caso, non entendo que ninguén se poida opoñer ao nacemento dunha nova nación, facendo desa oposición, mesmo, un modo de vida. A non ser que teña intereses dalgún tipo no contrario ou o nacionalismo impreso no seu marco vital sexa claramente de signo oposto. No meu caso persoal, se amencese nun novo Estado, tería exactamente os mesmos problemas e os mesmos motivos polos que seguir loitando contra as inxustizas, a sociedade da acumulación e o consumo masivo, as finanzas carniceiras e o nepotismo das familias instaladas na súa, agora, remodelada torre de marfil. Nada novo, pois. Así que os soños de slow life serán só iso. Un soño. Ou dous. Nada máis. Unha opción estritamente persoal na medida do posible. Polo menos ata que se acabe o petróleo e teñamos que vivir unha slow life desconcertante por collóns. Algo que non tardará en suceder e para o que as persoas de occidente non estamos preparadas. Pero como ese é un pensamento arrepiante de máis para telo en consideración, ocorrerá como coa morte: con non falar dela… Pola miña banda, vou deixar de escribir, voume erguer desta finísima e branquísima area e darme un mergullo nestas augas transparentes de cor turquesa antes de que o exceso de sol acabe de me amolecer os miolos. Amador Castro http://filloas.gal
38
Son home: son feminista Últimamente podemos observar como o ideal feminista está a ter cada vez máis presenza na sociedade, como xorden día a día máis simpatizantes e críticos, mesmo podemos observar como algúns empresarios tomaron a descarada decisión de mercantilizar cunha ideoloxía tan digna coma esta. Pero hoxe non quero tratar isto último, hoxe quero tratar e criticar a miña propia trincheira: quero criticar a maioría dos homes feministas. Non foron poucas as veces nas que me vin rodeado dun ambiente crítico, dun ambiente que se cuestiona o sistema, tanto o capitalista, coma o heteropatriarcal. Non foron poucas as veces nas que puiden observar como homes cheos de razón falan da liberación da muller, cando teñen na casa a unha que se ocupa de que manteñan o cu ben acomodado na cadeira teorizando sobre como liberalas. Non foron poucas as veces nas que puiden observar como ceden a súa voz (como se dun agasallo se tratase), pero non as palabras: porque queren que repitan o que eles pensan, porque así, insconcientemente – ou non–; seguirán conservando os seus privilexios, ofrecendo un aborto de feminismo que non deixa de ser machismo camuflado. E eu, como home, como home feminista e consecuente, digo que basta; digo que basta de agocharse tras un fume de palabras, que máis que un avance supoñen un estancamento, porque errades; tanto na teoría como na práctica. Non vos revisades, nin queredes facelo, porque vós, ao igual ca min, nunca tivéchedes medo de ir por unha rúa sós por se sodes agredidos, nunca víchedes cuestionado o voso aspecto físico dunha forma macabra estivésedes onde estivésedes, nunca fostes educados na idea de que debedes calar sempre porque berrar ben alto non é de señoritos, nunca recibistes gabanzas en masa unicamente por saír á rúa, nunca vos cualificaron como putos por disfrutar da vosa liberdade sexual, nunca vos invisibilizaron da historia por ter pene, en fin; nunca sufríchedes nin sufriredes a opresión á que se ven sometidas millóns de mulleres día a día; o problema está en que vós vivides en harmonía con esta situación. Entón, que papel debemos ocupar os homes no feminismo? Moitos afirman que tomar unha participación ao mesmo nivel que o das mulleres é a mellor solución, que así o machismo deixará de existir o antes posible e que non é necesario que sexan elas quenes lideren esta loita. Nada máis afastado 39
