Biblioteca libre configuración

Page 1

ASUNTO: MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN / BIBLIOTECA.

A Biblioteca do IES Sofía Casanova propón como materia de libre configuración do centro para 1º e 2º ESO 1: •

Alfabetización informacional: ALFIN 2. Materia sobre información e investigación que están a preparar desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

O desenrolo da materia adaptaríase ao que determine a citada Asesoría nos regulamentos en que poida aparecer (orde que regule as materias de libre configuración).

ACTUACIÓNS PREVIAS EN RELACIÓN Á MATERIA

1. Sobre competencia informacional. Desde que a Biblioteca do IES Sofía Casanova entrou no Plan de Mellora de Bibliotecas (2013), estase a incidir na competencia informacional (competencia para o tratamento da 3

información e competencia dixital ). Tendo presentes as competencias clave LOMCE, especialmente a competencia en comunicación lingüística, competencia dixital e competencia para aprender a aprender, a biblioteca quere continuar na liña destes tres últimos anos, adaptándose aos novos modelos e necesidades.

1

Proxecto de decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. 2

Alfabetización informacional. Capacidade de saber cando e por que necesitas información, onde encontrala, como avaliala, utilizala e comunicala de maneira ética. Prerrequisito para participar eficazmente na Sociedade da Información. 3

Anexo X da ORDE do 30 de marzo de 2015 en relación á biblioteca escolar: “A súa principal misión é contribuír á adquisición das competencias clave recollidas no currículo e apoiar os proxectos e programas que leva a cabo o centro educativo, favorecendo, así mesmo, a adquisición e o desenvolvemento de hábitos de lectura entre os distintos sectores da comunidade educativa. Constitúe un instrumento imprescindible para a integración da cultura impresa e a cultura dixital nas intervencións do profesorado e nas prácticas de aprendizaxe do alumnado. Así mesmo, debe enfrontar o reto de contribuír á correcta alfabetización múltiple do alumnado, competencia esencial para a vida e para as aprendizaxes, tal e como é recollida no documento do Consello da Unión Europea do 26 de novembro de 2012, e que a define como a «comprensión, utilización e avaliación crítica de diferentes formas de información, incluídos os textos e imaxes, escritos, impresos ou en versión electrónica»”.


2. Formación do profesorado. Para levar a cabo a función de contribuír á formación de alumnos competentes, foi necesaria a formación previa do profesorado para adaptarse aos cambios da era dixital. O equipo de biblioteca acaba de rematar agora –asesorados polo CFR de Ferrol- o terceiro ano de formación:

Ano 2012-13

Grupo de traballo “Dinamización da biblioteca e proxecto lector”.

Ano 2013-14

Seminario “Ferramentas TIC e redes sociais ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN”.

Ano 2014-15

Seminario “Implementación das TIC, as RRSS e a ALFIN na biblioteca escolar e na aula”, itinerario 2 dentro do PFPP.

3. Plan ALFIN5 Sofía. O plan ALFIN5, elaborado pola Biblioteca (vid. guía ALFIN5 Sofía) tenta dar resposta a estas necesidades. Neste aspecto estamos a traballar e continuaremos traballando. Vid. tamén https://sites.google.com/site/alfabetizacionsofia/.

Por todo o anterior, desde a Biblioteca do IES Sofía Casanova, proponse a materia indicada, Alfabetización informacional (ALFIN), materia sobre información e investigación que se está a preparar desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Ferrol, a 4 de xuño de 2015

Asdo: Ana Seco Orosa, coordinadora de Biblioteca IES Sofía Casanova

COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA LAURA SUÁREZ LLANO, DIRECTORA DO IES SOFÍA CASANOVA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.