Ficha preguntas xogos

Page 1

OLIMPÍZATE

CONCURSO SOBRE A HISTORIA DOS XOGOS OLÍMPICOS (DO 31 DE MAIO AO 3 DE XUÑO)

EQUIPO NÚMERO _____________ Cómpre que adaptedes as respostas ao espazo que se ofrece nesta ficha; observade que algunhas teñen varios apartados. Lembrade que é fundamental a corrección expresiva (ortográfica e léxica), a presentación axeitada e a lexibilidade en cada unha das respostas. O venres, día 3 de xuño, deberedes entregar na biblioteca as fichas cubertas ao profesor de garda. 1. Onde e cada canto tempo se celebraban os Xogos Olímpicos da Grecia antiga?

2. Cales eran os tres tipos de deportes que se celebraban nos antigos Xogos Olímpicos? Cal era o premio que recibía o gañador destes xogos?

3. Explica que é a halterofília e a conexión do termo coa palabra HALTERAS. Está incluído este deporte nos Xogos Paralímpicos?


4. De onde vén o nome da proba de maratón? Por que na actualidade ten maior percorrido que nos xogos da Antigüidade?

5. Que importante escultura grega reproduce a figura dun atleta lanzando un disco e quen é o seu autor?

6. Quen restaurou os Xogos Olímpicos na época moderna e en que ano? Só están rexistradas tres datas sen Xogos Olímpicos no século XX: precísaas e explica cal foi o motivo de que non se celebraran estas competicións.

7. Cal é o lema olímpico e que significa?

8. Que é o COI e cal é a súa función? Reproduce a imaxe da bandeira olímpica (podedes debuxala ou pegala) e explica o significado das súas cores.


9. Cal foi a razón que motivou o nacemento dos Xogos Paralímpicos? Cando empezaron a celebrarse?

10.

Celebráronse as Olimpiadas algunha vez en España? Se a resposta é afirmativa,

concreta o lugar e o ano.

11.Precisa o nome destas mascotas olímpicas e indica a que ano e lugar corresponden:

NOME:

NOME:

NOME:

LUGAR:

LUGAR:

LUGAR:

ANO:

ANO:

ANO:


12. Velaquí dúas imaxes de construcións situadas en Brasil, país que este ano acolle a celebración dunha nova edición dos Xogos Olímpicos. Precisa o nome de cada unha delas e indica por que son mundialmente coñecidas.

-


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.