IES DE CURTIS. CURSO 2015/16
PROXECTO LECTOR DE CENTRO INTRODUCIÓN Segundo a Lei Orgánica 2/2006 de Educación e da súa concreción para a comunidade autónoma de Galicia no Decreto 133/2007 do 5 de xullo (DOG 13/07/07), o Proxecto Lector é un documento interno e peculiar para cada centro educativo, no que se deben integrar todas as intervencións destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas, procurando especialmente a adquisición das seguintes competencias básicas:
• • • •
Competencia en comunicación lingüística Tratamento da información e competencia dixital Competencia cultural e artística Competencia para aprender a aprender
O desenvolvemento da competencia lectora, escritora e investigadora debe prantexarse como un proceso a longo prazo, que debe concretarse en actividades habituais integradas no currículo da E.S.O. e debe perseguir uns obxectivos comúns a todas as áreas curriculares e etapas da Secundaria. Agora ben, nun centro como o IES de Curtis, que integra diferentes modalidades de ensinanzas (ESO, Bacharelatos, Ciclos Formativos e Programas de Cualificación Profesional Inicial) cómpre elaborar un plan extensivo a todo o alumnado, con variedade de actividades de fomento da lectura, de perfeccionamento comunicativo e da educación documental (busca e análise de información de diversa natureza).
O artigo 113 da LOE fai unha mención específica ás bibliotecas escolares indicando, entre outras cousas, que os centros de ensino disporán dunha biblioteca escolar e que este recurso educativo contribuirá a fomentar a lectura e a que o alumnado acceda á información e a outros recursos para a aprendizaxe das demais áreas e materias, e para que poida formarse no uso crítico dos mesmos. Polo tanto a biblioteca escolar debe contribuír a facer efectivos os principios pedagóxicos referidos á lectura.
A biblioteca é un instrumento imprescindible para a posta en práctica do noso Proxecto Lector de Centro, que o profesorado debe organizar e dinamizar como un centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe, de xeito que o alumnado adquira un hábito continuado que reforce a súa formación permanente. Entendemos que a biblioteca escolar non só é un lugar integrado na actividade pedagóxica en todas as áreas curriculares do ensino, senón tamén un lugar que debe facilitar todo tipo de recursos encamiñados ao fomento da lectura;debe, polo tanto, entenderse como un verdadeiro elemento transversal dentro da comunidade educativa. Por todo isto, é preciso o compromiso de todo o profesorado para que esta funcione como elemento dinamizador da actividade educativa e da vida cultural do centro.
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16 De xeito simultáneo, xunto co funcionamento da biblioteca, deben tamén entrar en acción os departamentos co seu traballo específico para buscar a comprensión e a expresión correcta nas súas materias e as familias, como axentes concienciadores da importancia da lectura como elemento socializador.
Partindo destas premisas xerais, que serven como introdución á nosa concepción do Plan Lector, pasamos agora a un primeiro paso, que será unha análise da situación real do centro nestes últimos cursos.
1. ANÁLISE DO CONTEXTO
• O ALUMNADO A maioría do alumnado do noso centro pertence ao contorno rural e forma parte de familias que viven, fundamentalmente, das actividades relacionadas co sector primario: agricultura, gandería e construción, con dificultades para desprazarse ata outros centros de acceso á cultura dende os seus domicilios; os servizos de documentación da área de influencia do IES son escasos e están centralizados nas vilas (Curtis e Teixeiro), polo que resultan de todo insuficientes para a formación intelectual destes alumnos. Isto supón que sexa a biblioteca do propio Instituto o lugar mais accesible para eles, tanto para a consulta como para o préstamo domiciliario de fondos bibliotecarios. O I.E.S. Curtis está situado na vila de Curtis e acolle alumnado procedente de todo o Concello e concellos limítrofes, fundamentalmente por impartir 4 Ciclos Formativos de Grao Medio (Automoción, Administrativo, Electricidade e Informática) ademais de ESO, Bacharelato e PCPI.
Plantilla do Centro: Persoal docente 51 Persoal non docente 6 Alumnado: ESO 183 1º Ciclo 97 2º Ciclo 86 FPB 10 BACHARELATO 61 1º Curso 30 2º Curso 31 CICLOS FORMATIVOS 84 Administrativo 3 Automoción 54 Electricidade 8 Informática 19 TOTAL ALUMNADO 338
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16
Como antes se sinalou, o instituto atópase no medio rural; as dificultades para acceder a centros e manifestacións culturais son manifestas, en tanto que en varias poboacións non hai bibliotecas e o horario dos transportes tampouco facilita o desprazamento a outros núcleos de poboación maiores (Santiago, A Coruña…). A tecnoloxía informática tampouco está introducida en todos os fogares: nalgúns lugares as conexións non son boas e noutros as dificultades económicas impiden que as familias conten con este tipo de recursos. Estas características determinan as dificultades que o alumnado presenta á hora de acceder a actividades culturais e á hora de perfeccionar a súa competencia lectora.
• O PROFESORADO No IES de Curtis traballan 51 profesores de diferentes especialidades. Todos eles son conscientes da importancias das boas prácticas lectoras e do papel que nas aulas se lle debe dar á lectura. Tamén o son das dificultades que mostra o alumnado neste campo e mostran o seu compromiso para mellorar, desde as súas áreas, a competencia comunicativa e documental dos alumnos.
