PROXECTO LECTOR
IES SOFÍA CASANOVA
Xuño, 2014
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
ÍNDICE
INTRODUCIÓN:
- O PROXECTO LECTOR.
- ANÁLISE DA SITUACIÓN NO IES SOFÍA CASANOVA.
PROXECTO LECTOR DO IES SOFÍA CASANOVA:
1.- FUNDAMENTOS E ORGANIZACIÓN. LIÑAS DE ACTUACIÓN.
2.- OBXECTIVOS.
3.- SEGUIMENTO E AVALIACIÓN.
4.- INTERVENCIÓNS PRECISAS. 4.1.- Actividades marco. 4.2.- Intervencións dos departamentos: accións de contribución ao proxecto lector.
ANEXOS.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
2
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
Este documento pode consultarse en https://sites.google.com/site/proxectolectorsofiacasanova/home
O proxecto lector do IES Sofía Casanova foi aprobado polo Claustro o día 2 de xuño de 2014, e polo Consello Escolar o ____ de xuño do mesmo ano.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
3
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
INTRODUCIÓN: O PROXECTO LECTOR Lexislación base
Relación con outros documentos do centro Definición Que é o PL?
1
Decreto 133/2007 :Adicación á lectura dun tempo na práctica docente (de todas as materias):
Artigo 5º, punto 5: “(…) Os centros docentes garantirán na práctica docente de todas as materias un tempo dedicado á lectura en todos os cursos da etapa, de acordo co proxecto lector do centro, ao constituír a lectura un factor esencial para o desenvolvemento das competencias básicas”.
Anexo V: Proxecto lector de centro.
PL Plan Anual de Lectura (PAL) Programación Xeral Anual.
O PL é un documento que: a) Integra as intervencións do centro destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas. b) Procura a adquisición das competencias básicas, especialmente da competencia en comunicación lingüística, da competencia en tratamento da información e competencia dixital, da competencia cultural e artística e da competencia para aprender a aprender.
Lecturas e soportes lectores
Lectura de todo tipo de textos, en todo tipo de soportes, con todo tipo de finalidades.
Requisitos do PL
Temporalización
Documento deseñado para desnvolver a medio prazo. Actualízase anualmente mediante o PAL.
Fases do proxecto
1. 2. 3.
Axentes do proceso Quen o elabora, coordina, supervisa e aproba
Modelos Bibliotecas escolares de Galicia 1
Coordinación do profesorado dos distintos niveis e áreas. Funcionamento da biblioteca escolar, das bibliotecas de departamento e das bibliotecas de aula en colaboración cos profesores dos distintos ámbitos. Relación/colaboración con institucións culturais do entorno (p.e. Biblioteca Municipal de Ferrol).
Sensibilización Planificación/Elaboración. Desenvolmento e avaliación (a través dos PAL).
Elabora o PL todo o profesorado do centro (a través dos Departamentos, Equipo de biblioteca, Orientación, Equipo de dinamización lingüística), e a comunidade escolar (propostas dos representantes no Consello Escolar). Coordina, preferentemente, o dinamizador da biblioteca escolar. Supervisa a Comisión de Coordinación Pedagóxica. Aproba o Claustro e o Consello Escolar.
Blog.- http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ Scoop.it.- http://www.scoop.it/t/bibliotecas-escolares-de-galicia redeBE.- http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2007/20070713/Anuncio25E92_gl.html PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
4
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
ANÁLISE DA SITUACIÓN NO IES SOFÍA CASANOVA. Antes de proceder á elaboración do actual proxecto lector, analizouse a situación das cuestións referentes á lectura, escritura e alfabetización informacional (no sucesivo ALFIN) no IES Sofía Casanova. Este proceso realizouse – e está a realizarse– en varias fases: 1. Formación e sensibilización: Curso 2012-2013: Análise da situación (no referente a recursos, biblioteca escolar e hábitos lectores). Unha vez detectados os problemas máis visibles, procedeuse á formación dun equipo – aberto á participación de todo o profesorado– encargado de afrontar estas cuestións. Nesta primeira fase, entendemos a necesidade de: a) Formación, asistindo a cursos relativos ao tema e creando o grupo de traballo “Dinamización da biblioteca e proxecto lector” (10 profesores) asesorado polo CFR Ferrol. Tras este proceso inicial de formación, elaborouse unha memoria na que –entre outros aspectos– se recollían as 2 carencias máis visibles . b) Incorporación ao PLAMBE (Plan de mellora de bibliotecas), para o cal se elaborou o proxecto 3 correspondente . Curso 2013-14. Detectadas as carencias:: a) Continuación do equipo de biblioteca (unha vez máis, aberto a todo o profesorado, como o demostra o feito da incorporación de novos membros, 15 na actualidade). Este equipo organizouse arredor do seminario “Ferramentas TIC e Redes Sociais ao servizo da biblioteca 4 escolar e ALFIN” , asesorado polo CFR Ferrol. As sesións de docencia –abertas– foron comunicadas a todo o profesorado do centro (panel sala de profesores). b) Xa incorporados ao PLAMBE 9, seguíronse as directrices marcadas no proxecto. Nos Claustros, na Comisión de Coordinación Pedagóxica e no Consello Escolar foise informando oportunamente de todo o proceso. 2. Planificación/Elaboración. Unha vez iniciada a fase –nunca concluída– de formación e sensibilización, pasamos á elaboración do proxecto lector, un documento que debe recoller –de xeito consensuado– as intervencións de todo o profesorado do IES Sofía Casanova en relación coa lectura, a escritura e as habilidades informativas. Neste documento deben constar, cando menos: a. b. c.
Fundamentos e organización. Obxectivos. Intervencións: Actividades-marco. Achegas dos Departamentos/Biblioteca.
3.- Desenvolmento e avaliación. Desenvolverase nunha seguinte fase, aprobado o proxecto lector, a través dos plans anuais de lectura (no sucesivo PAL).
2
Cfr. memorias: Grupo de traballo “Dinamización da biblioteca e proxecto lector” e Seminario “Ferramentas TIC e Redes Sociais ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN”.
3
Para proxecto PLAMBE, cfr. https://sites.google.com/site/biblioxestion/proxecto-be-2013-14.
4
Para Seminario, https://sites.google.com/site/seminariobisocas/ PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
5
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
6
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
PROXECTO LECTOR DO IES SOFÍA CASANOVA
1.- FUNDAMENTOS E ORGANIZACIÓN. LIÑAS DE ACTUACIÓN.
Relación con outros documentos do centro
Axentes do i proceso
Proxecto lector (PL) Plan Anual de Lectura (PAL) Programación Xeral Anual. O proxecto lector será a referencia para a elaboración dos plans anuais de lectura, que se incluirán na programación xeral anual.
Elaboración: O Proxecto Lector do IES Sofía Casanova foi elaborado polo profesorado do centro, a través de: Departamentos, que incluíron nas súas programacións as correspondentes contribucións ao Proxecto Lector. Equipo de biblioteca. Orientación. Equipo de dinamización lingüística. Equipo TIC. A comunidade escolar (propostas dos representantes no Consello Escolar). Coordinación: Biblioteca escolar. Supervisión: Comisión de Coordinación Pedagóxica. Aprobación: Se procede, Claustro e o Consello Escolar.
A elaboración requeriu: a) A coordinación co profesorado dos distintos niveis e áreas. b) O funcionamento da biblioteca escolar (e en breve das bibliotecas de aula en 1º ciclo da ESO), en colaboración cos profesores das distintas materias. c) A coordinación co Departamento de Orientación. d) A coordinación co Equipo de Dinamización Lingüística. e) A coordinación cos responsables das TIC.
Recursos materiais
a) Lectura de todo tipo de textos (legais, filosóficos, humanísticos, científicos, económicos, periodísticos…), que poden estar na biblioteca (escolar / de 5 departamento / de aula / municipal ). b) Lectura en todo tipo de soporte (papel / electrónico-dixital): libros, revistas, xornais, blogs, foros… c) Lectura no maior número posible de linguas
Textos
A Biblioteca e os Departamentos –de xeito coordinado– atenderán á renovación e actualización dos distintos tipos de textos (en soporte papel/electrónico, de forma presencial/on line), e porán en marcha as canles oportunas para a difusión entre o alumnado dos itinerarios lectores que consideren adecuados. No sucesivo, as bibliotecas de aula serán fundamentais neste aspecto.
Soportes
Ademais dos 18.500 volumes con que conta actualmente a Biblioteca do IES Sofía Casanova (entre Biblioteca Escolar e Bibliotecas de Departamento), a biblioteca tentará:
5
Interesa fomentar a relación e colaboración con institucións culturais do entorno, como a Biblioteca Municipal de Ferrol que, a través do carné de colectividade, xestiona o préstamo de ata 30 volumes para os clubs de lectura. PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
7
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
Proporcionar (en préstamo ou na propia biblioteca) soportes electrónicos ao alumnado que non conte con eles, actuando así como factor de compensación social.
Guiar o alumnado nas súas buscas de información dentro dos soportes electrónicos: é imprescindible a alfabetización informacional (ALFIN) do alumnado, para que teñan a capacidade de saber: • Cando e por que necesitan información. • Onde encontrala. • Como avaliala, utilizala e comunicala de xeito ético. Ademais dun requisito para participar eficazmente na Sociedade da Información, considérase unha competencia básica na ESO (Tratamento da información e competencia dixital, Decreto 133/2007).
