ADIVIÑAS RELACIONADAS CO NADAL
Nunca me quito a roupa, pero póñome un disfrace sobre o meu vestido verde ao chegar o Nadal.
¿ Quen son? ( A árbore de Nadal)
María Moledo de Diago
Surcando e cruzando o ceo vai voando no seu trineo. ¿ Sabes quen é?
(Papá Noel) (Ian, 1º A)
Ao compás das campás de medianoite comemos unha tras outra ata chegar a 12. ¿Quen son?
(As uvas) ( Uxía 1º A)