Gc007

Page 1

7

CONTEMPORÁNEA

PERICLE O NEGRO

Giuseppe Ferrandino Tradución de María Cristina González Piñeiro

Guía de lectura

37


Ficha técnica

Título: Ano de publicación: Autor: Tradución: Editorial: Colección: n.º de páxinas: ISBN: Target:

Z

PERICLE O NEGRO 2006 Giuseppe Ferrandino María Cristina González Piñeiro Rinoceronte Editora Contemporánea 131 84-934801-8-5 2º de Bacharelato.

O autor

Giuseppe Ferrandino (Ischia, 1958) vive en Roma, aínda que pasa longas temporadas en Chicago. Pericle o negro, a súa primeira novela, publicouse por primeira vez en Italia en 1993 e pasou inadvertida ata a súa tradución ao francés, momento en que se reeditou en Italia e se converteu nun éxito editorial. Ferrandino describe con crueza e sen paixón o mundo da camorra napolitana con ritmo seco, unha linguaxe espida e uns personaxes caracterizados cunha profundidade completamente descoñecida nos clixés impostos no xénero negro.

38


'

A tradutora

Ademais de Pericle o negro de Giuseppe Ferrandino, María Cristina González Piñeiro, conta no seu haber coas traducións de Seda de Alessandro Baricco, Montedidio de Erri de Luca, Dez de Andrej Longo (Rinoceronte Editora) e Manu Chao: música e liberdade de Alessandro Robecchi (Edicións Xerais de Galicia).

Trama

Pericle Scalzone, sicario dun mafioso napolitano chamado Luigino Pizza, un home de vida desordenada, desleixado e inculto, é o encargado de realizar o traballo sucio: cobrar as débedas e axustar as contas coa mafia. O seu cometido consiste en avergoñalos enzoufando o seu membro cunha crema antibiótica e sodomizalos. Luigino quere darlle unha lección ao párroco, don Leone, porque durante a misa fala mal dos mafiosos. Séntese doído e aludido. Cando chega á súa casa descobre que non está só, xunto a el reza Signorinella, matriarca e irmá do capo doutro clan de mafioso, o de Ermenigildo, moi considerada nos clans pequenos debido á súa piedade, que se refuxiaba en Portugal despois dun turbio episodio amoroso cunha nena, a filla doutro pequeno clan, os de Giovanni Limone. Pericle deixa inconsciente o cura e golpea cunha cadeira á Signoriella ata que a cre morta. A vinganza non tarda, e esa mesma noite entran na súa casa para matalo. Matan á súa familia, un tío co que vivía, a muller e o fillo, pero Pericle consegue fuxir pola xanela, e escóndese na barbería do seu tío durante dous días. Sae coa noite e diríxese cara ao restaurante de Luchino para conseguir cartos. Agarda a que saia, golpéao e róuballe os cartos e o coche, colle a autoestrada e foxe a Battipaglia, á casa duns parentes. Alí pasa unha noite, pide cartos e continúa o seu camiño cara a Pescara, onde coñece a Nastasia, unha polaca separada e con tres fillos que traballa nunha fábrica de pneumáticos. Con ela convive unha semana, ata que fica sen cartos, mantendo unha relación baseada exclusivamente no sexo. Despois regresa

39


a Nápoles cheo de carraxe para axustar contas con Luigino, devecendo por sacarlle a maior cantidade posible de cartos. Para iso orde un plan. Acode á casa dunha vella amizade, e consegue unhas boas doses de heroína. Diríxese á Igrexa de don Leone, amordázao, inxéctalle heroína e quítalle onde se agocha Signoriella, que quedara maltreita tras a tunda que lle dera. Descobre que non morreu e que o motivo de que regresara de Portugal eran as eleccións. Ponse en contacto con outro mafioso, Puzzolente, o avogado, para informalo e extorsionalo. Quedan no porto para o intercambio, pero é sorprendido nunha emboscada, e desbarata os seus plans. Na cuestión de repartición de votos participan todos os clans mafiosos de Nápoles, e non están dispostos a que llos arruíne un simple sicario. Decide delatar a Signoriella aos carabineiros, custodiada polos tres clans. Ante a ineficacia da policía, decide encamiñarse cara á casa de Luigino, onde reduce ao seu xenro, toma como refén á súa filla e ás súas netas e reclama, pola forza, unha cantidade de diñeiro para a súa liberación. Por unha vez na súa vida considera que fai o axeitado, que colleu as rendas do seu destino. Cos cartos sacados a Luigino foxe de volta a Pescara coa intención de iniciar unha nova vida con Nastasia, en Polonia, onde pretende instalar unha tenda de roupa.