Actualmente na Biblioteca, contamos con 4 ordenadores fixos, 3 portátiles e 3 tablets, destinados á busca e elaboración de información por parte dos alumnos. Preténdese que aumente o número de soportes electrónicos, dada a cantidade de información que pode obterse a través destas fontes e as necesidades dos alumnos nun mundo que avanza –cada vez máis– hacia a dixitalización. Para iso, desde os departamentos e biblioteca do IES Sofía Casanova traballarase na ALFIN, a fin de que o alumnado saiba buscar, seleccionar, organizar e producir 6 información adecuadamente . Linguas
Seccións
Procurarase –por parte dos sectores implicados– que estas lecturas se realicen no maior número posible de linguas, a fin de mellorar a competencia lingüística do alumnado e preparalo para a integración nunha sociedade da información cada vez máis aberta, global e plural.
Biblioteca escolar. Bibliotecas dos Departamentos. Bibliotecas de aula (serán creadas no curso 2014-15 no 1º ciclo da ESO).
Estas seccións actuarán de forma coordinada. Espazos e tempos
Hora de ler
Ambientes lectores Itinerarios lectores Mediadores
Outros
6
Lema do programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o fomento da lectura nos centros de ensino. Este lema foi tomado para denominar o tempo de lectura silenciosa sostida ou o tempo adicado específicamente á lectura en horario lectivo. No IES Sofía Casanova a “Hora de ler” iniciouse no curso 2013-14 en 1º ESO. En anos sucesivos, irán incorporándose os distintos cursos (2014-15: 1º ESO, 2º ESO) e así sucesivamente. Espazos /actividades que favorezan un achegamento aos libros e á lectura no centro. Clubs de lectura. Selección de títulos axeitados en relación con cada área do coñecemento. Outras seleccións (temáticas e por niveis). Profesores como mediadores e modelos lectores. Alumnos preparados para esta función mediante o voluntariado de lectura e os apadriñamentos lectores. 7 Comisión de Biblioteca no Consello Escolar . Equipo de Biblioteca: Seccións (Formación. Xestión. Meiga. Coordinación EDL e TIC. Proxecto lector. Club de lectura xuvenil. Club de lectura adultos. Blog e publicacións Hora de ler. Celebracións. Gardas). Información: Blog da Biblioteca. Biblioxestión.
Cfr. https://sites.google.com/site/alfinbibliotecasofia/
7
Cfr. anexo X, punto 5 da ORDE do 25 de marzo de 2014 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares…, http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140410/AnuncioG0164-030414-0003_gl.html PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
8
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
Plan ALFIN5. 2.- OBXECTIVOS
OBXECTIVOS
8
Fomentar o hábito da lectura. Educar no uso crítico da información: ALFIN. Recompilar e sistematizar as actividades realizadas e por realizar relativas aos dous obxectivos anteriores.
5 INTERVENCIÓNS PRECISAS Para a consecución destes obxectivos, no IES Sofía Casanova a toma de decisións consensuadas permite: 1.- Sistematización de actividades:
Fomento da lectura. Tratamento da información: ALFIN.
Recompilación e sistematización das actividades -realizadas e por realizarreferentes aos dous puntos anteriores.
Fomento da lectura: Competencias. Formación de lectores competentes e creación e consolidación do hábito de lectura, apoio á adquisición das competencias básicas, especialmente da competencia en comunicación lingüística, da competencia en tratamento da información e competencia dixital, da competencia cultural e artística e da competencia para aprender a aprender. Estratexias. Ensino de estratexias de comprensión lectora.
Tratamento da información (ALFIN). Emprego das TIC cun enfoque funcional: integración das TIC e adaptación ás novas necesidades da sociedade da información e da comunicación do século XXI (ALFIN). Cfr. Plan ALFIN5.
2.- Elaboración de itinerarios lectores.
Selección de títulos axeitados que teñan algunha relación con cada área de coñecemento, para cada nivel de idade, escollidos con criterios de calidade.
3.- Creación de ambientes lectores.
Desenvolvemento de actitudes favorables á lectura. Creación no centro dun clima que favoreza o achegamento aos libros e á lectura, que facilite a presenza da lectura –en xeral– e dos libros –en particular– na práctica cotiá, mediante a preparación de actividades –de calquera tipo– para a comunidade escolar.
4.- SoportesFondos.
Elección adecuada dos fondos e dos soportes lectores, procedentes tanto da cultura impresa como da cultura dixital (ler en pantallas ou ler en papel segundo proceda: interacción e interdependencia entre ambos formatos na sociedade actual), usando, ademais de todo tipo de soportes, todo tipo de textos, con todo tipo de finalidades, no maior número posible de linguas.
5.- Profesor como mediador e modelo
Potenciar a figura do profesor como mediador e modelo lector, tanto no relativo aos formatos e xéneros tradicionais, como no referente ás novas fontes de información
8
Un documento similar a este foi entregado en CCP o 12-12-12: cfr.anexo I. PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
9
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
lector.
relacionadas coas TIC (selección e uso crítico: ALFIN).
Enténdese a necesidade do funcionamento da biblioteca do centro (biblioteca escolar, Bibliotecas dos departamentos e biblioteca de aula) como:
1. Centro de recursos da información, da lectura e do material tecnolóxico necesario para desenvolverse na actual sociedade da comunicación.
2. Factor de compensación social: a biblioteca debe proporcionar (en préstamo ou na propia biblioteca) soportes en papel ou electrónicos ao alumnado que non conte con eles.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
10
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
3.- SEGUIMENTO E AVALIACIÓN.
Realizarase un seguimento e unha avaliación continuada dos avances e dificultades da posta en marcha do proxecto lector (e das súas concrecións) nos plans anuais de lectura. En todo caso, os sectores implicados deben ter en conta –a fin de que o proxecto lector sexa realmente viable– as seguintes cuestións:
O proxecto lector do IES Sofía Casanova:
1
Esquece as boas prácticas existentes?
2
Parte do que xa se fai?
3
É resultado dunha reflexión conxunta?
4
É realista?
5
É flexible?
6
É progresivo?
7
É operativo?
8
Prima a calidade na selección e tratamento das lecturas?
9
Facilita o traballo docente?
10
Complica o traballo docente?
11
Cúmprense os obxectivos do proxecto lector? a) Fomentar o hábito de lectura. b) Educar en ALFIN e integrar as novas tecnoloxías. c) Sistematizar as actividades.
12
Elabóranse itinerarios lectores?
13
Os profesores actúan como mediadores/modelos lectores?
14
Están convenientemente rexistradas as actividades dos departamentos?
15
Están convenientemente rexistradas as actividades marco-liñas de actuación?
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
11
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
4.- INTERVENCIÓNS PRECISAS: ACTIVIDADES MARCO; CONTRIBUCIÓNS DOS DEPARTAMENTOS AO PROXECTO LECTOR. As 5 intervencións precisas indicadas nos obxectivos (punto anterior), referentes a: 1.- Sistematización de actividades (fomento da lectura + tratamento da información: ALFIN). 2.- Elaboración de itinerarios lectores. 3.- Creación de ambientes lectores. 4.- Elección adecuada de fondos-soportes. 5.- Profesor como mediador e modelo lector. Forman un conxunto, un todo, no momento de deseñar as actividades de cada departamento e da biblioteca escolar (que, na medida do posible, actuarán de forma coordinada). Por razóns de claridade, diferenciamos: 4.1.- Actividades marco. 4.2.- Intervencións –específicas– dos departamentos: contribucións ao proxecto lector tal como figuran nas programacións de cada departamento.
4.1.- ACTIVIDADES MARCO
9
Formación de usuarios.
Formación de usuarios. Voluntariado Biblioteca.
Educación ALFIN
Plan ALFIN5 Sofía Casanova PRIN 1ºESO. Acceso Internet: biblioteca factor de compensación social.
Fomento da lectura
Hora de Ler. Club de lectura xuvenil. Blog da Biblioteca. Socas informa. Socas nas Redes Sociais. Ler ciencia na biblioteca escolar. Celebracións (en colaboración con outros departamentos/equipos): Día do libro: “Cumpren anos” (con LLC). Día das letras galegas: “Encontro con…” (un escritor/a) (con LLG). Exposicións (con EDL). Marcapáxinas autor día do libro (con Debuxo). Cincuentenario IES Sofía Casanova (con Vicedirección e extraescolares). Itinerarios lectores / actividades de animación á lectura / exposicións. “Fungos, cogomelos e personaxes”, CCNN/Biblioteca. “Sit/Read: Estamos nos libros”. Itinerario “canino”: os cans nos libros. Essential Classics: Selección de clásicos da literatura (xuvenil e de adultos adaptada) en inglés. Ler un cadro. Depto. Debuxo/Biblioteca. Publicacións: Rosalía, adaptación teatral. Alumnos ESO/Biblioteca. Álbum do pintor. 1º ESO D / Biblioteca. Rencor, adaptación teatral. As Venus do Sofía, con Debuxo, LLC, LLG. Obradoiro de escritura creativa. Encontros con escritores: obradoiros. Marcos Calveiro: obradoiro de escritura creativa “Rinocerontes e quimeras”.
