RELATO DUN SUPERVIVENTE 1
un visitar o meu pai a Rego Park. FHabía moito tempo que non o vía…
QUE MÁGOA QUE NON VIÑESE FRANÇOISE. POIS SI. MÁNDACHE SAÚDOS.
non estabamos moi unidos.
PAPÁ!
AI, ARTIE. É TARDE. ERA PREOCUPADO.
Envellecera moito dende que o vira por última vez. O suicidio da miña nai e os seus dous ataques ao corazón pasáranlle factura.
MALA! MIRA QUEN É AQUÍ! ARTIE!
Tamén era unha supervivente, como moitos dos amigos dos meus pais. OLA, ARTIE. DEIXA QUE CHE COLLA O ABRIGO.
Casara de segunda vez. Mala coñecía os meus pais de Polonia, de antes da guerra. A CEA XA ESTÁ NA MESA.
PERO TI COMO LLE DÁS UNHA PERCHA DE ARAME! HAI XA CASE DOUS ANOS QUE NON VEXO A ARTIE… NÓS TEMOS PERCHAS DE MADEIRA DABONDO.
OU, MALA!
Non se levaban moi ben. *Vladek comete erros ao falar en inglés, que se intentaron trasladar á tradución ao galego (Nota da tradutora).
13
Despois de cear, levoume ata o meu vello cuarto…
É BO PARA O MEU CORAZÓN, ISTO DE PEDALEAR. PERO, CÓNTAME, COMO CHE VAI A TI? QUE TAL ANDA O NEGOCIO DOS CÓMICS? AÍNDA QUERO DEBUXAR AQUEL LIBRO SOBRE TI…
VEN, PODEMOS FALAR MENTRES PEDALEO…
AQUEL DO QUE CHE ADOITABA FALAR…
SOBRE A TÚA VIDA EN POLONIA, E A GUERRA.
OCUPARÍA MOITOS LIBROS, A MIÑA VIDA, E DE TODOS OS XEITOS NINGUÉN QUERE OÍR ESAS HISTORIAS.
EU QUERO OÍLAS. COMEZA POR MAMÁ… DIME COMO A COÑECICHES.
PERO, SE TI QUERES, EU CÓNTOCHO… EU VIVÍA DAQUELA EN CZESTOCHOWA, UNHA PEQUENA VILA PRETO DA FRONTEIRA CON ALEMAÑA…
SERÍA MELLOR QUE TI DEDICASES O TEMPO A FACER DEBUXOS QUE CHE DESEN CARTOS…
EU TRABALLABA NO TÉXTIL, NA COMPRAVENDA. EU NON GAÑABA MOITO, PERO SEMPRE ME DEU PARA PODER VIVIR. 14
POR AQUEL ENTÓN, EU ERA NOVO E UN MOZO REALMENTE SIMPÁTICO E APOSTO.
UNHA MOREA DE RAPAZAS QUE EU NIN SEQUERA COÑECÍA ANDABAN DETRÁS MIÑA.
OLA, VLADEK? SON YULEK…
A UNHA AMIGA MIÑA, LUCIA GREENBERG, GUSTARÍALLE COÑECERTE.
FINALMENTE, LEVEI A LUCIA A BAILAR…
ENTÓN VIVES TI SÓ? SI.
A XENTE SEMPRE ME DICÍA QUE ME PARECÍA A RODOLFO VALENTINO. TEÑO UN PEQUENO APARTAMENTO. OS MEUS PAIS MUDÁRONSE A SOSNOWIEC. GUSTARÍAME VELO ALGÚN DÍA.
XA… ALGÚN DÍA. 15
FOSE ONDE FOSE, EU MIRABA AO MEU REDOR, E ALÍ ESTABA TAMÉN LUCIA GREENBERG…
PERO, PAPÁ… O NOME DE MAMÁ ERA ANNA ZYLBERBERG!…
VLADEK! CARA A ONDE TE DIRIXES?