• A BIBLIOTECA ESCOLAR A Biblioteca está situada na planta baixa do edificio principal, cerca dos accesos principias ao Centro. Ten unha superficie aproximada de 90 m2 e capacidade para 58 alumnos. Certo é que, en determinados momentos, o espazo resulta insuficiente. O espazo está dividido en tres subespazos: un de lectura (butacas, mesa redonda con cadeiras para lecturas, entre outras, de xornais, revistas, … e expositor de publicacións periódicas), outro de estudo (con mesas de traballo) e un terceiro ambivalente, de lectura ou de proxección (con equipo multimedia, proxector e mesa de lectura informal). Estes espazos aparecen diferenciados ao intercalar entre eles andeis cheos de libros, que están abertos para permitir o acceso directo á lectura. No que se refire á xestión e catalogación de fondos, na actualidade a Biblioteca está automatizada, temos instalado o "Meiga" na súa última actualización.. Unha das principias vantaxes que presenta o Programa Meiga é que a comunidade educativa pode, a través de Internet, consultar se a Biblioteca do Centro dispón dun determinado fondo e se non é así, consultar en que bibliotecas públicas se podería atopar. Pódense, ademais, facer reservas de libros, escribir as súas opinións ou ler as doutros lectores. Os procesos de empréstitos e devolucións fanse, agora mesmo, a través do programa no que o fondo esté catalogado (por medio do lombiño é claramente identificable o programa utilizado na catalogación) e para unha maior axilidade no caso das devolucións os alumnos/as só teñen que deixar os libros no caixón que a tal efecto figura na Biblioteca. Nos últimos oito cursos a biblioteca do IES de Curtis rexistra unha actividade moi reseñable. É moi amplo o número de usuarios que fan uso diario dela con fins variados: lectura silenciosa, audición de lecturas en alta voz, elaboración e exposición de traballos académicos, consultas puntuais, demandas para levar en préstamo … Ben é certo que a concesión do PLAMBE supuxo unha importante axuda para optimizar a rendibilidade académica do espazo. Un equipo de varios profesores, pertencentes a diferentes departamentos didácticos, traballan a diario en tarefas de catalogación, formación de usuarios, dinamización lectora, etc.
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16 Os fondos documentais cos que conta a Biblioteca Sarmiento pertencen maioritariamente ao ámbito dos materiais impresos de tipo bibliográfico (desde o libro en variados formatos e tipos ata publicacións periódicas, como xornais, revistas...). As achegas en soportes audiovisuais son menores, aínda que se está enriquecendo de xeito reseñable o número de fondos: a maior parte deste material son DVD con algún contido documental ou de cine de distintas épocas e nacionalidades adquiridos nos últimos tempos; cómpre sinalar o esforzo que nestes últimos anos se está a facer para concienciar á comunidade educativa da contribución que a linguaxe fílmica fai na alfabetización informacional do individuo. Empézanse a integrar como fondos os CD de música, que consideramos tamén importantes para acadar unha mellor competencia comunicativa. Este ano instalouse fío musical na planta baixa do instituto (entrada, corredores, cafetería e patio cuberto) grazas á colaboración do Departamento de Electricidade (alumnado e profesorado). Desde o equipo de biblioteca e tras a análise da situación real do centro acometemos a concreción do Plan Lector do IES de Curtis, co propósito de non elaborar un documento cheo de xeneralidades e sen valor práctico: é unha proposta realista, viva, flexible, funcional e obra dun equipo.
2. OBXECTIVOS A lectura comprensiva non é tarefa exclusiva das áreas de lingua xa que a todos afecta o feito de que os alumnos e alumnas comprendan as explicacións e o significado dos textos escritos. O noso obxectivo é deseñar un proxecto lector personalizado para o centro, establecendo uns criterios comúns para todas as áreas que, despois, se adaptarían aos distintos departamentos didácticos encargados de elaborar obxectivos, contidos e actividades concretas de lectura. Este proxecto pretende ser sinxelo, realista, consensuado e baseado no fomento das boas prácticas lectoras na tarefa cotiá de todos os profesores e alumnos. Para conseguir mellorar neste aspecto márcanse como esenciais os seguintes obxectivos:
1. Potenciar a comprensión lectora como base de toda aprendizaxe, como axuda para mellorar a comunicación oral e escrita, e como estímulo do espírito crítico, contribuíndo, en definitiva, ao crecemento persoal do alumnado 2. Integrar as actividades de comprensión lectora no contexto da clase e no traballo diario, respondendo ás características e necesidades propias de cada materia 3. Traballar a lectura comprensiva xunto coa escritura e a expresión oral en todas as áreas do currículo 4. Asumir que esta tarefa non é responsabilidade exclusiva das áreas de Lingua, senón que é necesaria a participación de todas as áreas do currículo. 5. Implicar ás familias no obxectivo de elevar a comprensión lectora de seus fillos e fillas. Polo tanto débeselles informar da existencia deste Proxecto Lector e pedir a súa colaboración 6. Deseñar actividades de comprensión lectora por áreas, ciclos e cursos que teñan como marco os principios do proxecto lector de centro 7. Programar actividades de animación lectora no marco do Proxecto lector de Centro 8. Utilizar os recursos da biblioteca escolar, o que contribuirá a actualizar os seus fondos
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16 9. Considerar a biblioteca do IES de Curtis coma un espazo central da vida diaria do centro, tanto para alumnado como para profesorado 10.Dedicar sesións de titoría a ensinar aos alumnos a aproveitar todos os recursos da biblioteca e a facer deles individuos cada vez máis competentes na comunicación a través de distintos códigos e canles 11.Considerar a comprensión lectora como unha materia transversal que implica a todas as áreas, e que se pode traballar de diversos xeitos: en voz alta ou en silencio, co profesor ou co alumno de protagonistas, en dramatizacións ou en recitais, individualmente ou con varias voces …
3. PRINCIPIOS DE ACTUACIÓN DIDÁCTICA O Equipo directivo e o Consello Escolar: 1. Asumirá o Proxecto como tarefa primordial cada curso escolar. Para isto, facilitarán os recursos humanos e materiais de que poidan dispor 2. Saben que a familia ten que constituír un eixo fundamental no Proxecto Lector e debe invitala a colaborar eventualmente nas actividades lectoras do centro e a motivar a lectura dos seus fillos e fillas na casa
A Comisión de Coordinación Pedagóxica: 1. Será informada de calquera decisión que se tome respecto da comprensión lectora. Esta comisión, á súa vez, comprométese a transmitir esta información aos equipos de área
O equipo de biblioteca: 1. Comprométese a colaborar activamente cos departamentos didácticos do centro á hora de proporcionarlles material didáctico, teórico e práctico, encamiñado á inclusión de actividades de fomento da lectura e comprensión lectora nas distintas programacións 2. Colaborará activamente na posta en práctica das actividades de fomento da lectura ao longo de todo o curso 3. Levará a cabo a formación dos usuarios da biblioteca de cara ao seu aproveitamento óptimo nas tarefas de busca de información ou lecer
Este Proxecto Lector incorporarase ao Proxecto Educativo de Centro co fin de traballar comprensión lectora de modo sistemático. O Proxecto Lector non só se centrará en libros senón en calquera formato e soporte: revistas, xornais, cd-rom, xogos multimedia, contidos na rede , etc.
