SERVIZO DE ASISTENCIA TÉCNICA A MUNICIPIOS
Área de Urbanística e Ordenación do Territorio. Departameto de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo.
AS ÁREAS SUPRAMUNICIPAIS DA PROVINCIA DA CORUÑA
Áreas supramunicipais-C.qxd:Maquetación 1 01/12/09 13:05 Página 1
Este libro é froito dunha investigación urbanística sobre as áreas supramunicipais na provincia da Coruña que foi desenvolvida entre os anos 2005 e 2008 mediante un convenio subscrito entre a Deputación e a Universidade da Coruña.
I N V E S T I G A C I Ó N
U R B A N Í S T I C A
O estudo céntrase principalmente en dúas entidades territoriais suficientemente recoñecidas e que presentan o maior grao de complexidade: por unha banda, a rexión urbana da Coruña-Ferrol; e, pola outra, a área urbana de Santiago, ambas as dúas integradas no espazo coñecido como Eixo Atlántico. Non obstante, tamén se incide na análise doutras áreas, como son o sistema urbano da ría de Arousa e os restantes ámbitos que están suxeitos a menores tensións urbanísticas. Non se trata aquí tanto de adoptarmos conclusións categóricas sobre esta difícil cuestión como de tratarmos de efectuar unha aproximación analítica de carácter básico, coa esperanza de que sirva para evidenciar os procesos de crecemento urbano que actualmente protagonizamos.
Deputación da Coruña Servizo de Asistencia Técnica a Municipios
Universidade da Coruña Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo Área de Urbanística e Ordenación do Territorio
Imaxe de portada: Canón do Eume, ©Xurxo Lobato