Toma de decisións

Page 1

1º ESO

Begoña Otero Riobó Departamento de Orientación IES Monte Carrasco

MÓDULO DE TOMA DE DECISIÓNS PROGRAMA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

A toma de decisións é un módulo destinado a axudar ao alumnado a reflexionar sobre o proceso de elección e toma IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica e Profesional 1º ESO


de decisións: que opinións do noso contorno nos inflúen, que socialización de xénero tivemos e como nos inflúe nas nosas eleccións de futuro.

Neste módulo, preténdese traballar a importancia dunha toma de decisións consciente e a necesidade tamén de fixar obxectivos e metas sen prexuizos que poidan coartar esa elección. Isto implica un itinerario voluntario e planificado. Con isto tamén lle axudamos a afrontar dificultades, desterrar medos, desbotar impedimentos e sesgos construídos en base a estereotipos de xénero.

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica e Profesional 1º ESO


Bailaríns e camioneiras (Actividade baseada no programa Rompiendo Esquemas. Agrupación de Desarrollo Calíope. Edita Instituto Asturiano de la Mujer)

PARA QUE É ESTA ACTIVIDADE? Reflexionar sobre o proceso de toma de decisións, para ser conscientes de que cando tomamos decisións vémonos influidos por diversos factores: familia, escola, amigos,..., ás veces por enriba dos nosos propios intereses.

DESENVOLVEMENTO

a) A persoa titora entrega a ficha do alumnado. Esta ficha ten no anverso unha tira de imaxes e no reverso unhas preguntas sobre as imaxes, que axudan a reflexionar sobre as mesmas. b) Utilizaremos a técnica de traballo cooperativo 1-2-4, consistente en que 1º responden de maneira individual e escriben a resposta na columna 1. A continuación, pasaremos ao traballo por parellas, na que tenta chegar a unha resposta consensuada pola parella en cada unha das preguntas (10 minutos). Porán esta resposta de parella na columna 2 A continuación, trataremos de chegar a unha reposta de equipo. Porán esta resposta consensuada en grupo na columna 4. En cada unha das fases, darémoslles 10 minutos. c) Para finalizar, farase un ronda de posta en común das conclusións de cada grupo, podendo abrirse un pequeno debate.

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica e Profesional 1º ESO


Ficha para o profesorado: Bailaríns e camioneiras (Actividade baseada no programa Rompiendo Esquemas. Agrupación de Desarrollo Calíope. Edita Instituto Asturiano de la Mujer)

ALGUNHAS IDEAS PARA A PERSOA TITORA:

Ao inicio da actividade O nome da actividade pode provocar risas e bulras entre o alumnado. Se isto sucede é importante reflexionar por que sucede. Brevemente, podíamos xustificalo dicindo que aínda seguindo tendo unha imaxe estereotipada dos homes e das mulleres na sociedade. Asignámoslles ás profesións solo polo feito de ser home ou de ser muller, moitas veces de maneira inconsciente. Témolo tan interiorizado que, cando se nos presenta unha situación que se escapa desa imaxe, prodúcenos risa, inquedanza.

Á hora de analizar a conversa da tira cómica Cando analizamos a estrañeza de Lara e Pablo ante a reacción dos seus familiares podemos reflexionar de que a reacción do seu contorno tamén é froito de como a sociedade cre que deben ser os homes e as mulleres. Pero esas ideas poden cambiarse, aínda que non sexa fácil e vaia ir moi lentamente.

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica e Profesional 1º ESO


Ficha para o alumnado: Bailaríns e camioneiras (Actividade baseada no programa Rompiendo Esquemas. Agrupación de Desarrollo Calíope. Edita Instituto Asturiano de la Mujer)

Pablo e Lara son dous amigos que charlan no patio do colexio. Le a súa conversa e logo contes ta ás preguntas do reverso da folla.

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica e Profesional 1º ESO


Ficha para o alumnado: Bailaríns e camioneiras (Actividade baseada no programa Rompiendo Esquemas. Agrupación de Desarrollo Calíope. Edita Instituto Asturiano de la Mujer)

Agora responde a estas preguntas, primeiro de maneira individual (1), logo, cando cho indiquen, en parella (2) e, por último en grupo (4): 1

2

4

Como cres que se senten Lara e Pablo?

Cres que as imaxes reflicten algunha inxustiza? Cal? Quen a sofre? Que estratexias utilizan as súas familias para que cambien de opinión? Cres que existen profesións solo para homes? E solo para mulleres? Cres que situacións como as que vemos na imaxen ocorren na realidade? Pasouche algo similar a ti algunha vez?

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

Orientación Académica e Profesional 1º ESO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.