CADERNO DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL 4º ESO CURSO 2019-20
Departamento de Orientación IES “Monte Carrasco” Cangas
INDICE Presentación 1.- Que podo facer ao remate deste curso 2.- O Bacharelato 2.1. Modalidade e materias do Bacharelato 2.2. Avaliación no Bacharelato 3.- Formación Profesional Específica 3.1. Características da Formación Profesional 3.2. Ciclos Formativos de Grao Medio 3.3. Ciclos Formativos de Grado Superior 3.4. Admisión nos ciclos de Formación Profesional 4.- Opcións dentro do sistema educativo sen Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria 4.1. A Educación de Adultos 4.2. A FP Básica 4.3. Acceso a ciclos de grao medio mediante proba 4.4. Probas libres para a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria 5.- Acceso a estudos universitarios 5.1. Dende o Bacharelato 5.2. Dende a Formación Profesional 5.3. Acceso a estudios superiores de Ensinanzas Artísticas 6.- Outras ensinanzas no sistema educativo 6.1.- Ensinanzas de idiomas 6.2.- Ensinanzas deportivas 6.3.- Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño 6.4.- Ensinanzas Profesionais de Música e Danza 6.6.- Outras opcións 7.- Enderezos de interese (postais, páxinas web, teléfonos,...) 2 E despois da ESO, que…
PRESENTACIÓN Esta Caderno de Orientación Académica e Profesional, vai dirixido a aquel alumnado que está cursando 4º de ESO e que, polo tanto, está a piques de rematar a súa etapa de educación obrigatoria. Ao longo do curso, e segundo o establecido no Plan de Orientación Académica e Profesional, foronse traballando diversos aspectos: o coñecemento de si mesmos, o coñecementos do mundo laboral e das profesións, o coñecemento do sistema educativo e a toma de decisións. Este caderno é un complemento do módulo de coñecemento do sistema educativo. Contén información sobre as opcións académicas posteriores á educación secundaria obrigatoria (que podo estudar), tamén sobre as opcións para o alumnado que non obtén o título de graduado en educación secundaria obrigatoria, e tamén algunhas opcións para os que desexen incorporarse ó mundo laboral. Finalmente, recolle un listado de enderezos de interese. Estará á vosa disposición tamén, en versión dixital, na Aula Virtual do centro: Aula Virtual / Departamento de Orientación/ orientación académica e profesional / 4º ESO.
En todo caso, o departamento de orientación, e a orientadora en particular, está a vosa disposición para resolver tódalas dúbidas que teñades, as vosas inquedanzas, etc.
3 E despois da ESO, que…
1. QUE PODO FACER CANDO REMATE A ESO
O título obtido ao superar a educación secundaria obrigatoria é o de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (GESO), e faculta para o acceso á formación profesional de grao medio ou ao bacharelato, sexa cal sexa o itinerario, académico ou profesional, escollido en 4º de ESO. Tendo en conta que o itinerario académico é o recomendado para o acceso ao bacharelato e que o itinerario profesional é o recomendado para o acceso á formación profesional.
4 E despois da ESO, que…
2. O BACHARELATO O bacharelato comprende dous cursos académicos e ten como finalidade proporcionar aos estudantes formación, madurez intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lles permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. Así mesmo, capacitará ao alumnado para acceder á educación superior. 2.1. Modalidades e materias de Bacharelato O bacharelato comprende 3 modalidades: Ciencias Humanidades e Ciencias Sociais Artes Materias de bacharelato: As materias que se cursan no bacharelato son de 3 tipos: Troncais: .- Xerais: 4 materias en cada modalidade .- De opción: escollerás 2 Materias específicas: escollerás entre 2 e 3 Materias de libre configuración autonómica: unha obrigatoria para todo o alumnado, Lingua Galega e Literatura
Nos cadros das páxinas seguintes poderás ver as materias que se cursan en 1º e 2º de bacharelato.
5 E despois da ESO, que…
6 E despois da ESO, que…
Materias de libre configuración autonómica de 2º bacharelato
As materias de libre configuración autonómica de 2º teñen unha carga horaria de 2 períodos lectivos semanais. 7 E despois da ESO, que…
2.2. Avaliación no Bacharelato A avaliación no bacharelato farase por materias. cualificarase de 0 a 10.
Cada materia
Promoción de 1º a 2º: Promociónase de 1º a 2º de bacharelato: .- Aprobando todas as materias de 1º .- Suspendendo 1 ou 2 materias, que terán que ser superadas ao longo de 2º. O alumnado que ao finalizar 2º teña suspensa algunha materia, poderá matricularse só destas, sen necesidade de cursar de novo as materias aprobadas. O alumnado poderá permanecer cursando bacharelato polo réxime ordinario 4 anos. Titulación O alumnado que supere tódalas materias de bacharelato, tanto de 1º como de 2º, recibirá o título de bacharel, título que será igual para tódalas modalidades de bacharelato. No título farase constar a modalidade de bacharelato cursada e a cualificación media obtida. Con este título podes acceder a: Ciclos Formativos de Grao Superior Estudos superiores de ensinanzas artísticas, logo da superación de probas de acceso (excepto o alumnado que cursara o bacharelato de Artes) Estudos universitarios, logo da superación da Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU).
8 E despois da ESO, que…
3. A FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA 3.1. Características da Formación Profesional A Formación Profesional Específica comprende un conxunto de Ciclos Formativos que se organizan en Módulos Profesionais, de formación teórico-práctica e cunha duración que estará en función da natureza da competencia profesional característica do título correspondente. A súa finalidade é preparar ós alumnos para unha actividade nun campo profesional e a súa capacitación para o desenvolvemento cualificado das diferentes profesións, proporcionándolle unha formación polivalente que lle permita adaptarse ás modificacións laborais que se poidan producir ao longo da súa vida.