SÓ VOU AO MERCADO.
EU TAMÉN… PODEMOS IR XUNTOS.
TODO ISTO FOI ANTES DE QUE EU COÑECESE A ANJA… TI ESCOITA, QUERES?
POR QUE NUNCA ME CONVIDAS Á TÚA CASA…? AVERGÓÑASTE DELA?
ELA TEIMABA EN QUE LLE ENSINASE O MEU APARTAMENTO…
ASÍ QUE, AO FINAL, EU CONVIDEINA… TODO ESTÁ TAN LIMPO E APAÑADO!
SEGURO QUE TES OUTRA MOZA QUE LIMPA POR TI, NON SI? NON.
GÚSTAME TELO TODO EN ORDE.
… EU NON QUERÍA TER UNHA RELACIÓN MÁIS ÍNTIMA CON ELA, PERO NON ME DEIXABA TRANQUILO. 16
SI… NÓS TIÑAMOS UNHA RELACIÓN COMA A DOS MOZOS DE HOXE.
FOI A PRIMEIRA RAPAZA COA QUE… EH…
NÓS ESTIVEMOS XUNTOS DURANTE UNS TRES OU CATRO ANOS. DEBERIAMOS PROMETERNOS, VLADEK.
AÍNDA NON, POR FAVOR.
VEÑA… OS TEUS PAIS VANSE PREOCUPAR.
É TARDE. MELLOR LÉVOTE Á CASA.
ELA ERA DUNHA BOA FAMILIA, PERO POBRE, NON TIÑAN NIN PARA UN DOTE.
S VA TE AISITAR N A R RA ÍA V , DU BEN IÓNS EU ILIA… E DE E M C X CA IÑA FA A VIA S. A M EZ UNH MILLA TALV5 OU 40 3 ALÉGRAME VERTE DE NOVO. ESCOITA…
CURMÁN VLADEK!
HAI UNHA MOZA NA MIÑA CLASE… QUERO QUE A COÑEZAS MAÑÁ… CHÁMASE ANJA.
17
É INCRIBLEMENTE INTELIXENTE, DE FAMILIA RICA… UNHA MOI BOA RAPAZA…
Á MAÑÁ SEGUINTE REUNÍMONOS TODOS. A MIÑA CURMÁ E ANJA FALABAN ÁS VECES EN INGLÉS.
VAITES… PROMETÍN VOLVER CEDO Á CASA… DÉIXOVOS AOS DOUS SÓS.
QUE CHE PARECE?
É UN MOZO APOSTO E SEMELLA SER AGRADABLE. ELAS NON PODÍAN SABER QUE EU ENTENDÍA. SABES, DEBERÍAS TER MÁIS COIDADO CANDO FALES INGLÉS… PODERÍA ENTENDERTE CALQUERA “DESCOÑECIDO”.
SA-SABES FALAR INGLÉS?
APRENDíCHELO NA ESCOLA?
… PERO ASISTÍN A CLASES PRIVADAS… SEMPRE SOÑEI CON VIAXAR A AMÉRICA.
TIVEN QUE DEIXAR A ESCOLA AOS 14 PARA IR TRABALLAR.
É UNHA MÁGOA QUE TEÑAS QUE REGRESAR A CZESTOCHOWA TAN CEDO. XA… PERO TEÑO O MEU NEGOCIO.
TES TELÉFONO NA CASA?
ELA CHAMOUME TAN PRONTO CHEGUEI A CZESTOCHOWA. UNHA VEZ AO DÍA… DÚAS… NÓS FALABAMOS A DIARIO. 18
E LOGO ELA COMEZOU A ENVIARME UNHAS CARTAS DO MÁIS FERMOSAS… CASE NINGUÉN PODÍA ESCRIBIR EN POLACO COMA ELA.
EU VISITEINA UN PAR DE VECES. ELA MANDOUME UNHA FOTO…
EU MERQUEI UN MARCO BEN BONITO…
ASOU SE CADRA PUNHA SEMANA
VOUME COMPROMETER CON ELA, LUCIA.
