Luz da Paz de Belén 2012

Page 1

LUZ DA PAZ DE BELÉN 2012 Lema ”QUERO

VERTE”

O lema deste ano fai referencia á necesidade e ao desexo dun “encontro con Xesús”. Eu quero velo, el quere verme, queremos e necesitamos atoparnos. Os materiais están divididos en catro fases que corresponden ás catro semanas de Advento e á luz do Evanxeo de cada unha delas formúlanse unha das 4 preguntas seguintes:

- Cándo? En qué momento da miña vida, en qué momento do día, en qué momento do meu desenvolvemento... - Ónde? En qué lugar, en qué circunstancias, en qué persoas... - Para qué? Que cambiará na miña vida, qué na dos que me rodean, quén no mundo, a qué me compromete… - Cómo? hai ferramentas para elo?, eu só?, con que actitude?...

A estrutura dos materiais será, como sempre, unha lectura bíblica, unha actividade ou xogo, unha canción, unha oración e un conto con tres novidades:

1. O Evanxeo será o mesmo para todas as ramas porque é o correspondente a cada un dos catro domingos de Advento. 2. A oración está “esbozada” nun pergamiño con diferente contido para cada franxa de idade, que debe ir enchéndose cada semana transformando en oración todo aquilo que reflexionamos e vivimos. 3. Inclúese unha proposta de celebración da Palabra para os/as adultos/as responsables dos/as nenos/as e mozos/as, de equipos de traballo, claustros, etc. previa ao comezo do Advento e que serva de preparación e/ou motivación.

Cada semana acenderase unha vela da Coroa do Advento, traballaranse os materiais correspondentes e irase creando unha oración enchendo un anaco de pergamiño proposto de maneira que ao chegar o momento de recoller e repartir a Luz da paz de belén os/as mozos/as síntanse preparados/as para ese Encontro recíproco que supón o lema Quero Verte. Os materiais que propoñemos pretenden ser unha guía de traballo, un itinerario para vivir o Advento, un camiño a seguir para preparar os nosos corazóns para recibir a Luz da paz de belén e poden adaptarse a cada realidade de tempo, número de participantes, situacións persoais,…

Materias creados e deseñados por Scouts MSC


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Luz da Paz de Belén 2012 by Scouts MSC - Issuu