Conto inventado polo alumnado de 1º e 2º de EP do CEIP de Pazos en colaboración co alumnado de 3º de EP do CEIP Magaláns-Dorrón (Sanxenxo).
A CASA ENCANTADA Érase unha vez unha bolboreta chamada Branca. Branca era especial, era distinta a outras bolboretas, xa que as súas ás eran de cor vermella e azul.
Branca era moi amable, inqueda, riseira e aventureira e gustáballe moito xogar cos seus amigos ás agachadas. Os seus mellores amigos eran o bicho bola “Rocambola”, a abella “Roncella” e a araña “Miaña”.
1 Xuño 2017