As ensinanzas de Formación Profesional organízanse en Familias Profesionais; cada familia recolle un conxunto de ciclos formativos de grao básico, medio e superior. Para saber mais sobre a FP Básica, vai ao apartado 4.2 9 E despois da ESO, que…
a) Familias Profesionais
10 E despois da ESO, que…
b) Réximes e modalidades na Formación Profesional de Grao Medio e Superior RÉXIMES E MODALIDADES NA FP DE GRAO MEDIO E SUPERIOR ORDINARIO Esta modalidade orgánizase en dous cursos, en quendas de mañá e tarde. A asistencia a clase é obrigatoria.
ADULTOS (*) PRESENCIAL
A xornada lectiva desenvólvese, polo xeral, en quenda tarde-noite. A asistencia a clase é obrigatoria.
DUAL
SEMIPRESENCIAL / Esta modalidade A DISTANCIA combina a
A asistencia a clase non é obrigatoria. É obrigatoria a asistencia as actividades de avaliación.
formación no centro educativo coa formación e traballo na empresa.
(*) Para o acceso ao réxime de adultos hai que ter cumpridos os 18 anos. c) Organización dos Ciclos
DURACIÓN
MATERIAS
2000 horas. En xeral, os As materias denomínanse ciclos teñen unha duración módulos. Non todos os de 2 cursos completos. módulos duran o mesmo dentro do ciclo. A asistencia a clase é obrigatoria. Cada módulo solo se pode repetir unha vez. Non hai convocatoria de setembro.
PRÁCTICAS Na duración do ciclo, inclúese un trimestre de prácticas non remuneradas en empresa. É o que se denomina FCT, Formación en Centros de Traballo. Para acceder ás prácticas hai que ter superados todos os demáis módulos.
11 E despois da ESO, que…
3.2. Ciclos Formativos de Grao Medio Os ciclos formativos de grao medio requiren a formación profesional de base contemplada na ESO, e capacitan para o exercicio de actividades suficientemente determinadas por traballos de execución e organización que poden ser autónomos no límite da utilización dos instrumentos e técnicas que lles son propias. Acceso: Con título de graduado en ESO: o alumnado que posúa o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ten acceso directo a calquera Ciclo Formativo de Grao Medio. Co título de FP Básica: a superación de todos os módulos dun ciclo de FP Básica, dá dereito ao acceso directo a un ciclo de grao medio Proba de acceso: o alumnado que non posúa ningún requisitos académicos para o acceso directo, poderá acceder a un Ciclo Formativo de Grao Medio, mediante a superación dunha proba. Para presentarse a esta proba hai que ter, como mínimo, 17 anos cumpridos ou máis ou cumprilos no ano de realización da proba. Se queres máis información sobre a proba de acceso, consulta o apartado 4.3
Titulación: A superación dun Ciclo Formativo de Grao Medio, conduce ó título de “Técnico”.
12 E despois da ESO, que…
3.3. Ciclos Formativos de Grao Superior Acceso: Título de Bacharel. Para a admisión terase en conta: a modalidade de bacharelato e as materias vinculadas ao ciclo e tamén a nota media de bacharelato. Título de técnico (Ciclo Formativo de Grao Medio), poderás acceder a un Ciclo de Grao Superior da mesma familia profesional. Terá preferencia o alumnado que curse un ciclo da mesma familia profesional Título de técnico superior (Ciclo Formativo de Grao Superior) Título universitario Outros estudios, consulta á orientadora Proba de acceso, o alumnado que non posúa ningún dos requisitos académicos para o acceso directo, poderá presentarse a un proba de acceso, sempre e cando, teña 19 anos ou máis, ou os cumpra no ano de realización da proba. A proba versará sobre contidos de bacharelato e as materias das que te examinarás dependerá do ciclo ao que queiras acceder.. Titulación: A superación dun Ciclo Formativo de Grao Medio, conduce ao título de “Técnico Superior”. 3.4. Admisión a Ciclos de Formación Profesional Hai dous prazos para solicitar praza nos ciclos de grao medio e superior: 2ª quincena do mes de xuño e 1ª quincena do mes de setembro. No momento de solicitar praza debes cumprir con algún dos requisitos de acceso. As prazas que se ofertan cada ano, distribúense do seguinte xeito, durante o proceso de admisión: 13 E despois da ESO, que…
90% cota xeral 10% persoas con discapacidade 5% a maiores para deportistas de alto rendemento En cada cota, haberá tres grupos de acceso, segundo o requisito co que se accede: Ciclos de Grao Medio Grupo A: ESO e equivalentes
Grupo B: FP Básica
Grupo C: Proba de acceso
Ata un 70%
Ata un 20%
Ata un 10%
Ciclos de Grao Superior Grupo A: Bacharelato e equivalentes Ata un 70%
Grupo B: Título de Técnico (Ciclo de Grao Medio) Ata un 20%
Grupo C: Proba de acceso Ata un 10%
En cada grupo, as solicitudes ordénanse segundo a nota na titulación / proba pola que se accede. Nos ciclos de grao superior, no Grupo A, hai uns criterios de prelación entre as titulacións polas que se pode acceder. E ademais, o alumnado que accede aos Ciclos de Grao Superior co título de Bacharel, ten como criterio de preferencia ter cursado a modalidade de bacharelato vinculada a ese Ciclo. Nas táboas seguintes, podedes ver que modalidade de bacharelato e materias (nalgúns casos) se vinculan con cada ciclo formativo de grao superior.
14 E despois da ESO, que…
15 E despois da ESO, que…
16 E despois da ESO, que…
Nos ciclos de grao superior, no Grupo B, teñen preferencia os que acceden cun título de Técnico da mesma familia profesional.
