Guía elbe 2

Page 1

PROXECTO PILOTO ELBE-2: ACCESO E USO DA PLATAFORMA DO LIBRO DIXITAL

Como sabedes, o noso IES está integrado na segunda fase do Proxecto E-LBE, promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares. O citado proxecto ten como obxectivo fundamental achegar a lectura en dispositivos dixitais (PC, tablet, smartphone, lector de libros electrónicos...) ás comunidades educativas, non sempre familiarizadas co manexo e características dos novos soportes. Para iso, ademais de facilitar aos centros inscritos a compra de novos soportes de lectura, a Asesoría vén de poñer en funcionamento unha plataforma de empréstito gratuíto de libros dixitais. Cómpre familiarizar ao profesorado e ao alumnado co seu uso: dado que é un recurso comunitario e que implica un gasto (diñeiro público que invirte a Asesoría) é responsabilidade nosa ensinar o alumnado, e facer nós mesmos, un emprego serio e funcional do empréstito de libros, tal como acontece cos fondos que na biblioteca se manexan en soporte papel. Lembrade que se decidiu incluír como potenciais usuarios a profesores do Equipo de Biblioteca e ao alumnado do Club de Lectura, polo menos para o que quedaba deste curso 2017-18. Así se fixo e comunicouse á Asesoría, desde onde, recentemente, acaban de remitirnos os datos que cada quen terá para acceder á plataforma (ANEXO 1). A continuación, reséñanse unha serie de instrucións básicas para o manexo deste novo recurso que permite ampliar o catálogo da nosa biblioteca.


1. Para acceder á plataforma está dispoñible o seguinte enlace: elbe2.edu.xunta.es

http://bega-

2. Recoméndase que antes de acceder de xeito autenticado á plataforma se realice unha navegación completa pola mesma para familiarizarse coa aplicación e tamén para consultar a colección de títulos dispoñibles. Desde a caixa de BUSCA temos varias opcións: se xa sabemos o que queremos, tecleámolo e a plataforma búscao, se o ten rexistrado; picando nesa palabra, tamén podemos realizar buscas directas por autor, título, idioma (imaxe 1); finalmente, é posible, se se prefire, empregar os filtros rápidos desde o despregable dispoñible na mesma caixa, á esquerda (imaxe 2) .

IMAXE 1

IMAXE 2

3. Para acceder de xeito autenticado (rexistrándonos como usuarios) á plataforma, cómpre premer en CONTA (botón á dereita da pantalla). A primeira vez que o fagamos debemos usar a IDENTIFICACIÓN (user) e a CHAVE DE ACCESO (pass) que nos remitiron desde a Asesoría (ANEXO 1). O contrasinal de acceso (pass) que se creou desde alí é común a todos os usuarios dados de alta para o noso centro, polo tanto a primeira actuación que deberá facer cada usuario é personalizar dito contrasinal. Para facelo, é preciso picar no voso nome do usuario que aparece debaixo de CONTA (IMAXE 3); abrirasé unha opción (IMAXE 4) que, no fondo, vos permitirá establecer o voso novo contrasinal / chave de acceso. LEMBRÁDEO!

IMAXE 3

IMAXE 4


4. Desde a Asesoría de Bibliotecas, recoméndase encarecidamente que a busca do título que queiramos ler se realice inicialmente de xeito anónimo (antes de entrar na plataforma coa nosa conta persoal) para evitar deste xeito coller o libro de forma involuntaria, ca que se picamos sen querer na opción PRESTAR, o título xa queda asociado en préstamo á conta do usuario: convén estar moi seguro de que realmente ese é o título que desexamos ler, xa que este paso consumirá a correspondente licenza de uso que teña asociada. BUSCAMOS SEN AUTENTICARNOS E CANDO DECIDIMOS O QUE IMOS COLLER EN PRÉSTAMO ENTRAMOS NA PLATAFORMA COMO USUARIOS CONCRETOS.

5. Unha vez localizado o título do noso interese, aparecerá na pantalla coas opcións PRESTAR (ao picar aí, xa nos pide o programa que nos autentiquemos) ou VISTA PREVIA (nesta opción, se pico, podo ler as primeiras páxinas do libro), IMAXE 5. Se picamos sobre o título do libro, aparécennos todos os datos que poden ser de interese (IMAXE 6), tanto argumentais ou editoriais (debaixo), coma relativos á descarga e número de exemplares dispoñibles (á dereita, indicado coa frecha azul).

