O libro que veu do espazo

Page 1

O libro que veu do espazo CEIP Saco e Arce Equipo de Biblioteca


Título orixinal: “El libro que vino del espacio” Edita: Consejería de Educación Cultura y Deporte Dirección General de Ordenación e Innovación educativa Canarias 2003 Autor: Esteban Gabriel Santana Cabrera Ilustracións: Georgina Quevedo Rodríguez Adaptación: Equipo de Biblioteca CEIP Saco e Arce - 2012


É

rase que se era un pequeno libro chamado Abimelec que vivía nun planeta moi lonxano. Era dunha cor vermella tan intensa que chamaba a atención nada máis velo. A pesar diso ninguén o lía ¡e iso que era un libro de aventuras!. Estaba cada vez máis triste por non poder pasar polas mans de pequenos e maiores. Decidiu marchar a outro planeta para vivir nunha biblioteca grande e bonita, coma as que tiña visto cando captaban algunha onda dos satélites que mandaban dende a Terra e outros planetas . Estaba disposto a facer calquera cousa con tal de que as súas follas, que xa empezaban a amarelar, foran lidas .Así que foi ao coheteporto coa súa familia e alí contactou cun individuo que lle dixo que cada principio de mes saía unha nave con destino ao planeta Librium Abimelec aceptou as condiciones e mercou un billete.


D

espois dunha viaxe algo movidiña, na que ata as letras das súas páxinas chegaron a estar todas do revés, avistaron o

planeta Librium e o comandante díxolle que a viaxe chegara a súa fin . –Pero, ¡cómo pode ser iso se aínda non chegamos a terra firme! -exclamou Abimelec, Mentres a nave estaba suspendida no aire, no medio do océano, o comandante, moi enfadado , obrigouno a baixar sen darlle unha explicación. E Abimelec lanzouse ao mar para intentar chegar a costa. A trancas e barrancas, logrou chegar. As súas follas estaban molladas e apenas podía correr porque tremía co frío e co medo. Empezou a camiñar sen rumbo. Chegou a unha cidade e alí permaneceu non se sabe cánto tempo, xa que todos os días lle parecían iguais. A pesar de ser de outro planeta, a xente parecía non facerlle caso. Os días pasaban e el non facía máis que vagar e vagar pola pequena cidade agardando que alguén se achegara e se puxera a refollalo. O de durmir levábao bastante mal porque tiña que facelo entre cartóns para que as súas follas non se terminaran de romper.


P

olo parque no que adoitaba pasar as horas sentado, lendo e refollando as páxinas de todo o que se lle poñía por

diante, pasou un señor libro, maior, que tiña un grande bigote branco e follas finísimas e estaba encadernado en coiro verde. Achegouse a Abimelec e preguntoulle: –Non pareces de aquí. ¿De qué país vés? Abimelec mirouno, sorprendido de que alguén falase o seu idioma e se dirixira a él. –Veño dun planeta de outra galaxia e , pensaba que a miña vida ía mellorar ao chegar aquí. Pero xa me din conta de que as cousas aquí non son como as pintaban no meu planeta. –E ti, ¿quén es?_ Preguntoulle ao señor libro –Eu son o Libro de Rexistro deste lugar. ¿Sabes que se chama Biblium, non? –Pois non. Ninguén me dixo o nome . E vostede ¿é o que manda aquí? - preguntou Abimelec. –Mandar, non moito …, o que ocorre e que por min pasan todos os libros que chegan a este lugar. Eu teño que encargarme de anotar os seus nomes, o lugar de onde veñen, o ano en que naceron, quen os escribiu, etc. –¡Ah!, moi ben


D

espois dun anaco de charla, o Sr. Libro de Rexistro

invitouno a dar un paseo por aquel lugar. –Mira - dicíalle o Libro de Rexistro- este lugar é coma unha illa con nove vilas , que aquí se chaman materias. En cada unha de elas vive unha familia de libros que ten asignado un número concreto. –¿E o primeiro número é o 0? –preguntou Abimelec. –Pois sí, e é a familia das Xeneralidades . Nela están os dicionarios, as enciclopedias, os libros de informática, as revistas, os xornais, etc. Estes libros son de consulta e case nunca saen de Biblium. Así que, se algún día queres consultar algo ou facer un traballo, terás que achegarte ata aquí. Fíxate en que o número lévano nunha etiqueta que está colocada no lombo do libro e que se chama tejuelo .


