Desenvolvemento Plan TIC

Page 1

4.-DESENVOLVEMENTO

Cunha formación e infraestructuras axeitadas, a galaxia TIC supón un recurso didáctico moi versátil e poderoso. O profesorado será o encargado de integralo no currículo dacordo a sua área de coñecemento, alumnado ao que vai dirixido e as suas estratexias de aprendizaxe. Presentamos cómo pretendemos aplicar o noso plan:

4.1.-Educación infantil Os máis cativ@s da escola usan e disfrutan dos medios tecnolóxicos a cotío (resúltalles moi motivador) realizando actividades dirixidas ao seu desenvolvemento psicomotor, cognitivo, emocional e social: 4.1.1-Obxectivos específicos:  Aplicar a coordinación viso-manual para manexar o rato desenvolvendo a motricidade fina e o sentido espacial.  Fornecer ao alumnado no dominio dos medios informáticos que favorezan o desenvolvemento das súas capacidades cognitivas de atención, percepción, discriminacion, asi coma a memoria, a comprensión, a creatividade e as estratexias de exploración e tanteo.  Respectar as normas e os turnos de uso do ordenador  Potenciar a súa autonomía persoal na interacción co ordenador no manexo dos programas propostos (entrar e sair dos xogos, elexir opcións…..)  Coñecer e distinguir os elementos que forman parte do ordenador: rato, monitor, teclado e adoptar hábitos saudables no seu uso  Explorar os obxectos establecendo relación causa-efecto


 Participar nas posibilidades multimedia da pantalla dixital interactiva  Usar aplicacións multimedia interactivas que amplien o coñecemento e usos do vocabulario, que lles axuden ao recoñecemento de grafías do noso alfabeto, a reforzar conceptos básicos (formas, cores tamaños..),  Elaborar un Blog para poñer contidos a disposición doutros e como vehículo de comunicación coas familias 4.1.2.- Contidos e Actividades: Ao longo de todo o curso traballaremos con distintas aplicacións informáticas que presentarán, reforzarán, afianzarán e desenvolverán contidos básicos axeitados :  Identidade e autonomía: descubrir partes do corpo a través de imaxes, acadar habilidades perceptivo-motrices e desenvolvemento cognitivo e relacional (memoria, secuencias-..)  Comunicación e representación: ler e reproducir imaxes e mensaxes ., achegamento a lingua escrita (os de cinco anos)  Coñecemento do medio: orientación espacial, , recoñecer e manexar imágenes próximas  Lóxico-matemáticos:conceptos pechado), números

espacias

(dentro,

fora,

aberto,

 Expresión oral: comprensión de contos interactivos, incremento do vocabulario, recoñecemento de personaxes  Expresión plástica: identificación e discriminación de cores, debuxo e creación libre. 4.1.3.- Espacios e recursos En cada clase de E. I dispomos do “recanto do ordenador” (formado por dous PC e periféricos con acceso sen fíos, moi poucos se temos en conta a elevada ratio-) que sera utilizado por un grupo de alumn@s supervisados pola mestra de apoio, mentres o grupo clase fai outro traballo.


