CEIP SACO E ARCE C
AS MIÑAS VIAXES EFRÉN POLO MUNDO [Escribir el nombre del autor]
BIBLIOTECA ESCOLAR
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP SACO E ARCE
Efren, o esquio de Toen
Chámome Efrén e , como tod@s sabedes son un esquío. Nacín no Colexio de Toén e alí vivo porque me encanta andar entre os nen@s e ..... aínda que non me vexan.... ¡estou ahí! E acompáñoos en todas as actividades que preparan : A vendima, o Magosto, o Samaín, o Entroido...
Xa sabedes que os esquíos somos moi áxiles e non nos gusta estar quietos... Pois a min gústame andar por tódolos recantos da escola e o sitio que máis me gusta é a Biblioteca, porque alí hai moitos libros e, escollo un, séntome no meu sillón, acendo a lámpada, poño as gafas e paso momentos moi divertidos e emocionantes... Ademais, tamén aprendo moitas cousas! E a vós, ¿gústanvos os libros?
Como me encanta viaxar, estou indo a clases de idiomas e, de paso, para practicar, leo moitos libros. ¿Sabedes por que me gusta viaxar? Porque así teño moitos amigos en moitos países diferentes e, como nos meses de verán os nen@s están de vacacións e eu bótoos moito de menos, pois... collo a miña mochila e ... voume de viaxe. Así, cando volvemos a vernos... no outono, sempre teño algo para ensinarlles
Comecei viaxando ao pais máis cercano a Galicia. ¿Sabedes cal é? Pois...Portugal ¡claro! Estaba visitando unha das bibliotecas de Lisboa e coñecín a un esquío coma min. Chámase Efreninho e levoume a escoitar uns fados mentres ceabamos unhas riquísimas castanhas e noces.
Outro verán fun a Francia. Alí coñecín unha rapaza monísima. Chamábase Efrenelle e era un esquío gris. Ensinoume París, viaxamos polo río Sena nun barco e fomos á Torre Eiffel e ó Museo do Louvre. ¡Mamaíña! ¡Cantos cadros hai nese museo! En París comemos
noix e marrón glacé
Tamén teño un amigo en Escocia, aínda que é de Irlanda. Chámase Freddy O’Frenny Vive nun castiñeiro nun bosque ao lado do lago Ness . Sempre me di que teño que visitalo en Outono, que a paisaxe é preciosa Pero no outono eu teño moito traballo: ¡ hai que volver á escola...! Un día que iamos paseando,vimos o monstro do lago asomando a cabeza. Saqueille unha foto pero... ¡saíu un pouco movida! Freddy cociña moi ben e fai unhas chestnuts e nuts ¡deliciosas!.
asadas...
Cando fun a Roma, estaba eu admirando as pinturas da Capela Sixtina e coñecín a Peppino Efrennini. Vivía en Venecia e alí fomos os dous a pasar unha fin de semana. Viaxamos polos canais nunha góndola e, aínda que non era entroido, nós disfrazámonos igual. Despois fomos comer unha pizza con noci e castagnas que estaba ¡para chupar os dedos
O pasado verán fun a Dinamarca e alí coñecín a Hans C. Efrensen . Levoume a visitar a sereíña do conto de Andersen que está mirando o mar. ¡Que bonitiña é! Semella estar agardando a que chegue o seu príncipe e poder írense os dous ao fondo do mar... O danés non é un idioma moi sinxelo pero ¿ a que non sabedes que palabras aprendín a dicir? Pois, ¡claro! Kastanjen e Nøden
Tamén teño ganas de ir A Romanía, porque de alí viñeron varios dos nenos e nenas do noso cole. ¡É unha sorte! Porque así xa non teño que mercar un diccionario de romanés... ¡So teño que preguntarlles a eles para aprender as palabras que me interesan! E vós preguntarédesvos... ¿cales son esas palabras? Pois... ¡claro! Nuca e castane ¿A que non sabedes o nome dun conde moi famoso que din que viviu nunha rexión de Romanía chamada Transilvania...?
Como vedes, viaxando,viaxando, aprendín a dicir noces e castañas nunha chea de idiomas. E como son a miña comida favorita... Agora estou moi ocupado buscando un diccionario de xaponés porque este verán ¿adiviñades a onde vou ir?
... Pois a Xapón ¡claro! Xa vos deixarei ver as fotos cando regrese…
¡ADEUS! ¡Ata que escriba outro libro...!
Espero que vos divertirades coas miñas aventuras . ¿Non vos gustaría coñecer máis cousas dos paises que eu visitei? Animádevos.
Todo está nos libros…
Este libro fixémolo na Biblioteca Escolar do Ceip Saco e Arce Toén para celebrar o Día do Libro.