2014
AS MENINAS NA LITERATURA
ITINERARIO LECTOR
1
ÍNDICE
• Os personaxes de As Meninas • Pre-lectores e primeiros lectores (0-4 anos / ata 8 anos). • Lectores autónomos (9 a 11 anos). • Xuvenil e adultos. Lectores expertos. • Itinerario aberto.
2
3
A familia de Filipe IV As Meninas Retrato da emperatriz 4
5
A infanta Margarita de Austria (Madrid, 1651 – Viena, 1673) era filla do rei Filipe IV e da súa segunda esposa, Mariana de Austria. Cando foi retratada para este cadro tiña 5 anos. Casou aos 15 co seu tío (irmán da súa nai), o emperador Leopoldo I e foi Emperatriz do Sacro Imperio Romano Xermánico. Morreu aos 21 anos ao dar a luz á súa cuarta filla. A infanta está en primeiro plano, rodeada polas súas “meninas”. Este nome, de orixe portuguesa, era o que se daba ás acompañantes, xeralmente de familia nobre, que servían como doncelas de honra ás infantas ata a maioría de idade.
Menina da esquerda. María Agustina Sarmiento de Sotomayor; era filla do conde de Salvatierra e herdeira do Ducado de Abrantes. Menina da dereita. Isabel de Velasco era filla do conde de Fuensalida. Casou co duque de Arcos e morreu no 1659, só tres anos despois de ser retratada no cadro.
Maribárbola (María Bárbara Asquín), é a anana da dereita. De orixe alemá, chegou a Palacio o ano en que naceu a infanta Margarita (1651); sempre a acompañaba no séquito. Nicolasillo Pertusato. No momento do retrato tiña 21 anos. Era un anano de orixe nobre procedente do Milanesado. Chegou a ser axuda de cámara do rei Carlos II e morreu aos setenta e cinco anos. Toca co pé a un can, un mastín español.
6
Diego Velázquez, autorretrato.
A raíña Mariana de Austria (Austria, 1634 – Madrid, 1696), xunto ao rei Filipe IV, pais da infanta Margarita. Cando son retratados teñen 51 e 22 anos respectivamente. Aparecen reflectidos nun espello colocado no centro e fondo do cadro. Tras a morte de Filipe IV (morreu 9 anos despois de ser retratado neste cadro) Mariana de Austria foi rexente durante 10 anos como nai que era de Carlos II. O rei Filipe IV (1605–1665) reflectido no espello ao lado da súa segunda esposa, Mariana de Austria. Filipe IV casou aos 10 anos de idade con Isabel de Borbón. Do matrimonio naceron sete fillos, pero só chegaron a adultos Baltasar Carlos (morreu aos 17 anos, viruela) e María Teresa (casou co seu primo irmán, por parte de nai e pai, o rei de Francia, Luis XIV, o Rei Sol). Á súa vez, Luís XIV era fillo de Ana de Austria, irmán de Filipe IV e filla de Filipe III (tía de Margarita e María Teresa). En Os tres mosqueteiros (Dumas) a raíña Ana aparece como personaxe, xunto co seu fillo Luís XIV (o xemelgo do home da máscara de ferro). Tras a morte de Isabel, aos 42 anos Filipe IV casou coa súa sobriña de 13, Mariana de Austria (filla da súa irmá María Ana). Tiveron 5 fillos, pero chegaron a adultos a infanta Margarita e o futuro Carlos II, último rei da casa de Austria, que morre sen descendencia. Sucédeo Filipe V, o primeiro rei da casa de Borbón (neto do Rei Sol e da infanta María Teresa, e por tanto bisneto de Filipe IV, o rei retratado no cadro). Torrente Ballester na súa novela Crónica del rey pasmado recrea literariamente a figura de Filipe IV. Trailer da adaptación cinematográfica https://www.youtube.com/watch?v=Zl0_jwHzCOY . Tamén parece ser Filipe IV o rei que aparece na serie de TVE Águila Roja. Na súa defensa, hai que dicir que era un home moi culto, mecenas das artes. José Nieto Velázquez, ao fondo, na porta aberta. Era o aposentador da raíña e serviu en palacio ata a súa morte.