da realidade, pois invadir un espazo que non nos pertence, restándolle voz ás oprimidas, pode facer de todo menos axudalas. A nosa tarefa é ser aliados, é escoitar as mulleres; aprender delas, rectificar a calquera persoa e a nós mesmos cando adoptamos unha postura machista, non pretender dar leccións a estas sobre a opresión que sofren, non menospreciar a súa voz en asambleas ou en calquer espazo, saber recoñecer os nosos privilexios e intentar evitalos sempre que teñamos a ocasión, en fin, a nosa tarefa é deconstruírnos; e non reafirmar a nosa masculinidade querendo ser a voz cantante da súa loita, porque así o único que logramos é perpetuar o sistema heteropatriarcal. Non é doado, mais non é imposible. Nas mans das mulleres cae o peso de mudar esta situación, nas mans dos homes cae o peso de aliarnos con elas, renunciando a calquera tipo de privilexio e sendo consecuentes no resto dos aspectos das nosas vidas. Eloi Garrido
40
Aprender a saudar Pode sorprender como un acto tan cotián como é o saúdo pode recoller tanto significado ideolóxico antes de comezar a dicirlle a esa persoa coñecida iso que querías contarlle. Cando nos atopamos cunha persoa coñecida e nos paramos a falarlle a miúdo seguimos uns protocolos establecidos automaticamente, sen pensalo. De feito, se ben o saúdo debería ter o sentido de amosar a alegría ante o encontro coa outra persoa, pasou a converterse nunhas frases ou interxeccións que dicimos sen nin sequera pasar por ningún tipo de procedemento consciente, ó igual que ocorre cada vez que dicimos grazas, boas noites ou de nada. E saudámonos. O modo de saudar é un claro reflexo das condutas sexuais que adoptamos en sociedade, xa que depende de cales sexan os sexos que se saúdan para seguir un protocolo ou outro. Non existe, xa que logo, dentro do marco da ideoloxía dominante, un espazo para a transexualidade. Realmente, non existe espazo para as persoas, só para os homes e para as mulleres. Xa antes de realizar o saúdo, o primeiro, é clasificar á persoa en función do seu sexo. No caso de que dous homes se saúden, daranse un forte e masculino apertón de mans. Sería vergoñoso darse dous bicos nas meixelas. Un home? Con outro home? Que es, maricón? Efectivamente, detrás de cada home apertando a man a cada home existe un proceso alienante de sometemento ós protocolos establecidos (non significa isto que saudar cun apertón de mans sexa un acto propio dun oprimido, senón que o feito de realizalo un grupo social sen excepcións se debe a que a sociedade actúa sobre cada individuo). Pero, o que é máis grave, detrás do conxunto de homes (como sociedade, e non como individuo) apertando as mans cada vez que saúdan, atopámonos coa homofobia. Que dous homes se biquen as meixelas supón unha perda de virilidade ante os procesos subconscientes que o ollo social realiza, unha exposición a poder ser identificado como homosexual. A virilidade pérdese no punto no que es homosexual, porque para a ideoloxía dominante os homosexuais son menos homes cós heterosexuais. De feito, si pode darse o caso de que entre homes o saúdo se realice por medio de dous ósculos nas meixelas, se hai unha diferenza importante de idade, posto que un home é menos home có outro. O concepto de homofobia cambia cando se trata de mulleres. No caso de que dúas mulleres se atopen daranse dous bicos nas meixelas: non supoñerá ningún inconveniente para o xuízo social que dúas mulleres se saúden así. Isto é debido a que as mulleres, a ollos da sociedade, non son máis ca un xerador de mercado sexual. As mulleres non teñen que demostrar ser heterosexuais, porque as mulleres serven ó 41