17 E despois da ESO, que…
4.- OPCIÓNS NO SISTEMA EDUCATIVO SEN O TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
4.1. A Educación Secundaria para Persoas Adultas Destinatarios En xeral, para acceder á educación de adultos é preciso ter 18 anos cumpridos. Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar estes estudos polo réxime ordinario Organización Constan de catro módulos de duración cuadrimestral. Cada un organízase en tres campos de coñecemento: ámbito de comunicación, ámbito de sociedade e ámbito científico-tecnolóxico. Na modalidade semipresencial é obrigatoria a asistencia ás titorías de cada ámbito (unha hora semanal para o ámbito social, dúas sesións lectivas para o ámbito de comunicación e outras dúas para o ámbito científico-tecnolóxico). A modalidade a distancia con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías presenciais. A comunicación cos titores é a través da Aula Virtual do IES San Clemente. Duración Estas ensinanzas poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos. As persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise. Titulación Se cursas e aprobas a Educación Secundaria Obrigatoria, a titulación é a mesma: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, e dá acceso aos mesmos estudos. 18 E despois da ESO, que…
Se cursas e aprobas o Bacharelato na modalidade de adultos, obtés o título de Bacharel e tes acceso aos mesmos estudos que no ensino ordinario. Modalidades de ensino a) Presencial: asistencia do alumando a clase nos institutos que conten con esta modalidade; en Cangas, podes cursar a ESO nesta modalidade no IES de Rodeira; en Bueu, podes cursar o Bacharelato na modalidade de ensino de adultos presencial no IES “Joham Carballeira”. Terás entre 19 e 20 horas semanais polas tardes. b) A distancia: con dúas modalidades á súa vez: .- Semipresencial: combina as titorías presenciais con actividades individuais do alumnado coa axuda das tecnoloxías da información. .- A distancia de forma telemática: impártese integramente a través dun sistema de teleformación. 4. 2. Ciclos de Formación Profesional Básica A Formación Profesional Básica forma parte da Formación Profesional do sistema educativo, como medida para facilitar a permanencia do alumnado no sistema educativo e ofrecerlles máis posibilidades de desenvolvemento persoal e profesional. Contribuirá ademais a que o alumnado adquira ou complete as competencias de aprendizaxe permanente para facilitar a súa transición cara á vida activa. Cada Ciclo de Formación Profesional Básica responde a un perfil profesional concreto e ordénase en familias profesionais. A quen vai dirixida: Alumnado que cumpra á vez estes requisitos: .- Cumprir 15, 16 ou 17 anos no ano de inicio do ciclo formativo. .- Ter cursado 3º de ESO ou, excepcionalmente, ter cursado 2º de ESO. .- Ser proposto polo equipo docente. .- Ter a conformidade da seus pais ou titores legais. 19 E despois da ESO, que…
De quedar prazas vacantes, poderá matricularse alumnado que cumpra 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, sempre e cando non estean en posesión dun título de formación profesional ou da ESO. Organización da Formación Profesional Básica Cada ciclo ten unha duración de 2000 horas, equivalentes a 2 cursos académicos completos. O alumnado pode permanecer cursando a FP Básica no réxime ordinario durante 4 anos. Módulos dun ciclo profesional básico: Módulo asociado a un perfil profesional Módulos asociados a bloques comúns: .- Comunicación e Sociedade I e II (inclúe Lingua Castelá, Lingua Galega, Xeografía e Historia e Inglés) .- Ciencias Aplicadas I e II inclúe Matemáticas aplicadas e Ciencias aplicadas Módulo de Fomación en Centros de Traballo Superación e Acreditación dos ciclos de FP Básica O alumnado que supere un ciclo de FP Básica obterá o título profesional básico correspondente ao perfil profesional cursado, con valor académico e profesional e validez en todo o territorio do Estado. O título profesional básico dará acceso a ciclos formativos de grao medio (20% das prazas convocadas en cada ciclo medio). Aínda que este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, en caso de que existan máis solicitudes de matrícula que prazas, cada título profesional básico permite a aplicación de criterios de preferencia para a admisión a certos ciclos de grao medio. Co título profesional básico poderase obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, sempre que, na avaliación final do ciclo formativo, o equipo docente considere que o alumno/a ten acadado os obxectivos da ESO e adquirido as competencias correspondentes. Isto será así, entanto non entre en vigor a 20 E despois da ESO, que…
normativa resultante do Pacto de Estado Político e Social pola Educación (BOE do sábado, 10 de decembro de 2016) Se non se supera o Ciclo de FP Básica recibirase unha certificación académica dos módulos superados.
4.3.- Acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio Mediante Proba. O alumnado que non estea en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, pode intentar acceder a cursar un Ciclo de Grao Medio, tras superar un proba de acceso que se convoca cada ano. Poden presentarse á proba de acceso quen teñan 17 anos ou máis, ou que os cumpran no ano en que se celebra a proba. Partes da proba e materias A proba é común para tódolos ciclos formativos de grao medio, e así se fará constar na certificación. O seu contido tomará como referencia os vixentes currículos oficiais da Educación Secundaria Obrigatoria e valorará os coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con aproveitamento os novos estudos. A proba consta de 3 partes: a) Parte sociolingüística: consta á súa vez de 3 probas: .- Ciencias sociais .- Lingua galega .- Lingua castelá b) Parte científico-técnica: consta á súa vez de 2 probas: .- Ciencias da natureza .- Tecnoloxía c) Parte matemática: un única proba: .- Matemáticas
21 E despois da ESO, que…
Cualificación da Proba: Nos exames das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio con preguntas tipo test, soamente haberá unha resposta correcta. A cualificación obtida en cada pregunta correctamente contestada será de 0’5 puntos. As respostas incorrectas descontarán 0´125 puntos cada unha. As preguntas non contestadas non descontarán puntuación. Cada unha das tres partes da proba cualificarase numericamente de 0 e 10 puntos. En cada parte hai que obter cando menos un 4. A nota final da proba será unha media aritmética das tres partes, expresada con dous decimais. Aprobará quen obteña unha cualificación media de 5’00 puntos ou superior. Na certificación constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen. No caso de superación da totalidade da proba, a devandita certificación dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan. Para quen realizara a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco, en futuras convocatorias de probas de acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio en Galicia durante un máximo de dous anos. Inscrición ás probas de acceso a Ciclos de Grao Medio A inscrición para as probas de acceso ós Ciclos Formativos de grao medio farase na secretaría dos institutos nos que se impartan ensinanzas de formación profesional específica, no prazo que se estableza para cada convocatoria.