7
Marcela de Ulloa, viúva do marqués de Almenara e nai do cardenal Portocarrero. Era a encargada de cuidar e vixiar as doncelas que rodeaban á infanta Margarita. Ao seu lado, un gardadamas.
Ademais dos personaxes retratados, para poder viaxar no tempo (e tamén no espazo, ao que hoxe é o Barrio das Letras de Madrid) á época da infanta Margarita, debemos reparar en que foron contemporáneos de Filipe III (1578-1621) e Filipe IV (1605-1665) Cervantes (en parte, 1547-1616), Lope de Vega (1562-1635), Góngora (1561-1627), Quevedo (1580-1645) e Calderón (1600-1681), aínda que na época en que se pintou o cadro só vivía Calderón. Con todos eles, e coas lecturas que achegamos a continuación, podemos transportarnos á época da infanta e de Velázquez.
Boa lectura!
Boa viaxe ao Madrid de 1656!
8
9
Infanta Margarita
10
Fernández Pacheco, M. (2000): Verdadera historia del perro Salomón. Ed. SM. 0 a 4 anos. Castelán. Por amor a una dama nobre, e para non separase dela, un criado de Quevedo, Ginés, convértese en Salomón, o can que sempre a acompañaba. Este can é o mastín que aparece en As Meninas. Enlaces: http://www.casadellibro.com/libro-verdadera-historia-del-perrosalomon/9788434873780/738868 http://www.xn--espaaesculturatnb.es/es/obras_culturales/la_verdadera_historia_del_perro_salomon.html Imaxes tiradas de http://museodelpradoeninfantillasmeninas.blogspot.com.es/2012/10/verdadera-historia-del-perro-salomon.html
11
Johnson, Jane (2005): La princesa y el pintor. Ed. Serres.
0 a 4 anos. Castelán.
La princesa y el pintor conta a través do texto e das ilustracións a historia imaxinaria que puido haber detrás de As Meninas.
En http://www.casadellibro.com/libro-la-princesa-y-el-pintor/9788488061300/494263
12
Aramburu, Fernando (2013): Mariluz y sus extraĂąas aventuras. Ed. Demipage. De 6 a 8 anos. CastelĂĄn. Nunha das historias deste libro, Mariluz visita o Museo del Prado e faise amiga da infanta Margarita (a nena que aparece no cadro As Meninas). Enlaces: http://www.casadellibro.com/libro-mariluz-y-sus-extranasaventuras/9788492719969/2114318 http://www.canallector.com/20829/Mariluz_y_sus_extra%C3%B1as_aventuras
13
Balzola, Asun (2005): La infantita quiere buñuelos. Ed. SM.
De 5 a 8 anos. Castelán. Podes encontralo na Biblioteca Municipal de Ferrol. O libro ten dúas partes: 1.- O conto "La infantita quiere buñuelos". 2.- Descrición dos personaxes do cadro, a vida do pintor e a súa época.
En http://www.casadellibro.com/libro-la-infantita-quiere-bunuelosvelazquez/9788434881488/801249
14
Carlos Reviejo (2008): Diego Velázquez. Lecturas pictográficas. Ed. SM. De 5 a 8 anos. Castelán. Podes encontralo na Biblioteca Municipal de Ferrol. Pertence a unha colección de libros que combinan historia da arte con imaxes, pop-ups e actividades para descubrir obras célebres da pintura. Neste caso, estamos ante unha narración sobre a vida do pintor Diego Velázquez. Enlaces: http://www.combeleditorial.com/es/libro/las-meninas_50006550/es/ http://www.casadellibro.com/libro-mira-que-arte-lasmeninas/9788498254877/1655177De 5 a 8 anos. http://www.casadellibro.com/libro-diego-velazquez-lecturaspictograficas/9788467533934/1243577
15
VV. AA. (2011): ¡Mira que arte! Las Meninas. Ed. Combel.
De 5 a 8 anos. Castelán. Podes encontralo na Biblioteca Municipal de Ferrol. Pertence a unha colección de libros que combinan historia da arte con imaxes, pop-ups e actividades para descubrir obras célebres da pintura.
