Triptico xuño 2016

Page 1

Ata 14 anos Wonder. Charlotte tiene la palabra, J.L Palacio Editorial Nube de Tinta 192 páx.

Nena e o mar, Erika Esmoris Editorial Xerais 192 páx.

El niño en la cima de la montaña, John Boyne Editorial Salamandra 256 páx.

Neste novo libro sobre a historia de August, un neno coa cara deforme, recóllese a historia de Charlotte, a rapaza encargada de acompañalo durante os seus primeiros días no instituto

Nena é unha rapaza que vive co pai en Porto Balea, onde todos son anciáns. Un día Otto, o pai, sae pescar e non volve: Nena emprenderá unha emocionante viaxe para rescatalo duns seres despiadados…

Pierrot, rapaz que vive en París cos pais, queda orfo moi cedo e vai vivir aos Alpes Bávaros cunha tía. Ela traballa alí, nunha enorme mansión: nin máis nin menos que no Berghof, fogar e segunda residencia de Adolph Hitler…

A miña primeira Rosalía. Editorial Xerais 80 páx.

Omnia. Todo lo que puedas soñar, Laura Gallego Editorial Montena 288 páx.

Que desfeita!, Paul Jennings Editorial Galaxia 212 páx.

Este libro reúne unha biografía de Rosalía de Castro, unha antoloxía poética e doce poemas musicados e cantados por recoñecidas voces do panorama musical galego.

Omnia é unha tenda virtual onde poderás atopar de todo, ata cousas que non sabías que existían. Por iso, Nico cando perde o peluche da irmá recorre a esta web, pero un erro informático vaino facer entrar nunha aventura sorprendente...

O autor de Vaiche boa! Ofrécenos unha dose máis de fantasía e humor nesta colección de relatos curtos onde a risa e o asombro non darán tregua aos lectores…

Selma se connecte, Régine Boutégère Niveau A2, 96 pag.

Os soños na gaiola, Manuel María Editorial Xerais 118 páxinas

Mortadelo y Filemón en Río de Janeiro, 2016, Francisco Ibáñez Col. Magos del humor, n.º 174 Ediciones B 48 páginas

Selma est une ado comme les autres. Dans sa vie, il y a le collège, les copains, ses deux maisons et les dimanches ennuyeux chez ses grand-parents. Et puis il y a Friendbook, le site où elle a un tas d'amis. Un jour, elle reçoit une étrange demande d'amitié...

Un clásico da literatura infantil apto para todos os públicos. Un libro altamente recomendable para os que queiran achegarse á poesía do autor homenaxedo nas Letras galegas 2016

O Súper encárgalles unha nova misión a estes coñecidos detectives: alguén vai suministrar aos deportistas dos Xogos unha pócima que lles fará perder forzas e haberá que investigar para evitar a desfeita...

A partir de 14 anos Mil millones de mejillones, Fernando Trías Editorial Temas de hoy 224 páx. Un camareiro de Vallecas en paro recibe unha chamada dunha ETT. Hai unha oferta para el nun cruceiro de luxo: acepta e alí atoparase con líderes políticos mundiais, convidados á voda de Berlusconi. Sofren un naufraxio e irán parar a unha illa deserta, onde terán que sobrevivir.

Camiños na auga, Manuel núñez Singala Editorial Galaxia 296 páx.

Mentira, Care Santos Editorial Edebé 242 páx.

Núñez Singala convídanos a percorrer as pegadas da fuxida que, desde o lago Vitoria ata as illas Canarias, realiza Szymo, un mozo estigmatizado por ser negro e albino.

Xenia coñece a un rapaz a través de Internet e namórase perdidamente del ata o punto de descoidar os seus estudos. O problema comeza cando ela tenta ter un encontro con el e se decata de que a súa relación está baseada en mentiras.

Masculino singular, Carlos Negro Editorial Xerais 88 páx.

Matar a un ruiseñor, Harper Lee Editorial Harper Collins Ibérica 352 páx.

Unha conversa poética que nos convida a reflexionar sobre os estereotipos de xénero, a violencia, o machismo e as inxustizas que provoca.

Jean Louise Finch evoca unha época da súa infancia en Alabama, marcada pola defensa que o seu pai, o avogado Atticus Finch, fai dun home de raza negro acusado inxustamente de abusar dunha moza branca .

Amor é unha palabra como outra calquera, Francisco Castro Editorial Galaxia 224 páx. Unha novela de amor contra o amor. Porque amor é unha palabra coma outra calquera. Ou non.


Apparition et autres contes, Guy de Maupassant 96 páx. Adaptation de S. Guilmault (Niveau B1) Vous pouvez lire quatre contes: le récit d'un vieux marquis, le destin tragique de Mathilde, la confession d'une femme sur son lit de mort pour finalement retourner dans un monde où le surnaturel est explicable.

As horas roubadas, María Solar Editorial Xerais, formato Epub-DRM 232 páx. A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres» destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo.

Pecado, Laura Restrepo Editorial Alfaguara 352 páx.

La noche de la Usina, Eduardo Sacheri Editorial Alfaguara 376 páx.

Novela sobre oito pecados, desde o asasinato á vanidade, con historias baseadas en feitos reais que "rompen o código entre o ben e o mal". Unha viaxe ao corazón do mal inspirado no Xardín das delicias do Bosco

Nun pobo da provincia de Buenos Aires durante a crise económica de 2001, un grupo de persoas trata de reunir os cartos necesarios para adquirir uns silos abandonados, pero son vítimas dunha estafa que lles levará a buscar unha vinganza colectiva.

A neve interminable, Agustín Fernández Paz Editorial Xerais 200 páx.

El libro de los Baltimore, Joël Dicker Editorial Alfaguara, 488 páxinas

Para escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo, tres mulleres e dous homes reclúense nun solitario aloxamento na Fonsagrada. Alí compartirán historias nas que o medo nas súas máis variadas dimensións será o verdadeiro protagonista.

Se atopades este libro, por favor, lédeo. Quixera que alguén soubese a historia dos Goldman de Baltimore.

Cousas da vida, Castelao Editorial Galaxia 116 páx. (cada volume)

SPQR. Una historia de la antigua Roma, Mary Beard Editorial Crítica , 664 páx.

Debuxos e textos serven para reflectir con humor satírico a realidade social e económica da Galicia do momento. Mulleres, homes, nenos,vellos e caciques compoñen a serie.

“Despois de 2000 anos Roma aínda segue sendo a base da cultura e a política occidental, do que escribimos e de como vemos o mundo e o noso lugar nel”, escribe no prólogo de SPQR Mary Beard, Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais 2016.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.