. –Mira, o tejuelo e como a matrícula dos coches pero nos libros. proporciona tres informacións. A primeira e o número, que indica a materia ou familia a que pertence e qué tipo de libro e . Imaxina un libro de literatura; cun número podes saber si e literatura española ou americana,ou galega; si e poesía, narrativa ou teatro. O tejuelo axúdanos a non perdernos por Biblium. Ademais do número da materia, da outras dúas informacións que, están escritas en letras. A primeira, en maiúsculas, son as tres primeiras letras do primeiro apelido do autor ou autora. ¡No te esquezas, sempre en maiúsculas! E as outras tres letras, que leva debaixo en minúsculas, son as tres primeiras letras do título. –¡Xa entendo!


S

eguiron o camiño e pasaron a seguinte vila ou materia. Tiña o

número 1. Cando ían chegando, decatáronse de que por alí falaban moito –Esta e a materia de Filosofía e Psicoloxía .Os habitantes deste lugar teñen fama de filosofar acerca de calquera cousa e de buscarlle sempre “os tres pes ao gato” . Iso sí, pensar si que pensan bastante e sempre están dispostos a escoitar. Despois de camiñar un anaco, pasaron a materia número 2. Alí respirábase paz e tranquilidade. Ao lonxe escoitábanse uns cantos que parecían proceder dunha abadía. –Non me diga nada, Sr. Libro de R e x i s t r o . Xa sei qué familia vive aquí, son os libros de R e l i x i ó n –Pois sí, atinaches. Aquí viven os libros de todas as relixións nun ambiente de paz e concordia. Non hai diferenzas entre musulmáns e católicos, entre budistas e hinduístas. Cada un respecta a relixión dos outros e intenta aprender das demais. Iso sí, cada unha ten o seu número para diferenciala, aínda que todas empecen por 2. Nesta vila, e convivindo en total harmonía, tamén están os libros de mitoloxía.


P

ara non romper o silencio e a paz que alí había marcharon a vila si

ou materia seguinte. Era a número 3 e chamábase Ciencias Sociais. Alí podían verse libros demoitas clases porque esta familia era moi grande. Socioloxía, Política, Economía, Dereito,Educación, Folclore, etc. Dentro desta familia había algún membro que estaba independizado debido a súa importancia: eran os libros de Xeografía, Historia e Arqueoloxía. Estes pasaran a ocupar a materia número 9. Continuaron o seu camiño e atoparon una vila valeira . Parecía un pobo fantasma. Era o número 4. –Sr. Libro de Rexistro, ¿qué ocorreu aquí? –Non te preocupes, Abimelec, esta materia está valeira por agora . O sistema de Clasificación Decimal Universal aínda no lle asignou ningún libro. –¿O Sistema de Clasificación Decimal Universal? ¿Iso qué e ? –Verás, a CDU, como se lle chama familiarmente no mundo bibliotecario, e un sistema de clasificación no que cada libro, dependendo da materia ou o tema que trate, pertence a una familia ou outra. E decimal porque é un sistema numérico que se divide en dez grupos


–¿E por qué o segundo apelido é Universal? -preguntou estrañado o noso amigo –E Universal porque é un sistema que abarca todos os ámbitos do coñecemento e, ademais, úsase en todas as bibliotecas do mundo. Se foras a estudar ou a vivir a unha biblioteca de EE. UU., de Alemania ou de Australia, non te perderías porque todas usan o mesmo sistema de clasificación. –¡Qué guay! Así é máis sinxelo! ; non é como os coches, que en Inglaterra van por un lado e no el resto do mundo van polo outro. Ou sexa, que todas as bibliotecas de todos os países, se puxeron de acordo na súa organización. ¡Xa podían copiar outros dos libros. ! –Entón , neste número 4, ¿non hai ninguén? –seguiu preguntando o noso amiguiño Abimelec. –Mira libriño, esta materia é un pouco misteriosa. É coma unha vila sen nome. Aínda non se sabe nin cómo nin por qué está abandonada. Aquí non vive ninguén por agora, aínda que igual dentro duns anos unha familia de libros comeza a vivir aquí.. De vez en cando aparece algún libro fantasma por aquí. –Sr. Libro de Rexistro, o mellor será que nos vaiamos a outra materia -dixo Abimelec un pouco asustado.