Personaxes 1 Personaxes principais PERICLE O NEGRO / PERICLE SCALZONE A novela é narrada desde o seu punto de vista, e o seu estilo vainos mostrando os trazos que posúe o seu carácter. Pericle déixase levar polo curso dos acontecementos, sen preocuparse polo seu futuro, sen ambicións e inclinándose por conseguir cartos co menor esforzo posible. Deste xeito entra a formar parte do clan dos Luigino como sicario, realizando o traballo sucio. Non ten casa propia, no seu pasado exerceu como actor porno e para evadirse da realidade fuma porros. Porén, no momento que decide asasinar a Signoriella, a súa vida adquire sentido porque por primeira vez toma unha decisión de seu, sen acatar ordes superiores. E isto vai ser un revulsivo na súa vida, xa que dun xeito brusco vese na obriga de abandonar o país. LUIGINO Xefe do clan mafioso para o que traballa Pericle. Intenta subornar os establecementos hostaleiros de Nápoles, cobrándolles un imposto ilícito a cambio de protección. Como todos os mafiosos posúe uns fortes vínculos familiares, malia o traballo sucio encárgallo a Pericle, ao cal acolle no seu seo familiar como un membro máis.

40


SIGNORIELLA / FRANCESCA COPPOLA Anciá moi devota, a súa vida xira arredor do catolicismo. Debaixo dunha muller aparentemente humilde agóchase a verdadeira matriarca da mafia napolitana. Signoriella é quen decide cando se debe castigar ou perdoar a alguén que ameace a integridade do clan. Por cuestións de seguridade refúxiase en Portugal, xa que ficou namorada dunha nena, neta dun dos clans, á que requiría constantemente ao seu carón. Malia a todo, regresa por mor das eleccións nas que se ven involucradas todas as mafias para o control da cidade. ANNA Filla de Luigino, ante a que Pericle se sente incómodo. No tramo final da novela revélase como unha heroína ao enfrontarse con el, cara ao cal non mostra ningún respecto.

2 Personaxe secundario NASTASIA Unha inmigrante polaca, aparentemente abandonada polo seu marido, que lle deixou ao seu cargo os tres fillos. Nastasia mira moito polos cartos, por ese motivo leva unha vida austera cos seus fillos tanto no relativo á súa alimentación coma á súa roupa ou ocio. Limítase a traballar e a coidar dos fillos, aos cales, malia ser mestre, non lles presta a debida atención. Acolle na súa casa a Pericle, recoñecendo a súa condición de delincuente. É este quen nos revela as súas inquietudes cando descobre no armario unha serie de revistas de moda. Nastasia viste de xeito humilde, pero soña con poder ir elegante. Entre ambos os dous establécese unha relación sórdida, cargada de sobreentendidos. Basicamente, coida dos nenos e polas noites fan o amor, sen chegar a un claro entendemento mutuo.

Espazo e tempo A novela desenvólvese principalmente na cidade de Nápoles, entre as rúas que conforman a súa zona urbana, nunha franxa temporal que abrangue os últimos anos do século XX. Céntrase na vida e costumes da mafia napolitana, onde o autor vai escarvando devagar para mostrarnos un retallo da maldade humana, as súas relacións entre os dife-

41


rentes capos nos seus aspectos políticos e sociais. A novela, ao pertencer ao xénero negro, mergúllanos en ambientes sórdidos e degradados, onde os personaxes intentan sobrevivir.

;

Propostas didácticas

1 ANÁLISE PREVIA a) Quen é o autor do libro? Busca información en internet e realiza un breve informe sobre a súa biografía. b) Que che suxire o título da obra? Que tema cres que vai tratar? c) Le a contraportada do libro. En que xénero literario encadrarías a novela? d) A obra é unha tradución. Cal é a función dun tradutor? Ante que dificultades cres que se atopa o tradutor ao verter a outra lingua un texto?

2 ANÁLISE DURANTE A LECTURA DA OBRA Comprensión lectora a) En que voz está escrita a narración? b) Que concepto ten do seu xefe, don Luigino? c) Con que trazos se define? d) Que información cres que nos achega sobre a súa vida? Como repercute no seu estilo? e) Cal é a razón pola que Luigino require os servizos de Pericle? f ) Que sucede na sacristía? Ante que suceso imprevisto se atopa Pericle? g) Como reacciona Luigino cando Pericle lle comunica que matou a Signorinella e deixou inconsciente ao cura, don Leone? h) Que papel realizaba dentro da mafia Signorinella? Por que era tan respectada por todos os clans da mafia? i) Por que motivo a enviaron a Portugal? j) Onde e con quen vive Pericle? Que sucede esa noite? Quen intenta asasinalo? k) Onde se agocha?

