PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
CURSO 2018/19
PROXECTO LECTOR DE CENTRO - INTRODUCIÓN 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 2. OBXECTIVOS 3. PRINCIPIOS DE ACTUACIÓN DIDÁCTICA E AXENTES IMPLICADOS
4. ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O TRATAMENTO DA COMPRENSIÓN
LECTORA E DO VOCABULARIO ESPECÍFICO EN TODAS AS ÁREAS DOS DISTINTOS NIVEIS EDUCATIVOS 5. APLICACIÓN DA COMPRENSIÓN LECTORA NA AULA
6. ACTUACIÓNS CONCRETAS DO CENTRO DESTINADAS AO FOMENTO DA
LECTURA E DA ESCRITURA E Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS (INTEGRADAS NO PAL) 7. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DO PROXECTO
LECTOR
1
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
CURSO 2018/19
- INTRODUCIÓN Tomando como referencia a Lei Orgánica 2/2006 de Educación e a súa concreción para a comunidade autónoma de Galicia no Decreto 133/2007 do 5 de xullo (DOG 13/07/07), así como a Lei orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para a mellora da calidade educativa, que vén modificar algúns dos aspectos da primeira citada arriba,
o Proxecto Lector é un documento
interno e peculiar para cada centro educativo, no que se deben integrar todas as intervencións destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas, procurando especialmente a adquisición das seguintes competencias clave:
•
Comunicación lingüística (CCL)
•
Competencia dixital (CD).
•
Competencia para aprender a aprender (CAA).
•
Competencias sociais e cívicas (CSC).
•
Conciencia y expresiones culturales (CCEC).
O desenvolvemento da competencia lectora -nas súas vertentes comprensiva, expresiva e crítica- e investigadora cómpre prantexalo como un proceso a longo prazo, que debe concretarse en actividades habituais integradas no currículo da E.S.O. e debe perseguir uns obxectivos comúns a todas as áreas curriculares e etapas da Secundaria. Agora ben, nun centro como o IES de Curtis, que integra diferentes modalidades de ensinanzas (ESO, Bacharelatos, Ciclos Formativos e Formación Profesional Básica I e II) cómpre elaborar un plan extensivo a todo o alumnado, con variedade de actividades de fomento da lectura e de perfeccionamento comunicativo e da educación documental (busca e análise de información de diversa natureza). Segundo a lexislación vixente, os centros de ensino disporán dunha biblioteca escolar: este recurso educativo contribuirá ao fomento da lectura, axudará a que alumnado acceda á información e a outros recursos para a aprendizaxe nas diferentes áreas e materias, e axudará a desenvolver habilidades para investigar e enxuizar con acerto. Polo tanto a biblioteca escolar debe contribuír a facer efectivos os principios pedagóxicos referidos á lectura. O espazo que vimos de mencionar é un instrumento imprescindible para a posta en práctica do noso Proxecto Lector de Centro. O profesorado debe organizalo e dinamizalo como
2
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
CURSO 2018/19
un centro de recursos para a lectura, a información, a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal, de xeito que o alumnado adquira un hábito continuado que reforce a súa formación permanente. Entendemos que a biblioteca escolar non só é un lugar integrado na actividade pedagóxica en todas as áreas curriculares do ensino, senón tamén un lugar que debe facilitar todo tipo de recursos encamiñados ao fomento da lectura e das habelencias interpretativas; debe, polo tanto, entenderse como un verdadeiro elemento transversal dentro da comunidade educativa. Por todo isto, é preciso o compromiso de todo o profesorado para que esta funcione como elemento dinamizador da actividade educativa e da vida cultural do centro. De xeito simultáneo, xunto co funcionamento da biblioteca, deben tamén entrar en acción os departamentos co seu traballo específico para buscar a comprensión e a expresión correcta nas súas materias; as familias tamén teñen un papel relevante neste proceso, como axentes concienciadores da importancia da lectura e do coñecemento como elemento formativo e socializador.
Partindo destas premisas xerais, que serven como introdución á nosa concepción do Plan Lector, pasamos agora a un primeiro paso, que será unha análise da situación real do centro nestes últimos cursos.
