Dia do maior

Page 1

COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN


COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

O 1 de outubro, os alumnos/as do Colexio de Toén visitan o Centro de día. Profesores e alumnos do colexio de Toén, felicitan aos anciáns, na conmemoración do DÍA DO MAIOR

Ao chegar, fomos recibidos polos anciáns e os seus coidadores/as con moito cariño.Tiñan ensaiadas unhas cancións e contos, tamén nos contaron o que significaba para eles o Centro.


COLEXIO SACO E ARCE DE TOร N

Preparรกronnos unha serie de xogos tradicionais e ensinรกronnos como se practicaban: A billarda Os bolos O truco da laranxa A petanca O tres en raia Outros xogos

Don Amancio, o Alcalde, tampouco se quixo perder a celebraciรณn


COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

A BILLARDA

Consiste en darlle cun pao (panca) a outro máis pequeno (billarda), para que salte e envialo o máis lonxe posible..

A Martín déuselle ben este xogo.


COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

OS BOLOS

Trátase de derrubar cunha pelota o maior número de bolos.Necesítanse 5 botellas e unha pelota

Raúl, Andrés e Lucía practican este xogo con moito interese.


COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN O TRUCO DA LARANXA Trata de ir a pata coxa empuxando co pé unha pedra por un debuxo con forma de laranxa. Se a pedra sae fora perdes o turno. Se completas todo o debuxo gañas.

É a quenda de María De Melo


COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN A PETANCA

Consiste en guindar unha serie de bolas co propósito de achegarse o mais posible a unha pequena bola.

Na imaxe proban sorte Estela, María Domínguez e Alex.


COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

O TRES EN RAIA O xogo consiste en colocar as tres pedras en liña xa sexa en horizontal, vertical ou diagonal. Boa sorte!

Nesta ocasión enfróntanse Quique e Alex. Seguen o xogo Dani, Iria e Bianca.


COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN INVESTIGAMOS: OUTROS XOGOS BUGALLOS (CANICAS) ONDE SE XOGA: Na area facendo unha pequena fochanca co talón do pe. CANTOS PODEN XOGAR: Cantos queiran. MATERIAL: Cada xogador necesita un bugallo. COMO SE XOGA: Cando está feita a fochanca debúxase unha liña un pouco lonxe dende onde parten os xogadores. Agachados e de un en un, collen o bugallo na man e coa unlla do dedo polgar empuxan a bola. O que antes meta o bugallo no burato ou quede mais cerca gaña.


COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN O TRUCO OU MARIOLA O truco consistía en debuxar cunha tella no chan ou cun pau na terra 8 cadros para saltar a pata coxa algún. As normas do xogo: -Cada xogador tira a tella ao recadro número 1 sen tocar a raia e despois ira saltando polos demais recadros, dará a volta e recollerá a tella ata chegar ao final. -Non pisar as raias co pé nin ca tella. -Nos cadros 1 – 3 e no 6 apoiar só 1 pé. -Cando o xogador pousa o pé no chan ou se sae dos límites, pasa a quenda seguinte. -Gaña o primeiro que complete a figura. O lugar onde se xogaba: -Ao aire libre ou no patio da escola. O número de xogadores: -Todos os que queiran por quendas.


COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

TIRACHINAS- TIRACROIOS

Está formado por un marco de madeira en forma de Y, que ten dúas tiras de goma atadas as puntas superiores. Emprégase agarrando o pao coa man esquerda e estendendo o brazo. Agárrase a pedra colléndoa cos dedos polgar e índice e estírase a goma ata situala cerca da meixela. Apúntase, e cando se solta, a pedra sae disparada cara o obxectivo.


COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

BUXAINA OU PEÓN PODE SER DE CORDA OU DE MAN Nº DE XOGADORES: mínimo un. REGLAS: hai que tirala e facer que baile sobre si mesma. Podes facer algúns trucos: pola encima da corda, collela coa corda, facer que baile na man , pasarlla a un compañeiro, envolverlle o cordón na punta e lanzala ao aire para collela de novo... XOGABASE ANTES DE QUE SE INVENTARAN A RADIO, A TELEVISION,ETC.


COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

A PIONEIRA:

· ·

Materiais: Abelás e tesoiras e un pauciño Facemos un furadiño no cu da abelá e logo lixamos a punta e facemos outro furadiño onde metemos un pauciño curto para facer unha pioneira…e logo…¡a darlle voltas!


COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

A TURUTA: · ·

Materiais: cana de bambú, un anaco de plástico fino ou papel de fumar e un cordel Cortamos un anaco pequeno de cana, procurando que un extremo estea tapado. Tapamos o outro extremo cun anaco de plástico ou papel de fumar e logo atamos cun cordel.. e facendo vibracións neste extremo... ¡xa temos unha turuta!

UN CHIFRO: · ·

Materiais: Abelás e unha tesoiras Lixamos no cu da abelá e facémoslle un furadiño coa tesoira. Baleiramos a abelá e ...¡facemos un chifro!


COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN


COLEXIO SACO E ARCE DE TOÉN

Mil bicos para todos vós. Muá, Muá

Dos alumnos/as e mestres do Colexio Saco e Arce de Toén


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.