9
Actividades recollidas na memoria PLAMBE presentada en xuño 2014. PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
12
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
Viaxes culturais: Evolución dos soportes lectores I (Oseira-Santiago), con 2º bacharelato e EDL. Evolución dos soportes lectores II: o gravado (Santiago), con 1º ESO e depto. Debuxo. Exposición “Auga doce”, Santiago, con 1º ESO e depto. de Debuxo. Concursos: Fungos, cogomelos e personaxes (elaboración de traballos: ALFIN). Biblioteca/CCNN. Marcapáxinas Día das Letras Galegas. Debuxo/Biblioteca. Ler un cadro (Debuxo). Proxectos de aula/centro Colaboracións
Comisión de Biblioteca no Consello Escolar. Colaboracións cos departamentos: Cfr. punto seguinte (para colaboracións con outros departamentos/equipos) e puntos “Celebracións. Itinerarios. Viaxes. Concursos”. Coordinación entre Biblioteca, Orientación, EDL e TIC.
Difusión de actividades e recursos relacionados coa lectura
Boletíns: Día do libro. ALFIN5. Encontros con escritores. Novidades “Ler ciencia” no IES Sofía Casanova. Blog da Biblioteca. Socas informa / Socas nas redes sociais. Exposicións. Sites: Biblioxestión. Seminario BiblioTICa. ALFIN5.
Familias
Club de Lectura de adultos: Blog Club de lectura adultos. Orientacións sobre lecturas. Zona de familias: selección materiais, recomendacións lectura, guías… En elaboración. Colaboración coa ANPA
Formación do profesorado
Equipo de biblioteca: formación en seminario. Mediadores: orientacións lecturas.
Colaboracións concretas: Departamentos, equipos, programas e proxectos de aula-centro e Biblioteca. Departamentos Ciencias Naturais: Fungos e cogomelos. Ler ciencia na Biblioteca Escolar. Biblioteca Debuxo: “Marcapáxinas autor letras galegas” / “Ler un cadro”. Lingua española e literatura: Día do libro. “Cumpren anos”: 2014, Cortázar e Octavio Paz. Lecturas dramatizadas. Lingua galega e literatura: Semana das letras galegas. “Encontros con escritores”. 2014, Volve Marcos Calveiro. Extraescolares Árbore de nadal cos libros retirados da Biblioteca tras o expurgo (imaxe). Vicedirección Cincuentenario IES Sofía Casanova. Biblioteca Equipo de Exposicións Letras Galegas. Dinamización Itinerario “Soportes lectores I”. Lingüística Colaboracións de EDL no Club de Lectura. Colaboracións na revista Planeta Lingua. Biblioteca. Equipo TIC Actividades relacionadas coas TIC (Tecnoloxía e Informática). Biblioteca PCPI Participación do alumnado do PCPI (competencia comunicativa e dixital) na Biblioteca elaboración do plan ALFIN en 5 pasos. Depto. de Apoio a actividades relacionadas co alumnado con necesidades educativas Orientación e PT especiais: Obradoiro conxunto “Rinocerontes e quimeras”, con diversificación. Biblioteca Participación do alumnado do PCPI (competencia comunicativa e dixital) na elaboración do plan ALFIN en 5 pasos. Actuación da Biblioteca como factor de compensación social: libros, material TIC, etc. (en colaboración con Orientación e PT, que establecen as prioridades). PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
13
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
4.2.- INTERVENCIÓNS DOS DEPARTAMENTOS: ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR
Os departamentos desenrolan os obxectivos do proxecto lector de centro en función da especificidade de cada materia. A continuación rexístranse as achegas dos departamentos tal como figuran nas súas 10
programacións (“Accións de contribución ao proxecto lector”) . Atendendo unicamente ao exposto neses documentos, en xeral:
a) Hábito lector. Foméntase o hábito de lectura desde todos os departamentos, en función da especificidade de cada materia (cfr. documentos que seguen).
b) ALFIN. A educación en alfabetización informacional e a integración das TIC realízase de diferente maneira en función das materias (cfr. documentos que seguen).
Con respecto ás intervencións precisas (cfr. documentos):
1. Sistematízanse actividades en todos os departamentos. P.e. Ciencias Naturais (“Recanto da lectura”, “Ler ciencia na Biblioteca Escolar”), Lingua Castelá e Literatura (“Día do libro”, “Cumpren anos”…), Música (Realización de blogs, “Un día na vida de…”, biografías fantásticas, saídas extraescolares, elaboración de marcapáxinas, calendarios de lectura…), Relixión (blogs), Xeografía e Historia (“Elaboración de relatos de contido histórico”, “Lectura de xornais”…).
2. Elabóranse nalgúns departamentos itinerarios lectores. Cfr. Ciencias Naturais, Economía, Grego, Latín, Lingua Castelá e Literatura, Música, Matemáticas, Xeografía e Historia…
3. A elección de fondos e soportes lectores realízase en función da especificidade de cada materia.
4. Algúns profesores actúan expresamente como mediadores (e mesmo como modelos lectores). Cfr. CCNN, Economía, Filosofía, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura...
10
Cfr. anexos: documentos entregados na CCP (Anexo I: CCP 12-12-12, Anexo II: CCP 10-09-13). PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
14
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
CIENCIAS NATURAIS O coñecemento científico é un dos grandes logros da humanidade. Coñecer e entender o mundo en que vivimos, o planeta que habitamos, a estrutura dos seres vivos ou as prantas que nos permiten vivir é un pracer e unha riqueza que afortunadamente está ao alcance dos nenos e mozos da nosa sociedade. Os libros de ciencias transmiten ese coñecemento. Agora ben, é conveniente que os alumnos non se limiten só á información dos libros de texto, senón que lean tamén outros libros que explican ciencia doutra forma menos sistemática, pero quizais máis amena e agradable. Eses outros libros son os de divulgación científica, os de ficción científica ou literatura xuvenil moi entretida pero que dalgún xeito está relacionada coa ciencia. O Departamento de Ciencias Naturais contribúe ao proxecto lector desde tres vías de actuación: 1ª- Actuación na aula: A sección do RECANTO DA LECTURA incluída en todos os libros de texto e en cada unha das súas unidades. Un día á semana adícanse uns 20 minutos á lectura de textos. Así, para a sección escolmáronse fragmentos de libros de divulgación científica e de ficción científica adaptados ao nivel de comprensión dos alumnos a fin de introducilos neste xénero literario. Outra razón para incluír esta sección é practicar unhas competencias de comprensión e comunicación que están no núcleo do sistema educativo. Un obxectivo esencial da educación obrigatoria é lograr que os alumnos comprendan información escrita, neste caso información científica. 2ª Actuación a través da BIBLIOTECA: LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR. O departamento propón itinerarios científicos onde os alumnos poden atopar lecturas científicas axeitadas ao seu nivel tanto científico como lector., así como clasificadas segundo os seguintes criterios: divulgación científica, ficción científica, literatura xuvenil relacionada coa ciencia… A continuación propoñemos unha serie de lecturas científicas para o curso actual: DURREL,G; Un zoo en la isla. 1º ESO. DURREL,G; Mi familia y otros animales 1º ESO. KELLY, J; La evolución de Calpurnia Tate 1º,2º,3º ESO. FERNÁNDEZ, S;La puerta de los tres cerrojos 2º ESO. HAWKING, L.& S; El tesoro cósmico. 2º,3º ESO. ARSUAGA, J.L.; El reloj de MR. Darwin. 4º ESO, 1ºBACH. DELIBES,DELIBES DE CASTRO,M.; La tierra herida. 4ºESO,1ºBACH KORN, W.; La vuelta al mundo de un forro polar rojo 3º,4º,ESO,1ºBACH. E para os pequenos curiosos de 1º e 2º de ESO: BILL BRYSON; Una muy breve historia de casi todo. JÚRGEN T., KATJA W.; El fantástico viaje al Big Bang. 3ª Actuación a través do CLUB DE LECTURA XUVENIL: actividade extraescolar onde colabora un membro do departamento: Cristina López Suárez, a través da cal intentamos pasar un bo rato coa grande cantidade de lectores xuvenís que hai no noso centro, así como animar á lectura a aqueles menos lectores. Dentro da gran variedade de libros que se propoñen para ler no club, intentamos que algún deles teña algunha relación coa ciencia, tanto desde a pura ficción como da realidade que nos toca vivir.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
15
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
DEBUXO
De acordo co Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, e no cumprimento do parágrafo do Anexo V: “O profesorado de todas e cada unha das áreas e materias de todos os niveis educativos, incluirán nas súas programacións as actividades previstas no proxecto segundo a temporalización que nel se acorde, determinando a dedicación real dun tempo mínimo diario para a lectura e a inclusión de prácticas de comprensión e fomento da lectura e da escritura”, este departamento facilitará a adquisición das capacidades da linguaxe e da comunicación segundo as seguintes actuacións que se desenvolverán a longo do curso segundo os puntos que se relatan a continuación: • Metodoloxía: Unha parte do proceso de ensinanza aprendizaxe na EPV realízase a través da lectura do libro de texto da seguinte maneira: o Cada alumno le un parágrafo, o Identifícase e apréndese o vocabulario novo, facendo participar ao alumnado tanto na enquisa como na explicación do mesmo, o Facilítase a lectura comprensiva explicando o significado do parágrafo coa intención propia da materia de EPV, o Realízanse preguntas de asentimento da comprensión do mesmo. • Avaliación: Tal e como consta nesta programación no punto 7.4., avaliarase a comunicación oral e escrita sobre o seu traballo, segundo consta na táboa. • Temporalización: Dentro da impartición semanal de dúas sesións, estímase que un 30% do tempo dedicase á adquisición da lectura comprensiva, xa que forma parte da propia metodoloxía da materia. • Ámbito de aplicación: Realízase esta intervención en todos os cursos nos que se imparte a materia de EPeV, é dicir, 1º, 3º e 4º da ESO. PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
16