3
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
CURSO 2018/19
1. ANÁLISE DO CONTEXTO
•
O alumnado A maioría do alumnado do noso centro pertence ao contorno rural e forma parte de
familias que viven, fundamentalmente, das actividades relacionadas co sector primario: agricultura, gandería e construción, con dificultades para desprazarse ata outros centros de acceso á cultura dende os seus domicilios; os servizos de documentación da área de influencia do IES son escasos e están centralizados nas vilas (Curtis e Teixeiro), polo que resultan de todo insuficientes para a formación intelectual destes alumnos. Isto supón que sexa a biblioteca do propio Instituto o lugar mais accesible para eles, tanto para a consulta como para o préstamo domiciliario de fondos bibliotecarios. O I.E.S. Curtis está situado na vila da que toma o seu nome e acolle alumnado procedente de todo o Concello e concellos limítrofes, fundamentalmente por impartir 2 Ciclos Formativos de Grao Medio (Automoción e Informática) ademais de ESO, Bacharelato e FPBÁSICA I e II.
PLANTILLA DO CENTRO (57) PERSOAL DOCENTE
50
PERSOAL NON DOCENTE
7 TOTAL DE ALUMNADO (255)
ESO
123
1º ESO
33
2º ESO
31
3º ESO
33
4º ESO
26
BACHARELATO
66
1º BAC
37
2º BAC
29
FP BÁSICA
23
FP BÁSICA I
13
FP BÁSICA II
10
CICLOS FORMATIVOS
43
CF AUTOMOCIÓN
27
CF INFORMÁTICA
16
4
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
CURSO 2018/19
Como antes se sinalou, o instituto atópase no medio rural; as dificultades para acceder a centros e eventos culturais son manifestas, en tanto que en varias poboacións non hai bibliotecas e o horario dos transportes tampouco facilita o desprazamento a outros núcleos de poboación maiores (Santiago, A Coruña…). A tecnoloxía informática tampouco está introducida en todos os fogares: nalgúns lugares as conexións non son boas e noutros as dificultades económicas impiden que as familias conten con este tipo de recursos. Estas características determinan as dificultades que o alumnado presenta á hora de acceder a actividades culturais e á hora de perfeccionar a súa competencia lectora e dixital. E nese sentido a biblioteca do centro vai ser un importante instrumento de compensación social. A isto engádese a presenza de alumnado inmigrante. Nestes últimos cursos a lectura, moi ligada á biblioteca e ao club de lectura, vén sendo unha ferramenta importante para integrar ao alumndo de procedencia china, brasileña, dominicana… As reunións do club facilitan o enriquecemento a través da multiculturalidade e contribúen, frecuentemente, á acollida de alumnado doutras culturas.
Asemade tampouco esquecemos outro tipo de alumnado con necesidades educativas especiais. Promoverase a compra de materiais de lectura para o alumnado destas características, en colaboración coa profesora de Pedagoxía Terapéutica e coa Orientadora do centro.
•
O profesorado No IES de Curtis traballan 50 profesores de diferentes especialidades. En xeral son
conscientes da importancia das boas prácticas lectoras e do papel que nas aulas se lle debe dar á lectura. Tamén o son das dificultades que mostra o alumnado neste campo e mostran o seu compromiso para mellorar, desde as súas áreas, a competencia comunicativa e documental dos alumnos.
•
A biblioteca escolar
A Biblioteca está situada na planta baixa do edificio principal, cerca dos accesos principias ao Centro. Ten unha superficie aproximada de 90 m2 e capacidade para 58 alumnos. Certo é que, en determinados momentos, o espazo resulta insuficiente.
