SE EU FOSE TI, NON DEIXARÍA DE LER... Con motivo da celebración do Día internacional da Biblioteca Escolar (24 de outubro) animámosvos a recomendarnos as vosas lecturas preferidas. Para iso, cómpre que fagades co voso móbil ou cámara unha foto onde aparezades coa portada dese libro imprescindible. Como facer todo isto? É moi sinxelo: non tedes máis que inserir a foto (medidas de 14 x 7'5) nun DOC; na parte inferior do documento engadide unhas liñas (verdana 14), nas que expoñades as razóns da vosa recomendación. A onde o envías? Máis sinxelo aínda: á dirección de correo electrónico da nosa biblioteca sarmientobiblioteca@gmail.com Ata cando podes facelo? Podes enviarnos as túas recomendacións ata o 23 de outubro.