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16
4. ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O TRATAMENTO DA COMPRENSIÓN LECTORA E DO VOCABULARIO ESPECÍFICO EN TODAS AS ÁREAS DOS DISTINTOS NIVEIS EDUCATIVOS Unha correcta comprensión lectora favorece a adquisición e comprensión do vocabulario específico propio de cada materia, co fin de acadar precisión e rigor na expresión dos conceptos de área e enriquecer os rexistros lingüísticos do alumnado. O currículo está mediatizado pola linguaxe, sexa oral ou escrita, e os coñecementos das distintas disciplinas artéllanse, en gran parte, de forma lingüística. Ademais, se os alumnos non dominan as técnicas para comprender textos escritos, péchaselles unha porta de acceso ao coñecemento e ao crecemento persoal. Para que o proxecto de lectura funcione, compre contar coa colaboración do profesorado dos departamentos didácticos, que deberán:
•
• • • •
Deseñar actividades lectoras que se integren no contexto da clase e no traballo diario, que respondan ás características de cada materia e que se baseen nos obxectivos xerais do proxecto lector do centro Compartir estratexias e recursos cos demais departamentos, e actuar conxuntamente, sempre que sexa posible Propor actividades de animación á lectura en diferentes niveis educativos, axeitadas ao perfil académico do alumnado Aproveitar os recursos da biblioteca e actualizar os seus fondos Non esquecer que a finalidade última do Proxecto é implicar na lectura ao alumnado: é por iso que convén buscar actividades novas, motivadoras, axeitadas ao perfil dos alumnos
Aparte destas orientacións xerais para todo o alumnado, o profesorado deberá prestar axuda a aqueles rapaces e rapazas que mostren DIFICULTADES LECTORAS, tanto de comprensión como de expresión. Para iso recoméndase: • • • • •
• •
Ir descifrando cos alumnos que teñen dificultade os textos ata conseguir a súa comprensión Non conformarse coa memorización literal dos textos Comprobar sistematicamente se realmente o comprenden Analizar o vocabulario Fomentar o hábito de preguntar e consultar ao profesorado o que non entenden. Para isto débese estimular aos alumnos para que pregunten, evitar comentarios negativos, impedir que se sintan cohibidos ou ridículos, etc. Facer que o alumnado entenda a importancia que ten para a súa aprendizaxe o feito de comprender ben o que le e acostumalo a empregar o dicionario Invitar ao alumnado a esforzarse en deducir o significado dunha palabra polo seu contexto ou a partir da súa etimoloxía. Para iso, en cada aula debe haber un dicionario actualizado de lingua galega e de lingua castelá
É moi importante fomentar no alumnado unha cultura da lectura e inculcarlle a idea de que, aínda que ler require un esforzo, é gratificante.
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16 Finalmente, convén practicar a lectura en voz alta, pois esta axuda á comprensión e permítenos comprobar moitas veces se o alumno comprende ou non o que le. Ademais, a lectura en voz alta mellora a dicción, a capacidade de expresarse en público con soltura, axuda ao alumno a vencer a timidez e o medo ao ridículo e, por último, prepara aos individuos para o seu futuro laboral.
5. APLICACIÓN DA COMPRENSIÓN LECTORA NA AULA •
• • • •
• • •
linguaxe
específica
e
un
Para mellorar a comprensión lectora das unidades didácticas prantexadas nos libros de texto, débese:
Ler detidamente os textos Facer preguntas dirixidas cara a comprensión do texto Analizar o vocabulario Activar as ideas previas Relacionar o texto lido con outras experiencias Facer resumos, esquemas ou mapas conceptuais Extraer a idea principal Propor outros títulos Facer debuxos que resuman o texto Reler en silencio
•
•
unha
Axudarase aos alumnos a coñecer e empregar a terminoloxía adecuada en cada ámbito do saber para que o manexen dun xeito progresivo e preciso Elaborarase unha lista de termos fundamentais de cada materia co fin de observar a evolución da capacidade lectora e de comprensión conceptual do alumnado É imprescindible coñecer o significado claro de todos os conceptos, non só para a súa comprensión, senón para incorporalos á linguaxe oral e escrita Debe procurarse que os alumnos coñezan a orixe etimolóxica e a evolución histórica dos termos para ampliar o seu horizonte cultural e facilitar a relación entre os coñecementos das distintas áreas
•
• • • • • • • • • •
Consideramos que cada área ten vocabulario concreto; polo tanto:
Para romper o hábito de ocultar que non se comprende, o profesorado debe:
Intentar que o alumno supere o sentido do ridículo e prestar unha atención especial aos tímidos Facilitar que pregunten Non levantar a voz nin enfadarnos senón ter una actitude comprensiva Animalos á participación
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16 • • •
Ter pacencia, repetir as explicacións de xeito diferente ou facelo coa colaboración de outros compañeiros Facilitarlles que pregunten de forma indirecta (escrita) Crear un clima de silencio e atención
•
• • • • • • • •
Respectar as quendas de palabra Aprender a escoitar Reflexionar antes de falar Comprender que todas as ideas son válidas e respectables e que non pasa nada por equivocarse Formular preguntas sobre os textos tanto ao profesor como aos compañeiros Expoñer as preguntas con seriedade Aprender a defender teses ou a rebatelas, argumentando correctamente Emprender unha segunda lectura despois de prantexadas as cuestións
