CARACTERÍSTICAS DA COSTA Dende o Eo ata o Miño, esténdense os 1.195 Km de costa de Galicia, dos que 820 corresponden a acantilados e outros 278 a praias. O seu punto máis setentrional é Estaca de Bares (situado aos 43o 27o 25" N) e o máis occidental é o cabo Touriñán (situado aos 5o 37" 0).
A costa galega presenta unha morfoloxía variada, na que se alternan as enseadas cos promontorios, os areais cos acantilados e as marismas, e as zonas abertas ao temporal coas abrigadas, nunha sucesión de formas que fan dela un conxunto único. A ría, como sistema de formas litorais, é o máis característico do litoral galego; e a súa presenza compensa a escasez da plataforma continental, que chega ao seu maior desenvolvemento fronte á Coruña, con 15 millas. Baseándose nas características da costa, tipo de rías, climatoloxía e orientación, Otero Pedrayo divide o litoral de Galicia en cinco seccións naturais, determinadas por saíntes característicos: Arco Cantábrico, arco Ártabro, arco Fisterrán, Rías Baixas, Arco MinianoDuriense. A zona litoral constitúe unha área de transición entre os sistemas mariños e os terrestres.