5
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
CURSO 2018/19
Esta dependencia do IES está dividida en tres subespazos: un de lectura (butacas para a lectura de xornais, revistas, ó carón do expositor de publicacións periódicas), outro de estudo (con mesas de traballo e equipos informáticos) e un terceiro ambivalente, de lectura ou de proxección (con equipo multimedia, proxector e mesa de lectura informal). Estes espazos aparecen diferenciados ao intercalar entre eles andeis cheos de libros, que están abertos para permitir o acceso directo á lectura. No que se refire á xestión e catalogación de fondos, na actualidade a Biblioteca está automatizada, temos instalado o "Meiga" na súa última actualización.. Os procesos de empréstitos e devolucións fanse, agora mesmo, a través do programa no que o fondo esté catalogado (por medio do lombiño é claramente identificable o programa utilizado na catalogación). Na última década, a biblioteca do IES de Curtis rexistra unha actividade moi reseñable. É moi amplo o número de usuarios que fan uso diario dela con fins variados: lectura silenciosa, audición de lecturas en alta voz, elaboración e exposición de traballos académicos, consultas puntuais, desenvolvemento de sesións lectivas organizadas ó redor de tarefas de indagación, tertulia para os clubs de lectura, demandas para levar en préstamo … Ben é certo que a concesión do PLAMBE supuxo unha importante axuda para optimizar a rendibilidade académica do espazo. Un equipo de varios profesores, pertencentes a diferentes departamentos didácticos, traballan a diario en tarefas de catalogación, formación de usuarios, dinamización lectora, actualización de fondos, deseño de actividades de aprendizaxe e de obradoiros, etc. Os fondos documentais cos que conta a Biblioteca Sarmiento (máis de 11.000) pertencen maioritariamente ao ámbito dos materiais impresos de tipo bibliográfico (desde o libro en variados formatos e tipos ata publicacións periódicas, como xornais, revistas...). Están tamén a disposición dos usuarios 16 soportes de lectura dixital, que poden ser usados para ler títulos descargados neles polo propio centro ou para descargas feitas polo propio alumnado ou profesorado. As achegas en soportes audiovisuais son menores, aínda que se está enriquecendo de xeito reseñable o número de fondos: a maior parte deste material son DVD con algún contido documental ou de cine de distintas épocas e nacionalidades adquiridos nos últimos tempos; cómpre sinalar o esforzo que nestes últimos anos se está a facer para concienciar á comunidade educativa da contribución que a linguaxe fílmica fai na alfabetización informacional do individuo. Desde o equipo de biblioteca e tras a análise da situación real do centro, acometemos a concreción do Plan Lector do IES de Curtis, co propósito de non elaborar un documento cheo de xeneralidades e sen valor práctico: é unha proposta realista, viva, flexible, funcional e obra dun equipo.
6
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
CURSO 2018/19
2. OBXECTIVOS A lectura comprensiva non é tarefa exclusiva das áreas de lingua: é obriga das familias e do profesorado poñer os medios necesarios para que os alumnos e alumnas comprendan e interpreten correctamente textos escritos, orais ou verbo-icónicos de distinto tipo, de variada temática e con diverso formato ou soporte: revistas, xornais, DVD, cd-rom, xogos multimedia, contidos na rede , etc. O noso obxectivo é deseñar un proxecto lector personalizado para o centro, establecendo uns criterios comúns para todas as áreas que, despois, se adaptarían aos distintos departamentos didácticos encargados de elaborar obxectivos, contidos e actividades concretas de lectura. A biblioteca sería unha peza de gran axuda na labor cotiá dos departamentos e tamén un importante instrumento para o desenvolvementos da autonomía persoal e das habilidades sociais. Este proxecto pretende ser sinxelo, realista, consensuado e baseado no fomento das boas prácticas lectoras na tarefa cotiá de todos os profesores e alumnos. Para conseguir mellorar neste aspecto, márcanse como esenciais os seguintes obxectivos: 1.
Potenciar a comprensión lectora como base de toda aprendizaxe, como axuda
para mellorar a comunicación oral e escrita, e como estímulo do espírito crítico, contribuíndo, en definitiva, ao crecemento persoal do alumnado 2.
Integrar as actividades de comprensión lectora no contexto da clase e no traballo
diario, respondendo ás características e necesidades propias de cada materia 3.
Traballar a lectura comprensiva xunto coa escritura e a expresión oral en todas as
áreas do currículo 4.
Asumir que esta tarefa non é responsabilidade exclusiva das áreas de Lingua, senón
que é necesaria a participación de todas as áreas do currículo 5.