42


l) A quen lle rouba os cartos e o coche para iniciar a súa fuxida? m) Que clan mafioso foi o que intentou asasinar a Pericle? n) Por que foxe a Battipaglia? ñ) Por que motivos cre Pericle que o queren liquidar? o) Por que razón se libra de ser detido polo vixilante privado de Pescara? p) Que tipo de relación establece con Nastasia? q) Con que trazos psicolóxicos caracteriza o narrador a Nastasia? Que datos achega sobre o seu modo de vida e as súas esperanzas? r) Con que intención regresa á casa de Luigino? Para que quere os cartos? s) Cres que Nastasia aceptará fuxir con Pericle a Polonia para iniciar unha nova vida?

3 ANÁLISE TRAS A LECTURA Propostas didácticas de carácter global 3.1 A obra a) Elabora unha valoración crítica da obra. b) Consideras que está ben estruturada a trama argumental? c) Que opinión tes dos personaxes? Están ben caracterizados? d) Cres que o punto de vista do narrador é o axeitado para reflectir como funciona o enredo da mafia napolitana? e) Cal é o tema fundamental da obra? e os temas secundarios? f ) Comentario de texto: Sabía que problema era ela, como me consideraba. Pero tamén sabía que algunhas veces eu gustáralle. Non só cando a fodía, senón cando cociñaba ou cando lía os deportes. E agora aínda era mellor. Agora sentíame máis audaz. Sentía que podía facer o papel que quixese. Vinme paseando con ela pola beira dun río, que parecía talmente unha imaxe de hai moitos anos, e sentía frío de verdade. En resumo, o cuarto día, que era mércores, e facían o traxecto semanal a Fiumicino, fun coller o barco. Tiña un maletín cos cartos e algunha cousa máis. Pero estaba decidido. Ía onde quería e pensei: se a Virxe me acompaña, a este país de merda non volvo nin morto.

43


1. Por que teme que Nastasia non acepte fuxir con el? Porque considera que é un nugallán, unha persoa sen principios, cunha mentalidade elemental, sen soños nin aspiracións na vida. Pericle ve ao seu favor a achega dos cartos, a gran preocupación de Nastasia, e cos que leva na maleta acadarán ambos os dous a devecida liberdade. 2. Por que se sente máis audaz? Porque por primeira vez na súa vida tomou unha decisión importante, sen obedecer as ordes da mafia, e ten a afouteza propia dun home para se enfrontar ao destino. 3. Que se deduce da última frase: “ se a Virxe me acompaña, a este país de merda non volvo nin morto? Despois do acontecido, tras o intento de matar a Signoriella, e vivir na súa propia pel as refregas entre os distintos clans mafiosos para controlar a cidade de Nápoles, decátase da súa precaria situación, e séntese defraudado polo escaso apoio que lle outorgou o seu xefe, Luigino. Comezar unha nova vida en Nápoles resúltalle imposible despois do acontecido, alí a mafia non esquece. Pero ve outra porta aberta con Nastasia, outro país, outro traballo que lle permitirá vivir con enteira liberdade. 3.2 Os temas transversais Na novela atopamos varios temas que vertebran o eixe fundamental do argumento: un dos temas máis importantes é o tema da violencia. 1.En que aspectos da obra vemos que está presente a violencia? 2. Como se define a violencia? 3. Cantos tipos existen? 4. Que quere dicir “violencia nas aulas”? 5. Que medidas se che ocorren para acabar con este tipo de violencia? Outro dos temas importantes da obra é a droga, presente no protagonista e na novela. 1.Que é a drogadicción? 2.Como está considerada esta enfermidade na sociedade? 3.Que consecuencias implica na saúde dunha persoa ser adicto? 4. Como cres que ve a sociedade a este tipo de persoas? Cres que son marxinados sociais? Por que? Outro tema a tratar o constitúe a esperanza dunha vida mellor. Nastasia ten moita esperanza de cambiar a súa vida e atopar outra forma de vivir, indo á moda.

44


1. Que é a esperanza? 2. Cres que sempre existe ou que en determinadas situacións é difícil de manter? 3. Perdiches a esperanza algunha vez? Como a recuperaches? 4. Cres que para a xente sen recursos é bo ter este tipo de ilusión ou deberían resignarse ao que posúen?

45


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.