CEIP Saco e Arce - Toén
5º e 6º de EP
Coplas dos Maios - 2012
5º curso
O maio chegou Entrou por Fondón Todos o recibimos Con flores e cancións
Os nenos de Toén Xa estamos aquí Cantámosche coplas Para facerte rir
O maio chegou A toda présa Cargado de chuvia Foi unha gran sorpresa
Chegou o maio Con cara de inverno E está moi asustado Con este goberno
Os recortes chegaron Tamén á educación Haberá para o ano Cartos para calefacción?
Recortes por aquí Recortes por alá Recortes pola noite Recortes pola mañá
Na biblio do cole Está o esquío Efrén Cada día disfrazado De mil cousas á vez
A primavera chegou E ben que se nota, Andan alporizadas Todas as hormonas
No mes de maio A Lucía operaron Xa move a man Os dedos curaron
O Madrid, este ano Foi un gran campión E deixou ao Barça Sen adestrador.
O Barça perdeu O Madrid gañou Pep se cabreou Mou se alegrou
O profe Pepe É o noso titor Deberes e exames Pon un montón.
O Entroido, este ano Foi algo distinto ¡Pasámolo xenial Co noso gran circo!
E un ano mais O maio fixemos Con xestas e flores E moito empeño.
En quinto e sexto Non temos paría Dámoslle á sen óso De noite e de día
Maio maíño ¡que ben que chegaches! O inverno marchou E a primavera traes
6º Curso
Maio, maíño Estamos moi contentos Porque cando ti chegaches Foise o inverno.
Fai un frío que pela nesta primavera non florecen as flores e os froitos non medran
Maio, maíño Estamos estudando Tantos exames Estannos matando.
Maio, maíño No deporte escolar O noso cole Volveu a gañar
O souto dos laretas é o noso blog comentamos a prensa cada vez mellor
Facemos traballos de cidadanía dereitos humanos e tamén de alternativa
Os profes de 6º estannos a marear non deixan de dicir que non sabemos redactar
Este ano a crise din que vai fatal e debe ser certo porque imos cara atrás
Acábase o cole Chegan as vacacións Para algún é unha festa E pra outros unha dor.
Para os de sexto É o ultimo Maio Imos pro instituto ¥Xa imos medrando