Herbas medicinais, senda nova

Page 1

Aquillea millefolium HERBA DA RULA, HERBA DOS CARPINTEIROS MILENRAMA HÁBITAT Xunto a estradas, prados e herbais. CARACTERÍSTICAS Herba perenne. Talos erectos de ata 50cm., pilosos e acanalados. Follas lanceoladas superiores de ata 15 cm. Flores en capítulos, de ata 6mm, en corimbos. Florece en maio-novembro USOS Parte utilizada: ápice florido, talos e follas Principios activos: ácido ascórbico, cafeico, oleico e salicílico. Aceite esencial rico en alfa-pineo, alfa-terpineno, beta-pineo, azuleno, acamazuleno. Flavonoides, lactonas, eugenol, colina, cumarinas, taninos, calcio, cromo, cobalto e aluminio Propiedades: analxésica , hipotensora, astrixente e antidiarreica, dixestiva e tónica, hipoglucimiante suave, antiinflamatoria, antimicrobiana, hemostática, cicatrizante, antiespasmódica, diurética e antipirética . Indicacions Interno: diarreas, colite ulcerosa, enfermidade de Crohn, litíase biliar , ardor, vómitos, malas dixestións colesterol, anemia, parasitos intestinais. Mestruacións dolorosas e/ou abundantes, menopausa , endometrose, sindrome premestrual, blenorraxia. Trastornos nerviosos, cambras nocturnas, hipetensión, flebite. Para manter a memoria (contén colina). Externo: grans, eccemas, feridas, mordeduras, hemorroides, blenorraxia, manchas solares e da idade. Modo de emprego Infusión .Decocción. Tintura. Emplasto. Maceración (3 culleres de flores en viño branco. 9 días. Coar e tomar 3 chupitos ao día. Unha despois de cada xantar principal. Para a flebite e varices). 1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.