AS NOVAS DE CHANS

Page 1

Nº 8, abril 2011 CEIP. de CHANS-BEMBRIVE EDLG: Obradoiro de xornalismo Curso 2010/2011

O día chegou, non hai tempo que perder Hai que buscar unir o mundo dunha vez Tantos necesitan un novo amencer Hai que axudar, temos o deber. Non hai que esperar que sexa outro o que vai actuar

O venres 28 de xaneiro celebramoso Día Escolar pola Non–Violencia e a Paz, logo de reflexionar rematamos o día cantando todos xuntos unha canción. Esta foi una adaptación á nosa lingua da canción "We Are the World", a cal foi escrita e gravada para loitar contra a fame negra en Africa polos músicos estadounidenses Michael Jackson e Lionel Richie.

Cando a dor á túa porta poida tocar Ao estar unidos non hai nada que temer Para triunfar, temos que entender.

Somos amor, somos o mundo Somos a luz que brilla con ardor no máis escuro Cheos de esperanza podemos rescatar A fe que nos pode salvar, xuntos os dous. De Corazón, que saiban que importantes son Que o seu pesar sentimos todos tamén Que non están sós, queremos axudar Con compaixón, firmeza e irmandade

Somos amor...

Podedes velo en http://musichans.blogspot.com/

Na véspera de San Brais o alumnado e o profesorado do primeiro ciclo propúxonos unha curiosa forma de celebrar a festa de San Brais. Durante o tempo do recreo, que ese día foi un pouquiño máis longo, cambiaron as nosas rimas por comida. Para elo montaron o seu propio furancho onde podiamos cambiar os vales que nos daban ao facer unha rima por doces, rosca, torradas de nocilla, pinchos de froita… Foi unha gran idea celebrar así o San Brais. Máis información en : http://primariachansb.blogspot.com/p/achegate-bembrive.html


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.