Implicar ás familias no obxectivo de elevar a comprensión lectora dos seus fillos e
fillas. Polo tanto débeselles informar da existencia deste Proxecto Lector e pedir a súa colaboración 6.
Deseñar actividades de comprensión lectora por áreas, ciclos e cursos que teñan
como marco os principios do proxecto lector de centro
7
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
CURSO 2018/19
7.
Programar actividades de animación lectora no marco do Proxecto lector de Centro
8.
Utilizar os recursos da biblioteca escolar, o que contribuirá a actualizar os seus fondos e
a facelos rendibles 9.
Considerar a biblioteca do IES de Curtis coma un espazo central da vida diaria do
centro, tanto para alumnado como para profesorado 10.
Dedicar sesións de titoría a ensinar aos alumnos a aproveitar todos os recursos da
biblioteca e a facer deles individuos cada vez máis competentes na comunicación a través de distintos códigos e canles 11.
Considerar a comprensión lectora como unha materia transversal que implica a todas
as áreas, que esixe o uso de distintos espazos e que se pode traballar de diversos xeitos: en voz alta ou en silencio, co profesor ou co alumno de protagonistas, en dramatizacións ou en recitais, individualmente ou con varias voces …
8
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
3.
PRINCIPIOS
DE
ACTUACIÓN
CURSO 2018/19
DIDÁCTICA
E
AXENTES
IMPLICADOS O Equipo directivo e o Consello Escolar: 1. Asumirá o Proxecto como tarefa primordial cada curso escolar. Para isto, facilitarán os recursos humanos e materiais dos que poidan dispor 2. Saben que a familia ten que constituír un eixo fundamental no Proxecto Lector e debe
invitala a colaborar eventualmente nas actividades lectoras do centro e a
motivar a lectura dos seus fillos e fillas na casa
A Comisión de Coordinación Pedagóxica: 1. Será informada de calquera decisión que se tome respecto da comprensión lectora. Esta comisión, á súa vez, comprométese a transmitir esta información aos equipos de área
O equipo de biblioteca: 1.
Comprométese a colaborar activamente cos departamentos didácticos do centro á hora
de proporcionarlles material didáctico, teórico e práctico, encamiñado á inclusión de actividades de fomento da lectura e comprensión lectora nas distintas programacións 2.
Colaborará activamente na posta en práctica das actividades de fomento da lectura ao
longo de todo o curso 3.
Manterá axeitadamente os fondos documentais, en orde e cunha boa accesibilidade
para os usuarios. Ademais, actualizará o catálogo en consonancia coas necesidades pedagóxicas do centro e coas suxerencias da comunidade educativa. 4.
Levará a cabo a formación dos usuarios da biblioteca de cara ao seu aproveitamento
óptimo nas tarefas de busca de información ou lecer Este Proxecto Lector, concretado nos Plans Anuais de Lectura, incorporarase ao Proxecto Educativo de Centro co fin de traballar a comprensión lectora de modo sistemático.
9
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
4.