IMAXE 5

IMAXE 6

6. Cando decido pedir en préstamo un título (pico en PRESTAR), aparécenme en pantalla as opcións que podo elixir para velo: - VISUALIZAR NO NAVEGADOR: con elexila xa podo empezar a ler, pero teño que ter sempre conexión á Internet, lóxicamente, en calquera dispositivo; na zona superior dereita podo picar e aparécenme opcións de lectura (fonte, tamaño…) - A outra opción é DESCARGAR (en Adobe eBook):

IMAXE 7


7. Para descargar o libro en Adobe, debemos ter ese programa no ordenador e obter un Adobe ID (conta en Adobe), que quedará asociado aos préstamos que descarguemos desde a plataforma. Se buscades en Google Contas de Adobe, dánsevos as indicacións necesarias para creala.

IMAXE 8

8. COMO DESCARGAR: abro a miña conta en ADOBE, elixo na plataforma a opción DESCARGAR EN ADOBE EBOOK. Vou a Descargas (no menú do meu PC) e alí aparece un arquivo con esta nomenclatura: URLlink.acsm . Sigo agora estes pasos: - Abro Adobe desde o escritorio. - Xa aberto, pico ARQUIVO e elixo a opción ENGADIR Á BIBLIOTECA - Aí elixo a opción DESCARGAS. Cando a abro, teño que elexir na parte inferior dereita a opción Adobe Content Server Mesage. Acsm (cómpre poñer atención porque pode estar por defecto a opción Libros Electrónicos. Epub.PDF e con esa opción só veremos descargas nese formato e non no que están os libros da plataforma que estamos a usar).

IMAXE 9


9. COMO PODO LER O LIBRO QUE DESCARGUEI EN ADOBE NUN DISPOSITIVO DE LECTURA DE LIBROS ELECTRÓNICOS (eReader)? Debo seguir estes pasos: - Conecto o eReader ao ordenador. Este recoñéceo e aparece en ADOBE na opción DISPOSITIVOS (na marxe esquerda). - Debo elixir, picando no símbolo da esquerda a opción AUTORIZAR DISPOSITIVOS: aí teño que introducir o correo electrónico e a contraseña que teño en ADOBE ID.

IMAXE 10

- Finalmente, pico encima do libro que descarguei e que está na pantalla grande de ADOBE e co botón dereito elixo a opción COPIAR EN DISPOSITIVO. Enseguida aparecerá no dispositivo de lectura (vou no menú do Ereader a EXPLORADOR , despois a DIGITAL EDITIONS e aí teño que ter o libro descargado) e xa podo ler.

IMAXE 11

10. Podo devolver o libro a través de Adobe: – elixo, no menú lateral esquerdo, a opción TODOS LOS ELEMENTOS - aparecenme na pantalla central os libro que lin, pico sobre el co botón dereito e sinalo a opción DEVOLVER ELEMENTO PRESTADO.


Para devolver un FICHERO MULTIMEDIA (se non descargamos en Adobe e lemos en liña), os pasos son os seguintes: –

dirixirse a AREA DE USUARIO – PRÉSTAMOS EN LIÑA (no punto 12, IMAXE 13 vese tamén como entrar nesa opción)

unha vez en PRÉSTAMOS EN LIÑA, pulsamos o botón DEVOLVER O RECURSO DESEXADO

11. Cada usuario da plataforma pode ter dous títulos en préstamo, como máximo. Os períodos máximos son de 15 días. Se non se devolve pasado ese prazo, o libro deixa de estar asociado á miña conta, sen que haxa penalización. Se non rematamos a lectura, ó cabo de 24 horas, pode collerse novamente. Pode suceder que o título que queremos esté xa prestado: iso aparece consignado na información do libro; se queremos reservalo, a plataforma ofrécenos esa opción:

IMAXE 12

12. Se quero obter información sobre os meus préstamos en liña, sobre o historial de préstamos, sobre reservas, notificacións… debo picar enriba do circuliño CONTA que está na páxina principal e automáticamente aparece na plataforma esa información.

IMAXE 13


13. Podo, en cada libro, manexar a opción de FACER COMENTARIOS ou ENGADILO A UNHA LISTA, segundo o criterio que se desexe. Estas opcións aparecen cando abro a información do libro (ó picar no título, cando vexo o libro no carrusel). 14. Na opción de AXUDA, que está á esquerda da opción CONTA podedes atopar máis información sobre os aspectos que se veñen de explicar e sobre outros que, ben seguro, quedan sin tratar. http://www.tuodilotk.es/ayuda/odilotk/ES/introduccion.htm


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.