22 E despois da ESO, que…
4.4. Probas libres para a obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria Anualmente, a Consellería de Educación convoca probas libres para a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Estas probas teñen como obxectivo que as persoas obteñan directamente o Título. Poden presentarse ás probas as persoas que teñan cumpridos os 18 anos o día anterior ao establecido para a realización da proba e que non estean matriculadas na educación secundaria obrigatoria polo réxime ordinario nin de persoas adultas. Organización das probas Normalmente, hai unha convocatoria en xuño e outra en setembro As probas realízanse nun único día e correspóndense a 3 ámbitos de coñecemento: .- Ámbito científico-tecnolóxico: inclúe exame das materias de matemáticas, bioloxía e xeoloxía, física e química e tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física. .- Ámbito da comunicación, comprenderá exercicios de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura e Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés) .- Ámbito social, inclúe exame das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación á Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música. Superación da proba A cualificación das probas será global para cada un dos ámbitos A valoración da proba obterase mediante a media aritmética das cualificacións dos tres ámbitos. Cumprirá para superar a proba ter alcanzado como mínimo a cualificación de suficiente en cada un. 23 E despois da ESO, que…
En caso de superar só algún dos tres ámbitos teranse en conta polos tribunais de sucesivas convocatorias, e as persoas aspirantes non estarán obrigadas a realizar as probas correspondentes aos ámbitos superados. Os ámbitos superados na proba serán validados para participar en novas convocatorias ou para continuar ensinanzas de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas.
24 E despois da ESO, que…
5.- ACCESO A ESTUDOS UNIVERSITARIOS Os estudios universitarios teñen a seguinte estrutura:
As ensinanzas universitarias de Grao, que son as que se acceden a partires do Bacharelato ou Ciclos Formativos de Grao Superior, teñen unha duración de, como mínimo, 4 cursos académicos. Algunhas titulacións teñen unha duración superior. 5.1. Dende o Bacharelato Para acceder a estudos universitarios de Grao dende o bacharelato, o alumnado deberá, ademais de posuír o título de bacharel, superar unha proba de acceso: Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) Características da proba: A proba de avaliación do Bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao adecuarase ao currículo de bacharelato e versará sobre as materias xerais do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura II, todas elas correspondentes ao segundo curso de bacharelato e, no seu caso, sobre as materias de opción do bloque das materias troncais de segundo curso. Terá validez en todo o Estado español. A cualificación da parte obrigatoria terá unha duración indefinida. A cualificación da parte voluntaria terá unha duración de 2 anos. 25 E despois da ESO, que…
Estrutura da proba A proba de avaliación do Bacharelato para o acceso á Universidade estrutúrase en dúas partes denominadas respectivamente Parte Obrigatoria e Parte Voluntaria.
Parte obrigatoria
26 E despois da ESO, que…
Parte voluntaria da ABAU Versará sobre as materias de opción do bloque de materias troncais de 2º da modalidade escollida, así como das materias troncais específicas de modalidade distintas das que se examinen na parte obrigatoria
Cualificación da proba: nota de admisión á Universidade
27 E despois da ESO, que…
Cada un dos exercicios, tanto da parte obrigatoria como da parte voluntaria, cualificarase de 0 a 10, con dúas cifras decimais. A cualificación da parte obrigatoria será a media aritmética dos exercicios que a compoñen, expresada de 0 a 10, con tres cifras decimais. Deberá obterse un mínimo de 4 nesta fase para facer media co bacharelato. Considérase que un estudante superou a proba de acceso á universidade cando obtén unha nota igual ou superior a 5, como resultado da media ponderada: 60% nota media das materias de 1º e 2º de bacharelato + 40% cualificación da fase xeral O resultado desta media é o que se denomina nota de admisión A nota de admisión pode mellorarse coa cualificación das materias (2 como máximo) da parte voluntaria, sempre e cando esas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título ao que queira ser admitido, de acordo cos parámetros de ponderación establecidos cada curso polas 3 universidades do SUG. Cada unha das materias das que o estudante se examine na parte voluntaria será cualificada entre 0 e 10 puntos, con dúas cifras decimais. Considérase superada unha materia na parte voluntaria cando se obteña unha cualificación igual ou superior a 5 puntos. Non se ponderará a cualificación obtida nunha materia cando no se acade unha puntuación igual ou superior a 5 puntos. Na parte voluntaria tamén poderá incorporarse a cualificación da materia troncal xeral de modalidade incluída na parte obrigatoria, sempre e cando a cualificación obtida na mesma fose igual ou superior a 5. O estudante pode examinarse na parte voluntaria de ata 4 materias. Incorporaranse á nota de admisión as 2 mellores cualificacións das materias nas que se obtivese un resultado igual ou maior que 5 puntos, entre as materias das que se examinou na parte voluntaria e a troncal de modalidade da que se examinou na parte obrigatoria.
28 E despois da ESO, que…
Polo tanto, a nota de admisión dun aspirante a acceder á universidade nunha convocatoria concreta, calcularíase:
NOTA DE ADMISIÓN CUALIFICACIÓN CON VALIDEZ CUALIFICACIÓN CON VALIDEZ INDEFINIDA LIMITADA A 2 CONVOCATORIAS 60% Nota media do Bacharelato a * M1 + + 40% Cualificación da parte b * M2 obrigatoria da ABAU M1 e M2 son as 2 materias da parte voluntaria na que obtiven a cualificación máis alta. a e b son os parámetros de ponderación de cada unha das materias en relación á titulación á que quero acceder.
