Winnie-the-Pooh (mostra)

Page 1

Winnie -thePooh A. A. Milne con ilustracións de E. H. Shepard

Este Li onllo a ☐ regalár o n ☐ gañou no u ☐ merco no u ☐ atopo

bro


BO LUGAR PARA PÍCNIC

ZONA AREOSA ONDE XOGA RIÑO

Casa de CANGU

CASA DE COELLO

Casa de Pooh

OS SEIS PIÑEIROS TRAMPA ASTUTA PARA HEFFALUMPS

CASA DE PIGLET

ZONA INUNDADA

ONDE NON HABÍA GUZOS

Devuxado por min coa


O POLO NORTE PEDRAS E SEIXIÑOS

ÁRBORE DAS ABELLAS

AMIGOS E PARENTES DE COELLO A MIÑA CASA

CASA DE BUFO

BOSQUE DOS CEN ACRES

Lúgubre Morada de Ígor

recantos fríos, húmidos e feos

haxuda do señor shepard



Capítulo 1 No cal nos presentan a Winnie-the-Pooh e a unhas abellas, e comeza a historia

V

elaquí o oso Eduardo, baixando a escaleira,

batendo bum, bum, bum coa caluga, detrás de Christopher Robin. É o único xeito que coñece de baixar a escaleira, aínda que ás veces lle parece que ten que haber outro xeito, e que se lle ocorrería se puidese deixar de dar golpes un momento e pensar. Pero logo parécelle que quizais non o hai. En todo caso, agora xa está abaixo, e disposto para ser presentado. Winnie-the-Pooh. Cando oín o seu nome por primeira vez dixen, igual que ides dicir vós: –Pero eu pensaba que era macho! –É macho –dixo Christopher Robin. –Entón non lle podes chamar Winnie. –Claro que non. 1


–Pero ti dixeches… –É Winnie o Pooh. Non sabes o que significa “o”? –Ah, si, xa sei –dixen rapidamente, e espero que vós tamén, porque esta é toda a explicación que ides recibir. Ás veces a Winnie-the-Pooh gústalle xogar a algún xogo cando baixa ó salón, e outras veces prefire sentar en silencio diante do lume e escoitar un conto. Esta tarde… –Un conto? –dixo Christopher Robin. –Que pasa cun conto? –dixen eu. –Serías tan amable de contarlle un a Winnie-the-Pooh? –Supoño que si –dixen–. Que clase de contos lle gustan? –Que saia el. É desa clase de osos. –Xa vexo. –Entón poderías? –Intentareino –dixen. E intenteino. * * * Era unha vez, hai moito tempo, máis ou menos o venres pasado, Winnie-the-Pooh, que vivía nun bosque el só, baixo o nome de Sanders. (–Que significa “baixo o nome”? –preguntou Christopher Robin. 2


–Significa que tiña o nome sobre a porta, con letras de ouro, e que vivía debaixo. –Winnie-the-Pooh non estaba moi seguro –dixo Christopher Robin. –Agora xa o estou –bruou unha voz. –Entón sigo –dixen eu.) Un día que saíu a pasear chegou a un clareiro no medio do bosque, e no medio deste clareiro atopou un enorme carballo. Do alto da árbore viña un forte zunido. Winnie-the-Pooh sentou ó pé da árbore, puxo a cabeza entre as patas e empezou a pensar. 3


Primeiro díxose: “Ese zunido significa algo. Un non atopa un zunido así, zune que zune, sen que signifique algo. Se hai un zunido é que alguén está zunindo, e o único motivo que coñezo para zunir é porque es unha abella”. Entón seguiu pensando outro bo anaco, e díxose: “E a única razón que se me ocorre para ser unha abella é facer mel”. E entón levantouse e díxose: “E a única razón que se me ocorre para facer mel é que eu o poida comer”. Así que empezou a gabear pola árbore. E gabeou, e gabeou, e gabeou, e mentres gabeaba cantaba unha cantareliña para si.

4


É ben gracioso como lle gusta o mel a un oso. Zunir! Zunir! Zunir! Por que fará así?

5


Gabeou un pouco máis… e un pouco máis… e aínda un pouco máis. Para entón xa se lle ocorrera outra cantarela. É gracioso pensar que se os osos fosen abellas, farían os niños a rente do chan. E que, se fose así (se as abellas fosen osos) xa non teriamos que gabear.

