Conto por palabras fatima

Page 1

Diplomada en Educación Social y estudiante de educación infantil se ofrece para cuidar niños en la ciudad. Precio a negociar. Interesados llamar a 690113403

Hoxe vexo o meu anuncio do periódico e recordo ese pequeño inferno que pasei . Na facultade todo parece sinxelo. As prácticas nada teñen que ver coa realidade e, moito menos, nesa familia. Todo comezou fai uns días cando puxen un anuncio no xornal.As miñas señas eran boas, fun das mellores da miña promoción, e por iso, recibín noticias axiña. Unha señora pediu verme aquela mesma tarde na súa casa: quería que coidara os seus fillos. Collín o coche e, sen dudalo, dirixíme ao lugar onde vivía. Ao chegar ao lugar do enderezo, encontreime cunha casa xigantesca, do tamaño dun castelo. Abriume a porta un anano, díxenlle que era a canguro, e, sen mediar palabra, levoume ao salón: era un dos máis grandes que vira na miña curta existencia, nel encontábase unha cheminea, e diante dela viase un sofá, no cal estaba sentada unha muller. Fíxome un xesto para que me aproximara a ela. Senteime nunha silla e mireina. Era igualiña a Brancaneves! Esa muller empezoume a falar dos seus fillos, pero eu non podía atender, só pensaba en tal semellanza e eu, curiosa por natureza, pregunteille: -¿Dixéronlle algunha vez que vostede é moi parecida a Brancaneves? -Dinmo todos os días, porque ese é o meu nome.-contestoume. Abraiada, pregunteille se era a mesma dos contos e ela díxome que si. Contoume que antes vivía nun castelo en Benidorm, pero divorciouse do seu marido e veuse vivir a Galicia. Atraíalle toda a nosa cultura. Cando rematou de charlar, presentoume aos seus nenos: -A nena chámase Vermellosa, é ten 8 aniños. O neno é Negricorvo, ten 2 anos menos. Queridos, saudade a vosa coidadora. -Hola señora coidadora!-gritaron ao unísono. -Hola rapaciños, encantada. Eu son Raquel, e vouvos coidar. Brancaneves foise dicindo que tiña présa. Quedeime soa cos nenos e díxenlles que iamos subir ao piso para xogar e ler, pero os dous cativos comezaron a berrar dicindo que non querían estar comigo. Argumenteilles que por min, encantada, que me quedaría no salón vendo a tele. Un pouco despois, sentín cóxegas nos pés e vin a unha enorme rata trabándome neles. Saín correndo e vin aos rapazas rindo debaixo da escaleira. Rifeinos, pero eles rebatíanme dicindo que non fixeran nada, e botáronse a chorar.


Mandeinos calar e volvín ao meu. Un pouco máis tarde, fun lavar as mans, pero en vez de auga, saía mel, o que fixo que me quedaran pringosas. Volvín a onde estaban os nenos, seguían no mesmo, e repetíronme, unha e outra vez, que eles non me gastaran a broma. Pero deseguido, chegou a gota que encheu o vaso: destrozáronme o bolso,! Berreilles a máis non poder e chamei a nai para que se encargara de eles: xa acabara o traballo para agora … e para sempre . O peor de todo foi que nin sequera me pagaron. Xuro que na vida volvo coidar a un menor! Son insolentes e apestosos! De hoxe en adiante traballarei diseccionando focas! Son moito máis agradecidas!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.