Debes ter en conta que si solicitas máis dunha titulación diferente, podes ter diferentes notas de admisión en cada unha delas, en función dos parámetros de ponderación das materias que se vinculan con cada titulación. O alumnado pode presentarse a mellorar a súa cualificación na ABAU, tanto na parte obrigatoria como na voluntaria, cantas veces queira. Terase en conta para a súa nota de admisión, sempre a mellor cualificación obtida en cada unha das partes ou materias. Pero, lembra que a cualificación do bacharelato non se pode mellorar unha vez que obtiveches o Título de Bacharel. E esa cualificación representa o 60% da nota de admisión; polo que son moi importantes as cualificacións no bacharelato dende 1º.
.
29 E despois da ESO, que…
ESTUDOS UNIVERSITARIOS DE GRAO E RAMAS DE COÑECEMENTO Os estudos universitarios de grao organízanse en 5 ramas de coñecemento. Coñecer esta organización pode axudarche a escoller modalidade de Bacharelato, tendo en conta que: as 3 primeiras ramas de coñecemento se corresponderían co bacharelato de ciencias a rama de ciencias sociais e xurídicas se correspondería co itinerario de ciencias sociais no bacharelato de humanidades e ciencias sociais a rama de artes e humanidades se correspondería, por un lado, co bacharelato de artes e, por outro, coa rama de humanidades do bacharelato de humanidades e ciencias sociais (En negriña aparecen as titulacións universitarias que se imparten no Sistema Universitario de Galicia; as titulacións que non están en negriña, non se imparten en Galicia, pero si noutras universidades do Estado español) CIENCIAS Ciencias Ambientais Ciencias do Mar Química Bioloxía Física Matemáticas Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos Bioquímica e Biomedicina Bioquímica Xeoloxía Biotecnoloxía Bioquímica e Bioloxía molecular Enoloxía Microbioloxía Ciencias da Alimentación Bioloxía Ambiental
CIENCIAS DA SAÚDE Medicina Odontoloxía Podoloxía Enfermería Psicoloxía Fisioterapia Nutrición Humana e Dietética Farmacia Óptica e Optometría Terapia Ocupacional Logopedia Veterinaria Bioloxía Sanitaria Enxeñería Biomédica
ENXEÑERÍA E ARQUITECTURA
CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS
ARTES E HUMANIDADES
Arquitectura Arquitectura Técnica Enxeñaría Naval e Oceánica Enxeñaría Agraria Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria Enxeñaría Civil Enxeñaría Forestal Enxeñaría Forestal e do medio natural Enxeñaría Informática Enxeñaría en Tecnoloxías da Telecomunicación Enxeñaría das Tecnoloxías Industriais Enxeñaría Electrónica, Industrial e Automática Enxeñaría Eléctrica Enxeñaría de Organización Industrial Enxeñaría Química Enxeñaría en Química
Xornalismo Publicidade e Relacións Públicas Mestre: Educación Infantil, Educación Primaria Educación Social Consultaría e Xestión da Información Pedagoxía Comunicación Audiovisual Relacións Laborais e RH Ciencias Políticas e da Administración Comercio Traballo Social Dereito Turismo Economía /Ciencias Económicas Ciencias empresariais Administración e Dirección de Empresas Ciencias da Actividade Física
Arqueoloxía Historia Historia da Arte Historia e patrimonio artístico Historia e Ciencias da Música Belas Artes Filoloxía: Vasca, clásica, hispánica, románica. Filosofía Humanidades Información e documentación Linguas estranxeiras Ciencias da cultura e difusión cultural Español: Estudos lingüísticos e literarios. Inglés: Estudos lingüísticos e literarios. Lingua e literatura: Cataláns, hispánicas, Española, Galega, Inglesa, Modernas. Tradución e interpretación Xeografía e historia
30 E despois da ESO, que…
Ciencias Biomédicas
Industrial Enxeñaría dos Procesos Químicos Industriais Enxeñaría Mecánica Enxeñaría da Enerxía Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo Enxeñaría Mariña Enxeñaría de Obras Públicas Enxeñaría do Deseño Industrial e o desenvolvemento do produto Enxeñaría Xeomática e Topografía Enxeñería Aeroespacial Creación Dixital, Animación e Vídeoxogos Robótica Enxeñería de Datos Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque Enxeñaría de Materiais Enxeñaría de Sistemas de Información Enxeñaría de Sistemas Audiovisuais Enxeñaría de Son e Imaxe Tecnoloxía da Enxeñería Civil Enxeñaría de Computadores Deseño Industrial Enxeñaría Telemática Enxeñaría Mecatrónica Enxeñaría en Arquitectura Naval Informática de Servizos Enxeñaría Matemática Fotografía e Creación Dixital. Enxeñaría Electrónica
e do Deporte (Proba específica de acceso) Socioloxía Xeografía e Ordenación do Territorio Xestión Pública Antropoloxía Social e Cultural Criminoloxía Relacións Laborais e Emprego Relacións internacionais Ciencias Políticas e Xestión Pública Ciencias do traballo Turismo e Xestión do ocio Administración de organizacións e recursos turísticos Estatística Dirección de empresas tecnolóxicas Medios Audiovisuais Comercialización e loxística Xestión Turística e Hostaleira
Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e literarios. Xestión Industrial da moda Deseño Deseño e moda Español, Lingua e Literatura Estudos cataláns e occitanos Estudos hispánicos, lingua e literatura Estudos clásicos Estudos de Asia Oriental Estudos de Asia e África-Árabe, Chino e Xaponés. Estudos árabes e islámicos Estudos árabes e hebreos Estudos literarios Estudos ingleses Estudos alemáns Estudos Franceses Estudos italianos Estudos semíticos e islámicos Ciencias e linguas da antigüidade Linguas modernas Linguas Aplicadas Lingüística Cine e medios audiovisuais Xeografía, Ordenación do territorio e Xestión do Medio Ambiente
31 E despois da ESO, que…
32 E despois da ESO, que…
33 E despois da ESO, que…
34 E despois da ESO, que…
35 E despois da ESO, que…
Nota de corte
No proceso de admisión á Universidade, cando se produce a situación de que nunha titulación hai máis solicitudes de admisión que prazas, o sistema ordena as notas de admisión dos solicitantes de maior a menor. A nota de admisión do último estudante en ser admitido ese curso nesa titulación marca a nota de corte. Isto quere dicir que a universidade non fixa unha nota para acceder ás súas titulacións, senón que fixa cada curso un número de prazas en cada titulación. Si o número de solicitudes nunha titulación é superior ao número de prazas ofertadas, as solicitudes ordéanse de maior a menor, de tal xeito que se escolle as mellores notas de admisión. Por exemplo, no curso 2019-20, a Universidade de Vigo (Campus de Ourense), ofertou 45 prazas na titulación de Ciencias Ambientais. Segundo as táboas que se mostran a continuación, a nota de corte desa titulación foi dun 5.012. Ademáis, na táboa se nos informa que quedaron prazas vacantes. Polo tanto, a nota de 5.012 foi a nota do último alumno que entrou na titulación (o que tiña menos nota de todos os que entraron) Esta nota de corte en Ciencias Ambientais no curso 2019-20 na UVigo, podemos tomala como referencia para o acceso a esa titulación no seguinte curso, pero non é a nota que a Universidade pide para acceder á titulación.