•
• • •
• • •
Para a comprensión do vocabulario específico de cada área, realizaranse as seguintes actividades:
Buscar sinónimos e antónimos Estudar prefixos, sufixos, familias de palabras, campos semánticos, etc. Subliñar as palabras que non se entenden
•
• •
Para activar o clima de participación na aula e lograr un ambiente participativo, o alumno deberá:
Para mellorar a comprensión e a expresión oral, proponse:
Que o profesorado lea en voz alta para servir de modelo e referente aos alumnos Avaliar a comprensión lectora do alumno mediante a lectura en voz alta de textos previamente traballados Que o alumno lea tamén en voz alta Fomentar a expresión a través da lectura de textos Definir, de forma oral, termos que se traballaron e comprenderon
6. ACTUACIÓNS DO CENTRO DESTINADAS AO FOMENTO DA LECTURA E DA ESCRITURA E Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS 1. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS. No que a formación de usuarios e educación documental se refire ao comezo da actividade académica o alumnado dos primeiros cursos visitará a biblioteca acompañado do seu titor e un profesor encargado. Nestas primeiras visitas o alumnado recibirá información sobre:
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16 • •
•
• • • • •
A BIBLIOTECA EN XERAL: como se distribúe, normas, o que se pode atopar, horario. Profesor responsable CONDICIÓNS DO EMPRÉSTITO E DEVOLUCIÓN: Cando podo vir pedir emprestado un libro? Cantos libros podo levar? Cando os teño que devolver? Pódense sacar da biblioteca todos os libros? COLOCACIÓN DOS LIBROS NA BIBLIOTECA: Por que están así colocados? Que significado teñen os rótulos con números que hai nos andeis? Dentro de cada estante, como están colocados os libros? Cómo podo saber se hai un libro na biblioteca? LOMBIÑOS: Que significado ten a información que aparece neles? CARNÉS: Necesítoo para sacar libros da biblioteca? E para devolvelos? Valen para outra biblioteca? OUTROS MATERIAIS: Pódense levar películas? As revistas e periódicos, pódense consultar? ORDENADORES: Serven para buscar a información que poidan necesitar e consultar os libros da biblioteca do centro ou das bibliotecas públicas próximas. PANEIS INFORMATIVOS: neles poderán encontrar tódalas novidades e notas de interese
Con esta primeira actividade os alumnos/as familiarizaríanse co funcionamento da biblioteca e así poderán valorala coma un lugar agradable que pon á súa disposición multitude de recursos diferentes e persoas que poden axudalos, non só para o seu traballo diario senón tamén coma forma de ocupar o seu lecer. Entregaríaselles tamén un boletín coas normas de uso, horario e recomendacións xerais. Estes alumnos dos primeiros cursos farían unha actividade que tería como finalidade poñer en práctica o aprendido na visita anterior, para o cal terían sobre as mesas varios libros que eles mesmos terían que distinguir por materias e colocar nos estantes. Despois faríase a actividade inversa: daríaselles unha lista con títulos, autores e materias para que os localizasen dentro do espazo da biblioteca. No ordenador indicaríaselles a forma de realizar unha consulta dun libro que queiran localizar, saber se o hai na biblioteca e, no caso contrario, en que outra biblioteca o poden atopar. Todo isto complementarase con actividades dixitais para a formación de usuarios deseñadas polo propio equipo.
2. RELACIÓN E COORDINACIÓN COAS BIBLIOTECAS DAS POBAOACIÓNS VECIÑAS, co obxecto de facilitar a labor formativa e lectora ao alumnado. Por esta canle poden discorrer accións como a de comunicar a estas bibliotecas as lecturas dirixidas e opcionais nas diferentes áreas e etapas educativas: deste xeito a posibilidade de préstamo e de acceso á lectura será maior.
3 FACER PÚBLICA NA BIBLIOTECA E/OU NO BLOG AS LECTURAS RECOMENDADAS POR ÁREAS, para evitar coincidencias e para, en definitiva, mellorar a rendibilidade da actividade lectora.
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16 4. ABRIR NO BLOG DA BIBLIOTECA UNHA PESTANA PARA OS DEPARTAMENTOS, ONDE SE POIDA COLGAR MATERIAL DOS ALUMNOS OU PARA OS ALUMNOS, na busca, sempre, dun enriquecemento da formación comunicativa.
5. PUBLICAR O PROXECTO LECTOR NO BLOG DE BIBLIOTECA E NA PÁXINA WEB DO CENTRO, para que sexa un documento vivo no que toda a comunidade poida participar con novas achegas ou correccións.
6. FUNCIONAMENTO DO CLUB DE LECTURA FENDETESTAS , tentando que cada vez integre máis amantes da lectura de distintos niveis. Un ingrediente tan importante como a lectura será o cine dentro da actividade do noso club.
7. DINAMIZACIÓNS LECTORAS NA BIBLIOTECA
8. COLOCACIÓN NA MESA REDONDA DA BIBLIOTECA DE LIBROS E DVD RELACIONADOS CON CELEBRACIÓNS TRANSVERSAIS EN DISTINTAS ÉPOCAS DO ANO.
9. FUNCIONAMENTO DUN BUZÓN DE SUXESTIÓNS DE COMPRA, na entrada da biblioteca: alí poderán depositar as súas suxestións os distintos membros da comunidade educativa.
10. ZONA DE EXPOSICIÓN DE ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS DA BIBLIOTECA EN LIBROS E DVD: dous mobles próximos á zona de préstamos conterán as novidades de fondos da biblioteca Sarmiento.