ORIENTACIÓNS
DIDÁCTICAS
PARA
CURSO 2018/19
O
TRATAMENTO
DA
COMPRENSIÓN LECTORA E DO VOCABULARIO ESPECÍFICO EN TODAS AS ÁREAS DOS DISTINTOS NIVEIS EDUCATIVOS Unha correcta comprensión lectora favorece a adquisición e comprensión do vocabulario específico propio de cada materia, co fin de acadar precisión e rigor na expresión dos conceptos de área e enriquecer os rexistros lingüísticos do alumnado. O currículo está mediatizado pola linguaxe, sexa oral ou escrita, e os coñecementos das distintas disciplinas artéllanse, en gran parte, de forma lingüística. Ademais, se os alumnos non dominan as técnicas para comprender textos escritos, péchaselles unha porta de acceso ao coñecemento e ao crecemento persoal. Para que o proxecto de lectura funcione, cómpre contar coa colaboración do profesorado dos departamentos didácticos, que poderán traballar guiándose polas seguintes liñas de actuación: Deseñar actividades lectoras que se integren no contexto da clase e no traballo diario,
•
que respondan ás características de cada materia e que se baseen nos obxectivos xerais do proxecto lector do centro Compartir estratexias e recursos cos demais departamentos, e actuar conxuntamente,
•
sempre que sexa posible Propor actividades de animación á lectura en diferentes niveis educativos, axeitadas ao
•
perfil académico do alumnado
•
Aproveitar os recursos da biblioteca e actualizar os seus fondos
•
Non esquecer que a finalidade última do Proxecto é implicar na lectura o alumnado: é
por iso que convén buscar actividades novas, motivadoras e axeitadas ao perfil dos alumnos
Aparte destas orientacións xerais para todo o alumnado, o profesorado deberá prestar axuda a aqueles rapaces e rapazas que mostren DIFICULTADES LECTORAS, tanto de comprensión como de expresión. Para iso recoméndase:
•
Ir descifrando cos alumnos que teñen dificultade os textos ata conseguir a súa comprensión
10
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
•
Non conformarse coa memorización literal dos textos
•
Comprobar sistematicamente se realmente o comprenden
•
•
CURSO 2018/19
Analizar o vocabulario Fomentar o hábito de preguntar e consultar ao profesorado o que non entenden. Para isto débese estimular aos alumnos para que pregunten, evitar comentarios negativos, impedir que se sintan cohibidos ou ridículos, etc.
•
Facer que o alumnado entenda a importancia que ten para a súa aprendizaxe o feito de comprender ben o que le e acostumalo a empregar o dicionario
•
Invitar ao alumnado a esforzarse en deducir o significado dunha palabra polo seu contexto ou a partir da súa etimoloxía. Para iso, en cada aula debe haber un dicionario actualizado de lingua galega e de lingua castelá
É moi importante fomentar no alumnado unha cultura da lectura e inculcarlle a idea de que, aínda que ler require un esforzo, é gratificante. Finalmente, convén practicar a lectura en voz alta, pois esta axuda á comprensión e permítenos comprobar moitas veces se o alumno comprende ou non o que le. Ademais, a lectura en voz alta mellora a dicción, a capacidade de expresarse en público con soltura, axuda ao alumno a vencer a timidez e o medo ao ridículo e, por último, prepara aos individuos para o seu futuro laboral.
11
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
CURSO 2018/19
5. APLICACIÓN DA COMPRENSIÓN LECTORA NA AULA
–
Consideramos que cada área ten unha linguaxe específica e un vocabulario concreto; polo tanto:
•
Axudarase aos alumnos a coñecer e empregar a terminoloxía axeitada en cada ámbito
do saber para que o manexen dun xeito progresivo e preciso
•
Elaborarase unha lista de termos fundamentais de cada materia co fin de observar a
evolución da capacidade lectora e de comprensión conceptual do alumnado
•
É imprescindible coñecer o significado claro de todos os conceptos, non só para a súa
comprensión, senón para incorporalos á linguaxe oral e escrita
•
Debe procurarse que os alumnos coñezan a orixe etimolóxica e a evolución histórica dos
termos para ampliar o seu horizonte cultural e facilitar a relación entre os coñecementos das distintas áreas
–
Para mellorar a comprensión lectora das unidades didácticas prantexadas nos libros de texto, resultará fundamental:
•
Ler detidamente os textos
•
Facer preguntas dirixidas cara a comprensión do texto
•
Analizar o vocabulario
•
Activar as ideas previas
•
Relacionar o texto lido con outras experiencias
•
Facer resumos, esquemas ou mapas conceptuais
•
Extraer a idea principal
•
Propor outros títulos
12
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS •
Facer debuxos que resuman o texto
•
Reler en silencio
CURSO 2018/19
- Para romper o hábito de ocultar que non se comprende, o profesorado pode facer uso das seguintes pautas de actuación:
•
Intentar que o alumno supere o sentido do ridículo e prestar unha atención especial aos tímidos
•
Facilitar que pregunten
•
Non levantar a voz nin enfadarnos senón ter una actitude comprensiva
•
Animalos á participación
•
Ter pacencia, repetir as explicacións de xeito diferente ou facelo coa colaboración de outros compañeiros
•
Facilitarlles que pregunten de forma indirecta (escrita)
•
Crear un clima de silencio e atención
- Para activar o clima de participación na aula e lograr un ambiente participativo, o alumno deberá:
•
Respectar as quendas de palabra
•
Aprender a escoitar
•
Reflexionar antes de falar
–
Comprender que todas as ideas son válidas e respectables e que
por equivocarse
•
Formular preguntas sobre os textos tanto ao profesor como aos compañeiros
13
non pasa nada
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
CURSO 2018/19
•
Expoñer as preguntas con seriedade
•
Aprender a defender teses ou a rebatelas, argumentando correctamente
•
-
Emprender
unha segunda lectura despois de prantexadas as cuestións
Para a comprensión do vocabulario específico de cada área, realizaranse as
seguintes actividades:
•
Buscar sinónimos e antónimos
•
Estudar prefixos, sufixos, familias de palabras, campos semánticos, etc.