36 E despois da ESO, que…
NOTAS DE CORTE ACCESO AO CURSO 2019-20 TITULACIÓNS DO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO
37 E despois da ESO, que…
38 E despois da ESO, que…
39 E despois da ESO, que…
40 E despois da ESO, que…
5.2.- Dende un Ciclo Formativo de Grao Superior As persoas que dispoñan dun título de técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño, ou técnico deportivo superior, ou títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de Grao. Nota de admisión No caso de que o número de solicitudes de admisión a unha ensinanza conducente a un título de universitario de grao sexan maiores que o número de prazas dispoñibles, e a efectos de ordenar as solicitudes para a súa adxudicación utilizarase como nota de admisión que coincidirá coa nota media do ciclo formativo. Nota de admisión = NMC NMC: Nota media do ciclo formativo: suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e dividindo o resultado obtido polo número total dos módulos.
41 E despois da ESO, que…
Non serán computados os módulos de formación en centros de traballo e os que fosen obxecto de validación. A nota media expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior. Esta nota pode mellorarse examinándote da parte voluntaria da ABAU
Nota de admisión = NMC + a*M1 + b*M2 NMC: Nota media do ciclo formativo M1 e M2: Cualificacións dun máximo de dous exercicios superados da parte voluntario no caso de que os temas sobre os que versan estean adscritos á rama de coñecemento do título ao que se pretende acceder. a e b: Parámetros de ponderación dos exercicios superados da parte voluntaria. A adxudicación de prazas para cada un dos títulos de grao farase en función da nota de admisión obtidas polo estudante para ese título. Para o acceso dende un Ciclo Formativo de Grao Superior podes consultar igualmente as notas de corte da titulación e universidade á que queres acceder.
5.3. Acceso a Estudos Superiores de Ensinanzas Artísticas
ESTUDOS SUPERIORES DE ENSINANZAS ARTÍSTICAS Música
Artes Plásticas
Danza
Deseño
Arte Dramático
Conservación e Restauración de Bens Culturais
A LOMCE estrutura as estudios superiores de ensinanzas artísticas en Grao e Posgrao. Os estudios superiores de Ensinanzas Artísticas teñen unha duración de 4 cursos académicos, igual que os estudios de Grao de calquera ensinanza universitaria. 42 E despois da ESO, que…
Acceso Título de Bacharel + Proba específica de acceso
A proba de acceso superada ten vixencia en todo o territorio español e para anos posteriores. Non se precisa ter superada a ABAU As persoas que non estean en posesión do título de Bacharel e teñan 19 anos poderán acceder aos estudos superiores de ensinanzas artísticas superando unha proba de madurez. Unha vez superada esta proba, deberán tamén superar a proba específica que dá acceso a estes estudos. As persoas que estean en posesión do título de Técnico Superior de Artes Plásticas nun ciclo formativo, non precisan superar as probas específicas de acceso aos estudos superiores tanto de deseño como de conservación e restauración de bens culturais.
43 E despois da ESO, que…
Oferta en Galicia de Estudios Superiores de Ensinanzas Artísticas ENSINANZAS ARTÍSTICAS OFERTA EN GALICIA Música Conservatorio Superior de Música, Vigo
Especialidades: .- Interpretación .- Composición .- Musicoloxía .- Pedagoxía da Linguaxe Musical
Artes Plásticas
En Galicia, non hai oferta de estudios superiores de Ensinanzas Artísticas.
Danza En Galicia, non se poden estudar ensinanzas superiores de danza.
Deseño (*) Ver cadro ANEXO
Arte Dramática
Conservación e Restauración de Bens Culturais Escola Superior de Escola Superior de Arte Dramática en Conservación e Vigo (ESAD) Restauración de Bens Culturais, en Especialidades: Pontevedra .- Dirección escénica e Especialidades: dramaturxia .- Arqueoloxía .- Escenografía .- Escultura .- Interpretación .- Pintura
Conservatorio Superior de Música A Coruña.
