COMO SE FAI UNHA RESEÑA LITERARIA? A moitos e moitas de vós animeivos a facer unha reseña do libro que lestes no primeiro trimestre como maneira de darlle a volta a ese "Non Apto", como unha forma de "aprobar" o voso traballo, ao que lle debedes corrixir, iso si, os erros sinalados seguindo o patrón de autocorrección. En todo caso, é unha proposta extensiva a todo o alumnado dos tres cuartos, que se fará obrigatoria a partir de agora para que as recomendacións de boca a orella queden tamén por escrito. Este modelo de recensión é válido especialmente para a narrativa e a banda deseñada, e habería que adaptalo para para outros xéneros como a poesía ou o ensaio. Debería constar das seguintes partes: 1. A REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA É preciso presentar brevemente o libro que imos comentar dando o título, o nome do autor e a editorial. Tamén se pode indicar a data na que foi publicado e se aparece nunha colección concreta da editorial. Circunstancias como se o libro foi exitoso, se foi levado ao cinema ou se hai unha versión en cómic son cuestións que se deben comentar nesta introdución. Por último, este momento pode ser un bo lugar, non o único, para identificar o xénero narrativo: se estamos ante unha novela negra, histórica, romántica, cómica, de terror, xuvenil, etc.
ROMÁN CERQUEIRO LANDÍN