PFFF! POIS VAIA
BELEZA FUCHES ESCOLLER.
ATA QUE DE NOVO VOLVEU LUCIA E VIU A FOTO…
A APARENCIA NON O É TODO, LUCIA. O MELLOR PARA OS DOUS VAI SER QUE DEIXES DE VIR ATA AQUÍ…
… TEMOS QUE PENSAR NOS NOSOS FUTUROS, E… ESQUÉCEA! DEIXA QUE EU TE FAGA FELIZ!
NON FOI NADA DOADO LIBRARSE DE LUCIA. 19
MAMÁ NON ERA TAN ATRACTIVA, OU?
NON COMA LUCIA… PERO CON QUE TI FALASES UN CHISCO CON ELA, XA COMEZABAS A QUERELA CADA VEZ MÁIS.
… NON SABE VOSTEDE A MOZA QUE LEVA… TIVEN MOITAS ESTUDANTES…
NUNHA OCASIÓN NÓS TOPÁMONOS CO DIRECTOR DA SÚA ESCOLA. É AFORTUNADO, SR. SPIEGELMAN.
… PERO NINGUNHA TAN SENSIBLE E INTELIXENTE COMA ANNA!
OXALÁ ME PUIDESES VISITAR EN CZESTOCHOWA… GUSTARÍAME PRESUMIR DE TI ANTE OS MEUS AMIGOS.
XA… POR ISO A ESCOLLÍN.
SUPLIQUEILLE Á MIÑA NAI PARA QUE ME DEIXASE IR… PERO É TAN RELIXIOSA E ANTICUADA.
OH, OS MEUS PAIS QUEREN QUE VEÑAS CEAR MAÑÁ POLA NOITE.
… NUNCA ME PERMITIRÍA VISITAR O APARTAMENTO DUN HOME SOLTEIRO!
A FAMILIA ZYLBERBERG ERA MOI PODENTE… MILLONARIA!
OS PAIS DE ANJA ERAN ANSIOSOS POR CASALA. ELA TIÑA 24 ANOS E EU DAQUELA, 30. 20
OS ZYLBERBERG TIÑAN UNHA FÁBRICA DE MEDIAS, UNHA DAS MÁIS GRANDES DE POLONIA… PERO CANDO EU ENTREI NA SÚA CASA MESMO PARECÍA QUE CHEGARA UN REI… BENVIDO, BENVIDO.
PONTE CÓMODO MENTRES EU AXUDO COA CEA.
ANJA, CHEGOU VLADEK!
PARA VER QUE TIPO DE AMA DE CASA ERA, BOTEILLE UNHA OLLADA AO ARMARIO DE ANJA.
E ISTO QUE É…
PASTILLAS?!
SE ELA ERA ENFERMA, PARA QUE A QUERÍA EU?
TODO ESTÁ LIMPO E ORDENADO, COMO A MIN ME GUSTA!
A CEA ESTÁ LISTA!
EU ANOTEI TODOS OS NOMES.
MÁIS TARDE, UN AMIGO FARMACÉUTICO DÍXOME QUE AS PASTILLAS ERAN SÓ PORQUE ELA ERA MOI FRACA E NERVIOSA.
QUE TAL UN POUCO MÁIS DE PEIXE GEFILTE, VLADEK?
DAQUELA, PARA RESUMIR, CARA A FINAIS DE 1936 NÓS ERAMOS PROMETIDOS E EU MUDEIME DE CZESTOCHOWA A SOSNOWIEC. 21
AHH! EU ESQUECÍN CONTAR ALGO QUE PASOU ANTES DE QUE ME MUDASE A SOSNOWIEC PERO DESPOIS DO NOSO COMPROMISO.
UNHA TARDIÑA SOOU O TIMBRE…
LUCIA!
QUE ESTÁS FACENDO AQUÍ? ESTOU A PIQUES DE SAÍR.