•
Subliñar as palabras que non se entenden
- Para mellorar a comprensión e a expresión oral, proponse:
•
Que o profesorado lea en voz alta para servir de modelo e referente aos alumnos
▪
Avaliar a comprensión lectora do alumno mediante a lectura en voz alta de textos
previamente traballados
•
Que o alumno lea tamén en voz alta
•
Fomentar a expresión a través da lectura de textos
•
Definir, de forma oral, termos que se traballaron e comprenderon
14
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
6.
CURSO 2018/19
ACTUACIÓNS CONCRETAS DO CENTRO DESTINADAS AO
FOMENTO DA LECTURA E DA ESCRITURA E Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS (INTEGRADAS NO PAL) - ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS. No que a formación de usuarios e educación documental se refire, ao comezo da actividade académica o alumnado dos primeiros cursos visitará a biblioteca acompañado do seu titor e un profesor encargado. Nestas primeiras visitas o alumnado recibirá información, proporcionada por membros do equipo de biblioteca sobre:
•
A BIBLIOTECA EN XERAL: Como se distribúe, normas, o que se pode atopar, horario. profesor responsible…
•
CONDICIÓNS
DO
EMPRÉSTITO
E
DEVOLUCIÓN:
Cando
podo
vir
pedir
emprestado un libro? Cantos libros podo levar? Cando os teño que devolver? Pódense sacar da biblioteca todos os libros?
•
COLOCACIÓN DOS LIBROS NA BIBLIOTECA: Por que están así colocados? Que significado teñen os rótulos con números que hai nos andeis? Dentro de cada estante, como están colocados os libros? Cómo podo saber se hai un libro na biblioteca?
•
LOMBIÑOS: Que significado ten a información que aparece neles?
•
CARNÉS: Necesítoo para sacar libros da biblioteca? E para devolvelos? Valen para
•
outra biblioteca?
OUTROS MATERIAIS: Pódense levar películas? As revistas e periódicos, pódense consultar?
•
ORDENADORES: serven para buscar a información que poidan necesitar e consultar os
•
libros da biblioteca do centro ou das bibliotecas públicas próximas.
PANEIS INFORMATIVOS: neles poderán encontrar novidades e notas de interese.
