Conto por palabras elena odt

Page 1

UN CONTO POR PALABRAS

Eu estaba no paro,e dicir sen traballo e o único que facía era ler ofertas de traballo no xornal. Chamei a un cento delas, pero non me aceptaban en ningún posto, polo que decidín apostar por algúns menos importante. Atopei varios e ao final decidinme por un de limpadora nun restaurante que estaba preto da miña casa. O meu primeiro día no traballo foi estupendo os meus xefes foron moi amables comigo e dixéronme que ía comezar cobrando 1.200€ e eu contenta coma un cuco. Pero co paso do tempo as cousas comezaron a empeorar. Dinme conta de que os meus xefes eran uns estafadores: se, por exemplo, os clientes pedían un bistec de polo eles dábanlles un de pavo barato e isto ocorría co resto das cousas. O que a min me estrañaba era que como me podían pagar case mil euros e medio vendendo dous bistecs en vintecatro horas. Ata que un día, cando xa debería estar na casa se non fora porque se me botou a noite enriba, vin entrar no restaurante a un dous meus xefes acompañado por un home ao que non coñecía e vin coma facían un intercambio: ¡un intercambio de drogas por cartos, nada máis e nada menos!. E isto repetiuse sucesivamente; eu non sabía que facer: calar e ser cómplice ou falar e ter para sempre unha manchea de mafiosos detrás de min. Despois de moito matinar decidínme pola última opción, e un día pola noite os policías viñeron ao restaurante e detiveron ao meu xefe e ao seu amigo. E aquí estou eu, na casa, morta de risa –¡e de medo! , pensando: ¡Maldito sexa o día que escollín ese traballo! Elena Naveira Justo, 1º B


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.