Calros Solla
reGaliza e outras chuches apoteose da retrรณnica
BARBANTESA
Perante o absurdo da vida, hai que pensar na metafĂsica das flores, na filosofĂa dos montes e os vales, na moral dos froitos, na verdade do mar e deixar que Deus se devore unha pata ou xogue no baleiro aos dados. Manuel Vicent
Retrónica: albaroque literario elaborado co bagullo das mellores cepas de retranca galega. Malia a aparencia prosaica, a súa exclusiva textura é resultado da adenda, subtraenda, emenda e remendo dunha coidada selección de sementes de retórica indíxena. A mestura –“batida, mais non revolta”– sérvese, como elixir, en pequenas doses, mais pode libarse sen moderación. A retrónica é única no seu xénero, posto que, mesmo sabéndose parente do aforismo ou da greguería, non se recoñece fidel sucesora, senón fillastra díscola e irreverente. A seguir, faise revelación da cobizada fórmula da auga retrónica (por seguranza, obviouse especificar o compoñente secreto 7x): xolda a embute + unhas areas de sorna + 7x → retrónica O consumo da retrónica prescríbeselles a todos os públicos, así e todo só os iniciados na loxa da lingua serán quen de advertir, no rodopío de sensacións, o seu alto grao de persistencia. Eviten facer gorgolexos, non sexan bárbaros. A pouco que reparen na mecánica interna, ao atinxiren as sutís regras do xogo, experimentarán o desexo irreprimíbel de cuncar e recuncar. As retrónicas son máis gostosas de requentes. Como boa menciña, se lle coñece algún que outro efecto secundario; porén, ningunha das súas contraindicacións é absoluta. En colléndolle o tintimán, os máis ardidos (ou vezados), ousados alquimistas, haberán temperar, xaora, nos seus alambiques os accesíbeis ingredientes desta sopa de letras. Escusan reprimirse, pois non só de pan vive o home. Saúde. O boticario mor. 7
reGaliza e outras chuches (2008)
1. A ameixa, ver, vereicha. 2. ABC’s pousan libélo-las na columna. 3. Abella >>> co-néctar <<< flor. 4. Aberración sen-ética: alcaldique / cacicalde. 5. bofé que botei os bofes (unha alegría que non me A cabía no peito). 6. Abrente en Soutiñelo: amañece sen ter lugar. 7. Abril maio de pal en pal. 11
8. A-cento e milleiro, o galego, na lonxa das linguas. Sotaque-val’o rei, nunha esfollada. 9. Acentos hos-tiles. 10. A cidade que non é dos peóns, n’e-cidade. 11. A-corda, átate ao día. 12. Acordeón – Acordeoff. 13. Actriz operada: cicactriz. 14. Adxectivo, tivo, tivo... pobsesivo.
12
15. Agarimosso d’Esquadra: poli bueno. 16. Aghárrate aos libros do peito! 17. A historia dos EEUU –indios e vaqueiros– cabe toda nun tambor de deterxente Colón. 18. Almacén de vellos (gran-parents): a-silo. 19. A mellor raza é a regaceira. 20. A miña vida devala entre un volvo axiña e un seat prudente.
13
21. Amor, lou-cura todo. 22. Amorodos: freza da terra fresada. 23. Anacronismos: trolebús, ferrobús, georgebús... 24. Andrómenos lobos, Carapuchiña. 25. Animais ou menos, fóra alma. 26. Antes Prisciliano que após, tolo. 27. Aorta da horta: a mangueira.
14