Hortulus (Herbario medicinal do Mosteiro de Reichenau)
I Sobre o cultivo dos xardíns Sendo como son moitísimos os adornos dunha vida tranquila, non é o menor, se alguén, entregado á arte de Paestum9, sabe manexar as tarefas e coidados do obsceno Priapo10. En efecto, calquera tipo de leira ou campo que un teña, xa sexa sabregosa, por onde a grava produce inercia polo treito areoso, xa sexa leira que produza froitos pesados e de bo tamaño pola súa fértil lentura, xa estea situada no alto en elevados outeiros, ou ben accesíbel, nunha zona cha, cunha encosta suave, ou irregular en valgadas: ningunha delas se nega a producir os froitos naturais das hortalizas, con tal de que a túa preocupación e esforzo, liberados da pesada apatía e lacazanería, non acostume desprezar con necia ousadía as múltiples tarefas do xardineiro ou cultivador da horta, e non rexeites cubrir de negror e de calos as mans, producidos polo duro bronce do aveño, e non evites botar cestas ateigadas de esterco na seca terra. Todo isto reveloumo non só a opinión do sabedoría popular, non só as leccións procuradas en libros antigos, senón o meu propio labor e esforzo; puxen estes por diante da longa 9 É dicir, dedicado ao cultivo das rosas de Paestum, no sur de Italia, como ben recorda Heinz Haffter. Non lonxe de Paestum, en Salerno, desenvolveríase nos séculos posteriores a Walahfrid unha importante escola médica que faría uso de herbas medicinais seguindo a tradición grecorromana, con influencia árabe. 10 Priapo (aquí acentuado etimoloxicamente, por razón da sonoridade do verso traducido) era o deus da fertilidade, cuxas estatuas (provistas dun falo de grandes dimensións) eran frecuentes nos xardíns da Roma antiga, para protexelos dos ladróns de froita. Nótese que Walahfrid non ten reservas en utilizar este elemento da mitoloxía pagá. 27
1
5
10
15
Walahfrid de Reichenau
inactividade de días ociosos; eles ensináronme, fixéronme experto en cousas que eu mesmo puiden comprobar.
28
18
Hortulus
II Dificultade do labor emprendido: a decrúa Xa o inverno, compañeiro e imaxe da vellez, bandullo e ventre da colleita de todo o ano, cruel destrutor do [traballo que fluíu e se desenvolveu longo tempo, dos ricos froitos do labor, expulsado pola chegada da primavera, se agachou no máis fondo dos seus escondedoiros. Disponse xa a primavera a destruír os horríbeis vestixios do miserento inverno, a primavera, con ese seu aspecto fermoso que retorna, e a devolver os campos murchos e lánguidos ao seu antigo esplendor (a primavera, primeira cabeza do círculo das estacións e do Tempo, adorno do ano!). Comeza unha brisa máis pura a abrir o día xa [sereno, xa sen nubes: é cando as herbas e as flores que seguen os céfiros11 estenden a punta e o abrollo das vellas raíces, que levaban cubertas e agochadas durante longo tempo no seu seo cego e oculto e que odian as brancas xeadas. É cando os bosques e as árbores [reverdecen de follas, e tamén os montes con vizosa herba, e os prados e lameiros locen verdes, alegres e fértiles, de vistoso e alto céspede; entón atopeime con que o cativo adro que, diante da porta, abre un pequeno eido libre cara ao nacemento do sol, enchérano as ortigas, e que pola superficie dese curto campo [medraran 11 O céfiro é o vento suave e agradábel que vén do oeste. En toda a tradición clásica anuncia a primavera. 29
19
Walahfrid de Reichenau
dardos untados de ardente veleno. Que podería facer eu? Tan mesta era a fileira e compaña de ortigas e plantas ruíns, encadeadas e enrestradas as súas raigañas e talos por abaixo, como cando o dono dunha corte adoita tecer con arte e [mañosamente con flexíbeis vimbios un verde caínzo dun cortello e o crava [na terra, 12 non sexa que os pezuños dos cabalos sexan danados pola humidade alí concentrada , e debilitados e melados por ela: hai podres fungos nas excrecencias que lles saíron nos cascos13. Así pois, rompendo o atraso e a inactividade, acometo co dente de Saturno14 as glebas e os anacos de terra que xacen abandonados e postergados, e ergo co sacho os terróns [entorpecidos e embotados librándoos dos abrazos, arrincados e desfeitos por [min, das ortigas que renacen espontaneamente; derrubo e destrúo os [cubículos e apousentos habitados polas toupeiras moradoras das sombras, facendo saír lombrigas e miñocas ás rexións da luz15. Despois, a partir diso, a hortiña é quentada polos sopros do [Noto16
12 Walahfrid utiliza ungula cornipedum. O termo cornipedes, ‘os de pés de corno’, emprégase no latín clásico literario, especialmente na poesía épica, para referirse ós cabalos. 13 Nesta comparación da lea, case unha sebe, que forman as ortigas e malas herbas, cun cortello invernal para cabalerías, Walahfrid demostra que está en contacto co mundo do traballo agrario e pecuario. 14 Refírese tanto á fouce ou gadaña como ao sacho ou aixada. Segundo a mitoloxía, Saturno fora castrado cunha gadaña ou fouce. 15 A expresión latina dálle a esta parte unha tonalidade entre épica e humorística, pois está latente a idea de abrir cara á luz o Inframundo, o mundo subterráneo dos mortos, da escuridade, dos manes e de Plutón. 16 O vento do sur. 30
35
40
45
Hortulus
e pola calor do sol; e, para que a terra de eirados ou socalcos17, unha vez sementada, non escape, é elevada, posta arriba, un pouco máis alta dende o chan, e limitada con madeiras cadradas; é golpeada toda ela con coidado polos curvos angazos; e sonlle introducidos os argueiros do fértil esterco. Tentamos facer nacer algunhas herbas e legumes metendo sementes; outras [plantas, metendo vellas raíces tentamos tornalas á xuventude primeira.