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
ECONOMÍA A omnipresencia do económico na sociedade na que vivimos, incidindo directamente tanto nas decisións individuais como colectivas, fai que sexa necesario achegarse á economía para coñecer as súas claves básicas, e así poder entender a realidade na que nos desenvolvemos. A situación actual de pobreza e desigualdade nun contexto de deterioro ambiental global introduce a necesidade de resaltar no estudo desta materia a configuración de valores, destacando aquelas actividades encamiñadas a desenvolver a solidariedade entre as persoas e os pobos, a preeminencia de relacións non competitivas entre as persoas e a crítica ante as inxustizas sociais que favorecen e potencian as desigualdades. Coñecer e entender o mundo en que vivimos, as relación socioeconómicas, a iniciativa persoal e o espírito emprendedor, a capacitación para o exercicio de actividades profesionais e clave para integrarse como membro activo desta sociedade As revistas de economía, as novas dos xornais especializados e xeralistas, así como lecturas dirixidas de libros escollidos son fundamentais para adquirir ou consolidar estes coñecementos, partindo do máis próximo e actual. O Departamento de Economía contribúe ao proxecto lector coas seguintes actuacións:
Actuación na aula: No libro de texto figuran unas lecturas ao final de cada unidade. Dedicarase unha sesión ao final desa unidade a ler de xeito individual ou común e comentar as ideas fundamentais destes textos de apoio. Tamén se comentarán novas de actualidade económica que estean relacionadas cos contidos programados. Actuación no Club de Lectura: Un dos profesores membros do departamento – José Ignacio Tomás Val- estará na coordinación do club de lectura de adultos tratando de incentivar a participación de outros membros da comunidade educativa e creando un blog que sirva de instrumento de comunicación e colaboración entre os mesmos www.lecturasnosofia.blogspot.com
Actuación a través da biblioteca: O departamento está subscrito á revista “Emprendedores”. Levaranse os exemplares dispoñibles á biblioteca para facilitar a súa lectura a calquera alumno interesado e tamén para seren traballados na mesma polo alumnado das materias do departamento. Faranse traballos guiados individuais ou en grupo con lecturas que figuran na sección de Economía na biblioteca do centro. Neste sentido incorporáronse ao fondo da mesma lecturas axeitadas aos diferentes niveis e materias. Así, propoñemos unha serie de lecturas para o curso actual:
3º e 4º da ESO - OBRADOIRO DE INICIATIVAS EMPRENDEDORAS •
O Secredo (http://es.scribd.com/doc/200784/EL-Secreto )
•
Fish (http://es.scribd.com/doc/55937861/Fish )
•
El vendedor de tiempo. Fernando Trias de Bes. Ed. Empresa Activa
• ¿Quién se ha llevado mi queso? (http://video.google.com/videoplay?docid=7355823569743305856# ) •
La buena suerte (http://www.librosfullgratis.com/2009/01/claves-de-la-prosperidad.html )
NOVIDADES: Guy Kawasaki: “El arte de empezar”. Ed Ilustrae PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
17
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
Ademais, en coordinación co Plan Lector do centro, de ser necesario, facilitarase a lectura do texto que se teña establecido, no horario que se creará ao efecto. ECONOMÍA - 1º BACHARELATO •
“Obelix e compañía” de Uderzo-Goscinny (ed. Grijalbo)
•
“O mercado e a globalización” de J.Luís Sampedro (Edicións Destino)
•
“El banquero de los pobres” de Muhammad Yunus (Paidos Ibérica y otras editoriales)
NOVIDADES: Michael Lewis: “La gran apuesta” Ed. Debate Daron Acemoglu y James A. Robinson: “Por qué fracasan los países. Los orígenes del poder, la prosperidad y la pobreza” Ed. Deusto Sean Masaki Flynn: “Economía para dummies”. (Ed. CEAC, 2010) José Carlos Diez: “Hay vida después de la crisis”. Ed Plaza & Janés Serge Latouche: “La apuesta por el decrecimiento” Ed. Icaria Susan George “Hacia dónde va el mundo”. Ed. Icaria Grady Klein y Yoram Bauman: “Introducción a la macroeconomía en viñetas” Joseph Stiglitz: “El precio de la desigualdad”. Ed. Taurus Tony Judt: “Algo va mal” Deusto.
Animarase aos alumnos a participar no club de lectura.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
18
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
ECONOMÍA DE EMPRESA - 2º BACHARELATO A extensión do programa e a finalización das clases no mes de maio en 2º bacharelato fan que non teñamos tanto tempo para dedicar ao plan lector como en 1º. Aínda así, traballaremos os seguintes textos: - Artigos de prensa e de revistas económicas como Emprendedores, Capital,... - Textos legais. - Plan Xeral Contable. Tamén fragmentos escollidos do libro:
• Curso Práctico de Economía de la Empresa: un enfoque de organización (Mª Ángeles Luque; Yolanda Bueno; Begoña Santos) Pirámide, 2001 NOVIDADES: Luis Bassat: “El libro rojo de la publicidad” (Ed. De Bolsillo) Seth Godin: “La vaca púrpura: diferénciate para transformar tu negocio” Ediciones Gestión 2000 Michael Lewis: “La gran apuesta” Ed. Debate Naomi Klein “No logo. El poder de las marcas”. Planeta
Animarase aos alumnos a participar no club de lectura.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
19
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
FILOSOFÍA
Tendo en conta o plan lector do centro, intentaranse levar a cabo propostas de traballo onde xurdan procesos implicados na competencia lectora como os seguintes: • • • • •
Comprender globalmente (capacidade para identificar a idea principal do texto). Obter información (capacidade para extraer información do texto). Elaborar unha interpretación (capacidade para extraer o significado e realizar inferencias a partir do lido). Reflexionar sobre o contido do texto (capacidade para relacionar o contido do texto cos coñecementos previos). Reflexionar sobre a estrutura dun texto (capacidade de relacionar a forma do texto coa súa utilidade e función).
Para iso, algunhas das actividades propostas poden ser: • • •
Traballo guiado con textos filosóficos obtidos da imprensa ou de autores facilitados polo profesor. Entrega ao alumnado a principio de curso dun glosario de terminoloxía específica das materias que se imparten. Elaboración de traballos escritos segundo modelo facilitado ós alumnos.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
20
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
FÍSICA E QUÍMICA TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA 3º e 4º ESO Un dos grandes problemas atopados no alumnado de Física e Química e, por extensión, en todas as materias científicas, é a de que lles custa moito entender os textos científicos. Desde este apartados de Fomento da lectura pretendemos que se cumpran os seguintes obxectivos para o noso alumnado: • Ler de maneira comprensiva textos científicos de Física e Química acordes co nivel de ensino onde se atopa. • Elaborar resumos de textos científicos sinxelos extraendo a idea principal dos mesmos. • Adquirir unha linguaxe científica o máis clara posible, sendo capaz de incorporala á súa linguaxe habitual. • Promover entre o alumnado a lectura sen prexuízos, sen medo ao ridículo, participando e preguntando o que non se entenda. Para cumprir con estes obxectivos propoñemos unha serie de actividades que desenvolveremos durante todo o curso académico. Estas actividades son as seguintes: • No inicio do curso dedicaremos unha sesión lectiva á lectura, en voz alta, dun texto científico sobre Física e Química. O texto empregado pódese coller tanto dun libro de divulgación científica como de xornais, revistas, etc. • Ao longo do curso, e despois de cada tema, dedicarase un tempo á lectura dun texto que teña relación co tema tratado. • Ta m é n a o longo do curs o tra ba lla rase sobre un libro de divulgación científica de lectura obrigada para o alumnado. Da lectura dos textos anteriormente citados deben desenvolverse os traballos seguintes: • Elaborar un resumo do texto onde quede claro o tema que se trata, así como a idea principal do texto. • Facer un glosario de termos científicos encontrados no texto e que requiran dunha mellor comprensión. Valorarase a utilización do dicionario, así como recorrer a outras fontes de información para entender ditos termos.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
21
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
GREGO En 3º de ESO trabállase cun mínimo de seis textos por avaliación que son lidos polo alumnado na casa para traballar logo na clase con actividades de comprensión lectora. Nos cursos de 4º de ESO e de bacharelato lense as obras de autores latinos e gregos indicadas a continuación e realízanse actividades en grupo na aula sobre estas obras. LIBROS DE LECTURA En 4º de ESO realízanse as seguintes lecturas, unha por avaliación: Esopo, Fábulas, editorial Alianza (selección). Apuleio, O asno de ouro, editorial Alianza (conto de Cupido e Psique). Platón, Diálogos (fragmentos). Os libros de lectura en 1º de bacharelato, dous por avaliación, son: Esopo, Fábulas, editorial Alianza, biblioteca temática número 8203. Homero, Odisea, recoméndanse a tradución ao galego editada polo Consello da Cultura Galega ou as traducións ao español das editoriais Cátedra ou Espasa. Sófocles, Edipo rei, recoméndase a edición das traxedias de Sófocles da editorial Cátedra. Aristófanes, As Asambleístas, recoméndase a tradución da editorial Alianza. Platón, Diálogos (fragmentos). Platón, Critón, recoméndase a edición da editorial Espasa, colección Austral. Os libros de lectura para 2º de bacharelato, seleccionados pola CIUG, son: Sófocles, Edipo rei, recoméndase a edición das traxedias de Sófocles da editorial Cátedra. Aristófanes, As Asambleístas, recoméndase a tradución da editorial Alianza. Xenofonte, Anábase, recoméndase a tradución da editorial Gredos. Arquíloco, Safo e Alceo, Poesías, recoméndase o uso da Antología de la poesía lírica griega, editorial Alianza.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