Xa empezaba a estar bastante canso, e por iso cantaba unha canción de queixa. Case estaba chegando e, se conseguía poñerse de pé naquela póla… Crac! –Recoiro! –dixo Pooh mentres caía tres metros ata a póla de debaixo– Se non fixese… –dixo, mentres rebotaba seis metros ata a seguinte póla.

6


»O que eu quería facer… –explicou, mentres daba unha viravolta e se estrelaba contra outra póla nove metros máis abaixo–. O que eu quería facer… »Claro que hai que recoñecer… –admitiu mentres escorregaba rapidamente polas seis pólas seguintes. –Supoño que isto pasa –decidiu, mentres se despedía da última rama, daba tres pinchagatos e voaba graciosamente ata unha mata de toxos–, isto pasa por gustarme tanto o mel. Recoiro! Saíu agatuñando dos toxos, quitou as espiñas do nariz e empezou a pensar de novo. E a primeira persoa na que pensou foi en Christopher Robin. (–Ese son eu? –dixo Christopher Robin con voz de abraio, sen atreverse a crelo. –Ese es ti. Christopher Robin non dixo nada, pero os ollos puxéronselle máis e máis grandes, e a cara máis e máis rosada.)

7


Así que Winnie-the-Pooh foi ver o seu amigo Christopher Robin, que vivía detrás dunha porta verde noutro lugar do bosque.

–Bos días, Christopher Robin –dixo. –Bos días, Winnie-the-Pooh –dixeches ti. –Preguntábame se terías un globo por aí. –Un globo? –Si. Mentres viña para acá díxenme: “Pregúntome se Christopher Robin terá un globo por alí”. Iso é o que me dixen, pensando en globos e preguntándome cousas. –Para que queres un globo? –dixeches. 8


Winnie-the-Pooh mirou ó seu redor para asegurarse de que ninguén escoitaba, puxo a pata xunto a boca e dixo cun profundo murmurio: –Mel! –Pero o mel non se consegue con globos! –Eu si –dixo Pooh. Ben, pois resultou que a véspera foras a unha festa á casa do teu amigo Piglet, e que na festa vos deran globos. 9


A ti déranche un enorme globo verde, e a uns parentes de Coello déranlle un enorme globo azul, pero deixárao esquecido, porque era demasiado cativo para ir a unha festa; así que ti levaras para a casa o verde e mais o azul. –Cal prefires? –preguntácheslle a Pooh. Pooh puxo a cabeza entre as patas e meditou coidadosamente. –A cousa é así –dixo–, cando vas por mel cun globo, o máis importante é que as abellas non te vexan chegar. Se vas cun globo verde, pode que crean que es parte da árbore e non reparen en ti; e se vas cun globo azul, pode que crean que es parte do ceo e non reparen en ti, e a cuestión é: que é máis probable? –Non te verían a ti debaixo do globo? –preguntácheslle. –Pode que si e pode que non –dixo Winnie-the-Pooh–. Coas abellas nunca se sabe. –Pensou un momento e dixo–: Intentarei parecer unha pequena nube negra. Así enganareinas. –Entón será mellor que leves o globo azul –dixeches, e así se decidiu. Así que saístes os dous co globo azul, e coma sempre ti levaches a escopeta, polo si ou polo non. Winnie-the10


-Pooh foi a un sitio moi cheo de lama que el coñecía, e envorcallouse

e envorcallouse ata quedar negro de todo.

E logo, unha vez que inflastes o globo todo o que se podía, e ti e mais Pooh o suxeitabades pola corda, ti soltáchelo de súpeto e Pooh subiu gracilmente polo ceo, ata que chegou á altura da copa da árbore, a uns dez metros de distancia.

–Hurra! –berraches. 11


–Estupendo! –berrou Winnie-the-Pooh cara a ti–. Que parezo? –Pareces un oso agarrado a un globo –dixeches. –Non… –dixo Pooh, angustiado–. Non parezo unha pequena nube negra no ceo azul? –Non moito. –Vaia… Se cadra dende aquí arriba vese distinto. Como che dicía, coas abellas nunca se sabe. Non había vento que o achegase á árbore, así que estaba alí, inmóbil. Vía o mel, cheiraba o mel, pero non podía alcanzar o mel. Ó cabo dun anaco volveute chamar. –Christopher Robin! –dixo cun forte murmurio. –Ola! –Coido que as abellas sospeitan algo! –A que te refires? –Non sei. Pero algo me di que sospeitan! –Se cadra cren que andas detrás do seu mel. –Pode ser. Coas abellas nunca se sabe. Houbo outro breve silencio, e logo volveute chamar. –Christopher Robin! –Si? –Tes un paraugas na casa? 12