Algunhas das aplicacións informáticas que empregamos son: primeros pasos con Pipo, Ven a jugar con Pipo, Imagina y crea con Pipo, Aprende a leer con Pipo 1, Vamos a leer con Pipo 2, Aprende a leer con los Lunnis, Recursos educativos S.M, varios de la colección Childtopia, Pingu…. Asemade en cada ordenador temos instalados paquetes de actividades de JCLIC (ideal para reforzar conceptos básicos), o programa de debuxo libre Tux Paint -que presenta unha interface moi doada de usar e divertidos efectos de son, variedade de ferramentas que axudarán ao alumnado a seren creativos ), variedade de xogos flash… De cando en vez trasladaremos ao alumnado á aula de informática para realizar actividades co apoio da pizarra dixital e acceder a portais e páxinas web con recursos útiles e axeitados. 4.2.-Educación Primaria O alumnado que temos hoxe nas nosas aulas vive nunha sociedade dixitalizada: unha boa parte observan (e algúns –os do terceiro ciclo principalmente-son partícipes de todo elo) coma na súas casas ven e publican videos en YouTube, manexan cámaras dixitais e comparten as súas fotos en Fotologs ou en MySpace, , escoitan música e ven vídeos en reproductores portátiles que cargan con contidos compartidos vía redes P2P, ven a televisión varias horas ao día, mandan ducias de SMS, usan móviles multimedias, utlizan os servicios de chat e correo electrónico…Polo tanto a escola ten que ter unha implicación en toda este “enredo TIC” para que este alumnado faga un uso coherente , crítico e reflexivo, das Novas tecnoloxías prevendo adicións e usos pouco recomendables. 4.2.1.-Obxectivos específicos: O alumnado de Educación primaria disporá dun repertorio de recursos de apoio ao aprendizaxe para as diversas áreas curriculares e serán fornecidos pouco a poco dunha competencia dixital que lles permita: A- Primeiro ciclo  Afianzar os obxectivos propostos en E. I. relativos a familiarización do alumnado co ordenador  Fomentar a memoria, atención, creatividade , agudeza visual


 Potenciar mediante programas axeitados a eficacia na lectura, na escritura e no cálculo.  Mellorar o vocabulario básico e favorecer a comunicación oral  Fomentar o autocontrol e a capacidade de espera  Iniciarse na procura de información sinxela na web e no acceso a portais multimedia seguindo as instrucción do mestre.  Facilitar o desenvolvemento de actividades individualizadas para o tratamento da diversidade  Usar programas educativos interactivos de gran potencialidade didáctica para afianzar ou reforzar contidos do currículo  Participar das posibilidades multimedia da pantalla dixital interactiva. B- Segundo ciclo  Afianzar a competecia dixital relativa a adquisición de destrezas relativas ao manexo do ordenador: partes do equipo,crear carpetas, arquivar,  Fomentar o uso do ordenador como unha ferramenta de traballo e reforzo para un mellor acadamento dos contidos curriculares, sen esquecer o aspecto lúdico:xogos on line  Manexar autónomamente programas didácticos multimedia complementarios aos contidos dos libros de texto e de reforzo ás principias áreas do curriculo  Elaborar documentos sinxelos co ordenador (usando o procesador de textos)  Fomentar o autocontrol e a capacidade de espera  Iniciarse na aprendizaxe de investigación a partires da consulta de enciclopedias multimedia (Encarta por exemplo) e nos motores de busca  Explorar as posibilidades do contorno dixital accedendo a plataformas e páxinas web axeitadas con fins lúdicos e educativos  Continuar na dinámica emprendida de emprego e explotación da PDI C- Terceiro ciclo  Dar a coñecer dun xeito máis sistemático contidos relativos ao


uso do ordenador e a certas aplicacións:procesador de textos (iniciar word, crear documentos, editalos, asignar formatos…), presentacións (power point) tratamento de imaxes (word art, Paint..) Fomentar o uso del ordenador entre o alumnado como medio de traballo: reforzo dos contidos curriculares, instrumento para elaboración de traballos, buscar información en enciclopedias, Internet... Exercitarse no uso de programas educativos multimedia axeitados ao nivel e ritmo de aprendizaxe do alumnado que reforzan contidos curriculares relativos ao: cálculo mental, comprensión lectora, lóxica-matemática, comunicación escrita, sistemas de numeración, contidos de coñecemento do medio… Recoñecer as ventaxas que proporcionan as novas tecnoloxías a hora de: percurar información, comunicarnos (e-mail, chat), difundir información (páxinas web, blogs), compartir información (foros)… Fomentar o traballo cooperativo compartindo os coñecementos e as destrezas que teñen no eido das novas tecnoloxías (aproveitando as boas competencias TIC que presentan algúns alumnos/as) orientándoos cara un bo uso (ventaxas e utilidades si se utilizan con racionalidade e perigos que conleva un mal uso) Presentar distintas funcionalidades da pantalla interactiva e utilizala con diversas funcionalidades: para presentación de traballos, compartir experiencias, aclarar dúbidas… Participar en programas de comunicación virtual que desenvolvan principalmnte contidos, valores e actitudes do campo da transversalidade Coñecer e probar algunhas das posibilidades que aporta a web 2.O: MySpace, slideshow, Blogs, publicación de vídeos en YouTube

4.2.2.- Contidos e actividades:  Utilización sistemática de MultiRoms interactivos que axudan a acadar as competencias básicas en: comunicación lingüística, matematica, social e cidadá, artística e cultural, dixital….