22
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
INGLÉS A mellora da lectura e o interese polo dominio da Lingua Inglesa do alumnado forma parte da programación do departamento de Inglés. É un obxectivo procedemental das distintas etapas a comprensión global e a extracción de información específica de textos escritos relacionados coa experiencia e o componente cultural do alumnado tanto literario (relatos curtos, poemas, comentarios críticos, textos humorísticos…) como científicos, contando para iso coa axuda dos medios mais axeitados. Son obxectivos actitudinais o interese pola lectura autónoma e o recoñecemento da capacidade de comprender textos. 1º ESO Ler e entender frases simples (anuncios, catálogos, pósters….) Ler textos curtos e simples (cartas personais, horarios, menús….) 2º ESO E 3º ESO A través do material de lectura do programa propio do curso, preténdese mellorar as habilidades lectoras, a comprensión de textos en Lingua Inglesa e a interiorización do novo vocabulario 4º ESO Cada unidade do curso ofrece material de lectura en gran grupo, centrado no tema da unidade coas súas correspondentes actividades que axudarán na mellora das habilidades de comprensión e expresión oral. BACHARELATO Son obxectivos de bacharelato interpretar e ler textos orais, escritos e visuais dos medios de comunicación de xeito autónomo, textos que presenten estruturas organizativas con fíns concretos e diversos. É importante facer fincapé na interpretación de textos escritos e na utilización de información proporcionada polos mesmos. O alumnado traballa as destrezas de lectura a través de textos de temática actual lidos en voz alta ou de xeito individual para poder traballar a continuación actividades de deducción de significados, busca de ideas principais e secundarias e organización textual. En todos os niveis e sempre que sexa posible levaranse revistas, periódicos ou libros axeitados ao nivel correspondente do alumno coa finalidade de fomentar a lectura autónoma. Todo este material será en Lingua Inglesa.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
23
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
LATÍN Ó remate de cada tema do método, realizarase unha lectura na clase, que será precedida por unha introducción por parte do profesor que permita enmarcala no seu contexto e será seguida da realización dun cuestionario para comprobar o grao de comprensión dos alumnos e da explicación do profesor de todos os aspectos importantes descoñecidos polos alumnos. As lecturas faranse fundamentalmente sobre adaptación de textos clásicos e reconstrucción noveladas da historia de Roma e da Romanización de Hispania e de Galicia. Trataranse de facer ó longo do curso as seguintes lecturas: 1. Textos clásicos adaptados: o Lectura dunha comedia latina de Plauto, especialmente a representada en Lugo no Festival festival de teatro grecolatino de Lugo, organizado por SEECGALICIA, ó que se invitará a asistir a todos os alumnos. o O conto das Metamorfosis de Apuleio, Cupido e Psique, en adaptación realizada polo profesor.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
24
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA A través de las lecturas y de los diferentes textos vistos en el aula, abordaremos el Programa Lector. Conllevará un trabajo progresivo y continuado que permita: •
La existencia y buen funcionamiento de una biblioteca escolar en la que se integren distintas fuentes informativas en cualquier soporte. En este sentido la mayor parte de los miembros de nuestro departamento( seis de siete profesores) participan en el nuevo proyecto de la Biblioteca, bien en grupos de trabajo( Biblioteca escolar y Alfin de 20 horas) donde se enfoca la Biblioteca como centro de recursos para el aprendizaje y el tratamiento de la información desde la Biblioteca escolar, o bien a través del Seminario “ Herramientas TIC y RRSS al servicio de la Biblioteca Escolar ( 50 horas) en el que se presta especial atención a la Lectura Digital y al Libro electrónico así como a los recurso TIC para el fomento de la lectura ( páginas Web, blogs, bibliotecas virtuales y redes sociales de lectores).
•
E l de s a rrollo de a ctitude s y e s tra te gia s fa vora ble s pa ra la form a ción de le ctore s y le ctora s competentes y la consolidación del hábito de lectura. Asimismo es a partir de iniciativas de nuestro departamento( dos de nuestros profesores los dirigen y coordinan) que se ha creado en nuestro instituto un Club de Lectura para alumnos( en el curso 12-13 llegó a constar de más de veinticinco miembros) y otro para adultos que empezará a funcionar este curso. Los horarios de estos Clubs de lectura están fuera de las horas de clase, con lo cual se consigue afianzar la actividad lectora como una inquietud individual y no como una actividad lectiva.
•
Es te curs o pondre m os e n prá ctica “La Hora de Le e r”com o prim e r pa s o pa ra ins ta ura r e l P la n Lector. Empezaremos por 1º de la ESO dotando al aula ,a la hora correspondiente, de veinte minutos de lectura, individual o colectiva, para fomento y desarrollo de las actividades relacionadas con la abstracción y la comunicación. Las lecturas podrán ser elegidas por los propios alumnos o en su defecto dirigidas por el profesorado a cargo del grupo.
•
Com o norm a ge ne ra l de nue s tro De pa rta m e nto incorpora m os a la programación general al menos tres lecturas por nivel de la ESO y otras tres para el 1º de Bach, procurando en cada caso que sirvan de complemento a la programación del curso : Lazarillo, Celestina, Quijote, Conde Lucanor, Marianela, Leyendas, etc. No obstante en los niveles de 1º, 2º y 3º de la ESO incluimos relatos de corte fantástico, de aventuras y de suspense : El valle de los lobos. Alas de fuego, La isla del tesoro, etc.
•
P rogra m a m os a s im is m o a ctos cultura le s con m otivo de e fe m é ride s s e ña la da s ( Día de l Libro, Día das Letras galegas, Centenarios significativos etc). Este año dedicaremos lecturas específicas de los Cuentos de Cortázar por cumplirse cien años de su nacimiento. En estas lecturas participarán todos los alumnos en el marco del salón de actos y la biblioteca.
La evaluación y seguimiento será continuado y se tendrán en cuenta aspectos como la capacidad de avanzar en la competencia lectora o la comprensión de cualquier tipo de texto: histórico, artístico, económico, literario o matemático, entre otros.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
25
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
LINGUA GALEGA E LITERATURA O Proxecto Lector do Centro[1] é unha das ferramentas para o desenvolvemento da destreza lectora do alumnado. Dado o carácter instrumental directo da lectura, esta é un instrumento esencial para todo tipo de aprendizaxes no marco académico e curricular. Trátase de conseguir lectores e lectoras competentes, capaces de interpretar, reformular, comunicar, valorar e emitir xuízos críticos sobre o que len. Tanto na programación didáctica e curricular da ESO como na do Bacharelato, o Departamento de Lingua e Literatura contempla diversas medidas e actividades para potenciar a capacidade e a comprensión lectoras, para o fomento do hábito de lectura: como fonte de gozo e enriquecemento persoal, como ferramenta para a ampliación dos coñecementos e a mellora da propia expresión e para o uso crítico da información obtida mediante lectura. Para cada curso e nivel están establecidads unha serie de lecturas complementarias, pero ademais hai numerosas actividades, no contexto das clases, para o desenvolvemento dos contidos do currículo, en cada curso e nivel, en base á lectura, comentario e comprensión crítica de todo tipo de textos (literarios, administrativos, xornalísticos, etc.). Como estratexias de aprendizaxe lectora contémplase a lectura en voz alta, o recitado e a lectura dramatizada. Aprovéitanse os recursos da Biblioteca, de xeito que, por exemplo, a práctica totalidade das obras de lectura propostas, están a disposición do alumnado nesa dependencia. Do mesmo xeito, poténciase o seu uso como centro de documentación a disposición do alumnado para preparar traballos, facer consultas, obter datos etc. relacionados coa materia de Lingua Galega e Literatura..
[1] Decreto 133/2007 de 5 de xullo de 2007
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
26
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
MATEMÁTICAS Conforme ao disposto respecto ao Plan lector, nas clases de matemáticas, cando as circunstancias o aconsellen, os alumnos lerán enunciados dos exercicios propostos en alto para favorecer o obxectivo da lectura comprensiva, ámbito fundamental da competencia lingüística. Nesa liña, tamén nos casos axeitados, esixirase que nas respostas dos exames expliquen e xustifiquen nos mesmos as solucións respectivas. (Programación, páx. 40-41) Lecturas aconselladas Segundo a decisión do departamento, as lecturas aconselladas con relación ás matemáticas para o primeiro trimestre serían as que se citan a continuación. Cada unha delas vai acompañada dun breve comentario. •
El asesinato del profesor de matemáticas de Jordi Sierra i Fabra (ESO) Editorial : Anaya Colección: El Duende Verde 169 pax. Tipo: Novela/ Resolución de problemas Comentario: Este libro está feito como un xogo, para que rías e sufras un pouquiño co misterio: tres alumnos que odian as Matemáticas teñen que investigar o asasinato do seu profesor, para o que terán que resolver varios problemas e descubrir de paso que as matemáticas non son tan horribles.
•
Los crímenes de Oxford de Guillermo Martínez (BAC) Editorial: Destino Colección: Ancora y Delfín, 216 páx Tipo: Novela Comentario: Unha anciá foi asasinada en Oxford e todas as pistas sobre o crime están baseadas nos números primos, as ternas pitagóricas. Un becario e un eminente profesor investigan o crime.