17 As plantacións, como en moitas hortas modernas, están dispostas en eiras, eirados ou socalcos, provistos dun pequeno muro de madeira, e algo elevados con respecto ao camiño que percorre a parte central do xardín. 31
50
52
Walahfrid de Reichenau
III A constancia do xardineiro e o froito do traballo Por fin, o noso pequeno campo sementado é mollado e asperxido pola chuvia de primavera, e á súa vez unha lúa moi agarimosa favorece delgadas e débiles follas; pola contra, se algunha vez a seca nega a axuda do orballo, eu, impulsado polo amor ao cultivo, temendo, en efecto, que os finos e delicados gromos murchen e [morran pola sede, preocupeime con fervente afán de levarlles auga fresca en caldeiros cumpridos ben cheos, e de botárllela coas miñas propias palmas das mans pinga a pinga, non fose que un ímpeto [demasiado forte metese o chorro con excesiva forza, e movese as sementes plantadas. E, sen tardanza, a miña hortiña enteira queda revestida de tenriños xermolos. Aínda así, pode secar esa parte dela que fica baixo o elevado teito do edificio do mosteiro, e queda descoidada [e murcha ao carecer de chuvia e do agasallo do ar libre18. Amais, o muro do [convento, por onde é máis elevado, evita e espanta o sol coas súas perennes sombras a aqueloutra parte do terreo; a ela o muro négalle o acceso do astro de lume, co obstáculo e barreira dos duros ladrillos19. Porén, ningunha das plantas ou sementes que a ela antes foran [encomendadas 18 Refírese a unha parte do xardín que quedaría baixo a prolongación da teitume do edificio principal do mosteiro. 19 Unha parte extrema do xardín está situada ao pe do altísimo muro exterior do mosteiro. 32
52
55
61
65
Hortulus
as deixou a hortiña pechadas baixo o lento céspede sen esperanza de crecemento. Polo contrario: as plantiñas que a horta acolleu, case secas, transplantadas en furados escavados na terra, restabeleceumas o eido cheas de resucitado verdor, redivivas devolveumas, renovando a semente cos abondosos froitos! Agora hai necesidade de talento, agora de peito e de boca xeitosos no instruír, para poder eu tratar os nomes e as virtudes de tan gran colleita, de modo que de enorme beleza os humildes asuntos sexan adornados e tamén con enormes honores.
33
70
75
Walahfrid de Reichenau
IV A sarxa (Salvia officinalis, Salvia tomentosa) O lelífago20 ou sarxa resplandece por diante de todas as plantas da horta: doce de recendo, importante en virtudes curativas e útil ao bebela. Descubriuse que esta é beneficiosa para curar as moitas doenzas das persoas, e por isto merece gozar dunha mocidade sempre verde, de ter verdor louzán. Pero padece a desgraza da guerra civil21: pois cada novo inzar da proxenie de flores, a non ser que sexa cortada, consome, cruelmente, de todo a proxenitora; e fai, chea de envexa, que morran as matas e ramas [antigas.
20 É o seu nome grego. A forma correcta sería elelisphacus, pero Walahfrid escolle leliphagus sen dúbida pola súa sonoridade ao comezo do verso. 21 Podería haber aquí unha alusión ós problemas entre os herdeiros do Imperio de Carlomagno e de Ludovico Pío. 34
80