Especialidades: .- Interpretación .- Composición .- Dirección .- Pedagoxía 44 E despois da ESO, que…
(*) Estudios Superiores de Deseño en Galicia
45 E despois da ESO, que…
6. OUTRAS OPCIÓNS 6.1.- Ensinanzas de Idiomas As Ensinanzas de Idiomas forman parte das denominadas Ensinanzas Especiais no sistema educativo español. Teñen como obxectivo capacitar ao alumnado para o uso axeitado dos diferentes idiomas, fora das etapas ordinarias do sistema educativo. Organízanse en 3 niveis
NIVEIS NO ESTUDIO DE IDIOMAS Básico - A
Intermedio - B
Avanzado - C
Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas A1 – A2
B1-B2
C1-C2
Acceso Para acceder ás ensinanzas de idiomas será requisito imprescindible ter 16 anos cumpridos no ano en que se comencen os estudios. Tamén poderán acceder os maiores de 14 anos para seguir ensinanzas dun idioma distinto do cursado como 1ª lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria. Escolas Oficiais de Idiomas As Escolas Oficiais de Idiomas son centros públicos especializados no ensino de idiomas estranxeiros, onde tamén se poden aprender as linguas galega e castelá. As ensinanzas poden cursarse: .- De maneira presencial, asistindo a clase na Escola Oficial de Idiomas. .- A distancia. .- Tamén se poderán obter certificados dos niveis básico, intermedio e avanzado mediante a superación de probas libres que se convocan anualmente, nunha única convocatoria no mes de xuño. 46 E despois da ESO, que…
Na zona temos Escolas Oficiais de Idiomas en Vigo e en Pontevedra; dende o curso 2007-08, temos unha extensión da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, no IES de Rodeira, impartíndose os idiomas francés e inglés. En Vigo, Escola Oficial de Idiomas de Vigo, impártanse os idiomas de alemán, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, xaponés e portugués. En Pontevedra, Escola Ofcial de Idiomas de Pontevedra, impártanse alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués
6.2.- Ensinanzas Deportivas As ensinanzas deportivas teñen como finalidade preparar ao alumnado para actividade profesional en relación cunha modalidade ou especialidade deportiva, así como facilitar a súa adaptación á evolución do mundo laboral e deportivo e á cidadanía activa. Organización das ensinanzas deportivas As ensinanzas deportivas organizaranse tomando como base as modalidades deportivas e no seu caso, as súas especialidades. Estrúcturanse en 2 graos Ensinanzas de Grao Medio, distribuídas en: .- Ciclo Inicial, cunha duración mínima de 400 h. .- Ciclo final, ata completar unha duración mínima do grao medio de 1.000h. Ensinanzas de Grao Superior, cunha duración mínima de 750 h.
47 E despois da ESO, que…
Módulos das ensinanzas deportivas: Os ciclos de ensinanza deportiva organízanse en módulos de duración variable: Módulos específicos de ensinanza deportiva Módulos comúns de ensinanza deportiva Módulo de formación práctica Módulo de proxecto final (só para o grao superior)
Acceso ás ensinanzas deportivas a) Acceso ao grao medio: Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispoñer do título de graduado en educación secundaria obrigatoria e superar una prueba específica o acreditar méritos deportivos. Para o acceso ao ciclo final ou segundo nivel de grao medio, ter superado os estudos do ciclo inicial ou primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva. O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente a efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar a proba de madurez, ademais da correspondente proba específica. A proba de madurez poderá substituirse pola superación dalgunha das seguintes probas: • Pola prueba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional. • Pola proba de madurez de acceso a aos ciclos formativos de grao medio de artes plásticas e deseño. • Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. • Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.
48 E despois da ESO, que…
b) Acceso ao grao superior:
Cumprir un dos requisitos de cada unha destas columnas. Hai que combinar un dos requisitos dunha columna con outro requisito da outra columna. título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente superar unha proba de carácter específico acreditar un mérito deportivo cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se puderan establecer na especialidade ou modalidade correspondente
título de Bacharelato título de Técnico Superior título Universitario Se non tes ningún destes títulos e tes 19 anos, podes presentarte a unha proba de madurez. Esta proba de madurez pode substituírse por: .- Parte común da proba de acceso a ciclos de grao superior .- Proba de acceso a ciclos superiores de artes plásticas e deseño .- proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos .- Proba de madurez de acceso ás ensinanzas artísticas superiores.
As titulacións obtidas cos estudos de ensinanzas deportivas teñen carácter oficial e validez académica e profesional. As titulacións de Técnicos deportivos acreditan que a persoa posúe as competencias necesarias para desempenar funcións correspondente á iniciación deportiva, tecnificación deportiva e condución de actividade ou práctica deportiva. As titulacións de Técnicos deportivos Superiores responderán ás competencias adecuadas para desempeñar as funcións correspondentes ao adestramento, dirección de equipos e deportistas de alto rendemento deportivo, condución con altos niveis de dificultade na modalidade ou especialidade deportiva de que se trate.
49 E despois da ESO, que…
50 E despois da ESO, que…
51 E despois da ESO, que…
52 E despois da ESO, que…
6.3.- Estudios Profesionais de Artes Plásticas e Deseño As ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño organízanse en ciclos de formación específica e cúrsanse en Escolas de Artes, como podes ver nos cadros coa oferta formativa da páxina seguinte. Teñen unha estrutura semellante á da Formación Profesional Específica, estrutúranse en familias profesionais e comprenden un conxunto de ciclos formativos de grao medio e grao superior. A duración de cada un dos ciclos é de 2 cursos académicos. Para a obtención do título deberán aprobar tódolos módulos do ciclo correspondente e, ademais, superar unha obra ou proxecto final. Acceso Ciclos de Grao Medio de artes plásticas e deseño Título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e superar unha proba específica de acceso. Se non tes o título de graduado en ESO, .- podes superar unha proba de madurez (con 17 anos ou máis) ou .- podes acceder coa proba de acceso a ciclos de grao medio En calquera caso, é necesario superar ademais unha proba específica de acceso. Ciclos de Grao Superior de artes plásticas e deseño Acceso directo: título de bacharel na modalidade de artes Co título de bacharel noutra modalidade, hai que superar ademais unha proba específica de acceso. Se non tes o título de bacharel ou outro equivalente, podes presentarte a un proba de madurez (con 19 anos ou máis); e, ademáis, deberás superar a proba específica. 53 E despois da ESO, que…
Titulación Co título de Técnico Superior en Artes Plásticas podes acceder directamente aos estudios superiores de Deseño ou de Conservación e Restauración de Bens Culturais, sen necesidade de proba específica de acceso.
