BASES QUEN É ESA MULLER?

Page 1

CONCURSO QUEN É ESA MULLER?

O equipo de biblioteca convoca unha nova edición do concurso Quen é esa muller? O obxectivo do mesmo é impulsar o gusto pola investigación e poñer en relevo o papel da muller ao longo da historia nos diferentes campos da cultura e do saber. BASES 1.

A duración do concurso será de oito días: empezará o 3 de abril (mércores) e rematará o 10 de abril (mércores) .

2.

Os equipos formados polo alumnado terán un máximo de dous integrantes.

3.

A inscripción dos equipos poderá facerse ata o mércores, 3 de abril, durante os recreos e na biblioteca: a cada equipo asignaráselle un número no momento de anotarse. Débeno poñer nas tres tarxetas coas que van participar.

4.

O xurado estará composto polo profesorado que traballa no equipo de biblioteca.

5. O concurso consistirá en averiguar a identidade de 24 mulleres, distribuídas en 3 bloques: deberán resolverse 3 ENCRUCILLADOS e en cada un deles aparecen 8 pistas que orientan sobre a identidade doutras tantas mulleres relevantes en diferentes campos do saber e en distintos momentos da historia. Cada equipo dispoñerá de dous días para resolver cada un dos encrucillados. Igualmente publicarase esa información no blog do espazo da biblioteca http://curtisbiblio.blogspot.com/.

6. As mulleres sobre as que se formulan as preguntas están integradas na exposición do corredor da biblioteca e o dato que se aporta para descifrar a súa identidade aparece nos carteis desa exposición. Toda esa información aparece tamén en formato dixital en http://curtisbiblio.blogspot.com/ 7.

Os equipos participantes terán que recoller o mércores, día 3, na biblioteca durante un dos recreos, a primeira tarxeta onde anotarán o número co que se inscribiron. Nesa tarxeta aparece o primeiro encrucillado coas 8 pistas correspondentes. Terán ata o venres, día 5, para resolvelo: nun dos recreos dese día entregarán a tarxeta, xa resolta, na biblioteca, momento no que recollerán a tarxeta número 2; entregarana resolta o luns, día 8, tamén na biblioteca e no recreo; nese momento recollerán a tarxeta 3, que debe ser entregada o mércores 10, día no que remata o concurso.

8.

Para que as respostas sexan consideradas válidas, deben incluír EN MAIÚSCULAS o nome e apelido da muller en cuestión. Non serán admitidas como válidas aquelas respostas que presenten unha letra ilexible, tachóns, erros ortográficos ou unha incorrecta transcripción de nomes ou apelidos.

9. Haberá un único equipo gañador, que será aquel que acade un maior número de acertos nas respostas dadas. Os seus compoñentes recibirán un premio destinado a recompensar a súa curiosidade e as boas dotes de investigación demostradas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.