O rapaz do vestido (mostra)

Page 1

David Walliams

O rapaz do vestido

Este Li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c ☐ mer no o p ☐ ato u

bro



Para Eddie, que nos deu tantas alegrĂ­as a todos



1 Nada de abrazos Dennis era diferente. Cando se miraba no espello, vía un rapaz de doce anos normal e corrente. Pero sentíase distinto: os seus pensamentos estaban cheos de cor e de poesía, aínda que a súa vida podía ser moi aburrida. A historia que vos vou contar comeza aquí, na casa de Dennis, normal e corrente, nunha rúa normal e corrente dunha cidade normal e corrente. A casa era case idéntica a todas as demais da rúa. Unha tiña cristais dobres; outra, non. Unha tiña un carreiro de grava; outra, un pavimento de lousas. Unha tiña un Vauxhall Cavalier na entrada; outra, un Vauxhall Astra. Mínimas diferenzas que en realidade só subliñaban a uniformidade. Todo era tan normal e corrente que tiña que acabar pasando algo extraordinario. Dennis vivía co seu pai –que tiña nome, pero Dennis só lle chamaba “papá”, así que eu tamén o farei– e o seu irmán maior, John, que tiña catorce anos. A Dennis resultáballe frustrante que o seu irmán sempre tivese dous anos máis ca el, e que sempre fose máis grande e máis forte. A nai de Dennis fórase da casa había un par de anos. Deica entón, Dennis saía ás agachadas do seu cuarto e sentaba no alto da escaleira a escoitar como os seus pais se berraban o un ó outro, ata que un día os berros acabaron.

11


A nai marchara. O pai prohibiulles a John e a Dennis que volvesen mencionala. E pouco despois de que a nai marchase, recolleu todas as fotos dela que había na casa e queimounas nunha gran fogueira. Pero Dennis conseguiu salvar unha.

Unha solitaria foto escapou das chamas, subiu bailando polo aire, impulsada pola calor do lume e foi flotando entre o fume ata caer na sebe. Á noitiña, Dennis saíu disimuladamente e recuperou a foto. Estaba chamuscada e ennegrecida polos bordos, e a súa

12


primeira reacción foi entristecerse, pero cando a volveu cara á luz viu que a imaxe seguía tan nítida e clara coma sempre. Mostraba unha escena alegre: John e Dennis, máis pequenos, coa nai na praia. Ela levaba un precioso vestido amarelo de flores. A Dennis encantáballe ese vestido, tan cheo de cor e de vida, e tan suave ó tacto. Cando a nai o poñía, significaba que chegara o verán. Despois da súa marcha houbera días de calor, pero en realidade o verán non volvera á casa. Na foto, Dennis e o seu irmán ían en traxe de baño, sostendo cadanseu cornete e sorrindo coa boca manchada de xeado de vainilla. Dennis gardaba a foto no peto e mirábaa en segredo todos os días. Nela a súa nai saía guapísima, aínda que sorría sen moita gana. Dennis miraba a foto durante horas, e intentaba imaxinar que pensaría nese instante. Dende que a nai marchara, o pai apenas falaba, e cando o facía, moitas veces era para berrar. Así que Dennis pasaba moitas horas vendo a televisión, sobre todo o seu programa preferido, Trisha. Vira un episodio de Trisha sobre xente con depresión, e pensaba que quizais o seu pai estivese deprimido. A Dennis encantáballe Trisha. Era un programa de entrevistas no que á xente normal e corrente se lle daba a oportunidade de ir falar dos seus problemas ou de insultar a súa familia, e presentábao unha muller de aspecto amable pero moi crítica, que convenientemente se chamaba… Trisha. Durante un tempo, Dennis pensou que a vida sen a súa nai sería unha especie de aventura. Podería quedar esperto ata tarde, comer comida a domicilio e ver comedias groseiras. Pero a medida que os días se convertían en semanas, e as semanas en meses, e os meses en anos, decatouse de que non era en absoluto unha aventura.

13


Só era triste. Dennis e John queríanse, máis ou menos como adoitan quererse os irmáns. Pero John poñía a proba ese amor bastante a miúdo facendo cousas que lle parecían graciosas, como sentar na cara de Dennis e botar peidos. Se botar peidos fose un deporte olímpico (mentres escribo isto dinme que non o é, o que me parece unha mágoa), gañaría varias medallas de ouro, e probablemente a raíña o nomease cabaleiro. Agora, queridos lectores, poderiades pensar que como a súa nai marchara quizais os dous irmáns estarían máis unidos. Por desgraza, iso só os distanciou. A diferenza de Dennis, John sentía unha rabia silenciosa contra á súa nai por marchar, e estaba de acordo co pai en que o mellor era non volvela mencionar. Era unha das regras da casa: Nada de falar da nai. Nada de chorar. E o peor de todo: nada de abrazos. Dennis, en cambio, só sentía tristeza. Ás veces botaba tanto de menos a súa nai que choraba na cama pola noite. Intentaba chorar sen facer ruído, porque compartía cuarto co seu irmán e non quería que o oíse. Pero unha noite os saloucos de Dennis espertaron a John. –Dennis? Dennis? Agora por que choras? –preguntou John dende a súa cama. –Non sei. É só que… ben… Gustaríame que estivese mamá e iso… –respondeu Dennis. –Non chores. Marchou e non vai volver. –Iso non o sabes… –Non vai volver nunca, Dennis. E agora deixa de chorar. Só choran as nenas.

14


Pero Dennis non podía deixar de chorar. A dor chegaba ó seu interior en vagas, coma o mar, que estalaban e case o afogaban en bágoas. Porén, non quería anoxar o seu irmán, así que choraba tan silenciosamente como podía. Entón por que era Dennis tan distinto?, preguntarédesvos. Na fin de contas, vivía nunha casa normal e corrente, nunha rúa normal e corrente, nunha cidade normal e corrente. Aínda non volo vou dicir, pero a clave podería estar no título deste libro…

15



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.