11. COLABORACIÓNS NOS BLOGUES DA BIBLIOTECA.
12. CONMEMORACIÓNS: Día das Bibliotecas, Magosto, Samaín (ambientación do espazo de biblioteca e exposición de libros, orixes da celebración), Día da Ciencia, Día contra a Violencia de Xénero (proxección dalgún corto e concurso de lemas), Día dos Dereitos Humanos, Día da Paz, Entroido, Día da Muller Traballadora, Día do consumidor, Día do libro, Día das Letras Galegas… Deseñaranse actividades arredor de textos de distinta índole relacionadas con estes eixos temáticos.
13. RECEPCIÓN DE EXPOSICIÓNS OU ELABORACIÓN DALGUNHAS PROPIAS DESDE O CENTRO, con actividades artelladas desde a biblioteca, coa axuda de profesorado das diferentes áreas. Buscarase ao longo de todo o curso a variedade disciplinar.
14. DESEÑO DE CONCURSOS QUE ESIXAN A BUSCA DE INFORMACIÓN DE DIVERSO TIPO POR PARTE DO ALUMNADO.
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16 15. BOLETÍNS CON RECOMENDACIÓNS DE LECTURA E DE CINE en galego e en castelán.
16. CONCURSOS DE CREACIÓN LITERARIA, en diferentes linguas e con distintos motivos de inspiración.
17. ENCONTROS CON ESCRITORES E CON OUTROS PERSOEIROS LIGADOS Á CULTURA, que transmitan ao alumnado a utilidade do saber e da lectura, no eido persoal e no socioprofesional. Para iso, o profesorado colaborará no deseño da Semana Cultural do centro, que se celebra todos os cursos ao remate do segundo trimestre.
18. ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA ESPECÍFICAS DE CADA ÁREA OU MATERIA. Nas programacións didácticas de cada Departamento e Ciclo deberán constar cada unha das actividades deseñadas especificamente para traballar a comprensión lectora. As actuais inclúense como anexo a este Proxecto Lector. Cómpre subliñar que no deseño e realización de actividades, prestarase sempre atención ao alumnado con linguas e culturas diferentes, co fin de facilitar a súa integración nesta comunidade escolar. Igualmente acomodaranse as propostas aos alumnos con necesidades educativas especiais ( lecturas axeitadas na biblioteca, participación en conmemoracións,noblog, nas lecturasdinamizadas)
19. POSTA EN FUNCIONAMENTO DAS MOCHILAS VIAXEIRAS, con lotes de libros, revistas e DVDs, que o alumnado poderá levar en préstamo para si e para a súa familia.
20. CONTINUIDADE DA HORA DE LER: co propósito de favorecer as habilidades comprensivas e expresivas do alumnado e para espertar o interese pola lectura , habilitouse un pequeno período dentro da xornada lectiva dedicado a enriquecer o hábito lector. Dedícanse os 15 primeiros minutos dunha sesión diaria á lectura. Na primeira semana faríase coa primeira sesión, na segunda semana, no segundo período lectivo e así sucesivamente ata esgotar as seis sesións da mañá; entón volveríase a empezar. Estase a facer 1º e 2º de ESO. O alumnado traería libros das casas para facer unha biblioteca de aula e favorecer o intercambio. Aínda así, o equipo de biblioteca pode ofrecer libros aos rapaces que non os teñan (prepáranse lotes de libros para as clases que o necesiten).
21. PETICIÓN A TODOS OS DEPARTAMENTOS QUE SE TEÑA EN CONTA A PRESENTACIÓN E CORRECCIÓN DAS TAREFAS ESCRITAS Á HORA DE VALORALAS, para concienciar ao alumnado de que a competencia expresiva é algo básico para a formación do individuo e non forma parte só do currículo das áreas lingüísticas.
7. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DO PROXECTO LECTOR Débense poñer en funcionamento unha serie de mecanismos que permitan avaliar o funcionamento e efectividade do Proxecto Lector cada curso no noso centro. Poden ser os que seguen:
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16
•
• • • • •
Elaboración de enquisas anuais para alumnado e profesorado coa finalidade de analizar o grao de implicación da comunidade educativa na posta en práctica de distintas actividades do proxecto lector Comprobación do nivel de participación do conxunto da Comunidade Escolar nas actividades que se organizan, vendo o grao de aceptación dunhas e doutras Valoración do uso da Biblioteca por parte dos profesores e dos alumnos Análise do funcionamento da Biblioteca: aspectos que se deben reforzar ou mellorar Análise de movementos de préstamo e de lectura en sala A análise anual (preferentemente ao remate do curso) dos resultados conseguidos debe demostrar ata que punto se acadaron os obxectivos previstos neste Proxecto Lector. É importante aproveitar os resultados da análise para a planificación do traballo de próximos cursos e para facer as oportunas modificacións neste documento, que, como se reseñou xa en varias ocasións, é un documento vivo e versátil, que debe adaptarse á realidade do centro e cambiar con el
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16
ANEXO: CONTRIBUCIÓNS ESPECÍFICAS DOS DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS AO PLAN LECTOR DEPARTAMENTO DE LATÍN O seminario de latín entende a lectura como un proceso centrado no texto. O proceso de lectura debe asegurar que o lector comprende o texto e que pode construír unha idea acerca do seu contido. Cada tipo de texto presupón unha forma determinada de lectura, pero será o propio lector o que determine o grao de esixencia lectora. Os obxectivos que este seminario determina son os seguintes: • Fomentar o gusto pola lectura de textos clásicos de diferente temática • Mellorar o rendemento do alumnado traballando a comprensión oral e escrita • Fomentar o uso das novas tecnoloxías como ferramenta de acceso aos recursos da • información • Fomentar o uso de distintas versións dun mesmo tema para que o alumnado • desenvolva o seu sentido crítico • Aumentar as capacidades do alumnado para a aprendizaxe a través da lectura
•
• • • •