•
Un conto enmarañado de Lewis Carroll (ESO) Editorial: Nivola Colección: El Rompecabezas 192 páx Tipo: Cuento/ Problemas Comentario: Nos dez capítulos dunha historia con todo o seu inxenio e encanto, Lewis Carroll agrupa algúns dos seus problemas máis desconcertantes.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
27
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
MÚSICA A lectura constitúe un factor primordial para o desenvolvemento das competencias básicas que se traballan xa ó longo do curso. A fin de promover o hábito da lectura, dedicarase un tempo á mesma en todas as clases seguindo o PLC. • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •
•
OBXECTIVOS Descubrir as TIC como fonte de información e como vehículo de expresión. Recoñecer a lingua e o texto escrito como vehículos de comunicación e fonte de información. Experimentar as posibilidades comunicativas da lingua escrita. Buscar, analizar e seleccionar información. Ler os comentarios de xeito expresivo e con entoación. Servir de exemplo para a elaboración dun blog propio que se actualizará con regularidade; así como para traballar en grupo para a elaboración de textos. Darse conta da posibilidade de ampliar as mensaxes co uso de cámaras dixitais. Estar motivados/as para a transcrición correcta de textos. Elaborar diferentes tipos de texto. Iniciar ó alumnado no uso do ordenador. Utilizar os medios audiovisuais para ampliar as mensaxes. Actualizar o blog con regularidade e a través dun reparto de responsabilidades. ACTIVIDADES Lectura atenta dos contidos da unidade didáctica correspondente, a través do libro de texto. Lectura de textos relacionados co tema a tratar en cada momento. Búsqueda de noticias de prensa relacionadas coa materia e o tema a tratar nun determinado momento. Elaboración de carteis informativos por parte do alumnado, relacionado cos conceptos aprendidos en cada unidade. Expresión oral e escrita en relación coa sensación e experimentación sonora. Lectura e escoita dun conto musicado, que posteriormente terán que elaborar eles. Por exemplo: “El pájaro de fuego”, “ Una mota de polvo”, etc. Lectura rítmica. Lectura de grafías non convencionais. Lectura de musicogramas. Lectura de noticias e textos na web. Lectura e búsqueda en diversas fontes, da vida e obra dos principais compositores da historia da música. Realización de blogs relacionados coa materia de música e búsqueda na web das respostas as actividades propostas polo profesor para cubrir as diversas “entradas”. Partindo do libro Memorias dun Neno Labrego de Neira Vilas, “Elaboración de propostas artísticas sobre os libros…”: UN DÍA NA VIDA DE … A actividade consiste en que cada alumno ou grupo de alumnos conte un día da súa propia vida integrando todos os elementos interdisciplinais posibles. Deste xeito, tras a lectura do libro proponse ó alumnado que escriba nun caderno a súa propia historia, situándose nun momento determinado (Século XXI), nunha cidade concreta en un tipo de familia particular. A partir do que escriba cada un deles/as terán que facer unha comparación coa vida de Balbino. Unha vez lidas e comentadas as respostas de cada un, dividirase a clase en grupos, e os alumnos elaborarán un guión co que acontece un día normal da súa vida, incluíndo os sons do seu entorno e a música que escoitan na súa vida diaria. Logo poñerase a disposición do alumnado o material do centro, como unha cámara dixital, unha gravadora, etc… Pedirase ó alumnado que grave todos os sons que considere significativos en cada momento do seu día. (son do espertador, ducha,
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
28
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
• • • • •
• •
•
• •
• • •
• •
tráfico, louza, timbre do colexio, etc…) Integrados sons e texto escrito, pódese animar ó alumnado a ilustrar a súa historia. Se dispoñemos dunha mesa de mesturas e un computador na aula (como é o caso), podemos montar as ilustracións, texto e sons a modo de presentación dixital e darlles unha copia ós/ás alumnos/as. Confección de biografías fantásticas sobre o autor ou a autora. Achega fotográfica. A través dunha fotografía tamaño carné creamos o primeiro contacto: como o imaxinas? Alto/a? Con lentes/Sen lentes? Vexetariano/a? Que tipo de música pensas que escoitaría? Non esquezas xustificar as túas escollas. Falar ou escribir un texto tomando como motivo a portada dun libro ou un debuxo que faga referencia ao comezo do texto que deben ler. Lectura en voz alta. Lectura en voz alta entonada polo docente ou persoa que exerce e animadora á lectura (debemos ter enconta as características dos libros para as diferentes idades) ben entoada. Lectura por parte do alumnado. Tarxetas en branco con diferentes letras do alfabeto. Antes da lectura entregamos ao alumnado unha tarxeta en branco cunha das letras do alfabeto. Despois de realizarmos a lectura dun anaco de texto propoñemos a escolla dunha palabra sobre a lectura e o que xa saiban do libro. Abrimos un diálogo como comentario libro sobre a lectura: que, quen, onde, cando, por que... a protagonista, lugar onde se desenvolve etc. Podemos animar as tarxetas con algún debuxo xenérico da obra. Cadáveres exquisitos. Escribimos na parte superior dun folio unha sentenza sobre o texto escollido para a lectura ou o libro e facemos que circulen pola clase. Realizaremos varios ao mesmo tempo para que todo o mundo teña traballo. Saídas extraescolares ou visitas académicas: espazo para a lectura ou difusión da lectura aproveitando as saídas do centro (excursións, visitas académicas etc.) a xeito de “poesía gratis na rúa”, safaris fotográficos de lectura, recitais en prazas públicas ou en espazos cerrados, gravación das lecturas en mp3 para realizar podcasts etc. Elaboración do alfabeto da obra ou do texto lido: nun folio poñemos todas as letras do alfabeto. O alumnado debe completalas todas con palabras significativas na lectura do libro. Podemos debater entre todo o mundo as escollas e mirar cales son as máis representativas e cal é o motivo. Elaboración de marcapáxinas das lecturas. A xeito de alfabeto da obra, coa selección de textos ou imaxes do libro etc. Elaboración de calendarios de lectura para o vindeiro curso. Tiramos datos dos autores e das autoras que temos que ler, dos libros, das personaxes dos libros, referencias aos autores e ás autoras e aos nosos libros en diferentes soportes, unha nota no blog da aula ou da biblioteca etc. Esta actividade serve para aproveitamento do alumnado que ten que volver a ler estas obras. Unha carta ou unha entrevista a unha das protagonistas da lectura: o alumnado elabora as preguntas e as respostas. Elaboración de propostas artísticas sobre os libros e a súa autora ou o seu autor: imaxes que nos suxire, colaxes, cartafoles da obra etc. Saídas extraescolares ou visitas académicas: espazo para a lectura ou difusión da lectura aproveitando as saídas do centro (excursións, visitas académicas etc.) a xeito de "poesía gratis na rúa", safaris fotográficos de lectura, recitais en prazas públicas ou en espazos cerrados, gravación das lecturas en mp3 para realizar podcasts etc. Exposición de todos os materiais a través do blog, da páxina web, na semana cultural do centro, na actividade do mes dedicada a un texto etc. Visita das seguintes webs, en búsca de libros que poidan estar relacionados coa materia: Club de lectura de Pontevedra: http://www.blogoteca.com/clpontevedra/ Wences-leo: http://wencesleo.blogspot.com/ Verba volant: http://www.blogoteca.com/verbavolant/ Tecnoloxía: http://tecnoloxia.blogspot.com/ Remexer na lingua: http://remexernalingua.blogaliza.org/ Praza das letras: http://www.prazadasletras.org/ O recanto de Mik: http://www.blogoteca.com/orecantodemik/ O blog de Xosé Antón: http://xosea.wordpress.com/
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
29
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
Na punta da lingua: http://www.blogoteca.com/napuntadalingua/ Mesturas: http://mesturas.blogspot.com/ Mensaxe nunha botella: http://mensaxenunhabotella.blogspot.com/ Literactúa: http://www.blogoteca.com/literactua Lemos en galego: http://lemosgalego.blogaliza.org/ Iniciarte: http://artenoafonsox.blogspot.com/ Ensino obrigatório até 65: http://www.blogoteca.com/65/ Dis ti: http://distiterceiro.blogspot.com/ Clubs de lectura da Coruña: http://bclublectura.googlepages.com/ Club virtual de lectura (Concello da Coruña): http://ciberclub.blogsome.com/ Contos solidarios: http://www.contosolidarios.org/contosolidarios.htm A lonxa literaria: http://lonxaliteraria.tqr.biz/informacion.html Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil: http://www.galix.org/ Astronomía na beirarrúa: http://astronabeira.blogspot.com/ Bibliolaxe: http://www.bibliolaxe.blogspot.com/ Ciclobibliotecas: http://www.ciclobiblioteca.blogspot.com/ Rede de Bibliotecas de Galicia: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Portada.aspx?Concello=15078 Biblioteca Municipal de Ferrol: http://www.ferrol.es/biblioteca/index.asp?id=20111&lang=ga Biblioteca USC: http://busc.usc.es/A_Biblioteca/Puntos_de_servizo/xeral.asp
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
30
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