 Acceso a portais educativos con recursos multimedia (organizados na web da escola no apartado “Unha viaxe pola rede)

 Consulta de dicionarios e de enciclopedias dixitais (Encarta, Dicionario da Real academia galega on line, word referente…)  Actividades de animación á lectura e a escritura: acceso a Blogs, e a páxinas elaboradas para este fín e uso de sofware axeitado: comic life, por exemplo para creación de comics.  Programas educativos e didácticos, tanto de uso comercial como libre que poden descargarse de internet (ou para uso en liña) que reforzan aspectos curriculares e que resultan motivadores e lúdicos  Creación de textos e presentacións utilizando o procesador de programas axeitados (word, power point.)  Utilización do buscador de internet (Google) e as posibilidades que ofrece na procura de imaxes e informacións de todo tipo  Nocións básicas das posibilidades de utilización da PDI (por exemplo na presentación dos traballos elaborados previamente individualmente ou en grupo) e breve titorial do uso das ferramentas do seu software (notebook)  Participación en programas de comunicación virtual: Ecopanda, ou similares (para o alumnado de terceiro ciclo)


 Primeiros pasos a web 2.O: Videos youTube, slideshows, bitácora, blogs, (para o alumnado do terceiro ciclo)  Implicación do alumnado nas actividades coas TIC: encargados TIC, suxerencias, dúbidas, posibilidades, intercambio de ideas…  Valoración dos recursos TIC empregados: 4.2.3.- Espacios e recursos O alumnado de E. Primaria acude á aula de informática, segundo horario establecido unha vez á semana.(coa posibilidade de desdobres sempre que sexa posible). O resto do horario da aula de informática estará a disposición do profesorado especialista, do alumnado-profesorado de E.I, doutras necesidades que xurdan…. Tamén contamos con videoproxector fixo na Biblioteca, Aula de inglés e aula de música o que posibilita o acceso á rede dende estas aulas.

Neste contorno tecnolóxico contamos con moitas aplicacións (relación especificada anteriormente no apartado de “recursos cos que contamos”) que traballan as competencias básicas comúns e transversais do currículo de primaria: colección de Pipo, Gartu, Childtopia…. Cada ordenador (lembramos que contamos con 18 PC conectados en rede e con un acceso moi lento a internet ) ten instalado paquetes de actividades que reforzan distintos aspectos curriculares (JCLIC; Proedu…) unha variada gama software específico que aportan , estenden información e estimulan o interese do alumnado polas novas tecnoloxías (Enciclopedias dixitais , Google Earth,Tux Paint)… e cartafols con actividades de uso dos recursos de internet (actividades concretas para desenvolveren competencias no uso de distintas ferramentas informaticas e na Rede) …. Para a utilización da PDI contamos con moitas actividades recollidas nun cartafol do escritorio co nome “Actividades pdi”, descargadas principalmente das páxina http://ediga.net/blog/ e http://www.education.smarttech.com/ onde atopamos unha boa recopilación