Enlaces: http://www.combeleditorial.com/es/libro/las-meninas_50006550/es/ http://www.casadellibro.com/libro-mira-que-arte-las-meninas/9788498254877/1655177
16
17
IMenina Isabel de Velasco
18
Carranza, Maite (2014): Víctor Yubacuto y las Meninas. Edebé. De 9 a 12 anos. Castelán. Colección Víctor. Víctor nunca gañou un premio. Inténtao sen éxito, ata que, inspirándose en Picasso, pinta “Los Meninos cubistas” e gaña un Premio Internacional para xoves pintores. O premio entrégase en París e toda a familia se apunta a recollelo: seu pai e súa nai; a súa irmá okupa Claudia e o seu mozo, condutor de ambulancias; o seu irmán friki, Aurelio, coa súa moza alemá; o avó Salvador, que di o que pensa; a tía Lulú, que non cala; e o amigo fiel, o Melón. Nunha viaxe na que percorre Francia dentro dunha ambulancia, Víctor terá que soportar á súa extravagante familia, tratar de entender aos franceses (que son moi raros) e loitar co Yoyo, un feroz inimigo. E todo para poder recoller o seu premio.
http://www.edebe.es/publicaciones-generales/libro-5-victor-y-lasmeninas=3635=1=135
19
d
raka.
D’Harcourt, Claire: Un cadro de Velázquez. Kalandraka. De 9 a 12 anos. Arte. Galego e castelán. Podes encontralo na Biblioteca Municipal de Ferrol. Viaxe ao século XVII para mesturarse cos personaxes de As Meninas e introducirse nos detalles e misterios do cadro.
http://www.kalandraka.com/ga/faktoria-k-de-libros/nombre-coleccion/detallelibro/ver/un-cadro-de-velazquez/
20
Plaza, José Mª (2013): La puerta secreta del museo del Prado. Edebe. De 9 a 12 anos. Castelán. Colección Los sin miedo. Álvaro, Belén, Cris e David son os protagonistas de Los Sin Miedo, unha cuadrilla que vive aventuras de intriga en escenarios de terror. Alguén roubou As Meninas.O grupo vese envolto nun caso de investigación no interior do Museo, un lugar cheo de pasadizos e sorpresas… http://www.edebe.com/publicaciones-generales/libro-9-la-puerta-secreta-del-museodel-prado=3225=1=92
21
Villar Liébana, Luisa (2003): El robo de Las Meninas. Edelvives. De 9 a 12 anos. Castelán. Podes encontralo na Biblioteca Municipal de Ferrol. Unha periodista encontra unha cadeliña na rúa. Sobe a un autobús para ir ao Museo del Prado; a cadela séguea e as dúas entran no museo. A cadela organiza tal lío que evita que un ladrón roube As Meninas. A policía detén a periodista pensando que pertence á cuadrilla do ladrón de arte…
Enlaces: http://www.edelvives.com/literatura/ala-delta-literatura-infantil/3-ala-delta-serie-verde10-anos/16-el-robo-de-las-meninashttp://www.lecturalia.com/libro/57330/el-robo-de-las-meninas
22
23
24
Cansino, Eliacer : El misterio Velázquez. Bruño. Xuvenil. Castelán. Podes encontrar a obra na Biblioteca IES Sofía Casanova. Confesións de Nicolás Pertusato, o mozo (tiña daquela 21 anos) que aparece retratado en As Meninas. Pertusato recorda a súa su vida, a loita por manter a dignidade a pesar da súa particular condición física, e a súa relación con Velázquez. Enlaces: http://www.brunolibros.es/libro.php?id=1259046 http://www.lecturalia.com/libro/68028/el-misterio-velazquez
25
Pacheco, M.A. (2002): Siete historias para la infanta Margarita. Siruela. Xuvenil. Castelán. Podes encontralo na Biblioteca Municipal de Ferrol. Para Velázquez, retratar á infanta Margarita rodeada das súas damas e bufóns é complicado. Todos os personaxes do cadro están rematados, pero a infanta non aparece polo obradoiro, porque se aburre posando para o retrato. O seu pai, Filipe IV, di que a entreteñan contándolle contos. Cando aparece a infanta, todos os presentes rivalizan en contar historias de amor.