Lectura de textos clásicos fundamentalmente adaptados: unha versión adaptada da Odisea de Homero e da Eneida de Virxilio Lectura de narracións míticas da antigüidade clásica Lectura de dúas obras teatrais clásicas, unha comedia e unha traxedia, que posteriormente o alumnado verá representadas no Festival de Teatro Grecolatino de Lugo Participación do alumnado de latín e grego no recital poético organizado pola biblioteca durante a Semana Cultural. Neste recital o alumnado le poemas nas distintas linguas que se estudan no centro, e o de clásicas recita poemas en latín e grego e a súa correspondente tradución ao galego ou ao castelán
•
•
Como contribución ao plan do fomento de lectura e coa finalidade de achegar ao alumnado ao mundo clásico, o seminario de latín promoverá as seguintes actividades:
O seminario de latín tamén proporcionará ao alumnado unha lista de libros recomendados dispoñibles na biblioteca do centro para a súa lectura voluntaria. As materias deste seminario (Cultura Clásica e Latín) pretenden contribuír á adquisición dun nivel de lectura axeitado utilizando unha metodoloxía a través de distintas vías:
A través dunha lectura comprensiva de distintos textos e da busca e tratamento da información obtida. Deste xeito, reflexionando sobre a información dun texto, o alumnado pode participar en debates e traballos de grupo e adquire un vocabulario específico relacionado coa cultura clásica
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16 •
• •
Grazas ao traballo coas distintas fontes de información, redactando textos descritivos, realizando mapas conceptuais, elaborando resumes, completando textos aos que lles falta información e distinguindo factores determinantes nunha situación: causa, desenrolo e consecuencias Potenciando habilidades relativas á elección con criterio propio, crítica de distintas posturas e defensa de argumentos propios Utilizando distintos tipos de lectura: lectura silenciosa, lectura selectiva para extraer unha idea global, lectura lenta, para gozar lendo e lectura informativa
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA Dende o seminario prantéxase:
1. Adquisición de textos relacionados coa EF en soporte impreso ou electrónico que poidan espertar interese no alumnado 2. Recomendar a lectura de polo menos un libro durante o curso. No caso de alumnos/as que non poidan realizar actividade física podería ser obrigatoria a lectura e polo tanto avaliable 3. No taboleiro do ximnasio poderán colocar noticias dos xornais que teñan relación coa materia e que eles consideren interesantes 4. Cando sexa necesario empregaranse as tecnoloxías da información e a comunicación para a realización de traballos relacionados coa materia
DEPARTAMENTO DE FRANCÉS Os alumnos que cursen a materia de Francés-Segunda Lingua Estranxeira teñen a obriga (a partires do 2º curso da ESO) de facer unha lectura complementaria por trimestre. A devandita lectura trimestral será elixida entre as múltiples de que dispón a biblioteca do centro. A práctica totalidade delas son lecturas graduadas por niveis, de tal xeito que o profesor dará instrucións a cada grupo do nivel axeitado a cada un deles. O traballo posterior á lectura seguirá as consignas do profesor do grupo de referencia, tendo en conta que sempre constará dunha parte oral e doutra escrita. Pola experiencia de anos anteriores, esta actividade acada un notable éxito, tendo boa aceptación entre o alumnado de maneira maioritaria. Este departamento tamén fomentará calquera iniciativa promovida polo equipo de profesores coordinadores da biblioteca, tendentes á promoción das distintas actividades de lectura que se realicen ao longo do curso.
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16
DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA 1º BACHARELATO
O alumnado deste primeiro curso deberá ler o libro: Obelix y Compañía, de R. Goscinny e A. Uderzo; que se atopa nos fondos da biblioteca do centro. Terán que elaborar un traballo que será guiado e supervisado pola profesora. Este traballo vaise ter en conta para a nota global da disciplina. Ademais lerase o libro: El Mercado y Nosotros, de José Luís Sampedro. O obxectivo é que vexan os pros e os contras dos dous grandes sistemas económicos que estiveron enfrontados durante o século XX. Será unha lectura de aula e deberán debater diversos puntos propostos pola profesora así coma entregar un pequeno resumo coas conclusións obtidas. Ao longo do curso, irán facendo traballos biográficos dos diferentes economistas que se tratan nas unidades didácticas. Este será un traballo a elaborar en grupos; deberán facer un mural e realizar unha exposición oral diante dos compañeiros de aula. Ao longo do curso propóñense traballos voluntarios sobre temas económicos de actualidade, para os que se deberá obter a información dos xornais cos que se conta no centro. Tamén analizamos as páxinas de economía de “La Voz de Galicia”, para que se vaian afacendo ao vocabulario empregado e tentar estimular o seu espírito crítico.
2º BACHARELATO
O alumnado deste segundo curso deberá ler o libro: El mercado y la globalización, de José Luis Sampedro, que se atopa nos fondos da biblioteca do centro. Terán que elaborar un traballo, o cal vai contar para a nota global da disciplina. Tamén se empregarán artigos de prensa periódica, para analizar temas de actualidade que estean relacionados coa materia que nos ocupa en cada momento do curso escolar. Farase necesaria a consulta e lectura, ao longo do curso, de diversos materiais (páxinas web, blogs, libros, manuais de lexislación, …), entre outros, os seguintes:
• • • • • • • • • • • • •
http://www.emprendedores.es/ http://www.crear-empresas.com/ http://www.profesionasliberales.com/ http://www.capital.es/ http://www.mujeredenegocios.net/ http://www.twitter.com/ http://www.mundofranquicia.com/ http://www.aeat.es/ http://www.circe.es/ Lexislación laboral, fiscal, contable,… El hombre que cambió su casa por un tulipán. Fernando Trias de Bes Colección de artigos “A la contra”. Fernando Trias de Bes Etc.