NON, NON PODES VIR…
POR FAVOR, VLADEK! V-VOU CONTIGO.
ELA TIROUSE AO CHAN E AGARROUSE CON FORZA ÁS MIÑAS PERNAS.
NON FUXAS!
EU MARCHEI CORRENDO ONDA O AMIGO QUE NOS PRESENTARA. EL FOI CALMALA E LEVOUNA PARA A SÚA CASA.
EU VÍA AGORA QUE FORA DEMASIADO LONXE CON ELA. 22
E U NON VOLVÍN SABER NADA MÁIS DE LUCIA, PERO TAMPOUCO DE ANJA…
NIN CHAMADAS TELEFÓNICAS, NIN CARTAS, NADA! QUE PASARÍA? OLA, SRA. ZYLBERBERG. PODERÍA FALAR CON ANJA?
DI QUE NON QUERE FALAR CONTIGO!
PERO POR QUE?
VAIA, NON VOU SER QUEN DE CONVENCELA POR TELÉFONO. O VENRES AO SAÍR DO TRABALLO IREI ATA AÍ EN TREN.
RECIBIU UNHA CARTA DE ALGUÉN DE CZESTOCHOWA. MEU DEUS! DI UNHAS COUSAS TERRIBLES SOBRE TI!
NIN SEQUERA ERA FESTIVO, PERO EU FUN IGUALMENTE ATA SOSNOWIEC.
A VER, DIME, ANJA… QUE FIXEN QUE É TAN HORRIBLE? POIS TI DEBERÍAS SABELO… LE ISTO!
23
NIN SEQUERA QUERO VELA. TI DIME SÓ QUEN A ESCRIBIU. OU, MELLOR AÍNDA, XA CHO DIGO EU…
DI QUE TES MOI MALA REPUTACIÓN EN CZESTOCHOWA…
LUCIA GREENBERG, NON SI? ASINOU COMO “A TÚA AMIGA SECRETA, L.”.
QUE TES UNHA MOREA DE MOZAS…
AI, ANJA… XA DEBERÍAS COÑECERME MELLOR… PREGÚNTALLE A QUEN QUEIRAS EN CZESTOCHOWA COMO SON.
E QUE COMIG VAS CASAR POLOS O
CARTO
S!
LUCIA É UNHA ANTIGA MOZA QUE NON ME DEIXA EN PAZ. NON SIGNIFICA NADA PARA MIN.
LOGO DE MOITO FALAR, EU CONVENCINA.
P OLO QUE EU ME MUDEI A SOSNOWIEC A FINAIS DE 1936, E O 14 DE FEBREIRO DE 1937 NÓS ERAMOS CASADOS.
E AGORA UN POUCO VODKA PARA BRINDAR POLA NOVA PARELLA.
EU MUDEIME A UN DOS DOUS APARTAMENTOS QUE TIÑA O MEU SOGRO. EL DEUME UNHA PARTE EN PROPIEDADE E UN RELOXO DE OURO MOI BONITO COMO AGASALLO DE VODAS.
24
PERO ISTO QUE EU CHE ACABO DE CONTAR, SOBRE LUCIA E MAIS O RESTO, PENSO QUE TI NON DEBERÍAS ESCRIBILO NO TEU LIBRO. QUE? POR QUE NON?
PERO, PAPÁ, É UN MATERIAL ESTUPENDO. FAINO TODO MÁIS REAL, MÁIS HUMANO.
PERO ISO NON É MOI CORRECTO, MOI RESPECTUOSO.
NON TEN NADA QUE VER CON HITLER, CO HOLOCAUSTO!
QUERO CONTAR A TÚA HISTORIA DO XEITO EN QUE SUCEDEU REALMENTE.
… EU PODO CONTARCHE OUTRAS HISTORIAS, PERO UNHAS COUSAS TAN PRIVADAS, EU COIDO QUE TI NON DEBERÍAS MENCIONALAS. VALE, VALE… PROMÉTOO.
25