http://www.casadellibro.com/libro-siete-historias-para-la-infantamargarita/9788478445752/794263
26
VV.AA.: Cinco contos sobre Velázquez. Oxford University Press. Xuvenil. Galego e castelán. Podes encontrar este libro na Biblioteca do IES Sofía Casanova. Cinco escritores recrean literariamente un cadro do pintor Diego Velázquez. Inocencio X, Las Hilanderas ou El aguador de Sevilla convértense no pano de fondo de peripecias moi distintas, pero todas elas valiosas e respectuosas coas teas do mestre sevillano.
http://www.oupe.es/es/literatura-infantil-y-juvenil/juvenil-12-15/arbol-de-lalectura/cincocontossobrevelazquez/Paginas/cincocontossobrevelazquez.aspx Lecturalia: http://www.lecturalia.com/libro/68977/cinco-cuentos-sobre-velazquez
27
García, S; Olivares, J. (2014): Las Meninas. Astiberri ediciones. Novela gráfica. Castelán. Unha viaxe pola vida de Velázquez e pola súa obra mestra, As Meninas. Despois de toda unha vida na corte ao servizo de Felipe IV, Velázquez foi nomeado cabaleiro en 1658. Arredor deste acto de ennobrecemento cortesán, Santiago García e Javier Olivares constrúen na novela gráfica Las meninas unha ficción inspirada en feitos históricos. Polas súas páxinas pasan o conde-duque de Olivares, el Greco, Buero Vallejo… Ademais, esta obra é un novo intento de contestar a pregunta que se teñen feito xeracións de artistas, historiadores, estudosos e aficionados: cal é o segredo de As Meninas? Enlaces: http://www.astiberri.com/ficha_prod.php?cod=lasmeninas Imaxes de http://www.entrecomics.com/?p=101616
28
Álvarez, Mª Teresa (2006): El secreto de Maribárbola. Martínez Roca. Velázquez retratou en As Meninas un personaxe enigmático do que pouco ou nada se sabe, a anana Maribárbola. Pero ¿quen foi Maribárbola?, ¿Por que o seu segredo pode alterar a vida dunha importante familia da alta sociedade madrileña?
http://www.lecturalia.com/libro/15040/el-secreto-de-maribarbola
29
Buero Vallejo (1960/2013): Las Meninas. Espasa libros. Podes encontrar este libro na Biblioteca do IES Sofía Casanova. Nesta obra, Velázquez convértese nun receptor que contempla a dor humana e as inxustizas sociais. Buero rende así tributo e homenaxe ao pintor a quen admira desde a infancia e ademais inaugura unha nova fórmula de abordar o tema da historia no teatro: o drama histórico para cubrir dúas metas, recuperar un pasado conflitivo e esquecido, e reflexionar sobre accións e comportamentos intemporais. A estrea de Las meninas tivo lugar o 9 de decembro de 1960 no teatro Español de Madrid.
