Manifesto de Paz

Page 1

dos Alumn@s de Educaci贸n Infantil e Primaria do CEIP SACO E ARCE de To茅n-Ourense.



Se SEMENTAS PAZ … a paz medrará.-

Moitas cousas pequenas, en moitos lugares pequenos, feitas por xente pequena, poden mellorar o mundo.

A paz comeza na casa, na vida de cada día, coa familia, cos amigos, no colexio, coidando as cousas pequenas. A paz está nos bos propósitos, ao convivir cos demais, sendo máis tolerantes, máis xenerosos e pacientes. En cada agasallo, nun sorriso,…. A paz é MATEMÁTICAS, é a suma de pequenos instantes, de minutos, horas, días e anos que dedicas aos demais. A paz tamén é LINGUA, oral e escrita, cando dis unha palabra oportuna, unha palabra de perdón, un xesto solidario, un xesto de amizade que fai que os demais se sintan mellor. Somos pequen@s, pero XUNT@S e dende agora, podemos contruír Un mundo máis xusto, máis solidario, máis libre, máis harmonioso E onde todas e todos nos sintamos iguais e coas mesmas oportunidades.

Comecemos hoxe, agora, neste mesmo intre.


EI 3 ANOS Nós comprometémonos a pedir perdón e a non pelexar, a cantar todos xuntos unha canción de Paz

EI 4 ANOS Nós compartiremos contigo a nosa amizade, xogando xuntos ao balón pero sen empurróns. Eu coidarei de ti e ti coidarás de min. E todos xuntos construiremos Un mundo feliz.

EI 5 ANOSUn gran corazón che regalarei Cheo de respecto E cheo de amor Cheo de bicos e abrazos. Escoitarei as túas palabras Sempre con atención


1 EP Portareime ben Coa familia, cos amigos Con todos os mestres e mestras. TamĂŠn respectarei A todos animais da terra e da natureza. Porei interese Ao facer as miĂąas cousas E a todos axudarei Falando pouco e escoitando moito Para que todo nos saia ben.


2 EP Para nós a PAZ comeza cun sorriso A paz é dar amor, alegría e cariño É alumear alí onde ti estás. Non facer “guerra entre nós” Ser amable e respectuoso cos demais Axudar no fogar aos meus pais. Dar moitos bicos E a todos coidar e mimar Eu regalarei un sorriso ao que chora. Farei un círculo máis grande Para meter a todos. TODOS nós dicimos, !Que a paz sexa unha realidade

E non só algo con que soñar!


3º E 4º EPEu comprométome A axudar aos meus pais E a non pelexar cos irmáns. Escoitar con atención E aos compañeiros respectar. Estar disposto a axudar Convivir e dialogar. Coidar o medio ambiente Porque é o noso fogar. A traballar en silencio Para a ninguén molestar E esperar o turno para poder falar. Non culpar a ninguén

AMIGOS temos que ser A verdade diremos e non defraudaremos. Ler, escribir Contar e cantar Facer as tarefas sen rechistar No recreo disfrutar, Correr e xogar Con outros compañeiros que se queiran acoplar.

Estas normas cumpriremos e a paz conseguiremos!


5º E 6º EP 1.-Hoxe celebramos o Día da Paz e se escoitamos as noticias e camiñamos polas rúas da nosa cidade vemos que moita xente está a pasalo mal 2.-Xente nas rúas pedindo esmola buscando comida nos colectores do lixo, pasando frío e sen abrigo.. 3.-Moitas familias están a sufrir sen traballo, sen salarios, sen casa, sen dignidade... vémolo cada día, non fai falla ir á India. 4.-Mulleres maltratadas, nenos e nenas explotados que as mafias os obrigan a traballar como escravos.

T.-Estas inxustizas hai que denunciar para que poidan vivir con dignidade E así CONSTRUIR A PAZ. 5.-No mundo hai xente pobre que non ten para comer nin sequera auga potable para poder beber.


6.-Tamén hai xente rica e poderosa que moito diñeiro ten... 7.-Por iso gustaríanos que de hoxe en diante se repartiran as riquezas para que tod@s teñan comida e se extinga a pobreza. 8.--Gustaríanos vivir sen racismo neste mundo de diversidade e que nenos e nenas xoguemos xuntos sen importar a súa nacionalidade. 9.-Gustaríanos que todo o mundo tivera un fogar e non pasara fame e da vida poder gozar 10.-E aínda que sabemos que todo isto non podemos solucionar.. queremos aportar o noso compromiso para que algo se poida mellorar... T.-Nós comprometémonos a non volver a insultar a respectar as ideas dos demais e a aprender a escoitar. -A estar dispostos a compartir e axudar e a respectarnos como persoas....

Para que todos os días SEXAN DÍAS DE PAZ…


TODOS XUNT@S.

TOD@S POLA PAZ.

CEIP Saco e Arce- Toén - 2013


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.