CEIP de Maciñeira 5º E.P.
EXPERIMENTO:
Efecto Invernadoiro en tarros de cristal
Os gases de efecto invernadoiro contribúen a que a Terra teña unha temperatura adecuada para vivir, pero se estes gases aumentan, a temperatura tamén e da lugar ao Cambio Climático ou Quecemento Global.
Table of Contents 01
The Function of Organelles You can describe the topic of the section here
02
Animal and Plant Cells You can describe the topic of the section here
03
ATP You can describe the topic of the section here
PROCEDEMENTO 1
2
Enchemos os dous recipientes pequenos coa mesma cantidade de auga entre a metade e as tres cuartas partes.
Tapamos un dos recipientes pequenos co recipiente grande.
3
A continuación, colocámos os dous recipientes debaixo dunha lámpada. Esperamos un par de horiñas e medimos a temperatura dos dous cun termómetro.
Observamos que só hai un par de décimas de diferencia
2
4
Descubrimos que o experimento non funcionou porque a bombilla da lámpada era de baixo consumo e polo tanto non quentaba o suficiente. Así que voltamos a facer o experimento pero esta vez, utilizando un fornillo eléctrico en lugar da lámpada.
6
Esperamos unha horiña e voltamos a medir a temperatura.
O frasco que estaba sen cubrir marcaba 21,1 ºC
Nembargantes, o outro frasco marcaba nin máis nin menos ca 25,6ºC
A que se debe a diferencia de temperatura? Esta diferencia débese a que o recipiente grande deixou pasar a luz que quentou o interior do tarro pequeño pero non deixou fuxir a calor que permaneceu dentro e fixo aumentar a temperatura. Na atmosfera hai uns gases, chamados de efecto invernadoiro, que fan o mesmo co cristal: deixan pasar a luz pero a calor non pode saír, por tanto a Terra se quenta.Grazas a isto, o noso planeta se mantén a unha temperatura que fai que a vida sexa posible. O problema é que nos últimos anos o exceso destes gases, fixo que a capa sexa moito máis grosa polo que conserva máis a calor e aumenta a temperatura.
CRÉDITOS A plantilla da presentación foi creada por Slidesgo, incluíndo iconos de Flaticon e imaxes de Freepik.