Proseguiron o seu camiño e se marcharon a seguinte vila, ¡perdón!, materia, que estamos en Biblium E así chegaron ao número 5, que se chamaba Ciencias Puras . A esta familia pertencían todos os libros de Matemáticas, Astronomía, Física, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Botánica, Zooloxía, etc.


N

a vila do lado estaba o hospital e as grandes zonas de cultivos e as industrias. Era o número 6 chamábase Ciencias Aplicadas. Alí estaban os libros de Medicina, enxeñería, Agricultura e os referidos as Industrias e Oficios diversos. Por tal motivo aquí estaba o hospital, onde reparaban a todos os habitantes de Biblium cando lles daba algún achuchón. –Claro -dixo Abimelec- aquí debe estar o hospital porque é onde están os que máis saben de medicina... En calquera lugar –e non podía ser menos en Biblium– a arte é moi importante . Os artistas vivían todos no mesmo lugar, no número 7. Esta materia chámase Arte, Xogos e Deportes.


-É a zona de ocio por excelencia –dixo o Sr. Libro de Rexistro–. Se queres saber algo de Deportes, Arquitectura, Escultura ou Pintura tes que pasar por aquí. Hai libros boísimos dos que podes aprender moitas cousas. Amosaranche catedrais preciosas, pinturas de todas as épocas e esculturas desde as máis antigas ata as máis vangardistas. Tamén aquí é onde os libros veñen facer deporte e escoitar música. Bueno, mellor dito, a ler todo o que hai escrito sobre música, porque para escoitar música e a ver vídeos ou a usar o ordenador tes que ir a outra parte de Biblium , a zona de audiovisuais, para non molestar aos libros que están na sala de lectura ou nos lugares de consulta.


E

, case sen darse conta, chegaron a materia

número 8, onde se agrupaban os libros de Lingüística, Filoloxía e Literatura. Cada un vive cos seus, os de lingua cos de lingua, os de poesía cos de poesía, os de teatro cos de teatro, e todos: lingua, idiomas, teatro, poesía, narrativa, etc., se atopan cada uno no seu lugar, co seu número correspondente da CDU, aínda que iso sí, cunha coincidencia, o número 8 diante. –Mira, Abimelec –dixo o Libro de Rexistro- Aquí ao final están os de Xeografía e Historia que che nomeei anteriormente e que tiñan o número 9. –Xa me acordo, os que se independizaran das Ciencias Sociais. –Ben , Abimelec, xa chegamos ao final do percorrido. Isto é todo. Como vexo que es un bo rapaz, podo invitarte a que te quedes por aquí. ¿Gustaríache? –¡ Encantaríame, Sr. Libro de Rexistro! ¿Onde vou estar mellor que aquí? Moitas grazas pola súa acollida.


–De nada, Abimelec. Para min é un pracer que teñamos un novo veciño en Biblium. Pero antes de que vaias coa túa familia, que é a do número 8, a de Lingua e Literatura, teño que rexistrarte nunha das miñas follas e tamén no ordenador, porque estamos conectados en rede con outras bibliotecas para así poder compartir os fondos. Ademais, vouche poñer o selo da biblioteca e o número de rexistro na portada. Aquí tes o teu tejuelo coa súa sinatura. Veña, xa podes ir ao teu lugar . ¡E non te equivoques, para que non te perdas e os visitantes poidan atoparte sen problemas e disfrutar coa túa lectura! Ben , amigo, un abrazo e que teñas sorte. –Grazas, Sr. Libro de Rexistro. Foi vostede moi amable comigo. A este lugar sí que é agradable vir. ¡E eu que pensaba que neste planeta non ía ter ningunha oportunidade! –Pois xa nos veremos nalgunha das actividades de animación a lectura que faremos ao longo do ano. Temos previsto traer contacontos, autores e autoras de libros, teatro, charlas, exposicións e todo o que faga que Biblium sexa o lugar máis visitado dos de aquí.

E

colorado colorín a historia deste libro chega ao seu fin.

E non esquezades que quen

le un libro vai gardando un pequeno tesouro.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.