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16
DEPARTAMENTO DE ADMINISTRATIVO Debido ás propias características do ciclo que impartimos, consideramos de vital importancia que os nosos alumnos se afagan ao manexo de diversos materiais de consulta e lectura. Resulta imprescindible para calquera profesional da xestión administrativa o manexo de distintas bibliografías, en calquera soporte, para a continua actualización dos seus coñecementos, tendo en conta, ademais, que a lexislación manexada por estes profesionais está en continua modificación. Faremos fincapé, ao longo de toda a etapa de aprendizaxe dos nosos alumnos, na utilización de diversos materiais de consulta, tales como:
• • • • • • • •
Diario Oficial de Galiza Boletín Oficial do Estado Plan Xeral de Contabilidade Guías laborais e fiscais Revistas e libros especializados Prensa, tanto de información xeral, como económica, fiscal, tributaria, … Diversos manuais (contables, fiscais,..) Etc.
Estas consultas e lecturas realizaranse en ocasións na propia aula. Nela non so disporán de lectura impresa, senón que na nosa Aula de Informática poderán consultar todos aqueles materias necesarios en soporte dixital ou a través de Internet. Noutras ocasións, estas lecturas deberán facerse na propia Biblioteca do Centro, e incluso poderemos remitilos a outras bibliotecas ou organismos, onde dispoñan do material que en cada caso se faga necesario manexar.
DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA No Seminario de Lingua e Literatura Galegas véñense desenvolvendo cunha certa continuidade unha serie de actividades dirixidas á promoción do hábito lector entre o alumnado. Enumeramos a continuación as que se van poñer en práctica en todos os niveis. Independentemente destas que podemos denominar de carácter xeral, na programación de cada un dos cursos poderán estar incluídas actividades concretas.
•
•
Encontros literarios con escritores: coa excepción de 2º de Bacharelato, tentarase que en cada un dos niveis o alumnado teña a oportunidade de intercambiar impresións co autor ou autora sobre unha das tres obras de lectura propostas Exposicións centradas no acto literario: poderán ser exposicións que veñan ao centro tal e como se fixo, por exemplo, o ano pasado coa de Manuel María, ou ben dependendo da oferta existente desprazarémonos nós ata o lugar onde se fagan as exposicións. As exposicións estarán sempre condicionadas a un traballo previo desenvolvido na aula e, por suposto, a unha valoración do seu aproveitamento tanto por parte do alumnado como do profesorado
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16 •
•
• •
Campañas de animación á lectura desenvolvidas por diferentes editoriais. Hai varias editoriais que, ademais de promover encontros con escritores/as, inclúen entre as súas propostas a figura dun animador/a á lectura que durante unha sesión de clase ofrece determinados datos sobre o libro en cuestión tentando que o alumnado se interese por continuar a historia. Esta animación tamén se pode desenvolver con posterioridade á lectura dunha obra determinada relacionándoa con outros libros Intercambio de experiencias entre os propios alumnos con lecturas voluntarias e a conseguinte presentación dunha pequena reseña aos compañeiros. Nesta exposición o relator fará fincapé en a quen pode interesar o libro en cuestión Campaña de concienciación da lectura facendo fincapé en que reflexionen sobre cuestións como: Por que ler? Para que ler? Visita á páxina bvg.udc.es onde existe a posibilidade de que o alumnado manteña contacto cos escritores/as
DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA O Departamento de Lingua Castelá e Literatura atópase implicado de maneira moi activa na posta en práctica do Plan Lector do centro e na dinamización da Biblioteca Sarmiento como foco de difusión cultural e literaria dentro do noso instituto. Á parte do impulso lector que desde a materialización na aula do currículo propio da área, o Departamento organiza e/ou colabora nun bo número de actividades dirixidas a lograr que a lectura sexa unha actividade habitual, enriquecedora e demandada no centro:
- Desde o curso 2008-09 funciona, dirixido por membros do Departamento, o Club de Lectura Fendetestas, deseñado para gozar coa lectura e cun bo número de actividades ligadas á mesma ( debates, visionado de películas, investigación …). Funciona, ademais, desde o curso 2009-10, un blog (http://clubfendetestas.blogspot.com) no que os membros do club presentan semanalmente as súas actividades. • Colaboración nas tarefas de formación de usuarios e de educación documental impulsadas desde a biblioteca do centro • Dinamizacións lectoras no espazo da biblioteca, organizadas por cursos e grupos: apóianse as lecturas con elementos icónicos ( presentacións pps, debuxos…) • Aproximación das lecturas aos alumnos, sacando libros dos armarios de biblioteca e reuníndoos, segundo o seu tema, o seu xénero, a súa finalidade …, en mesas para que os alumnos os toquen, os miren, os lean … • Concursos ligados á transversalidade ou a personaxes específicos de diferentes campos do saber; os alumnos realizan tarefas de investigación, de creación … • Exposicións sobre autores, temas específicos … en colaboración co alumnado • Difusión do labor lector do alumnado a través do blog da nosa biblioteca • Creación dentro do blog da biblioteca Sarmiento (http://sarmientobiblioteca.blogspot.com) da sección “Queler, quever”, na que, a partir deste curso, alumnos e profesores poderán contar as súas impresións sobre libros e películas.
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16
DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS O departamento colaborará na mellora da capacidade lectora do alumnado propoñendo en todas as sesións a lectura en voz alta dalgún texto que se vaia a utilizar nese momento: introducións, enunciados de problemas, notas históricas, etc. Facendo especial fincapé nos seguintes aspectos:
•
Verbalizar conceptos, explicar as súas ideas, redactar por escrito conclusións e razoamentos e, por suposto, realizar a lectura comprensiva de enunciados diversos. A lectura de textos literarios de contido matemático, contribuirá de forma importante a lograr tanto a competencia lingüística como a matemática. Neste sentido, a biblioteca escolar, concibida como centro de recursos tanto bibliográficos como multimedia, mostrase como un espazo de especial importancia para o desenrolo do hábito lector. Por iso deben aproveitarse os recursos da biblioteca do centro, que o alumnado debe coñecer e utilizar de forma progresivamente autónoma, xa sexa para satisfacer os desexos de lectura como medio de lecer e diversión, como para aprender manexando os recursos e consultando as distintas fontes documentais
Ademais os membros do departamento propoñen utilizar as horas de garda ou substitución de profesores para mellorar a capacidade lectora dos alumnos afectados.
