8 minute read

axenda

DREAMING JULIET TEATRO PRINCIPAL

26 E 27 DE FEBREIRO ÁS 19:30 HORAS | PREZO: 4 € Dreaming Juliet é a nova creación para público adulto do Elefante Elegante. O espectáculo pretende refl exionar sobre o futuro de Romeo e Xulieta no caso de que non tivesen morto. Que lle acontecería ao seu profundo amor se acabasen formando familia e se tivesen que enfrontar á rutina de todos os días?

Advertisement

MONICREQUES DE KUKAS: ‘DON GAIFEROS’ TEATRO PRINCIPAL

4 DE MARZO ÁS 20:00 HORAS E 5 E 6 DE MARZO ÁS 18:30 HORAS | PREZO: 4 € Obra teatral con actores, monicreques e músicos que a modo de opereta, partindo do romance popularizado por Don Faustino Santalices e incorporando cancións e músicas do folclore galego, conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago que narra a viaxe do peregrino francés Gaiferos de Monmarltan ata a súa morte aos pés do santo na Catedral compostelá. Nesa viaxe atemporal atoparase con diferentes personaxes como Exeria, a dama peregrina a Xerusalén, un arrieiro maragato, uns cómicos italianos, un demo... . convidados nunha sesión de “portas abertas”. O texto, en clave satírica e na máis pura tradición do “teatro do absurdo”, glosa o chamado estado de “melancoholemia”, a carencia de forma de ser.

RESIDENCIAS CRUZADAS SALÓN TEATRO

ATA O 18 DE MARZO O Centro Dramático Galego (CDG) está a dinamizar a creación e a innovación no teatro co programa Residencias cruzadas, que se vai desenvolver ao longo de febreiro e marzo con nove propostas creativas combinadas en cinco proxectos que inclúen accións dirixidas tanto aos profesionais do sector como á cidadanía. A iniciativa ten tamén como obxectivo achegarlle o proceso de creación escénica ao público, con accións formativas e encontros abertos. Podes consultar as diferentes propostas en revistapincha.gal/ axenda-gastrocultural

THE ÓPERA LOCOS AUDITORIO DE GALICIA

6 DE MARZO ÁS 19:30 HORAS | PREZO: 14 € Cinco cantantes líricos son os protagonistas de The Opera Locos, un espectáculo cómico operístico no que os grandes éxitos da ópera se fusionan con outros estilos musicais da forma máis orixinal. Cunha singular posta en escena, coidada estética e o sentido da comedia de Yllana, The Opera Locos consigue crear unha experiencia nova e diferente á hora de experimentar a ópera e, sobre todo, achegala a todos os públicos dun xeito fresco, divertido e nada usual.

MELANCOHOLEMIA TEATRO PRINCIPAL

11 DE MARZO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: 12 € Sobre un texto propio, Antón Reixa interpreta a un paciente dunha institución mental que recibe aos TECHNOCRACIA AUDITORIO DE GALICIA

12 DE MARZO ÁS 19:30 HORAS | PREZO: 10 € Technocracia aborda a festa como lugar de comuñón, como mecanismo de reprogramación mental, de ruptura co cotiá, de hedonismo físico e emocional, e tamén como unha metodoloxía de creación a partir do corpo en movemento e a masa, onde expandir a nosa experiencia escénica ao incluír ao publico como parte esencial da peza, a través das accións que se xeren.

EL ALEMÁN TEATRO PRINCIPAL

13 DE MARZO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: 12 € En El Alemán Diego Anido parte da data de caducidade dun iogur para amosarnos unha realidade deformada onde este dato, aparentemente intranscendente, se converte no escollo desencadeante da acción.

CONCERTO DE SÉS AUDITORIO DE GALICIA

13 DE MARZO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: DESDE 20 € SÉS presenta un novo traballo discográfi co ‘Liberar as arterias’ co que segue evolucionando o seu particular son que a consagrou no máis alto, e no que se inclúen unha escolma de cancións con letra e música composta pola propia cantora. Un sétimo disco que mantén e potencia a súa valente mensaxe, e no que percorre América de norte a sur, todo fi ltrado pola súa alma de cantareira. AS FILLAS BRAVAS E O MITO DE CASANDRA TEATRO PRINCIPAL

27 E 28 DE MARZO ÁS 20:00 HORAS | PREZO: 12 € As Fillas Bravas, de Chévere, son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia Padrenda, concello de Trabancas, que cantan coplas e contan historias escoitadas ou inventadas, con moita retranca e non menos sabedoría. Nesta nova obra, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para sensibilizar sobre o impacto do cambio climático na nosa forma de vida.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

redaccion@revistapincha.gal

Foto: Iván Barreiro

TEMPO DE COCIDO

Proba este manxar galego en A Nave de Vidán

Estamos en plena tempada de cocido e non

haberá pandemia que nos impida gozar dunha das nosas tradicións máis saborosas!

Para probar un dos mellores que se fan en Santiago, recomendámosvos elixir A Nave de Vidán, na Avenida Mestra

Victoria Míguez número 44. O local, de mil metros cadrados e con xa 9 anos de historia ás súas costas, dispón de varios espazos: café-bar, comedor, terraza e unha sala para eventos e reunións. Practican unha cociña tradicional, de elaboración propia, con produto de proximidade e tempada.

Cando as restricións o permiten, abarcan todo o abano da hostalaría, dende a mañá ata a noite, con racións, menú diario de luns a venres, carnes á brasa, peixes, cociña de mercado, suxestións...

