CIENTÍFICAS
GALEGAS
Jimena e Elisa Fernández de la Vega
As xemelgas Jimena e Elisa(Vegadeo 1895-Santiago de Compostela1984) matriculáronse en 1913 na USC converténdose en dúas das primeiras licenciadas, acadando Jimena o Premio Extraordinario. Non necesitaron disfrazarse de homes pero deberon soportar discriminacións por parte do resto do alumnado e profesorado. Jimena ampliou os seus estudos en Alemaña e Austria (1923 e 1927), especializándose na herdanza mendeliana con aplicación clínica, traballando nos anos seguintes en diferentes centros de investigación de España, Italia e Alemaña. Trala Guerra Civil centrouse na Hidroloxía e dirixiu balnearios en Cáceres, Guitiriz e Granada. Elisa dedicuouse á práctica médica e deu algunhas clases. Interrumpeu en parte a súa carreira polo seu matrimonio e crianza dos seus fillos.
ALICIA ESTÉVEZ
Alicia Estévez naceu o 20 de novembro de 1955 en Pontevedra. Estudou na Universidade de Santiago, e está licenciada en Farmacia e Doutora en Bioloxía. Continuou as súas tarefas docentes e investigadora na universidade compostelá onde foi catedrática de microbioloxía en 1991. O seu traballo trata sobre as patoloxías dos peixes e dos moluscos que teñen aproveitamento en acuicultura dende a detección de enfermidades bacterianas ata a vacinación e o tratamento. É a responsable científica do Instituto de Acuicultura da Facultade de Bioloxía en Santiago. En 2014 ingresou como académica da Real Academia Galega de Ciencias a súa muller en facelo en toda a historia logo de Pilar Fernández Otero. En 2017 ingresou na Academia de Farmacia de Galicia.
ANA MARÍA PRIETO “Son Ana María Prieto López e son pioneira en Galicia na programación informática” Aos 9 anos, mudouse a Madrid, onde estudou Farmacia obrigadapolo seu pai. Ela quería traballar nalgo novedoso. Gustábanlle moito as matemáticas, e grazas a unha empresa que buscaba persoal, conseguiu un traballo como operadora. En poucos meses, e a través de cursos e de forma autodidacta, chegou a ser programadora da empresa. Con so 21 anos veuse metida nunha feria de tecnoloxías na capital de España e colaborou en importantes empresas. En 1969 regresou a Santiago onde traballou como programadora na Caixa de Aforros. Seguiu con este traballo, saltando de empresa en empresa, ata a súa xubilación.
ÁNGELES ALVARIÑO Esta oceanógrafa, zoóloga e mestre galega, naceu o 3 de outubro de 1916 en Serantes, Ferrol. Foi percusora da oceanografíca mundial, foi tamén a primeira muller científica nun buque oceanográfico británico, el Sarsia. Descubriu 22 especies de organismos marinos. Foi tamén a figura elixida pola Real Academia Galega de Ciencias para celebrar o 1 de xuño o “Día da Ciencia en Galicia”, na que primeira vez homenaxeouse a unha muller. ➔Premios e recoñecementos: ● Recoñecemento como exemplo de muller científica no Women Tech World ● En 1993, Medalla de Prata pola Xunta de Galicia ● En 2011, o buque de investigación do Instituto Español de Oceanografía recibe o nome de Ángeles Alvariño.
BEGOÑA VILA COSTAS
Begoña Vila Costas naceu en Vigo no 1963. É una astrofísica galega especializada no estudo de galaxias espirais. · Actualmente traballa en Washington DC como inxeneira de sistema no centro de vo espacial Goddard, o primer centro de vo espacial da NASA. · Estiudou astrifísica na Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto de Astrofísica de Cananrias. Despois se docturou no Centro Jodrell Bank. · Trabajo na Agencia Especial Canadiense en el diseño e construcción del FGS que despois se le entrego á NASA e a contrataron. · Es membra da ECUSA-DC · Deronlle o reconocimiento da NASA foi condecorada con a medalla ao Logro Público Excepcional
JOSEFINA F.LING A 3.046 anos luz brilla unha estrela co seu nome
Josefina Ling é astrónoma e profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Naceu e se criou en Madrid, cidade á que emigrou a súa familia, de orixe chino, aínda que desde nena estivo vinculada a Galicia. De pequena gustábanlle moito as matemáticas, e por iso decidiu especializarse nesa disciplina. De volta en Galicia cumpliu o seu soño de adicarse a esta ciencia. A UNESCO homenaxeouna no 2009. Ela descubriu a estrela Ling, unha estrela dobre para o mundo enteiro en 1992, no observatorio de Pic du Midi, no Pirineo francés.
María Isabel Fernández García
Lugar de nacemento: Ourense María Isabel Fernández é licenciada en Química pola Universidade de Santiago de Compostela, institución na que é catedrática na área de Química Inorgánica. Foi unha das primeiras profesoras do colexio universitario de lugo (1973). En 1975 a súa tese de doutoramento foi premiada pola deputación provincial de pontevedra.
PILAR FERNÁNDEZ OTERO
Pilar Fernández Otero naceu en Bandeira Pontevedra en 1947. E licenciada e doutorada pola universidade de Santiago. Incorporouse en 1985 a la UN onde exerceu a docencia como especialista en Fisioloxía. Ademais, foi decana da Farmacia entre 1986 e 1994, e durante máis de doce anos desempeñou o cargo da vicerreitora da universidade. Mª del Pilar Fernández Otero Ingresou na Academia de Farmacia de Galicia, e académica da Real Academia Galega de Ciencias desde a súa fundación en 1978, e en 1990 foi nomeada membro da Real Academia de Farmacia de Madrid.
MARIA WONENBURGER Foi unha matemática española que desenvolveu os seus traballos de investigadora en Estados Unidos e en Canadá Foi a primeira española en recibir unha beca Fulbright para realizar os seus estudos de doctora en EE.UU. A matemática coruñesa desenvolveu a súa investigación en unha das grandes áreas das matemáticas, a álxebra . As escasas perspectivas laboráis e as dificultades que atopaban as mulleres para avanzar na carreira investigadora en España, fixo que emigrara de novo ao estranxeiro, conseguindo un posto como profesora na Universidade de Toronto.
Vanessa Valdeiglesias Estudou Bioloxía na Universidade da Coruña En 2005 incorporouse ao Departamento de Bioloxía Celular e Molecular da Universidade da Coruña, doutorouse pola mesma universidade recibindo o Premio Extraordinario. En 2008 obtivo o premio da Real Academia Galega de Ciencias ao Mozo Investigador pola súa tese. Completou a súa formación en diferentes centros de investigación (Reino Unido, Portugal, Italia). O seu traballo investigador comezou co estudo dos efectos da vertedura de fuel do Prestige nas células e xenómica dos seres humanos. Actualmente o seu grupo de investigación estuda os posibles impactos que pode ter na saúde o uso de nanomateriales que se utilizan en agricultura, medicina ou cosmética. Concretamente, trátase de coñecer como alteran ao material xenético substancias ás que o ser humano está exposto na súa vida cotiá. A aplicación do seu traballo ten gran importancia na prevención de riscos laborais, xa que coñecer o comportamento e efecto de substancias axuda a elaborar guías de prevención de impactos en saúde. Tamén é fundamental o seu traballo xa que moitas substancias son postas no mercado sen comprobar previamente a súa toxicidade.