de actividades e aplicacións elaboradas coa ferramenta “Notebook” que se poden aplicar nunha gran variedade de materias. 4.3.-Area de lingua inglesa Nas clases de lingua extranxeira-inglés- o ordenador é un bo aliado xa que, por unha banda permítenos o aprendizaxe individualizado a partires de CD –ROM interactivos nos que podemos atopar distintos niveis de dificultade (Oscar´s word Fun por exemplo) e, por outra, preséntasenos coma unha fonte inagotable de recursos –material real e auténtico, fichas de actividades, intercambio de coñecementos con rapaces/as doutros países...- (www.Sesame Workshop.org) que reforzan e estenden os contidos curriculares Existen, pois varias razóns polo que o uso das novas tecnoloxías é especialmente útil no ensino de idiomas extranxeiro dende idades temperás: .-Ofrecen posibilidades moi ricas para traballar con sons, imaxes, vídeos.. .-Facilitan o traballo con programas interactivos e o acceso a páxinas web que espertan procesos de reflexión, análise, avaliación…. .-Permiten un ritmo de traballo personalizado deseñando traballos según os distintos niveis de competencia lingüística .-Presentan tarefas auténticas en contexto. .-Ofrecen a posibilidade de observar a vida real e a cultura doutros paises .-Ofrecen moitas posibilidades de autoavaliación: gravacións e reprodución de lecturas e diálogos Contamos na aula de informática con gran variedade de CD ROM interáctivos que presentan unha gran selección de actividades graduadas e ben estructuradas en distintos niveis que facilitan o seguimento e a avaliación do alumnado, diferentes opcións para disfrutar de contos, ou divertidas esceas interactivas nas que os rapaces/as poden cantar, debuxar..... .-Hello Kids 1 and 2 (dende 1º a 6º Primaria) .-Oscar´s word Fun. (3º Primaria) .-Let´s go interactive (2º e 3º ciclo de Primaria) .-Oxford Children´s Enciclopedia (3º ciclo de primaria) .-Oxford Interactive word Magic (3º Ciclo de Primaria) .-The Fish who could wish (2º e 3º Ciclo de primaria)


.-Winnie the witch (2º e 3º Ciclo de primaria) .-Dragons (2º e 3º Ciclo de primaria) .-A Christmas story (2º e 3º Ciclo de primaria) Os libros de texto do alumnado de primaria conteñen software de apoio que axuda a desenvolver as destrezas comunicativas e a reforzar contidos curriculares comúns e transversais. Tamen contamos con unha boa recopilación de actividades deseñadas para uso coa pizarra dixital interactiva e que se mostran nun cartafol no escritorio do ordenador. Na rede atopámonos con portais específicos que nos presentan un novedoso sistema de aprendizaxe a partires de contos interactivos, xogos, cancións (www.sesameworkshop) tendo por protagonistas personaxes ben coñecidos polos alumnos/as (de Dysney, do mundo do cine ou da televisión) que contribúen ao desenvolvemento de competencias en comunicación oral e escrita dun modo lúdico. Presentamos, a modo de exemplo, algunhas direccións web útiles para o ensino da lingua inglesa ás que podemos acceder desde a ligazon da páxina web da escola:


INGLÉS

Black dog

Primary resources

kidscom

Sesame Work Shop

Pbskids

Billy bear for kids

Caillou

One stop english

Top English

Kiddonet

Humpherlinks

Kid Zone

Agendaweb

Boowakwala

abc games

Oxfam

Learn English

DLTK

Learning English

School Discovery

Vocabulary

Primary Games

BBC/CO

BBC

Bogglesworld

Fun English.Kaboose

Internet for classroom

recyclezone

kids discovery

Kidsturncentral

kidsfront

Learn for good

Liz´s fingers

.

Estes web-sites ou portais recollen actividades ó redor de distintos aspectos da lingua extranxeira que podemos usar nas nosas aulas dun xeito moi sinxelo: .-Exercicios gramaticais, de vocabulario, fonética .-Materiais de referencia: di cionarios e páxinas con contidos teóricos que explican aspectos lingüísticos .-Actividades que usan material auténtico: cancións, videos… Cando os recursos cos que contamos non se axusten ao nivel do alumnado, a ó tema que queremos desenvolver ou non nos permita atender a diversidade elaboraremos os recursos multimedia axeitados utilizando distintos programas e/ou ferramentas: Memories on TV, Hot Potatoes, Quizfaber, Microsoft Power-point, NotebooK (para o deseño de tarefas para a PDI). Dende o curso 2008/09 temos o noso blog persoal www.piecesofteaching.blogspot.com Na aula de inglés tamen dispomos dun recanto con ordenador - que o utilizamos principalmente para traballos individuais ou en pequeno grupo (utilizando programas ou recursos informáticos), e dun videoproxector fixo


que conectado a un ordenador portátil facilita o acceso á rede e a realización de actividades interactivas en gran grupo


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.