ADIVIÑAS Cando chega a primavera encho todos os campos, coa miña cara amarela e o meu babeiro branco. Quen son? ( A margarida) Cando chove e sae o sol, todas as cores téñoas eu. Quen son? (O arco da vella)
Non son estación do metro, nin son estación do tren, son unha estación onde mil flores se ven. Adiviñas? ( A primavera)
Cómese en Entroido a pesar da cachola, as orellas e os cachelos. Que son ? ( As filloas)
Que será que cando chega cunha ledicia sen par a xente tápase a cara e logo ponse a bailar? ( O Entroido)
Voa polo ar bicando nas flores e ten moitas cores. ( A bolboreta)
Dou calorciño, son redondo, saio prontiño e tarde me escondo. ( O sol)
Fermosa planta cunha flor, que xira e xira buscando o sol. ( o xirasol)