Costela, lacón, orella, chourizo, patacas, grelos, garavanzos e filloas. Ao cocido de A Nave de Vidán non lle falta de nada! O seu segredo? “A calidade do produto que empregamos e a experiencia que nos dá levar xa nove anos facéndoo. Non é doado. Ten o seu truco”, explica o seu propietario, Lois Lopes. “É moi importante o punto de cocción”, desvela. E o seu traballiño dá! “Moito! Empeza co desalgado da carne, a limpeza das verduras, das patacas … Hai que facer as filloas, as orellas… Pode levar ben unhas dez horas. Tes, por exemplo, que limpar moi ben a carne, a orelliña do porco hai que mirar que non teña pelos, hai que rascala… Facelo ben dá moito choio!”, explica Lopes.

O resultado? Un auténtico manxar galego que podes gozar na túa casa os sábados e domingos previa reserva. En A Nave ofrecen o servizo a domicilio a través de Just Eat. “Agora tamén chegamos a máis lugares coa aplicación Obviuoseat, ao Milladoiro, Bugallido, Biduído, As Galanas, Balcaide, Pardaces, Villestro, Montouto, Santa Lucía...”, apunta Lois. Podes consultar todos os puntos na app ou chamar ao teléfono do restaurante [ 981 522 110] para informarte. ■

Os sábados e domingos podes pedilo para levar a casa previa reserva

Probastes o bicho máis deliciosamente feo?

Esta é a túa oportunidade para probar un dos bichos máis deliciosamente feos e repelentes do planeta! Si. Xa sabedes que na Revista Pincha non mentimos! É feo e rico con ganas! En proporción, ademais. Por iso non podedes perder as Xornadas Gastronómicas da Lamprea de Padrón, que habitualmente se celebran en marzo.

Unha iniciativa de promoción organizada polo concello veciño, que propón comer un produto gastronómico padronés de calidade, por un prezo súper accesible, en distintos locais onde preparan a lamprea con sumo gusto e ata en xeado! A idea é que vaias a Padrón, coñezas o pobo, a súa xente, o seu xardín botánico, os museos e que vaias de bares! Porque xa sabedes que hoxe facer país é percorrer a nosa contorna máis próxima, mercar e comer local. O menú lampreeiro estará composto por un entrante, un prato principal coa horrorosa da lamprea, evidentemente (gargalladas), a sobremesa e bebida. Ao redor duns dez establecementos participarán elaborando os seus menús de xeito tradicional ou creativo. Poderedes atopar lamprea en empanada, en croquetas, lamprea á bordelesa, con arroz, prensada, hai infinidade de variedades e todas deliciosas, porque recordade que levamos anos indo a saborear esta marabilla de carne dun peixe tan horripilante! (Sinceridade e risas diante de todo, que o bo comer é cousa seria!) Por que hai que atreverse con semellante cousa? Porque a lamprea ten moitos nutrientes! É rica, millonaria!, en potasio, fósforo, magnesio, ferro, zinc e iodo. Péscase de forma tradicional, respectando que moitas delas poidan desovar. Atrápanse nas pesqueiras., que son construcións algo menos vellas que o bicho. As primeiras datan do século V a. de C. Podedes descubrir as pesqueiras do Ulla e como pescan en Herbón e Padrón! Consultade, que sempre hai algunha visita. A que sabe a lamprea? A peixe de case 500 millóns de anos… É dicir, é algo único, incomparable, fantástico e galego! Presume de que probaches a lamprea nas Xornadas Gastronómicas da Lamprea de Padrón. É fea, pero se tal pecha os ollos para comela! Ride, ride! Pero que a lamprea é un manxar dos deuses, queda aquí por escrito! E preparada a mans dos nosos veciños padroneses está de vicio! ■

PINCHA, PREMIO MANUEL BEIRAS 2020

En Pincha rematamos o 2020 moi felices por recibir o Premio Manuel Beiras na categoría de nova incorporación ao galego O xurado destacou o enfoque fresco e moderno para tratar na nosa lingua contidos de amplo interese social como a cultura e a gastronomía e achegalos especialmente ao público novo. Tamén foron premiadas as empresas Dinahosting e Moksín.

Estes galardóns, organizados polo Concello de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago, teñen o obxectivo de achegar un recoñecemento público ao uso do galego no ámbito empresarial, como eido de gran relevancia no proceso de normalización do uso social da lingua galega. Coa súa denominación queren lembrar a figura do histórico comerciante compostelán Manuel Beiras García (1904-1996), destacado loitador da nosa cultura e da nosa lingua que foi membro das dúas institucións organizadoras. ■

Día dos Medios en Galego

Cada 7 de febreiro, dende o 2018, cando o Parlamento Galego aprobou por unanimidade a celebración do Día dos Medios en Galego, AMEGA (Asociación de Medios en Galego, á que pertence Pincha), vén realizando diferentes actos culturais para visibilizar a importancia das cabeceiras para a nosa lingua.

Este 2021 vai ser unha celebración singular. Por mor da pandemia, vaise desenvolver por streaming, en clave de ‘LateNight’ e co lema #moitoquesachar Podedes consultar cando e onde seguilo na páxina web mediosengalego.gal ■

7 de febreiro Día dos medios en Galego 2021

Moito que sachar

O LIBRO DE LILA DE LILITH

O axolote

'O axolote e outros contos de bestas e auga’ é un delicioso libro de relatos de Lara Dopazo Ruibal, que vén de publicarse en Galaxia Editorial despois de gañar o Premio de Narrativa Illa Nova 2020. Relatos con tinturas sobrenaturais e de grande beleza, que nos poden provocar desacougo, tenrura, humor, ou mesmo morrer de amor. Moi recomendable! ■

Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.

This article is from: