Ata 14 anos Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Ledicia Costas Editorial Xerais 248 páxinas
Un monstro vén a verme, Patrick Ness Faktoría K 144 páxinas Sete minutos despois da medianoite, Conor desperta e atopa un monstro na fiestra da súa habitación. Pero non é o monstro que el agardaba, o do pesadelo que ten case todas as noites desde que a súa nai empezou ese duro tratamento contra a enfermidade que padece...
Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. A casa do medo, Agustín Fernández Paz Editorial Rodeira 130 páxinas
Una bala perdida, de F. Lalana Bambú Editorial 288 páxinas
A casa do medo conta a historia dun home de sesenta anos que regresa á súa vila natal despois do falecemento da súa nai. Alí volve á infancia e lembra os incribles feitos acontecidos cando el tiña só doce anos. Unha historia de misterio e de aventuras da man do inesquecible autor de Cartas de Inverno.
O antigo oficial do exército confederado, George Macallan pasou máis de dous anos no cárcere por espionaxe durante a Guerra de Secesión. Unha visita inesperada vai dar un xiro á súa sorte. Jasper Daniels ofrécelle un trato: devolveralle a liberdade se consegue resolver unha estraña serie de mortes.
O camiño da estadea, Ramón Caride Ogando Editorial Xerais 192 páxinas
Los tres mosqueteros, de A. Dumas Editorial Anaya, Clásicos a medida 160 páxinas
Sheila e Said son dous irmáns que viven no futuro aos que unha videochamada lles vai mudar a vida para sempre. Foran convidados a participar na inauguración dun gran centro comercial en Bambari, na África Central. A partir de aí desenvólvense unha serie de acontecementos que os obrigarán a comprometerse e asumir riscos.
D´Artagnan chega a París coa esperanza de converterse en mosqueteiro do rei. Antes de conseguir o seu propósito, verase inmerso en conflitos de todo tipo, e enfrontarase a eles coa axuda de tres mosqueteiros (o impertérrito Athos, o forzudo e fanfarrón Porthos e o refinado Aramis).
Guinness World Records 2017, VV. AA. 256 páxinas Velaquí os novos records do universo, ilustrados con fotografías formidables que confirman os datos. O libro, como novidade inclúe páxinas especiais para rechamantes proezas españolas. Como sempre, a sorpresa está servida.
Las pruebas de Apolo 1. El oráculo oculto. Rick Riordan 320 páxinas Tras enfurecer a Zeus, o deus Apolo é desterrado do Olimpo. Débil e desorientado, aterra na cidade de Nova York convertido nun mozo normal. Sen os seus poderes divinos e baixo a aparencia dun adolescente que disimula os seus catro mil anos de idade, Apolo deberá aprender a sobrevivir no mundo moderno mentres busca a maneira de recuperar a confianza de Zeus. Harry Potter y el legado maldito, J. K. Rowling 336 páxinas Na oitava aventura de Harry Potter o lector atopará interesantes novidades: nunca foi fácil estar dentro da pel deste personaxe, pero as cousas preséntanse cada vez máis difíciles pois o rapaz medrou e agora é un empregado con exceso de traballo no Ministerio da Maxia, un marido e un pai de tres rapaces en idade escolar…
A partir de 14 anos Todo canto fomos, Xosé Monteagudo Editorial Galaxia 534 páxinas
● ● ● ●
Unha novela que percorre máis de un século de historia galega para contarnos a historia dunha mestra que loita contra a desigualdade e os prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles.
● ● ● ●
(Páxinas nas que se poden descargar libros de balde)
● ● ●
Bivir (Literatura Universal en galego) Espazo eBook da USC Galicia Le Galiciana. Bilbioteca de Galicia Palabras desconxeladas Poesía Galega O lapis do taberneiro Axóuxere Editora Estaleiro Editora A Retallaría LG3 Literatura
Homo Económicus, Anxo Penalonga Editorial: Ediciones Gestión 2000 240 páxinas Cun enfoque claro, ameno e sinxelo, explícanse temas de actualidade, por exemplo por que non vemos como inmigrantes aos futbolistas de élite?, por que lle chaman democracia cando realmente é unha oligarquía?
La France des années 60 en chansons Éditeur: Maison des langues (2016) 64 pages Découvrez la France des années 60 en chansons et en bandes dessinées avec Jacques Brel et Serge Gainsbourg
Patria, Fernando Aramburu Editorial Tusquets 648 páxinas O día en que ETA anuncia o abandono das armas, Bittori diríxese ao cemiterio para contarlle á tumba do seu marido, asasinado polos terroristas, que decidiu volver á casa onde viviron. Poderá convivir con quen a acosou antes e despois do atentado que trastornou a súa vida e a da súa familia?
Xa non estou aquí, Iria Misa Ed. Xerais 216 páxinas Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais e desaparecerá en estrañas circunstancias. Amor, soidade, morte, necesidade de pertenza ao grupo son algúns dos sentimentos universais que percorren a novela.
A dúbida, María Reimóndez Editorial Xerais 136 páxinas
A ferida do vento, Antón Riveiro Coello Ed. Galaxia 144 páxinas En 1978, Antón ten quince anos e, logo de tres meses de internado, volve a Xinzo de Limia coa emoción de ver a súa primeira moza. O avó Mauro, unha persoa peculiar que leva un rexistro dos tolos da vila, agarda por el no cuarto para lle dar unha nova que o deixará abraiado.
La ley del menor, Ian McEwan Ed. Anagrama 216 páxinas
El tren de los huérfanos, C. Baker Kline S.A. Ediciones B 360 páxinas Para evitar ser enviada a un centro de menores, Molly Onte, de dezasete anos, vese obrigada a axudar a unha muller de noventa a ordenar o seu faiado, onde sairán á luz os seus recordos e posesións, e descubrirá que ambas non son tan diferentes.
Abusos sexuais, corrupción política, denuncia social, conflitos psicolóxicos, intriga, tensión desde a ollada dunha muller..
Fiona Maye, xuíza do tribunal Superior, especializada en dereito de familia, ten que enfrontarse a dous dilemas: o seu home pídelle autorización para vivir unha aventura extramatrimonial e preséntaselle un caso difícil, no que un adolescente négase a que o hospital trate a leucemia que padece cunha transfusión de sangue polas súas crenzas como testigo de Xehová. La habitación de Nona, Cristina Fdez. Cubas Ed. Tusquets 186 páxinas Neste libro de relatos a autora revisita a infancia e a madurez, a soidade e a familia, a cotidiadinade das nosas casas e das nosas cidades, onde, aínda que inadvertidos, están presentes o misterio, a sorpresa e o arrepío.
Abre os libros e mergúllate na auga da vida que abrolla irreprimible desde as súas páxinas Agustín Fernández Paz