http://www.lecturalia.com/libro/15860/las-meninas
30
Bussotti, Fabio (2014): La envidia de Velázquez. Algaida. En 1956 Aarón Schilton, un anticuario de orixe xudeu afincado en Sevilla, revélalle ao seu amigo Pablo Picasso que descubriu en As Meninas de Velázquez o mapa dun tesouro; todas as pistas conducen á cripta da catedral de Sevilla. Medio século despois, o comisario Flavio Bertone investiga en Roma o asasinato dun profesor universitario e intúe que o caso pode estar relacionado coas súas investigacións sobre o cadro de Velázquez, polo que viaxa a Sevilla para e reproducir o itinerario que fixo Picasso cincuenta años antes. Pero hai alguén máis que coñece a existencia do tesouro, alguén a quen non lle importa matar para preservar o segredo…
http://novela.algaida.es/colecciones.php?id=1001003760&coleccion=Hist%F3rica&pagi na=8 http://www.lecturalia.com/libro/90283/la-envidia-de-velazquez
31
Copeiro, Joaquín: La puerta de las Meninas. Descrito ediciones. Diferentes xéneros literarios, interactividade a través de Internet e algo de humor negro. Jorge Pomares manifesta unha estraña atracción polo cadro de Velázquez, portador para el de misteriosas suxestións. O cotiá leva a Pomares a desexar a morte: comeza un especial interese polo cemiterio e un afán por plasmar literariamente reflexións irónicas sobre a morte. Ao tempo, cre adiviñar a existencia de forzas que conectan a morte, os cemiterios e algunhas obras da historia da pintura. Anos despois, asistiremos ao devir dos protagonistas e ao desenlace do misterio que encerra As Meninas.
http://descritoediciones.com/narrativa-la-puerta-de-las-meninas-joaquin-copeiro
32
Fernández, Pedro Jesús (2000): Tela de juicio. Alfaguara. Podes encontrar este libro na Biblioteca IES Sofía Casanova. Desaparece un restaurador do Museo del Prado que dubida da autenticidade dun cuadro atribuído a Velázquez. O seu fillo comeza unha busca que o leva ao fascinante mundo da creación artística. Intriga detectivesca que introduce o lector en técnicas de simulación da informática, á vez que o pon en contacto con saberes do pasado: a emblemática, o poder das pedras preciosas e o misterio oculto tras os espellos.
http://www.alfaguara.com/es/libro/tela-de-juicio/ http://www.lecturalia.com/libro/53296/tela-de-juicio
33
Fuentes Manfredi, J. (2013): El pino y las meninas. Plaza y Valdés. O home –Pablo- e seu álter ego –a árbore- dialogan sobre a vida e a morte e fúndense nun todo simbólico, identificándose baixo un latexo común, o da natureza. Home e árbore estarán do lado dos débiles, dos oprimidos e marxinados. Fuentes Manfredi recórdanos nesta obra que tanto a Naturaleza como a Arte salvan dalgún xeito ao ser humano, ao que acusa de destruír todo o valioso que nos foi entregado como herdanza para as sucesivas xeracións. http://www.plazayvaldes.es/libro/el-pino-y-las-meninas/1481/
34
Néstor Luján (1998): Los espejos paralelos. Planeta. Tes o libro na Biblioteca Municipal de Ferrol. O pintor Benito Manuel de Agüero queda accidentalmente encerrado nun aposento do Alcázar co cadro de Velázquez. Durante a noite, como visións ou soños, reviven os personaxes pintados: a infanta María Teresa, que vai casar con Luis XIV de Francia, o aposentador Nieto, Felipe IV, vello e enfermo, a raíña dona Mariana, ananos, damas, meninas e o mastín León. Todos eles contan a súa vida e deixan ver como era a Corte, Madrid e España naquela época. http://www.planetadelibros.com/los-espejos-paralelos-libro-8562.html http://www.lecturalia.com/libro/794/los-espejos-paralelos
35
Pino, Manuel del (2012): Olivas negras. Cuadernos del laberinto. O escéptico inspector Jorge Leiva e a súa axudante, Carla Ruiz, solucionan o seu primeiro caso no centro de Madrid, remontándose ao escuro pasado das víctimas e aos misterios que esconden El Lazarillo de Tormes e Las Meninas de Velázquez. http://www.cuadernosdelaberinto.com/EstrellaNegra/OlivasNegras.html
