Gamificación sobre o universo : Escape Room

Page 1

GAMIFICACIÓN “ESCAPE ROOM” DO UNIVERSO

Kelly Picos Pérez CEIP DE PAZOS Colabora: Biblioteca Xoán Farias


CEIP DE PAZOS. MARZO 2018 GAMIFICACIÓN: O UNIVERSO

GAMIFICACIÓN DESTINADA Ó ALUMNADO DE 1º-2º ED. PRIMARIA: OS REBULDEIROS DE PAZOS Última tarefa do proxecto: o universo

PROCESO PARA A REALIZACIÓN DA GAMIFICACIÓN: 1. Motivar ó alumnado mediante a utilización de imaxes e/ou frases vinculadas á gamificación que se vai realizar. As imaxes/frases exporanse en distintos espazos do colexio: vestíbulo, corredores, portas das aulas, nas propias aulas, nos baños... Neste caso as imaxes están relacionadas cunha caixa con catro cadeados e se lles pregunta se serán capaces de abrila.

2. Cando o alumnado está intrigado, pregúntaselles se saben algo do que está a acontecer e a mestra diríxeos na procura da “caixa con cadeados”. 3. Reto: atopan a aula onde está a caixa e hai unha frase na porta que di o seguinte: “sodes catro equipos de astronautas que están na Estación Espacial Internacional. A NASA encomendouvos unha tarefa: atrapar unha caixa que orbita A Terra. Unha vez a colledes vedes que está pechada por catro cadeados. Como ides facer para abrila? É hora de comezar o xogo...”

1


CEIP DE PAZOS. MARZO 2018 GAMIFICACIÓN: O UNIVERSO

4. Organízase a clase en equipos cooperativos. Cada un dos membros de cada equipo ten asinado un rol que vai ser importante no desenvolvemento do xogo. -

-

Coordinador/a. Abre o sobre e decide como se vai organizar o equipo: todos os membros do equipo resolven a mesma proba, divídense en parellas para resolver as probas... Secretario/a. É o encargado de escribir. Encargado/a de material. Terá que abrir o cadeado numérico e abrir o cadeado da chave. Portavoz. A única persoa que pode pedir axuda á mestra e a que vai en procura da chave á mestra.

5. Cada equipo colócase nunha esquina da clase. En cada esquina da clase hai: - Unha caixa pequeniña pechada cun cadeado de números. - Un sobre de cor. En cada sobre de cor hai dentro tres folios que representan tres probas distintas: a resolución dun encrucillado, un código numérico a procurar e un código secreto. - Unha folla para poñer a solución das probas. O resultado de cada proba (folio) é un número.

2


CEIP DE PAZOS. MARZO 2018 GAMIFICACIÓN: O UNIVERSO

6. Obxectivo de cada equipo: pescudar os tres números para poder abrir o cadeado da súa caixa. O código numérico do cadeado de cada equipo ten vinculación co proxecto do universo estudado polos Rebuldeiros durante estre trimestre.

EQUIPO 1 (sobre laranxa)

EQUIPO 2 (sobre rosa)

EQUIPO 3 (sobre amarelo)

EQUIPO 4 (sobre azul)

galaxia constelacións gravidade número: “0”

Marte, Sol, Astronautas número: “3”

Neptuno, rotación, Lúa número: “0”

Translación, Saturno, Laika número: “8”

CÓD. NUMÉRICO

4

5

8

0

CÓD. SECRETO

O número é dous

O número é seis

O número é dous

O número é cero

024

365

028

008

Horas que tarda A Terra en dar unha volta sobre si mesma

Días que tarda A Terra en orbitar o Sol

Tempo que tarda a lúa en orbitar A Terra

Total de planetas do Sistema Solar

ENCRUCILLADO (aparecerán algunhas letras rodeadas en cada encrucillado, ordenando as letras sairá unha palabra. Esta palabra é un número)

NÚMEROS (os nº aparecerán desordenados na folla das solucións, se non atopan o sentido teñen unha pista debaixo da caixa)

Pista

3


CEIP DE PAZOS. MARZO 2018 GAMIFICACIÓN: O UNIVERSO

7. A caixiña ábrese. Unha vez que abran a caixa atoparán depresores e unha nota que di: “Adiviña a palabra e vai xunto a mestra”. Estes depresores teñen unha palabra escrita. Para pescudar que palabra é, teñen que ordenalos. As palabras son: amarelo, rosa, laranxa e violeta.