home, pero si deben demostrar feminidade recorrendo ó bico para o saúdo no canto do viril apertón de mans. No tocante á industria do sexo, existen claros exemplos que aparecen tanto en series de televisión, como en películas, como en videoclips musicais (de modo sutil, pero percibido inconscientemente polo receptor da información) ou, na súa máxima expresión, no porno. Paréceme moi difícil que alguén atope unha escena en calquera deses formatos na que dous homes estean poñendo cachonda a unha muller bicándose ou masturbándose entre eles, ou con actuacións insinuantes. Porén, isto si que ocorre ó revés, se hai dúas mulleres e un home. Precisamente, froito de que a muller sexa empregada como xerador de mercado sexual, a muller limítase a dar dous bicos para os saúdos. Porén, o home, que é o que liga e non a que é ligada (do contrario resulta ser unha puta, a diferenza do home), encárgase de clasificar por sexos porque é o suxeito dominante nas relacións sociais no que ó sexo se refire. É por isto que o home e a muller se saúdan por medio de dous ósculos. Antes de saudar a unha persoa, clasificámola en home ou muller. A linguaxe é sexista desde o momento no que nos diriximos a outra persoa cunhas palabras ou con outras en función de se posúe pene ou vaxina: en masculino ou en feminino (e é machista ó transmitir que as mulleres non contan mediante o uso do masculino inclusivo). Aclaro que así como o home é o suxeito dominante, a muller é o suxeito tipicamente activo, posto que a opresión actúa sobre ela, e por iso mesmo será ela a que teña que esclavizarse e perder máis humanidade a disposición do home, o que en termos económicos e causais da súa condición se traduce en que ó mercado lle interesa producir opresión sobre as mulleres fronte os homes (que son oprimidos pola industria do sexo como persoas, pero non como homes) para que estas sexan tipicamente activas, é dicir, consuman. Pinturas de ollos, pinturas de unllas, tatuaxes, depilacións, raios UV, tacóns vestidos, liposucións, cremas, maquillaxe, ortodoncias, perfumes, operacións de peito… Ó capital non lle interesa promover estereotipos de homes que consuman estes produtos a pesar de que aparentemente sería un bo negocio, precisamente porque para manter este negocio resulta necesario marcar as diferenzas en función do sexo. No caso contrario, o mercado cae. Se consomen, que sexa para acentuar diferenzas. Do mesmo xeito a industria do sexo é unha forma de control, desde o mesmo modo de relacións sociais, que comeza polo tempo que cada muller adica a imitar ás mulleres dos anuncios, continúa pola masa alienada cada xoves universitario nas discotecas e remata polo estado de pánico fronte a amosarnos como persoas ou a quedarnos soas que nos leva a obedecer estereotipos e desempeñar roles ata morrer. A alienación actúa e poténciase paralelamente á opresión, e no bando oprimido das mulleres a dominación sexual debe faise especialmente intensa para dominalo. 42
Xa que logo, que fago, se a forma de saúdo é sexista? Como saúdo á xente? Debo saudar á xente en coherencia cos meus principios? Se ben responder a estas preguntas pode aparentar absurdo debido a que o obxectivo do artigo é máis ben amosar ata que punto os nosos actos cotiáns ós que non lles prestamos a mínima atención poden conter tanta ideoloxía, ante a posibilidade de que non cheguen a producirse na mente daquela lectora que deteste o sexista do saúdo, vou rematar o artigo concluíndo que para aprender a saudar (ou a non saudar) só debemos entender o porqué do saúdo, ó igual que debe realizarse con calquera conduta autómata, que perde o sentido orixinal: niso consiste ser críticas. O obxectivo do saúdo é amosar proximidade á persoa coa que estás a falar, dá igual como se faga se non existen de fondo uns patróns sociais opresores (en sentido amplo), por exemplo, recorrendo aleatoriamente ás distintas formas de saúdo. Tamén podes recorrer á aperta, pero non esquezas se es home e llo das a outro home darlle unhas palmadiñas nas costas. Coa intención de evitar a transmisión da ideoloxía dominante que ás veces pode traballar a nivel subconsciente e non expresarse de forma explícita, para poder crear lectores críticos, fago deste artigo unha presentación para as miñas publicacións na Revista Maxín. Sigo aprendendo a saudar. Fran PF
43