1
Se vos dicimos castaña, todos/as pensades nun delicioso froito seco
que os reposteiros/as empregan en infinidade de receitas e que ata a chegada do millo e da pataca,
traídos
de
América
no
século
XV,
era
un
alimento
imprescindible e, por tanto, moi valorado, para a poboación galega. Tanto é así, que moitas rendas aos terratenentes – mosteiros e nobreseran pagadas en castañas.
Aínda
que
había
castiñeiros
autóctonos, foron os romanos quen trouxeron
variedades
máis
produtivas e que se estenderon rapidamente pola rexión. Hoxe en día,
os
castiñeiros
centenarios,
árbores de nobre madeira e beleza singular, fan que os soutos sexan inherentes á paisaxe galega, especialmente nas provincias do sur de Lugo e Ourense.
2
Sen
dúbida
cando
pensamos
nas
castañas,
pensamos
nunha
celebración que dende hai séculos é tradición en toda a xeografía galega. Unha festa vencellada ás brasas, ás castañas asadas, a tinguirse as fazulas, a troulear e a rir.
3
Esta festa coñecida por todos como o magosto, empézase a celebrar dende que os primeiros ourizos caen abertos, ou non, ao chan; e con eles as apreciadas castañas. Antón Fraguas, antropólogo e escritor galego, fai a distinción entre o magosto a secas, que o define
como
asar
unhas
castañas nunha fogueria; e a festa do magosto onde arredor do asado de castañas xira a festa entre todos os alí presentes e da que falamos anteriormente.
4
Entre o 1 de novembro e o San Martiño, 11 do mesmo mes, é cando máis magostos hai en pobos, vilas e cidades. Nós, un ano máis, tamén nos quixemos unir a esta festividade, aínda, que o tivemos que pospoñer ata hoxe, día 13, por mor da chuvia. Pero non importou porque resultou todo un éxito. Reunímonos no patio e fixemos pequenas fogueiras organizadas por cursos, e o resultado pódese apreciar nas fotos que vos presentamos. Esperamos que vos gusten.
5
6
7
8
9
10