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA FOMENTO DA LECTURA POR MATERIAS
1 e 2º ESO:
Ademais da lecturas correspondentes ao libro de texto, fomentarase a lectura de publicacións relacionadas cos temas desenvolvidos na clase. Considérase especialmente interesante o fomento da lectura dos xornais.
3º E 4º ESO e 1º BACHARELATO
Fomentarase a lectura de xornais e revistas de actualidade, xunto con todo tipo de publicacións relacionadas cos temas desenvolvidos na clase propoñendo actividades que impliquen a consulta deste tipo de fontes. Considérase especialmente interesante o fomento da lectura dos xornais, pola conexión dos contidos curriculares coa realidade temporal e espacial e social dos alumnos ( medio físico e económico, atendendo especialmente aos contidos de clima, economía, demografía ou inmigración)
HISTORIA DE ESPAÑA ( 2º Bacharelato)
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16
Ademais da lecturas correspondentes aos comentarios e composicións de textos, fomentarase a lectura de xornais e revistas de actualidade, xunto con publicacións relacionadas cos temas desenvolvidos na clase tanto orixinais como en edición facsímile. Considérase especialmente interesante o fomento da lectura dos xornais.
XEOGRAFÍA ( 2º Bacharelato)
A lectura de xornais e a consulta de Libros de Xeografía, Enciclopedias, Dicionarios de termos xeográficos, revistas e todo tipo de publicacións relacionadas cos temas desenvolvidos na clase, é básica dentro do desenvolvemento da materia. Considérase especialmente interesante o fomento da lectura dos xornais na busca de noticias referentes a aspectos xeográficos, coa finalidade de conectar os contidos da materia coa actualidade. Os Xornais utilizaranse como fonte de información en tódalas unidades. Tamén se promoverá o acceso a enciclopedias e Atlas Xeográficos facilitándolle ao alumnado a súa consulta na Biblioteca do Instituto; con elo intentarase que o alumnado recorra ás fontes escritas, como fonte de coñecemento xeográfico.
HISTORIA DA ARTE ( 2º Bacharelato)
Fomentarase a lectura de xornais e tamén a consulta de Libros de Arte, Enciclopedias de Historia da Arte, Dicionarios de termos artísticos, revistas e todo tipo de publicacións relacionadas cos temas desenvolvidos na clase, propoñendo actividades que impliquen a consulta deste tipo de fontes. Considérase especialmente interesante o fomento da lectura dos xornais na busca de noticias referentes ao patrimonio e a Historia da Arte,coa finalidade de conectar os contidos da materia coa actualidade, e polo tanto desenvolver o interese pola mesma por parte do alumnado. Tamén se promoverá o acceso a enciclopedias e Libros de Historia da Arte facilitándolle ao alumnado a súa consulta na Biblioteca do Instituto; con elo intentarase que o alumnado recorra ás fontes escritas, a opinións de historiadores e estudiosos da Arte que complementarán o seu coñecemento dos conceptos da materia e o seu sentido crítico.
DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA Nas disciplinas filosóficas é imprescindible o traballo con textos filosóficos adecuados a cada nivel; a lectura destes textos e o reto de tratar de entendelos é básico e de obrigado cumprimento para tódolos alumnos. Tamén nos interesa que os alumnos desenvolvan a súa capacidade argumentadora redactando coidadas disertacións que logo serán expostas publicamente. Xunto con todo o anterior buscamos tamén desenvolver a capacidade de expresión e argumentación oral a través de diálogos filosóficos e debates na aula. Para elo utilizaremos ademais dos textos clásicos dalgúns filósofos a lectura de obras literarias modernas de ficción a través das que analizaremos algúns dos problemas e conceptos filosóficos mais relevantes. Isto debería permitirnos acada dous obxectivos importantes: mellorar a comprensión lectora e a
IES DE CURTIS. CURSO 2015/16 expresividade oral, acercándonos ó mesmo tempo dunha forma amena ós problemas filosóficos mais relevantes.
FILOSOFÍA E CIDADANÍA
LECTURAS COMPLEMENTARIAS OBRIGATORIAS
•
Jostein Gaarder. O Mundo de Sofía. Recoméndase co obxecto de proporcionar ós alumnos, a modo organizador, unha visión de conxunto do que representou e representa o saber filosófico ó longo da historia, facendo ver que o coñecemento das diferentes correntes e autores é necesario para a actividade filosófica, xa que as novas respostas non invalidan outras anteriores
LECTURAS COMPLEMENTARIAS OPTATIVAS (A ELEXIR UNHA) • Fernando Savater, As Preguntas da Vida. Obra de iniciación elemental á reflexión filosófica seleccionada para introducir na clase os distintos problemas filosóficos a partir dos seus interrogantes: ¿para o que serve a filosofía?, a morte, a verdade, o universo, a liberdade, a xustiza, a beleza, o tempo; dando pé ó comentario, reflexión, análise, procura de información sobre o tema, produción de textos, debates, etc. • Golding, Willian, El señor de las moscas. Alianza Editorial. • Orwell, George, 1984. Ediciones Destino. • Trumbo, Dalton, Johny cogió su fusil. Punto de lectura. • Millas, Juan José. El orden alfabético. Punto de lectura. • K. Dick, Philip, ¿Sueñan los androides con ovejas electricas? Edhasa • Coetze, Esperando a los bárbaros. Punto de lectura. • Tolstoi, La muerte de Ivan Illich. Editorial Juventud • Sanchez Piñol, Albert, La piel fría.Quinteto. 2006
HISTORIA DA FILOSOFÍA
LECTURAS OBRIGATORIAS DE TEXTOS DE DIFENTES FILÓSOFOS
• • • • • • •
Platón Aristóteles Agostiño-Tomé Descartes-Hume-Locke Kant Marx Nietzsche
LECTURAS DE ARTIGOS PERIODÍSTICOS REFERENTES ÓS FILÓSOFOS SINALADOS