RELIXIÓN
1º ESO. Pola natureza da materia, na que se traballa frecuentemente co texto sagrado, a dinámica recae en exercicios e prácticas de comprensión lectora da Biblia e dos seus xéneros literarios, preguntas sobre o lido, extracción da idea principal, etc e na realización de sínteses escritas ou exposicións orais do texto traballado. Igualmente son frecuentes as lecturas e exposicións de ideas e opinións persoais así como a interpretación de murais ou distintos traballos realizados polo alumno que contribúen ao desenvolvemento da expresión oral. Como é evidente, entendemos que o fomento da lectura e da expresión oral e escrita, a inmersión nas tecnoloxías da información e a comunicación son obxectos de ensinoaprendizaxe a cuxo impulso deberemos contribuír. Constitúen exemplos diso os seguintes: - Utilización das novas tecnoloxías para o tratamento da información acompañado da lectura, mediante de blogs educativos, webs,etc. - Interese pola lectura de todo tipo de publicacións que acheguen á realidade global na que vivimos. Revistas, xornais, cómics, etc - Estimulación do gusto pola lectura, a reflexión e o comentario de textos literarios e eclesiales de diferentes épocas, posicionamientos e autores. - Actitude de procura de canles comunicativos, creativos e persoais. - Valoración crítica das mensaxes que transmiten os medios de comunicación social e a publicidade. - Descubrir a Biblia como unha gran biblioteca chea de diversos autores, datas, xéneros literarios,… e a mensaxe actual que hai nela. - Análise de textos que axuden a mellorar o nivel de comprensión e de reflexión do analizado. - Realizaranse lecturas dramatizadas ou dramatizaciones de escenas bíblicas ou de calquera outra situación que poida resultar significativa para os alumnos. -Potenciarase a aprendizaxe da lectura, a través do modelado da lectura en voz alta. Para iso o profesor lerá en voz alta, textos variados, para formar os alumnos na necesidade de interpretar, declamar ou proclamar segundo sexa o tipo de texto. Tamén se busca modificar e mellorar o ton e o uso dos elementos prosódicos propios da lectura en voz alta. Tempo dedicado á lectura. De xeito xeral, pero con especial incidencia nos cursos de 1º e de 2º diso procederase a foamentar a lectura de xeito sistemático. Buscarase que se faga unha lectura persoal e tamén comunitaria, para mellorar o nivel de comprensión dos textos. - En cada clase dedicarase uns minutos á lectura comunitaria e en voz alta, que axude a mellorar o nivel de declamación, vocalización e fraseo do que le e que mellore o nivel de comprensión do que escoita. - Tamén se fará lectura persoal de xeito silencioso en clase para poder realizar determinadas actividades. - En alguna ocasión, recomendarase a lectura de determinados textos, relacionados co currículo do área - Cos cursos de 1º e 2º diso no tempo de Adviento e previo ao Nadal ou en Coresma se realizarán lecturas dramatizadas de relatos de Navidad e de relatos da Paixón. -Participar activamente no Programa “Hora de Ler”, que se porá en marcha no 1º da ESO, durante o presente curso. -O Departamento colaborará tamén nas atividades programadas pola Biblioteca. Pola escasa disponibilidade horaria non facilitamos un listado de lecturas recomendadas á os nosos alumnos, si facemos recomendacións por medio dos blogs de Relixión que se crearán durante o presente curso. Por outra banda os libros da editorial que está en vigor actualmente, publicánse cun anexo donde se achegan lecturas acordes coas unidades.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
31
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
TECNOLOXÍA ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR (ESO) A lectura constitúe un factor primordial para o desenvolvemento das competencias básicas. Os centros docentes garantirán na práctica docente de todas as materias un tempo dedicado á lectura en todos os cursos da etapa, de acordo co proxecto lector do centro. Para iso: desenvolveranse as actividades de lectura dos textos que veñen especificados en cada unidade didáctica do libro de texto, cunha periodicidade quincenal ou o finalizar un tema. realizaranse actividades relacionadas coa análise de obxectos que inclúan a busca de información a través de distintos soportes. Nestas actividades os alumnos deberán ser capaces de contestar a cuestionarios específicos relacionados cos contidos de distintas unidades didácticas. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR (T. Industrial I, II, Electrotecnia) Para fomentar o interese pola lectura realízanse algunhas actividades como é a lectura en clase dos contidos do libro de texto, a reflexión sobre os enunciados dalgúns problemas, etc. Tamén se pide ós alumnos a realización de exercicios de investigación; o que lles convida a ler certos artigos, revistas, foros, que poden fomentar o seu interese pola lectura e polo coñecemento de novos temas de tipo tecnolóxico.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
32
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
XEOGRAFÍA E HISTORIA
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA. No Anexo V do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia di:”O profesorado de todas e cada unha das áreas e materias de todos os niveis educativos, incluirá nas súas programacións as actividades previstas no proxecto, segundo a temporalización que nel se acorde, determinando a dedicación real dun tempo mínimo diario para a lectura e a inclusión de prácticas de comprensión e fomento da lectura e da escritura”. En relación con isto, na programación desta materia para o primeiro ciclo traballarase na formación dunha lectura comprensiva, con todo tipo de documentos: literarios, expositivos, xornalísticos, publicitarios, gráficos, históricos, xeográficos,artísticos...; en soporte impreso ou electrónico. A elección dependerá dos aspectos que se estean a traballar. En canto á elección de lecturas sinalamos, de modo orientativo, as seguintes: documentos de diferentes libros de texto adaptados ó seu nivel, recortes de xornais vinculados coa actualidade ou con aspectos que se estean a tratar nese momento, literatura vinculada coas CC.SS...
PRIMEIRO CICLO DA ESO Entre as actividades específicas de escritura e comprensión lectora destacamos as seguintes: • .Actividades sobre o vocabulario con maior dificultade ou específico. • Actividades de selección das ideas principais e que están expresadas de forma explícita no texto. • Actividades sobre as ideas implícitas, os matices do texto e as relacións entre as ideas. • Actividades de realización de cadros, esquemas, táboas,etc. • Actividades en que se lles pida ós alumnos/as que dean a súa opinión persoal sobre algún dos aspectos estudados e que implican a transformación do estudado en coñecemento propio. • Elaboración de relatos de contido histórico. 3º ESO • Elaborarase un “dossier” con información procedente dos xornais, referidas ós aspectos tratados no curso. • Traballarase na formación dunha lectura comprensiva, con todo tipo de documentos: literarios, expositivos, xornalísticos, publicitarios, gráficos, xeográficos…en soporte impreso ou electrónico. A elección dependerá dos aspectos que se estean a tratar. • Proporanse actividades nas que se lle pida ó alumnado que dean a súa opinión persoal sobre algún dos aspectos estudados para axudarlles a transformar o estudado en coñecemento propio. • Entre as actividades específicas de escritura destacamos as seguintes: -Actividades sobre o vocabulario con maior dificultade ou específico. -Actividades de selección das ideas principais e que están expresadas de forma explícita no texto. -Actividades sobre as ideas implícitas, os matices do texto e as relacións entre as ideas. -Actividades de realización de cadros, esquemas, táboas… 4º ESO • Dado que estamos a tratar aspectos da Historia Contemporánea, é imprescindible a utilización dos xornais (en soporte papel ou dixital), que lles permita achegarse á realidade máis recente e buscar conexións co estudado • Suxeriráselles a lectura voluntaria de obras literarias con fondo histórico: O lapis do carpinteiro, O disputado voto do señor Caio..
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
33
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
•
•
•
Traballarase na formación dunha lectura comprensiva, na aula, con todo tipo de documentos: literarios, expositivos, xornalísticos, legais, publicitarios, gráficos, …en soporte impreso ou electrónico. A elección dependerá dos aspectos que se estean a tratar. Proporanse actividades nas que se lle pida ó alumnado que dean a súa opinión persoal sobre algún dos aspectos estudados para axudarlles a transformar o comprendido en coñecemento propio. -Entre as actividades específicas de escritura destacamos as seguintes: -.Actividades sobre o vocabulario con maior dificultade ou específico. -Actividades de selección das ideas principais e que están expresadas de forma explícita no texto. -Actividades sobre as ideas implícitas, os matices do texto e as relacións entre as ideas. -Actividades de realización de cadros, esquemas, táboas… -Elaboración de pequenos relatos de base histórica.