36
Romero Coloma, Aurelia Mª (2008): Velázquez: la magia del espejo. Ed. Irreverentes. Dous expertos na obra de Velázquez poden estar a piques de descubrir o último misterio de Velázquez. Se cadra, todo canto se escribiu sobre As Meninas non é certo… Pero descubrir ese misterio pode ser moi doloroso para alguén que adicou toda a súa vida ao estudo do artista. Con esta obra, entraremos na casa de Velázquez e nos nosos museos, moverémonos entre o tempo actual e a vida do pintor para entender mellor a súa obra e comprender os enigmas que aínda se presentan. Enlaces: http://www.edicionesirreverentes.com/narrativa/velazquez.html http://www.lecturalia.com/libro/68802/velazquez-la-magia-del-espejo
37
Singul, Francisco (2013): La luz dormida en el espejo. Memorias de Diego Velázquez. Alvarellos editora. Tres séculos e medio despois da súa morte “fala” Velázquez. Francisco Singul, historiador galego e doutor en Historia da Arte, reconstrúe nesta obra a vida de Velázquez. Estas memorias achegan claves da súa pintura, do seu pensamento e son un fiel retrato do século XVII español. “Un análisis y una biografía de un pintor introvertido y celoso de su intimidad que ahora aparece tratado y estudiado de un modo creativo, nuevo y original”. VÍCTOR NIETO http://alvarellos.info/tenda_catalogo.asp?id=12
38
Valares Garrote, Fulgencio: Las Meninas duermen en la rúa: monólogo para dos voces. De la Luna Libros. Anos despois de que esperte neste mundo, para ela descoñecido, a infanta Margarita está nunha rúa calquera de calquera cidade. Nesta obra, o autor quere provocar unha reflexión arredor do choque entre dous mundos que se repiten nas cidades do mundo desenrolado: a riqueza observando a pobreza.
http://editorial-delalunalibros.com/meninas-duermen-en-la-rua Imaxes da representación http://miguelnigro.blogspot.com.es/2013/02/las-meninasduermen-en-la-rua.html
39
40
Máis de bufóns… Vicente Risco (1928): O bufón d’El Rei.
Tes esta obra na Biblioteca do IES Sofía Casanova. Enlaces: http://www.centrodramatico.org/cdg/centro/obra_h.php?id=cdg_obra35_bufon&lg=gal Sinopse en http://oslibrosdeanxelcasal.blogspot.com.es/2014/09/o-bufon-del-rei.html http://www.venderdetodo.com/buscar_articulo_cambiar.php?titulo=buf%F3n&cat=1&en viar=Filtrar
41
E de infantas… Oscar Wilde (1889): “O cumpreanos da infanta”, Hai quen defende que Wilde se inspirou no cadro de Velázquez para crear este relato. Sexa como sexa, despois de ler este conto non volveredes a mirar “con inocencia” o cadro de Velázquez…
Wilde, Óscar: El cumpleaños de la infanta. Ed. Kraken. Banda deseñada. Ilustrado por P. Craig Russell, un dos artistas de cómic máis respectados na profesión. http://www.sddistribuciones.com/editorial/KRAKEN/EL-CUMPLEANOS-DE-LAINFANTA_KRACUMPLEIN.html Texto en http://www.literatura.us/idiomas/ow_infanta.html
42
Para saber máis… A biblioteca de Velázquez, en: http://www.iaph.es/sys/productos/Velazquez/velazquezSevilla/documentos/bibli otecaDeVelazquez.html Sánchez Cantón (1925): La librería de Velázquez. Sánchez Cantón (1952): Las meninas y sus personajes. En http://www.todocoleccion.net/buscador.cfm?P=1&D=t Tamén en http://www.iberlibro.com/VELAZAQUEZ-MENINAS-PERSONAJESSANCHEZ-CANTON-Francisco/1353476327/bd
Para buscar o libro que queres… Biblioteca Sofía Casanova http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED105
Biblioteca Municipal do Concello de Ferrol http://bibliotecas.absys.xunta.es/abnetopac/abnetcl.exe/O7047/ID713122d3?ACC=101
Para libros descatalogados ou de segunda man, podes buscar en: Uniliber, Iberlibro http://www.uniliber.com/
http://www.iberlibro.com/
Todocolección http://www.todocoleccion.net/ Librerías Proteo y Prometeo http://www.libreriaproteo.com/
En todo caso, pregunta na Biblioteca Sofía Casanova: intentaremos conseguir o teu libro.
43
44
Outubro, 2014
45