15
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
Con esta primeira actividade,
CURSO 2018/19
os alumnos e alumnas
familiarízanse co
funcionamento da biblioteca e así poderán valorala coma un lugar agradable que pon á súa disposición multitude de recursos diferentes e persoas que poden axudalos, non só para o seu traballo diario senón tamén coma forma de ocupar o seu lecer. Entrégaselles tamén un tríptico coas normas de uso, horario e recomendacións xerais. Estes alumnos dos primeiros cursos farán, no primeiro mes do curso académico, unha actividade que ten como finalidade poñer en práctica o aprendido na visita anterior, para o cal se colocan sobre as mesas varios fondos que eles mesmos van ter que distinguir por materias e colocar nos andeis. Despois desenvólvese sempre a actividade inversa: dáselles unha lista con títulos, autores e materias para que os localicen dentro do espazo da biblioteca. No ordenador indicaráselles tamén a forma de realizar unha consulta dun libro que queiran localizar, poderán, así, saber se o hai na biblioteca e, no caso contrario, en que outra
biblioteca o poden atopar. Todo isto complementarase con actividades
dixitais para a formación de usuarios, deseñadas polo propio equipo, e con concursos de busca de fondos nun tempo limitado. Finalmente, en todas as aulas haberá nos taboleiros un DECÁLOGO DO BO USUARIO, lembrando as normas de uso do espazo da biblioteca. -
RELACIÓN E COORDINACIÓN COAS BIBLIOTECAS DAS POBAOACIÓNS
VECIÑAS, co obxecto de facilitar a labor formativa e lectora ao alumnado. Por esta canle poden discorrer accións como a de comunicar a estas bibliotecas as lecturas dirixidas e opcionais nas diferentes áreas e etapas educativas: deste xeito a posibilidade -
FACER
de préstamo e de acceso á lectura será maior. PÚBLICA
NA
BIBLIOTECA
E/OU
NO
BLOG
AS
LECTURAS
RECOMENDADAS POR ÁREAS, para evitar coincidencias e para, en definitiva, mellorar a rendibilidade da actividade lectora. -
PUBLICAR O PROXECTO LECTOR NO BLOG DE BIBLIOTECA E NA PÁXINA
WEB DO CENTRO, para que sexa un documento vivo no que toda a comunidade poida participar con novas achegas ou correccións.
16
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
-
CURSO 2018/19
FUNCIONAMENTO DO CLUB DE LECTURA FENDETESTAS , tentando que cada
vez integre máis amantes da lectura de distintos niveis. Un ingrediente tan importante como a lectura será o cine dentro da actividade do noso club.
- DINAMIZACIÓNS LECTORAS NA BIBLIOTECA - COLOCACIÓN EN MESAS-EXPOSITORES LIBROS E DVD RELACIONADOS CON CELEBRACIÓNS
TRANSVERSAIS
OU
FEITOS
CULTURAIS
RELEVANTES
EN
DISTINTOS MOMENTOS DO CURSO -
FUNCIONAMENTO DUN BUZÓN DE SUXESTIÓNS DE COMPRA, nunha zona
visible da biblioteca:
alí poderán depositar as súas suxestións os distintos membros
da comunidade educativa. Os diferentes departamentos remitirán tamén, anualmente, as súas suxestións de compra de fondos ó equipo de biblioteca: intentaranse satisfacer sempre buscando a equidade nas inversións e a mellora na oferta de fondos variados (temáticas curriculares diferentes). - ZONA DE EXPOSICIÓN DE ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS DA BIBLIOTECA EN LIBROS E DVD: dous mobles próximos á zona de préstamos conterán as novidades de fondos da biblioteca Sarmiento.
- COLABORACIÓNS NOS BLOGUES DA BIBLIOTECA - CONMEMORACIÓNS: Día das Bibliotecas, Magosto, Samaín (ambientación do espazo de biblioteca e exposición de libros, orixes da celebración), Día da Ciencia, Día contra a Violencia de Xénero (proxección de curtas, carteis…) , Día dos Dereitos Humanos, Día da Paz, Entroido, Día dos namorados, Día da Muller Traballadora, Día do consumidor, Día do libro, Día das Letras Galegas… Deseñaranse actividades arredor de textos de distinta índole relacionadas con estes eixos temáticos. - RECEPCIÓN DE EXPOSICIÓNS OU ELABORACIÓN DALGUNHAS PROPIAS DESDE O CENTRO, con actividades artelladas desde a biblioteca, coa axuda de profesorado das diferentes áreas. Buscarase ao longo de todo o curso a variedade disciplinar - DESEÑO DE CONCURSOS QUE ESIXAN A BUSCA DE INFORMACIÓN DE DIVERSO TIPO POR PARTE DO ALUMNADO
17
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
-
CURSO 2018/19
BOLETÍNS CON RECOMENDACIÓNS DE LECTURA E DE CINE en galego e en
castelán.
-
CONCURSOS DE CREACIÓN LITERARIA, en diferentes linguas e con
distintos
motivos de inspiración.