BACHARELATO No artigo 10, do Decreto 126 / 2008, referido ó currículo de bacharelato, recóllese o seguinte: “A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria promoverá as medidas necesarias para que nas distintas materias se desenvolvan actividades que estimulen o interese e hábito de lectura e a capacidade de expresarse correctamente en público, así como o uso das tecnoloxías da información e da comunicación”. 1º BACHARELATO. • Proporanse actividades nas que se lle pida ó alumnado que dean a súa opinión persoal sobre algún dos aspectos estudados para axudarlles a transformar o comprendido en coñecemento propio. • Aconsellaráselles a lectura dos xornais (en formato papel ou dixital) e sempre que sexa posible, farase referencia ás noticias salientables en relación ó tema de estudo. • Aludirase na clase a obras literarias, películas, exposicións…que poidan ser útiles para motivar ós alumnos no interese pola lectura e /ou coñecemento histórico. • Levarase unha metodoloxía activa, dinámica, cunha interrelación continua entre profesor e alumno, que lles facilite as intervencións orais voluntarias. • Entre as actividades específicas de escritura, que xa iniciamos cos alumnos de 1º ESO, e que deberían estar a punto de rematar, destacamos as seguintes: -.Actividades sobre o vocabulario con maior dificultade ou específico -Actividades sobre o vocabulario con maior dificultade ou específico. -Actividades de selección das ideas principais e que están expresadas de forma explícita no texto. 2º BACHARELATO – HISTORIA DE ESPAÑA • Proporanse actividades nas que se lle pida ó alumnado que dean a súa opinión persoal sobre algún dos aspectos estudados para axudarlles a transformar o comprendido en coñecemento propio. • Aconsellaráselles a lectura dos xornais (en formato papel ou dixital) e sempre que sexa posible, farase referencia ás noticias salientables en relación ó tema de estudo. • Aludirase na clase a obras literarias, películas, exposicións…que poidan ser útiles para motivar ós alumnos no interese pola lectura e /ou coñecemento histórico. • Levarase unha metodoloxía activa, dinámica, cunha interrelación continua entre profesor e alumno, que lles facilite as intervencións orais voluntarias. • Entre as actividades específicas de escritura, destacamos as seguintes:
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
34
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
-Actividades sobre o vocabulario con maior dificultade ou específico. -Actividades de selección das ideas principais e que están expresadas de forma explícita no texto. -Actividades sobre as ideas implícitas, os matices do texto e as relacións entre as ideas. -Elaboración de composicións. Actividade básica enfocada á SELECTIVIDADE. 2º BACHARELATO - XEOGRAFIA Na materia de Xeografía de 2º de Bacharelato , a contribución ó proxecto lector está xa no último nivel. Debería ser o resultado do traballo ó longo das diferentes etapas educativas. • A correcta interpretación de todo tipo de documentos xeográficos • A reflexión crítica da información procedente de diferentes medios, • A aplicación rigorosa -tanto oral como escrita- de conceptos específicos da xeografía. • A participación en debates sobre aspectos xeográficos da realidade recente • A lectura diaria do xornal e o comentario daquelas noticias referidas ós temas que se estean tratando. 2º BACHARELATO - HISTORIA DA ARTE A través da materia de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, contribuímos da seguinte maneira: • Referencias a aspectos mitolóxicos, iconográficos… • Anecdotario da vida e obra de artistas • Comentario sobre aspectos da socioloxía da arte • Mención de películas e obras literarias sobre a vida e obras de artistas significativos • Referencia a noticias nos xornais sobre todo tipo de acontecementos relativos á arte: inauguración de exposicións, restauración de obras de arte, novas interpretacións, premios concedidos a artistas vivos… PCPI •
•
•
• •
Traballarase na formación dunha lectura comprensiva, na aula, con todo tipo de documentos: literarios, expositivos, xornalísticos, legais, publicitarios, gráficos, …en soporte impreso ou electrónico. A elección dependerá dos aspectos que se estean a tratar. Proporanse actividades nas que se lle pida ó alumnado que dean a súa opinión persoal sobre algún dos aspectos estudados para axudarlles a transformar o comprendido en coñecemento propio. E imprescindible a utilización dos xornais (en soporte papel ou dixital), que lles permita achegarse á realidade máis recente e buscar conexións co estudado e cos seus puntos de interese. Suxeriráselles a lectura voluntaria. Entre as actividades específicas de escritura destacamos as seguintes: -.Actividades sobre o vocabulario con maior dificultade ou específico. -Actividades de selección das ideas principais e que están expresadas de forma explícita no texto. -Actividades sobre relacións entre as ideas. -Actividades de realización de cadros, esquemas, táboas, resumos. -Elaboración de pequenos relatos que teñan como base a educación en valores.
Ademais, este Departamento colaborará co Plan Lector do Centro participando do xeito que se acorde: tipo de material de lectura, lugar, tempo a dedicar periodicamente....
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
35
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
ANEXO I (Documento entregado na CCP en Decembro 2012: 12-12-12) 11
BIBLIOTECA E PROXECTO LECTOR NO IES SOFÍA CASANOVA .
OBXECTIVOS
Fomentar o hábito da lectura. 12 Educar no uso crítico da información .
COLABORACIÓN DEPARTAMENTOS - BIBLIOTECA: 5 INTERVENCIÓNS PRECISAS. 1.- Sistematización de actividades:
Fomento da lectura. Tratamento da información. Recompilación das actividades realizadas e por realizar. P.e., desde a Biblioteca, Club de Lectura e Blog: http://bibliotecasofia.blogspot.com.es/
2.- Elaboración de itinerarios lectores.
Selección de títulos axeitados que teñan algunha relación con cada área de coñecemento, para cada nivel de idade, escollidos con criterios de calidade: Son os libros “que non queremos que se perda o noso alumnado”.
Os dous puntos anteriores serán recollidos no Proxecto Lector de Centro. 3.- Creación de ambientes lectores.
4.- SoportesFondos.
5.- Profesor como mediador e modelo lector. 11 12
Creación no centro dun clima que favoreza o achegamento aos libros e á lectura: facer visible a biblioteca escolar, facilitar a presenza da lectura –en xeral– e dos libros –en particular– na práctica cotiá, preparar actividades para toda a comunidade escolar, etc.
Soportes.- Lectura de todo tipo de textos, en todo tipo de soportes, con todo 13 tipo de finalidades .
Fondos: Cultura impresa: reorganización / redistribución (Departamentos / Biblioteca). Cultura dixital: catalogación e salvagarda de material multimedia dos departamentos. Elaboración dunha hemeroteca dixital.
Profesor como modelo lector. Profesor como mediador entre o alumnado e as novas fontes de información relacionadas coas TIC (selección e uso crítico).
Material entregado en CCP o 12 de decembro de 2012 (fase de información/formación/sensibilización). Integración das TIC e adaptación progresiva ás novas necesidades da sociedade da información do século XXI.
13
Dende todas as áreas podemos e debemos fomentar a lectura crítica dos nosos alumnos (moitas veces xa se fai, pero non sempre de xeito explícito). Non é un asunto exclusivo das linguas: debería incluír desde a simple lectura comprensiva duns enunciados de problemas de matemáticas, de física, de química, de bioloxía, de tecnoloxía ata a lectura de biografías de persoeiros da cultura, das artes, dos deportes… Abranguería a lectura de textos legais, filosóficos, humanísticos, científicos, económicos, periodísticos… En todo tipo de soportes: libros, revistas, xornais, blogs, foros…E no maior número posible de linguas.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
36
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
ANEXO II (Documento entregado na CCP en setembro 2013: 10-09-13) PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS ESO – BACHARELATO: ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR.
QUE É O
O proxecto lector é un documento que integra todas as intervencións do centro
PROXECTO
destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas.
LECTOR
14
OBXECTIVOS DO PL
Fomentar o hábito da lectura.
Educar no uso crítico da información. Conseguir a integración das TIC e a adaptación progresiva ás novas necesidades da sociedade da información do século XXI. Apoiar a adquisición das competencias básicas.
PROGRAMACIÓNS
Puntos que deben figurar no PL.- Sistematización de actividades relativas a:
DOS DEPARTAMENTOS
Fomento da lectura. Tratamento da información.
E PL Recompilación das actividades realizadas e por realizar.
Deixamos para máis adiante un 2º punto, “Elaboración de itinerarios lectores”. Itinerarios lectores.- Selección de títulos axeitados que teñan algunha relación con cada área de coñecemento, para cada nivel de idade, escollidos con criterios de calidade: Son os libros “que non queremos que se perda o noso alumnado”.
LECTURAS E SOPORTES LECTORES
Lectura de todo tipo de textos, en todo tipo de soportes, con todo tipo de finalidades. Dende todas as áreas podemos e debemos fomentar a lectura crítica dos nosos alumnos (xa se fai, pero non sempre de xeito explícito e sistematizado). Non é un asunto exclusivo das linguas: debería incluír desde a simple lectura comprensiva duns enunciados de problemas de matemáticas, de física, de química, de bioloxía, de tecnoloxía ata a lectura de biografías de persoeiros da cultura, das artes, dos deportes… Abranguería a lectura de textos legais, filosóficos, humanísticos, científicos, económicos, periodísticos… En todo tipo de soporte (papel / electrónicodixital): libros, revistas, xornais, blogs, foros…E no maior número posible de linguas.
14
Proxecto lector de centro: Anexo V do Decreto 133/2007, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria. Presentación en http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=category/10/22)
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
37
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
QUEN O
Elabora o PL todo o profesorado do centro, a través de
ELABORA,
Departamentos
COORDINA,
Equipo de biblioteca
SUPERVISA
Orientación
E APROBA
Equipo de normalización lingüística
A comunidade escolar (propostas dos representantes no Consello Escolar)
LEXISLACIÓN
Coordina, preferentemente, o dinamizador da biblioteca escolar
Supervisa a Comisión de Coordinación Pedagóxica.
Aproba o Claustro e o Consello Escolar.
Decreto 133/2007, artigo 5º, punto 5.- Adicación á lectura dun tempo na práctica docente (de todas as materias):
Decreto 133/2007, artigo 5º, punto 5: “(…) Os centros docentes garantirán na práctica docente de todas as materias un tempo dedicado á lectura en todos os cursos da etapa, de acordo co proxecto lector do centro, ao constituír a lectura un factor esencial para o desenvolvemento das competencias básicas”.
Decreto 133/2007, Anexo V: Proxecto lector de centro.
MODELOS Bibliotecas escolares de
Blog.- http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ redeBE.- http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/
Galicia
MÁIS
Cfr. presentación que figura ao final da páxina
INFORMACIÓN
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=category/10/22)
Vid. tamén Anexo V do Decreto 133/2007: Proxecto lector de centro.
DÚBIDAS
Poden consultarse aos membros do equipo de biblioteca do IES Sofía Casanova.
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
38
Rúa O Galego Soto s/n 15403 Ferrol (A Coruña) T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146 ies.sofia.casanova@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/iessofiacasanova
PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
39