8. Adiviñanza. Unha vez vaian xunto a mestra e o equipo lles diga a cor, ela daralles o chaveiro da cor correspondente e a chave se acertan unha adiviñanza. 9. Abrir cadeado. Ó resolver a adiviñanza terán que buscar a resposta nun cadeado dos catro da caixa grande.

4


CEIP DE PAZOS. MARZO 2018 GAMIFICACIÓN: O UNIVERSO

EQUIPO 1 (sobre laranxa)

EQUIPO 2 (sobre rosa)

EQUIPO 3 (sobre amarelo)

EQUIPO 4 (sobre azul)

CHAVEIRO DE COR

VIOLETA

LARANXA

ROSA

AMARELO

Adiviñanza

A nosa galaxia chámase...

Planeta que ten un anel

Estrela que dá luz e calor no Sistema Solar

Astro formado por xeo e rochas

Resposta do cadeado

VÍA LÁCTEA

SATURNO

SOL

COMETA

5


CEIP DE PAZOS. MARZO 2018 GAMIFICACIÓN: O UNIVERSO

Materiais utilizados para motivación e desenvolvemento das probas

Marcapáxinas de agasallo no interior da caixa dos catro cadeados. Enlazando o final do segundo trimestre co inicio de “Abril, mes dos libros”: proposta de participacIÓN no concurso de MICRORRELATO. 6


CEIP DE PAZOS. MARZO 2018 GAMIFICACIÓN: O UNIVERSO

7


CEIP DE PAZOS. MARZO 2018 GAMIFICACIÓN: O UNIVERSO

8


CEIP DE PAZOS. MARZO 2018 GAMIFICACIร N: O UNIVERSO

EXPERIENCIA COMPARTIDA CO ALUMNADO DE 3ยบ E 4ยบ

9


CEIP DE PAZOS. MARZO 2018 GAMIFICACIÓN: O UNIVERSO

10


CEIP DE PAZOS. MARZO 2018 GAMIFICACIÓN: O UNIVERSO

11


CEIP DE PAZOS. MARZO 2018 GAMIFICACIÓN: O UNIVERSO

12


CEIP DE PAZOS. MARZO 2018 GAMIFICACIร N: O UNIVERSO

EXPERIENCIA COMPARTIDA CO ALUMNADO DE 5ยบ E 6ยบ

13


CEIP DE PAZOS. MARZO 2018 GAMIFICACIÓN: O UNIVERSO

BIBLIOGRAFÍA DE APOIO

Viaje a la luna. Anna Milbourne. Usborne.

¡Qué lío cósmico! Montserrrat Balada. Carambuco. Luz y color. Simplemente ciencia. Descubre la ciencia mediante hechos curiosos y divertidos. Steve Way e Garry Bailey. Everest. ¿En qué planeta vives? Col. Mi Mundo. Sylvie Baussier. SM

14


CEIP DE PAZOS. MARZO 2018 GAMIFICACIÓN: O UNIVERSO

Cuento para leer a oscuras. El Universo. Ignasi Valios i Buñuel. Anaya Astro Rato e Lampadiña. Fermín Solís. El Patito Editorial.

Descubramos el Universo. Elfos

¡Descubre el espacio! James Harrison. SM El libro de las preguntas. La Tierra. 123 Barrio Sésamo. Cuatromedia El libro de las preguntas. El Universo. 123 Barrio Sésamo. Cuatromedia 15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.