- ENCONTROS CON ESCRITORES E CON OUTROS PERSOEIROS LIGADOS Á CULTURA, que transmitan ao alumnado a utilidade do saber e da lectura, no eido persoal e no socioprofesional. Para iso, o profesorado colaborará no deseño da Semana Cultural do centro, que se celebra todos os cursos ao remate do segundo trimestre.
- ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA ESPECÍFICAS DE CADA ÁREA OU MATERIA. Nas programacións didácticas de cada Departamento e Ciclo deberán constar cada unha das actividades deseñadas especificamente para traballar a comprensión lectora. As actuais inclúense no Plan Anual de Lectura do noso IES. Cómpre subliñar que no deseño e realización de actividades, prestarase sempre atención ao alumnado con linguas e culturas diferentes, co fin de facilitar a súa integración nesta comunidade escolar. Igualmente acomodaranse as propostas aos alumnos con necesidades educativas especiais (lecturas axeitadas na biblioteca, participación en conmemoracións,no blog, nas lecturas dinamizadas …)
- CONTINUIDADE DA HORA DE LER: co propósito de favorecer as habilidades comprensivas e expresivas do alumnado e para espertar o interese pola lectura , habilitouse un pequeno período dentro da xornada lectiva dedicado a enriquecer o hábito lector. Dedícanse os 15 primeiros minutos dunha sesión diaria á lectura. Na primeira semana faríase coa primeira sesión, na segunda semana, no segundo período lectivo e así sucesivamente ata esgotar as seis sesións da mañá; entón volveríase a empezar. Estase a facer 1º e 2º de ESO. O alumnado traería os libros da súa casa. Aínda así, o equipo de biblioteca
pode ofrecer libros aos rapaces que non os teñan
(prepáranse lotes de libros para as clases que o necesiten).
-
OBRADOIRO
DE
PUBLICIDADE:
E
ti…Sabes
ler
publicidade?
Dando
continuidade a unha iniciativa que arrincou hai xa varios cursos, o equipo de biblioteca desenvolverá durante a Semana Cultural un obradoiro de lectura audiovisual, deseñado polo profesorado que traballa neste espazo,
18
En grupos de 10 alumnos como máximo,
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
CURSO 2018/19
manéxanse, durante dúas sesións continuas, estratexias de análise e interpretación crítica de mensaxes publicitarias. Destínase aos primeiros cursos de ESO.
- CREACIÓN DUN GRUPO DE TRABALLO DESTINADO A ELABORAR MATERIAIS PARA FOMENTAR O USO E A LECTURA CRÍTICA NAS REDES SOCIAIS - PETICIÓN A TODOS OS DEPARTAMENTOS QUE SE TEÑA EN CONTA A PRESENTACIÓN
E
CORRECCIÓN
DAS
TAREFAS
ESCRITAS
Á
HORA
DE
VALORALAS, para concienciar ao alumnado de que a competencia expresiva é algo básico para a formación do individuo e non forma parte só do currículo das áreas lingüísticas.
19
PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS
CURSO 2018/19
7. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DO PROXECTO LECTOR Débense poñer en funcionamento unha serie de mecanismos que permitan avaliar o funcionamento e efectividade do Proxecto Lector cada curso no noso centro. Poden ser os que seguen:
•
Elaboración de enquisas anuais para alumnado e profesorado coa finalidade de analizar o grao de implicación da comunidade educativa na posta en práctica de distintas actividades do proxecto lector
•
Comprobación do nivel de participación do conxunto da Comunidade Escolar nas actividades que se organizan, vendo o grao de aceptación dunhas e doutras
•
Valoración do uso da Biblioteca por parte dos profesores e dos alumnos e demanda de modificacións concretas
•
Análise do funcionamento da Biblioteca: aspectos que se deben reforzar ou mellorar
•
Análise de movementos de préstamo e de lectura en sala
•
A
análise
anual
(preferentemente
ao
remate
do
curso)
dos
resultados
conseguidos debe demostrar ata que punto se acadaron os obxectivos previstos neste PL. É importante aproveitar os resultados da análise para a planificación do traballo de próximos cursos e para facer as oportunas modificacións neste documento, que, como se reseñou xa en varias ocasións, é un documento vivo e versátil, que debe adaptarse á realidade do centro e cambiar con el.
20