–Coido que si. –Agradeceríache que o trouxeses aquí e paseases dun lado a outro con el, mirándome de cando en vez e dicindo: “Tse, tse, seica vai chover”. Coido que se fixeses iso axudaría no noso engano a esas abellas. “Oso paspán!”, pensaches, rindo para ti, pero non o dixeches en voz alta, porque o queres moito, así que fuches buscar o paraugas á casa. –Ah, xa estás aquí –berrou dende o alto Winnie-the-Pooh en canto regresaches á árbore–. Empezaba a poñerme nervioso. Descubrín que, sen ningunha dúbida, as abellas sospeitan. –Abro o paraugas? –dixeches. –Si, pero agarda un momento. Temos que ser prácticos. O importante é enganar a Abella Raíña. Dende aí podes ver cal é a Abella Raíña? –Non. –Unha mágoa. Ben, pois se agora paseas dun lado a outro co teu paraugas dicindo: “Tse, tse, seica vai chover”, eu cantarei o mellor que poida unha Cancionciña de Nube, coma a que cantaría unha nube calquera… Veña! E así, mentres ti paseabas dun lado a outro e te preguntabas se chovería, Winnie-the-Pooh cantou esta canción:

13


Que bonito é ser unha nube que flota no ceo! As nubiñas cantan sempre en voz alta.

Que bonito é ser unha nube que flota no ceo! Está un moi orgulloso de ser unha nube oso.

As abellas seguían zunindo con tanta desconfianza coma antes. Algunhas mesmo deixaron os seus niños e voaron ó redor da nube cando empezou o segundo verso da súa canción. Unha abella pousouse un momento no nariz da nube e logo marchou. –Christopher, au!, Robin –berrou a Nube. –Si? –Estiven pensando, e cheguei a unha conclusión moi importante. Estas abellas son da clase incorrecta. –De verdade? –Si. Daquela, coido que vou baixar. –Como? –preguntaches ti. 14


Winnie-the-Pooh non pensara nisto. Se soltaba a corda caería –pum!–, e esa idea non lle chistaba. Así que pensou durante un longo anaco, e entón dixo: –Christopher Robin, tes que dispararlle ó globo coa túa escopeta. Tes aquí a túa escopeta? –Claro que a teño –dixeches–. Pero se fago iso romperei o globo.

–E se non o fas –dixo Pooh– terei que soltalo e romperei eu. Ó explicalo así viches como era a cousa, de maneira que apuntaches cara ó globo con moito coidado e disparaches. –Au! –dixo Pooh. 15


–Marrei? –A verdade é que non marraches –dixo Pooh–, pero non lle deches ó globo. –Perdoa –dixeches, e volviches disparar. Esta vez si lle acertaches ó globo, o aire empezou a saír devagar e Winnie-the-Pooh baixou flotando ata o chan. Pero tiña os brazos tan tesos de agarrarse á corda do globo todo aquel tempo que durante máis dunha semana non puido baixalos, e cada vez que viña unha mosca e se lle pousaba no nariz tiña que soprar para escorrentala. E coido –aínda que non estou seguro– que ese é o motivo polo que sempre lle chamaron Pooh.

* * * –O conto remata así? –preguntou Christopher Robin. –Este si. Pero hai outros. –Sobre Pooh e sobre min? –E sobre Piglet, Coello e todos os demais. Non te lembras? –Lémbrome, pero logo, cando me quero lembrar, esquéceme. –O día que Pooh e Piglet intentaron cazar o heffalump… 16


–Pero non o cazaron, verdade? –Non. –Pooh non foi capaz porque non ten cerebro. Caceino eu? –Iso explícase no conto. Christopher Robin asentiu. –Xa me lembro –dixo–, pero Pooh non ten moi boa memoria, por iso lle gustaría que llo volveses contar. Porque entón é unha historia de verdade, e non só unha lembranza. –Eu opino igual –dixen. Christopher Robin soltou un profundo suspiro, colleu o seu oso pola pata e dirixiuse á porta, arrastrando a Pooh detrás de si. Ó chegar á porta volveuse e dixo: –Vas subir a ver como me baño? 17


–Se cadra –dixen. –Cando lle disparei non o manquei, verdade? –Claro que non. Asentiu e saíu, e un momento despois oín a Winnie-the-Pooh –pum, pum, pum– subindo a escaleira detrás del.

18


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.