Bases concurso

Page 1

O Equipo de Biblioteca convídavos a participar no concurso Amor omnia vincit, no que haberá que responder un total de 15 cuestións relacionadas con parellas reais e ficticias, desde o mundo clásico ata os nosos días.

BASES 1. O obxectivo do concurso será a procura de datos para responder quince cuestións (tres cada

día), relacionadas coas historias de amor, nun prazo de cinco días. A información aparece recollida na exposición do corredor da planta baixa do instituto. 2. Poderá participar todo o alumnado do IES de Curtis.

3. A inscrición poderá ser individual ou en equipos de 2 persoas, como máximo.

4. Os participantes deberanse inscribir na biblioteca, o 13 e 14 de febreiro (luns e martes), nunha

folla que lles facilitará o profesorado de garda. 5. O concurso comezará o mércores, 15 de febreiro e rematará o mércores, 22. Cada día os

equipos recollerán, no primeiro recreo, a quenda de preguntas correspondente; antes deberán entregar as respostas do día anterior. O profesorado de garda da biblioteca será o encargado de xestionar este proceso. 6. Haberá un primeiro e un segundo premio para aquelas persoas ou equipos que consigan

achegar un maior número de respostas correctas tanto no contido como na forma (ortografía e organización gramatical ).


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.