54 E despois da ESO, que…
OFERTA DE ESTUDIOS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
55 E despois da ESO, que…
6.4. Ensinanzas Profesionais de Música e Danza Organización ENSINANZAS DE MÚSICA GRAO ELEMENTAL
GRAO PROFESIONAL
ACCESO
Mediante proba Idade mínima: 8 anos Idade máxima: 14 anos
Mediante proba
DURACIÓN
4 cursos
TITULACIÓN
Certificación dos cursos realizados, na especialidade escollida
6 cursos Título profesional de música na especialidade cursada
ENSINANZAS DE DANZA GRAO ELEMENTAL
Mediante proba
ACCESO
4 cursos
DURACIÓN TITULACIÓN
GRAO PROFESIONAL
Mediante proba 6 cursos
Título profesional de Certificación dos cursos danza na especialidade cursados cursada
Titulación: A superación das Ensinanzas Profesionais de ou de Danza dará dereito á obtención do título de Técnico correspondente. O alumnado que estea en posesión do título de Técnico en Ensinanzas Profesionais de ou de Danza poderá obter o título de Bacharel cursando e superando todas as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato que o alumno/a escolla. No título de Bacharel farase constar a modalidade escollida e a cualificación final do bacharelato será a media das materias xerais do bloque de materias troncais cursadas en 1º e 2º, así como as materias de 5º e 6º das ensinanzas de música ou danza. 56 E despois da ESO, que…
OFERTA EDUCATIVA DOS CONSERVATORIOS PROFESIONAIS DE MÚSICA DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
As ensinzas profesionais de danza poden estudiarse no Conservatorio Profesional de Danza de A Coruña, na especialidade de Danza Clásica.
57 E despois da ESO, que…
6.5. Outras opcións Co título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria como sen el, podes presentarte ás probas para acceder ó Exército Profesional, á Policía Nacional ou á Garda Civil. Busca na sección de enderezos de interese. Sen título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, ademais das opcións recollidas no apartado 3, podes facer algún dos cursos de Formación Ocupacional que imparten os concellos, sindicatos e outras organizacións. Infórmate na Axencia de Desenvolvemento Local do concello, no INEM, na Axencia Galega de Colocación, sindicatos, etc.
O título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria permite tamén presentarte a numerosas convocatorias de oposicións para o acceso ó emprego público: concellos, Xunta de Galicia, administración central. Infórmate na Axencia Galega de Colocación, INEM, convocatorias na prensa, Diario Oficial de Galicia, etc.
Existen numerosas profesións para as que non hai estudos regrados específicos: bombeiros, azafatas de cabina, etc. Se necesitas información, fala coa orientadora.
58 E despois da ESO, que…
7.- ENDEREZOS DE INTERESE A) ORGANISMOS OFICIAIS E CENTROS PÚBLICOS DE ENSINO
Consellería de Educación (información sobre a oferta educativa, bolsas, formación en idiomas,...): www.edu.xunta.es Información sobre ciclos formativos: (notas da proba de acceso, que ciclos podo cursar e onde,...): www.edu.xunta.es/fp Información sobre o acceso á universidade: notas de corte, probas de acceso,...: http://ciug.gal/ Escola Oficial de Idiomas de Vigo: Avda. Emilio Martínez Garrido, 17 (telf.: 986-26.02.61). No IES de Rodeira hai unha extensión da EOI de Vigo, onde cursar inglés e francés. Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra: Campus A Xunqueira (telf.: 986-83.30.18).
r/ Celso Emilio Ferreiro –
Conservatorio de Música de Cangas, ubicado no Auditorio de Cangas. Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais: Martitegui, s/n- Pontevedra (telf.: 986-86.12.51).
r/ Xeral
Conservatorio Superior de Música de Vigo: r/ Manuel Olivé, 23 (telf.: 986-47.11.44). Escola Superior de Arte Dramática (estudos equivalentes a unha licenciatura): r/ Eduardo Cabello s/n - Vigo (telf.: 986- 24.63.99), www.esadgalicia.es. Imparten as especialidades de “dirección” e “interpretación” (rama textual). Ministerio de Educación: información sobre o sistema educativo, bolsas, e estudos universitarios (notas de corte de tódalas titulacións en España): www.mec.es
59 E despois da ESO, que…
B) ORGANISMOS E INSTITUCIÓNS LIGADOS Ó EMPREGO E Á FORMACIÓN PARA O EMPREGO
Servizo Galego de Colocación: funciona como o antigo INEM: ofertas de emprego, cursos, orientación laboral. En Cangas temos dúas oficinas: Padroado Municipal Beiramar (Moaña): centro asociado ó Servizo Galego de Colocación, organiza cursos de formación ocupacional, ten servizo de orientación laboral, etc.: A Carrasqueira, s/n, Tirán – Moaña (telf.: 986-31.42.00) www.patronatobeiramar.org Confederación de Empresarios de Pontevedra: www.cep.es C) OUTROS ENDEREZOS DE INTERESE
Portal de Xuventude: información sobre actividades, carné xove, bolsas, cursos,... Lembra que no insituto temos o Grupos de Correspondentes Xuvenís que teñen acceso directo á información desta Rede de Información.
60 E despois da ESO, que…