O Equipo de Biblioteca convídavos a participar no concurso Olimpízate, no que haberá que respostar un total de 12 cuestións relacionadas coa historia dos Xogos Olímpicos, á vista da celebración dunha nova edición dos mesmos en Río de Janeiro (Brasil).
BASES
1. O
obxectivo
do
concurso será a procura de datos para respostar doce cuestións relacionadas coas competicións olímpicas, nun prazo de catro días. A información aparece recollida na exposición do corredor da planta baixa do instituto.
2. Poderá participar todo o alumnado do IES de Curtis.
3. A inscrición poderá ser individual ou en equipos de 2 persoas, como máximo.
4. Os participantes deberanse inscribir na biblioteca, entre o xoves 26 e o luns 30 de
maio, nunha folla que lles facilitará o profesorado de garda.
5. O concurso comezará o martes, 31 de maio e rematará o venres, 3 de xuño. Todas
as preguntas do concurso estarán a disposición do alumnado interesado, na biblioteca durante os recreos do martes (único día para recollelas). Dispoñerán ata o venres para entregar, no mesmo lugar, o cuestionario solucionado.
6. Haberá un primeiro e un segundo premio para aquelas persoas ou equipos que
consigan achegar un maior número de respostas correctas tanto no contido como na forma (ortografía e organización gramatical ).