Unha familia traxicรณmica Alison Bechdel
capĂtulo 1
devanceiro meu, antigo artĂfice
Cando me upaba, todo o meu peso gravitaba nun punto entre os seus pés e o meu estómago.
Coma a maioría de pais, ás veces o meu deixábase convencer para “facer o avión”.
UUF!
Era incómodo, pero pagaba a pena sentir ese inusual contacto físico e, dende logo, gozar do momento de perfecto equilibrio cando planaba sobre el.
No circo, as acrobacias nas que unha persoa está tombada no chan e mantén outra en equilibrio chámanse “xogos de Ícaro”.
9
Tendo en conta a sorte de Ícaro cando desoíu o consello do pai e voou tan preto do Sol que se lle derreteron as ás, talvez haxa implícito certo humor negro.
Oh, oh!
Na nosa particular recreación desta relación mítica, non ía ser eu, senón meu pai, quen acabase caendo en picado dende o ceo.
Pero antes de que iso sucedese, deulle tempo a deixar algunhas cousas feitas.
outra vez!
Podería dicirse que o seu maior logro foi a restauración monomaníaca da nosa vella casa.
Esta alfombra está toda sucia. Vai pola aspiradora.
E despois tráeme o martelo. Aquel anaco da moldura está medio solto.
10
Cando os outros nenos dicían que a nosa casa era unha mansión, eu protestaba. Molestábame que insinuasen que eramos ricos ou excéntricos.
E, de feito, si que eramos excéntricos, pero aínda había pasar moito tempo para que chegase a saber ata que punto iso era certo. Con todo, ricos non eramos.
alison!
que?
Só é unha casa.
Dille a Tammi que marche. Tes cousas que facer.
As cornixas douradas, a cheminea de mármore, as arañas de cristal, os estantes repletos de libros encadernados en coiro… isto non se mercaba, senón que aparecía do nada grazas ás extraordinarias habilidades prestidixitadoras do meu pai.
Lava estas cortinas vellas e así poñemos as de encaixe feito á man que atopei no faio da señora Strump.
11
o meu pai podía converter o lixo…
… en ouro.
Podía transformar un cuarto por completo cun simple retoque improvisado.
Podía crear do nada todo un interior de época só cunha mostra de pintura.
Isto habería que colocalo así.
Vaime caer o brazo.
Incrible.
a súa irmá
Era o alquimista da aparencia, o erudito da fachada, o Dédalo da ornamentación.
case perfecto.
12
Pois se meu pai era Ícaro, tamén era Dédalo: o hábil artífice, o sabio tolo que construíu as ás para o seu fillo e deseñou o famoso labirinto…
… e que non respondía ás leis da sociedade, senón ás da súa propia creación.
pero eu odio o rosa! Odio as flores!
este papel é para o meu cuarto?
que mágoa.
a restauración non era o seu traballo.
(Último curso de inglés)
era a súa paixón. en todos os sentidos da palabra.
Libidinosa. maníaca. martirizante.
13
A nosa casa de estilo neogótico construírase en 1867, durante o breve período de prosperidade que vivira a nosa pequena vila de Pensilvania grazas á industria madeireira.
Pero a partir de aí as fortunas locais entraran nunha incesante decadencia, e cando os meus pais mercaron a casa en 1962, era só unha sombra do que fora.
Desapareceran as contras e as volutas, e revestiran os listóns cunhas abruptas táboas.
14
A luz das lámpadas espidas deixaba á vista O único que quedaba do pasado un deslucido papel pintado dos tempos da esplendor da casa eran as exuberantes guerra e unha madeira verde pastel. columnas do soportal da entrada.
Pero nos seguintes dezaoito anos, o meu pai dedicouse a restaurar a casa ata devolvela ao seu estado orixinal, e incluso foi máis alá.
deus! este debe ser o deseño do beirado orixinal!
Coma Dédalo, adoitaba dar sorprendentes mostras de enxeño.
15
Metamorfoseou o noso ermo xardín…
… nunha paisaxe exuberante e florida.
Manipulaba lousas de media tonelada de peso…
… e láminas de ouro de incrible delicadeza.
ola, amor!
Podería tratarse dunha historia romántica, coma en Que fermoso é vivir, cando James Stewart e Donna Reed arranxan aquela vella casa e forman unha familia.
ola, papá!
16
Pero na película, cando James Stewart volve á casa de noite e empeza a berrar con todos…
pono dereito.
… é algo fóra do común.
pícanme as agullas!
maldita sexa! non fas máis que tocala. Para dunha vez! para!
Para xa, Tommy! Janie, aínda non aprendiches esa estúpida canción?
un dos meus irmáns
A Dédalo tamén lle era indiferente o custo humano dos seus proxectos.
non me batas! Por exemplo, non lle preocupou nada traizoar o rei cando a raíña lle pediu que lle construíse unha vaca na que poder esconderse e así seducir o touro branco. george, por que tes que tratar así os nenos?
17
De feito, o resultado dese plan (un monstro metade touro, metade home) inspirou a máxima creación de Dédalo.
Agochou o Minotauro no labirinto: un dédalo de pasadizos e estancias que se sucedían ata o infinito…
… e do que, como fatalmente descubriron … era imposible escapar. os mancebos e doncelas abandonados…
E logo están as famosas ás. De verdade quedou Dédalo desconsolado cando Ícaro se precipitou ao mar?
Ou só decepcionado polo fracaso do seu deseño?
18
Ás veces, cando todo ía ben, creo que ao meu pai lle gustaba de veras ter unha familia.
E, por suposto, os meus irmáns e mais eu eramos man de obra gratuíta. Papá considerábanos extensións do seu propio corpo, brazos robóticos de precisión.
Enche o vertedoiro de auga quente con xabón e colle uns trapos limpos.
Ou, polo menos, aquel aire de autenticidade que lle dabamos á súa obra de arte. coma un bodegón con nenos.
Nese sentido, era coma se nos criase Martha stewart*, e non James stewart.
Pero na práctica, non.
Na teoría, o seu trato coa miña nai era máis colaborativo.
Que che parece esta araña de cristal a gas?
Que é de bordel.
*Martha Stewart é famosa nos EE. UU., entre outras cousas, polos seus consellos sobre o coidado do fogar.
19
Cada un resistía ao seu xeito, pero todos acababamos asistindo impotentes aos ataques museográficos de meu pai.
É horrible.
unha casa de putas.
Ñioooonn! Pisssh!
Parecen caveiras. Nin eu nin os meus irmáns podiamos competir coas lámpadas de quinqué, nin cos candelabros, nin coas cadeiras de estilo Hepplewhite. Eran perfectos.
quita de aí eses pés fedorentos.
alison, venme axudar a colgar este espello no teu cuarto. Non soportaba a forma en que trataba os mobles, coma se fosen seus fillos, e os fillos, coma se fosen mobles.
Axiña xurdiu en min unha marcada preferencia polas cousas simples e estritamente funcionais.
Máis arriba. Non te movas.
cando sexa maior, a miña casa vai ser toda de metal, coma un submarino.
odio este cuarto.
20